OFICIOS DOS VECIÑOS (XV) CASEIRO

CASEIRO : Persoa que traballa a medias ou mediante arrendamento as terras dun amo ou que coida dos bens dunha persoa ausente (RAG).
Cando eu era rapaz, en calquera parroquia había tres tipos de labradores : os amos, que non traballaban e eran donos da gran maioría das terras; os labradores bos, que traballaban a súa propiedade e íanse defendendo; e os labradores cativos, que tiñan algunha miga de terra para sobrevivir. Despois de todos eles de estabamos nós, os caseiros, que non tiñamos nada e, aínda por encima, tiñamos que traballar para o amo. (Cita do libro O último caseiro, Fervenza 2017)
O oficio de caseiro sempre se tivo englobado no apartado de “pobre labrador”, aínda que nalgúns tamén dependían onde recaesen a traballar, non era o mesmo facelo en casa rica, por exemplo nun pazo, que estar traballando nunha pobre, que tiña o indispensable para subsistir.

Aquel caseiro que chegaba a unha nova casa tíñase que adaptar ao “contrato” que lle impoñía o dono, contrato que normalmente o dono dá casa e terras cedía por un tempo indeterminado, pero que si non estaba contento co traballo realizado, podíase dar por nulo, avisando cun ano de antelación tiñan que marchar con unha man adiante e outra detrás.

Normalmente non era o habitual que botasen de casa ao caseiro, pero nalgunha ocasión tense dado e de verdade que era moi triste ver como tiñan que irse.

Ver ao caseiro coa súa familia como tiñan que marchar a buscar outra casa daba tristura, coa axuda do carro cargaban as súas pertenencias, os seus aperos, a roupa, algunha que outra galiña, o seu can…daban mágoa, normalmente era unha familia numerosa, xa que os donos das casas preferían que houbese moitas mans de obra para os traballos que as súas terras necesitaban, ver a todos eles así, sin ter a donde ir, sin saber que iba a ser das súas vidas…cantas bágoas !

Fai anos en Galicia había tres maneiras de ceder as terras para traballar nelas: FORO, ARREDAMENTO e PARCERÍA.

A parcería consistía en que o dono das terras e o caseiro participaban no reparto da colleita, de ahí que se o final da tempada o dono non estaba contento coa colleita comunicaballe que non iba a contar cos seus servizos para o seguinte ano, así de sencillo. Mismo cando eran avisados o dono xa tiña outros caseiros contratados, os cales solían anticipar a súa chegada para agostar as terras do que sería o seu amo.

A FAMILIA FERNÁNDEZ IGLESIAS , OS CASEIROS DO CURA.

Corría o ano 1956 cando o cura de Cerponzóns tiña necesidade dunha familia para que lles traballase as súas terras, os que iban ser os caseiros do cura vivían en Arzúa, foi a través dun veciño que lles comentou que nunha parroquia cerca de Pontevedra había un cura que estaba buscando a uns caseiros.
Ademáis seica buscaba unha familia que fora numerosa, cantos máis fosen mellor, así habría máis mans para traballar as terras, o señor Enrique puxose en contacto co cura, éste faloulle do que estaba buscando e pronto chegaron a un acordo, aos poucos días a familia Fernández Iglesias estaban camiño dirección a Cerponzóns.

O contrato foi simple, de palabra, o cura ofreceulles casa gratis, a cambio todo o que desen as terras serían repartidas a medias, ao cincuenta por cento para cada familia. Visto así non estaba mal, pero mentres que a familia Fernández Iglesias chegaron a ser doce membros, a familia do cura eran tres…o reparto non era moi equitativo que digamos, pero así era daquela, ata as patacas eran repartidas ao cincuenta por cento, contadas unha a unha, nin unha máis nin unha menos. Houbo anos que a colleita era moi escasa e a familia tiña que pasar a duras penas co que se apalabrou, muitas veces os irmáns maiores dabanlle a súa merenda os máis pequenos…

Foron tempos moi escravos, traballar aquelas terras, de grandes extensións, como o lugar coñocido polo Bosque, ou A Jandra, mismo o Eirado, situado ao redor da casa rectoral…de sol a sol, sachando, plantando, recollendo…coa axuda dos seus fillos, os caseiros estiveron dezanove anos traballando as terras do cura.

Os Fernández Iglesias chegaron de Arzúa con seis fillos e xa establecidos na parroquia tiveron catro fillos máis. O cabeza de familia era moi estrito e tiña aos seus fillos moi avisados, non podían coller ningunha froita de ningún frutal que había por toda aquela enorme leira que rodea a casa rectoral, nin unha soa cereixa podía coller o máis revoltoso dos fillos, Ángel, advertido estaba, tanto polo seu pai como polo señor cura, si non, as súas orellas sufrían de xeito abondo.

Non teño máis referencias de caseiros pola parroquia, seguro que os anteriores que estivesen traballando as terras dos curas tiveron similares condicións, naqueles tempos era o que había, hoxe en día non sería o mesmo.

Unha veciña cóntame que ela recorda a Teresa Galban realizando este oficio de caseira, seica estivo na Granxa de Alba.

Hai pouco quedei con duas das fillas dos caseiros do cura, aínda que a época que tocoulles vivir en Cerponzóns como fillas de caseiros foi relativamente pouca, pois son as máis novas, son moitos os recordos que teñen vivos na súa memoria. Preguntolle polos seus recordos :

JJ, o máis tráxico foi cando se incendiou o colexio, o que hoxe coñecemos por Casa do Pobo, elas foron testemuñas directas do sucedido aquel día, ao vivir a poucos metros do colexio pasaron moito medo, os máis pequenos estaban asustados, ata mexaron por eles, non era para menos, aquelas lapas estaban a escasos metros da súa casa e temían o peor.

Pola contra, o que máis grato recordan eran os días de festa, pasábano xenial, aqueles días estábanos esperando con toda a ilusión, toda a familia unida, gozando tanto da comida “especial” que se adoitaba facer polo patrón, pasábase todo o ano aforrando todo o posible para que ao chegar ese día comprábase aquelas viandas que non se probaban en todo o ano. Todo era ledicia, como todo o que acompañaba á festa en si, aquel día “estreaban” roupa, recordan con agarimo á señorita Carmiña, si a mestra, que lles traía de Pontevedra roupa que conseguía de familias coñecidas súas. Era un espectáculo ver a toda a familia subir as escaleiras, as que van desde a súa casa ao adro, imaxinarvos eran doce ! E alí estaban todos ! Gozando da festa, esquecendo por uns días as duras labores do campo, gozando dos gaiteiros, da banda de música, os fogos, da misa, a comida familiar… ou mesmo cando os varóns da familia ían xogar un partido de fútbol ao Chan do Monte e tiñan ás súas irmás dándolles ánimos ! Ben é certo que eran moi bos xogando ao fútbol, dou fe. Os fillos dos Caseiros tiñan unha gran vantaxe, o vivir á beira da Igrexa, eran os que máis gozaban das festas, estaban desde a primeira hora da mañá ata a última da noite, ata que se marchaban os músicos das orquestas, sempre lles botaban unha man a recoller os bártulos, vénlles ao recordo as orquestas Poceiro, Los Chicos del Jazz, Palma, Los Satélites , Florida…bailando ao son destas orquestas coñeceron aos seus primeiros amores.

Ademáis, cóntame unha das irmás, tiñamos ao noso Ángel, o noso irmán sempre estaba á expectativa daqueles mozos que se achegaban doutras parroquias para ligar con algunha de nós, cando nos viñan a pedir de bailar e non nos gustaban contestabámoslle que non queriamos bailar, eles insistían e nós que non e seguían e de novo que non, o meu irmán Angelito xa estaba controlando ao persoal, á mínima xa estaba repartindo “caricias” aos que se atrevían a molestarnos, jajajaja.

Ao seguinte día a vida volvía ser como sempre, os caseiros a traballar o campo, os fillos ao colexio e á volta a botar unha man, había que alimentar moitas bocas ao cincuenta por cento…

Seguramente o oficio de caseiro haxa prácticamente desaparecido das nosas parroquias, o potenciar a concentración parcelaria por parte das administracións, o incremento da mecanización e mellóraa das infraestructuras, fixo que fose desaparecendo este oficio tan escravo e pouco valorado, grazas a Deus…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s