O ADRO DA IGREXA E O CEMITERIO.

O ADRO DA IGREXA

Terreo, xeralmente cercado, que adoitan ter as igrexas ao seu redor ou ben diante delas.  Algunhas igrexas teñen o camposanto no adro. Fixeron a festa no adro. SINÓNIMOS adral, atrio (RAG).

O Adro antigamente era un espazo que estaba pechado arrededor da Igrexa, os máis vellos recordarán un valo que había situado entre a Casa do Pobo e a Igrexa.
O noso adro forma parte das nosas vivencias, un lugar que por un motivo ou por outro pasamos en él parte das nosas vidas, desde que fomos bautizados fomos utilizando o adro de unha maneira ou de outra, desde ben pequenos xogamos arredor do adro, fomos nas procesións das nosas comuñóns, nas do Patrón, lucimos no adro as mellores galas, e ano tras ano participamos de actividades que desarrollan as asociacións ou grupos de veciñas e de veciños que se xuntan para levar a cabo por exemplo a confección das alfombras frorais.  É o lugar que constituíu e aínda segue en parte sendo o centro da vida social da parroquia, cantas veces quedamos precisamente con alguén o día da misa ou de algunha festividade para vernos no adro? En él manteñense conversacións, fálase de temas de interese, tamén os dimes e diretes son mui habituais…no adro péchanse tratos, faiselle un traxe o veciño ou a veciña que lle toque, en fin, o que cadre. Tamén no noso adro foi durante moitos anos campo da festa, onde se celebraron as verbenas das festas patronais, ainda recordo o adro adornado de bombillas e de bandeiriñas de cores colgadas de unha esquina a outra.

O ADRO COMO CEMITERIO
Ata o século XVIII, casi todas inhumacions celebrábanse no interior das Igrexas, a partir do 1750 fóronse sucedendo denuncias públicas para que ditas inhumacions realizásense no exterior, máis tarde prohibíronse, era o ano 1797 cando unha Real Cédula, prohíbeo expresamente. Aínda así foi a comezos do século XIX cando os cemiterios trasládanse aos adros, o máis habitual era enterrar na terra, máis tarde, a finais de século comezan a construírse os panteóns de nichos.

Nas igrexas a non ser posible un illamento completo das sepulturas, os fluídos cadavéricos filtrábanse á terra e os efluvios procedentes da putrefacción dos corpos inundaban todo o recinto eclesiástico, de tal forma que os enterramentos convertéronse nun importante problema de salubridad pública.

Falando dos mortos da parroquia que recibían sepultura na terra, precisamente no adro, na obra de Castelao, Un ollo de vidro, dicía un dous protagonistas: “Quixera estar soterrado nun cimeterio aldeán, no adro da Ereixa…¡ Con qué ledicia escoitaría nas mañáns ledas do domingo as conversas dos feligreses !
É que o habitual era, tamén aínda hoxe en día, sentarse no banco corrido de pedra que hai en fronte á Igrexa, ahí falaban e falan hoxe en dia os veciños. Ademáis agora hai un taboleiro donde ás asociacions colocan os avisos das súas actividades, dando lugar entre os veciños a ter motivos para falar tamén delas, do que fan ou do que non fan, nunca é a gusto de todos.

No adro, cando facía de cemiterio, e máis tarde cando por principios do 1900, comézase a implantar os panteons con nichos, todos os veciños tiñan dereito a ser enterrados no lugar, excepto os que eran apóstatas, suicídas e os nenos sen bautizar.

Aos nenos sen bautizar houbo unha época que os enterraban nas inmediacions do Cruceiro de Mogos, e seguramente máis tarde enterraríanos no adro, iso si, nun lugar habilitado para eles e sendo de noite, tendo o consentimento do señor cura, isto que digo fixérono en moitos lugares, supoño que na nosa parroquia ocorreu o mesmo. Muitas das sepulturas que había arredor da Igrexa estaban cubertas, sinalábanas cunha pedra grande e cadrada, na que constaba o nome do defunto, e ademáis na cabeceira colocaban unha cruz de ferro. Anos máis tarde comezouse a colocar unha lápida de mármore, onde constaba o nome do defunto, a data de nacemento e a do óbito, o recordo da familia e ás veces unha frase ” Descanse en Paz”. Outras, as das familias máis pobres estaban cubertas sólo con mirtos, tamén hubo algunha cuberta de cunchas, estas representan a idea da inmortalidade cando están sobre as tumbas. Según documentación antiga nos primeiros enterramentos de Homo Sapiens atopáronse restos de plantas aromáticas. A razón do seu uso era a de vencer o cheiro do cadaver. Ademáis foi un dos símbolos máis antigos que se coñocen, porque era semellante ao uso de bálsamos, incenso ou mirra, simbolizaba a crenza nunha vida máis alá da morte.


Para maior seguridade o adro estaba pechado co valo debido a que ao estar as tumbas podíase dar o caso que podían acudir calquer animal a fozar nelas, en especial os porcos, desa maneira impedía o seu paso.

No noso cemiterio si nos paramos a ver os panteons máis antigos observamos que hainos feitos desde o ano 1929.

Mais tarde unha serie deles foron construidos nos anos 1929/30/31/32/34/35

E outros fixeronnos nos anos 1940/43/44, despois un grupo deles no 1954/55/58, outros no 1966 etc., todos eles constituen o Cemiterio Vello, anos despois fixose a primeira ampliación e despois a segunda.


Era o ano 1931 discutían no Parlamento español a Lei de Secularización dos cemiterios, que obrigaba a que foran municipais, varios deputados galegos solicitaron, e foilles concedido, que en Galicia, debido a súa configuración territorial, se conservasen os das parroquias.
En xaneiro do 2015 entrou en vigor o decreto de Sanidade Mortuoria de Galicia, que establecía uns requisitos mínimos que deben cumprir os cemiterios. O decreto aprobado polo goberno autonómico non obriga ás parroquias a regularizar os cemiterios dentro dun prazo determinado, pero si que contempla a posibilidade de prohibir que se execute unha ampliación mentres non se proceda á regularización. No texto legal tamén se menciona a imposición de sancións en determinados casos graves.

Volvendo ao adro, éste forma parte de todos nós desde sempre…Tanto para os mortos como para os vivos, aínda que para os que estamos vivos pola noite dá un pouco de respeto achegarse polo lugar. Recordo aqueles días de festas do patrón, as misas, as procesións, os fogos, as noites de verbenas buscando moza para bailar, as orquestas, as bandas de música,  os postos de rosquillas, os de bebidas, as barcas, o tiro o pichón…Recordo coma se fose hoxe o osario que había no adro, onde están hoxe en día os grifos do auga, a pé do campanario. Alí tiñamos que entrar a buscar a pelota coa que xogabamos ao fútbol antes de entrar a misa, alí, entre cráneos, húmeros, peronés, cúbitos, e demáis osos, collía a pelota o que a tirara. O principio daba un pouco de respeto, pero despois xa era habitual entrar coma si nada, sempre con ollo de que non nos vira D. Benito.

Quen non ten unha foto súa realizada no adro ? Dunha festa, unha comuñón, unha voda, das alfombras ou mesmo do día de Ramos, como esta, onde había quen quería levar o ramo máis grande…todo ocorría no adro.

Tamén antes de botar o alquitrán no adro chegamos a ver algúns ósos pola zona onde está entrada lateral da Igrexa.

Eu son dos que penso que os nosos defuntos, antes no adro, máis tarde no cemiterio están acompañándonos e participando desde o máis aló en todas e cada unha das actividades que se fan, porque desde sempre forman parte do pobo, forman parte de nos e das nosas costumes. Que así sexa polos séculos dos séculos.


Moitos cemiterios posúen fascinantes e inusuais tumbas, gravados e un tipo de arquitectura, gardan ademáis unha chea de historias que son unha importante ligazón coa historia local. Deste xeito, é moi importante o significado das vellas tumbas detrás das cales se atopan lendas e feitos sobre as persoas que alí están enterradas.

No noso cemiterio de Cerponzons seguro que moitas das persoas que ahí están enterradas teñen un sen fin de historias , heroicas ou tráxicas sucedidas na súa vida , xente con lendas que aínda nos lembrámonos dalgunhas, mentras que outras levaronnas con elas o máis aló.

Nestes momentos temos no noso cemiterio parroquial un total de 218 panteons, cun total de 827 nichos. Ademáis quedan no chan dúas tumbas dos anos 1912 é 1918.


Este ano dada a situación na que estamos pasando o señor cura D. Herminio transmitiu unhas RECOMENDACIONS Á NORMATIVA CIVIL polo Día de Defuntos.

1º PROCURAR ARROMBAR E POÑER FLORES DURANTE A SEMANA.

2º DADO QUE O DOMINGO POLA TARDE É O DÍA DE MAIOR AFLUENCIA, SERÍA CONVENIENTE QUE EN HORARIO DE 16:00 a 17:00 e cunha duración de MEDIA HORA realicen a visita aos seus defuntos os que teñan os PANTEONS cos NÚMEROS PARES.

Aqueles que teñan os PANTEONS con números impares que realicen a visita aos seus defuntos en horario de 17:15 a 18:15.

3º PARA AXUDAR A CUMPRIR A NORMATIVA CIVIL, desde o sábado ao mediodía ata o domingo á noite pecharase a auga do cemiterio.

NUMERACIONS DOS PANTEONS :


2 comentarios en “O ADRO DA IGREXA E O CEMITERIO.

  1. María Teresa Sabaris Esperón

    Muy ilustrativo tu artículo, lleno de referencias y costumbres, que aún hoy día, a pesar del tiempo y la distancia traen a la memoria recuerdos inolvidables. Muchas gracias Juan!!!

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s