SÍMBOLOS DEFENSORES DO MAL, GRABADOS, MARCAS…

SÍMBOLOS E MARCAS PARA DEFENDERSE DO MAL.
Si damos unha volta pola nosa parroquia e ímosnos fixando nas portas e fiestras das casas máis antigas, tamén nas cortes, ou nos hórreos, nos muiños, en construcións tradicionais etc. quizáis nos atopemos con algún obxecto colgado ou algún símbolo gravado, os que tiñan a función de protexernos coñocemolos como defensas simbólicas.

Podemos relacionalos coas marcas apotropaicas (esta palabra é un adxectivo que provén do grego apotrepein (“afastarse”), e indica en xeral un xesto, unha expresión ou un obxecto que se utiliza para afastar un influxo máxico maligno…As figuras e signos apotropaicos, aínda que veñen de moi antigo,utilizáronse moito na época románica, son moitas igrexas onde podemos observar capiteis con monstros, canles obscenas etc.

Todos estes signos, figuras, marcas etc, tiñan en xeral unha función, a de protexer do mal en xeral e do diaño pricipalmente, tamén das bruxas, os aparecidos etc. Estes símbolos pérdense na noite dos tempos. Non era sólo na Nosa terra, en calquera parte de Europa usaban multitude de obxectos, podían ser naturais ou artificiais, a súa función era a de protexer dun posible perigo, dano ou mal. Cruces, evanxelios, sal, campás, moedas, cornos, dentes de xabalí, ferraduras, allos, castañas, acevo, coitelos…Dado que o cristianismo estaba moi arraigado na vella Europa, un dos símbolos máis usados foi a cruz, converteuse no icono principal para defenderse dos malos espíritos, tamén tivo a súa importancia a auga bendita, os evanxelios, o nome de Jesus…pero a cruz era a principal arma contra o mal.

A cruz, a sinal do cristián, é usada de diversas formas, cruzando os dedos en forma de cruz, a cruz no reverso das moedas, a cruz debuxada no chan, tocar madeira, que equivale tocar o madeiro onde Cristo foi crucificado…Foron anos que a sociedade estaba falta de todo, a medicina era escasa, era necesario crer en algo en que agarrarse e poder superar os medos aos problemas que xurdían día si e día tamén.

A cruz comparece en moitos dos espazos da casa ( portas, cheminea, portons, fiestras, nos hórreos…) era o freo á entrada dos males, ben puidese ser o demo, as bruxas, tormentas etc.

Estes símbolos vanse transmitindo popularmente e vanse incorporando ás construcións, con iso quen mandaba facer algún determinado símbolo facíao para protexer o máis apreciado, para evitar a súa perda e para que dese saúde e prosperidade a toda a súa familia.

Tamén podían ser símbolos gravados que non tiñan nada que ver co cristianismo, eran aqueles que estaban formados polas armas, coitelos, espadas , navallas ou tamén as armas coa que se defenden os animais, un dente, un corno, a pata dun cabalo…

Quen non recorda ver colgado nas portas ou nas cortes uns cornos ou unha pata dun conexo, dun cabalo… ? Ou ter unha ferradura, normalmente usada, ou unhas cabezas de allos, tamén algunha peza de roupa masculina ou unha serie de herbas ( as que se colocaban detrás da porta para evitar o mal de ollo), ter tamén plantas e froitos, que desempeñaban un eficaz sistema de defensa : o toxo, as silvas, o laurel, olivo,o acevo, que dicir da castaña…

Tamén podemos atopar nas construccións outros signos realizados polos canteiros.Existe unha gran variedade de signos, que poden inscribirse en tres grupos; o primeiro o máis habitual e variado, constituído por figuras xeométricas, ángulos, curvas, círculos, etc., pertencentes aos constructores que colocaban as pedras, un segundo formado por carácteres alfabéticos, letras sinxelas ou dobres (as iniciais dos nomes dos que traballaron esa pedra), e un terceiro, con significado simbólico ou relixioso.


Debemos respetar estes símbolos, todos eles son parte do noso Patrimonio, ás veces ocorre que por descoñecemento, os obreiros substitúen os linteis ou as xambas por outros novos e pérdense uns elementos que son parte esencial na historia destas construcións e mostra evidente dá súa antigüidade, un exemplo desta destrución son moitos dos muiños restaurados por infinidade de lugares que quedaron sen as marcas.

Algúns exemplos de marcas, signos, ferraduras, cornos…que temos na Parroquia :

De todas as marcas, símbolos, amuletos etc. que fun atopando, un amuleto na casa dunha veciña chamou o meu interese, un corno de cervo, segundo a súa dona éste corno debe ter polo menos 100 anos.

Como sucede con outros amuletos que teñen orixe animal este corno podía ter dúas vertentes, unha a de ser usado para o mal de ollo, outra para ser usado para problemas dá pel e dá pezoña, coñocido como alicornio ou licornio, pero que non ten nada que ver co propio corno do unicornio, confundido ou longo do tempo.

Nun artigo de Rafa Quintía fala sobre o corno de cervo : O corno de cervo tamén está relacionado co amuleto denominado pedra dá pezoña, pedra dá serpe, pedra dá cobra ou pedra do veleno, considerado ou mellor contraveleno contra toda picadura de serpe e mordeduras de calquera bicho pezoñento. Segundo Frei Gerónimo Feijoo, entre outros autores, estas supostas pedras sandatorias non eran outra cousa máis ca corno de cervo torrado a lume lento.
Para darlle utilidade o corno ponse nun recipiente con auga durante un tempo,e había que lavar despois nesa auga a parte do corpo infectada pola pezoña. 


Nas nosas propiedades sempre hubo signos e marcas.

Unhas, como se pode ver, eran para protexernos do mal, outras para identificar o canteiro que nos fixo a obra, tamén había marcas que se facían o gando, para identificar a propiedade de cada un, os ferreiros tamén tiñan as súas, os mariñeiros…

Tamén era habitual ter unhas marcas ou símbolos no xugo das vacas, o xugo ía decorado con tallas diversas ou figuras feitas con cravos, sobre todo na parte central e frontal. Esta decoración podía ser simplemente estética pero ás veces servía para identificar o propietario ou tamén como signo protector contra o meigallo (mediante o tallado de cruces ou estrelas).

Xugo de unha vaca propiedade de un veciño de Pidre.

Daquela os nosos antepasados en un chiscar de ollos sabían a señal ou a marca que estaban observando a quen pertencía, o mismo que hoxe en día pasa a calquera de nos o ver o logotipo de un marca determinada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s