18- VALADOS, MUROS E MARCOS, PATRIMONIO MATERIAL E CULTURAL.

OS VALADOS

RAG : Construción vertical non moi alta, de pedra, arame, paus, terróns ou outro material, coa que se cerra ou delimita un espazo.

OS MARCOS 

RAG : Pedra cravada no chan que sinala os lindes dunha terra.

OS MUROS 

RAG: Construción vertical de pedras, terróns e outros materiais, que se levanta para cerrar un espazo, para soster algo de modo que non caia etc.

Cerponzóns, paixase de valados.
Galicia conta con milleiros de valados, que fan deles un dos elementos estruturais da nosa paisaxe, desgraciadamente a modernidade fai que se estea perdendo a utilización dos materiais que se usaban habitualmente dependendo da zona, polo tanto estase a perder un patrimonio material e cultural.

Unha terra coma nosa, invadida de fincas de multitude de donos, fixo que as separacións entre unhas e outras delimitaranse cos míticos marcos, despois en muitas fincas foron aparecendo os peches tradicionais, que dependendo do material podían levar anos en facerse, agora son os muros prefabricados os que cada vez máis se utilizan.

Un marco de limitación da parroquia.

Cando algún de nós esteamos dando un paseo pola parroquia e atopémosnos un muro ou un valo antigo, pensemos nos nosos antepasados, naqueles veciños que traballaron de sol a sol para realizar os límites de cada unha das súas propiedades, días e días marcando e delimitando o de cada un, sen os avances de hoxe en día , só coas súas mans.

E é que de sempre o sentido de propiedade, o querer á terra herdada, o marcar onde empezaba e onde remataba a leira, era unha continua fonte de conflitos, os litixios e os preitos polas terras deron moito diñeiro a avogados e xuíces, aínda hoxe en día séguense dando casos. A Lei dos marcos sempre foi en grao sumo arraigado entre nós, quen non viu chegar ás mans a veciños por mover os marcos ?

Lugar de Leborei.

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Quen non ten o carón da súa casa un peche de arame ou de estacas de salgueiro ?

Quen recorda ao seu avó facer un peche de sebes (Valo feito con varas e estacas cruzadas, arbustos como o mirto, buxo, loureiro, silvas, ramas etc.) agora unha gran maioría feitos con tuias.

Facer un valado ou un muro naqueles tempos era cuestión de maña, os nosos antepasados superon colocar en perfecta harmonía pedra a pedra, tanto a lousa como os cantos rodados ou seixo, facianno para que durase muitisimos anos. Tal e así que os valados ou muros de pedra seca foron declarados pola UNESCO no 2018 Patrimonio da Humanidade en España e sete países máis.
Esta declaración foi debido por ser “un exemplo de relación equilibrada entre o ser humano e a natureza”. Recordar que os muros de pedra seca desempeñaron un papel esencial na prevención de corrementos de terras, inundacións e avalanchas.

A UNESCO, en relación a este tipo de muros, publicaba o seguinte :

Estas estruturas non fan dano ao medio ambiente e son “un exemplo de relación equilibrada entre o ser humano e a natureza”. Ademais de servir na prevención de desastres naturais, tamén contribúen a loitar contra a erosión e desertificación, a mellorar a biodiversidade e a crear condicións microclimáticas propicias para a agricultura.

A PEDRA SECA, PRIMEIRO BEN GALEGO DO PATRIMONIO INMATERIAL DÁ UNESCO

Muitas construccións como muros, pombais, muiños, graneiros etc. seguen aguantando ano tras ano.

A nosa parroquia ofrécenos en cada unha desas construcións unha arte milenario, o cal debemos coidar e respetar.

Unhas construcións realizadas pedra sobre pedra, totalmente rudimentarias a súa realización, sen ningún tipo de material de cimentación, soamente o uso de pedras de distintos tamaños, algunhas delas traballadas de tal forma  que encaixasen unhas sobre outras. 

Pombal da Casa Rectoral
Muro do Adro

Fai uns días parte do muro do adro derrubouse, debido a un cúmulo de cousas, coma o paso do tempo, a falta de drenaxe, as raíces das árbores…

O noso cura párroco Don Herminio xa está desde o primeiro momento realizando as xestións necesarias para arranxalo canto antes.

.

6- MANUEL QUIROGA LOSADA, RAÍCES EN CERPONZÓNS.

LA CIUDAD  OLVIDÓ A QUIÉN FUE DUEÑO DEL MUNDO.

A cidade esqueceu a quen foi dono do mundo, así terminaba Manuel Jabois un artigo sobre Manuel Quiroga.Manuel Quiroga Losada (1892-1964) foi un pontevedrés que xunto a Sarasate, foron considerados os máis grandes violinistas da nosa historia.


Nace o 15 de Abril de 1892, na rúa dos Comercios, hoxe en día denominada Manuel Quiroga. Sendo moi neno xa se lle vía o seu virtuosismo, a súa familia pronto o enviou fóra de Pontevedra a estudar, primeiro a Madrid (en 1904 entrou no Real Conservatorio Superior de Música) e con 17 anos ingresou no Conservatorio de París, accedendo a un curso de estudos avanzados, recibindo alí a influencia de grandes violinistas. É en París, onde coñece e trata a outros importantes músicos como Manuel de Falla, Joaquín Turina ou Pablo Casals.

Un dos seus primeiros logros foi cando contaba 19 anos, gaña o primeiro premio do conservatorio, a súa carreira é meteórica, aos 22 anos estaba facendo carreira entre USA e Europa, os seus éxitos cada vez eran máis soados e por onde pasaba era aclamado, en toda a súa carreira como violinista, axudouse de diferentes violins: Amati, Guadagnini, Stradivarius, Guarnerius…

Ano tras ano ía percorrendo infinidade de países, Francia, Cuba, Arxentina, Uruguay, México…


Aos 46 anos, no mellor da súa carreira, cando logo dun concerto en Times Square, de volta ao seu hotel, un camión atropélao e dánalle gravemente o seu brazo dereito, a súa carreira vese truncada para o resto da súa vida, malia os seus innumerables esforzos por intentar recuperarse xa non puido tocar a nivel concertos, tendo que no resto da súa vida dedicarse á composición musical e pintar lenzos. Faleceu o 19 de Abril de 1961, tras moitos sufrimentos, onde o parkinson tamén lle fixo pegada.

A maioría das súas obras consérvanse no Museo de Pontevedra e foron publicadas en edición facsímil no volume VI de Cadernos de Música en Compostela.

No estreo do documental relacionado con Manuel Quiroga, o noso veciño, o compositor e intérprete Enrique Alvite, compúxolle este tema :

https://youtu.be/r5m5ChSbPV8

AS RAÍCES DE MANUEL QUIROGA LOSADA EN CERPONZÓNS.

A raíz de leer un artigo de Milagros Bará, publicado no Diario de Pontevedra (28/10/2015), donde comentaba o seguinte : El apellido Losada tiene raíces en la zona, de hecho mi familia tenía allí molinos que llegué a visitar en compañía de mi abuela Pilar Quiroga Losada, comenzamos a investigar a relación que podía haber co violinista.

HOXE FAI 100 ANOS DO FALECEMENTO DE PILAR LOSADA VÁZQUEZ, VECIÑA DE CERPONZÓNS.

Así que contactamos con Milagros, ela comentounos que Manuel era fillo de José Quiroga Hermida (coñecido comerciante de panos e tecidos) e de Pilar Losada Vázquez (natural de San Vicente de Cerponzones), tiveron cinco fillos : Carlos, que emigrou a Arxentina, foi un prestixioso radiólogo. José, emigrou tamén á Arxentina, converténdose nun gran empresario. Mentras que Emilio, foi arquitecto no Concello de Pontevedra. O máis famoso foi Manuel, o gran violinista e finalmente, a única muller dos cinco fillos, Pilar.

Pilar Losada Vázquez, nai de Manuel Quiroga.
Recordatorio do falecemento de Pilar Losada.

 

Parte da familia Quiroga Losada.
Foto de Zagala, Carlos, José, Manuel é o seu pai, ano 1896.
Pilar Quiroga Losada, a filla.

Ca van uns cantos anos que fixen amizade con Carlos, sobriño de Manuel Quiroga, hoxe conta con 97 anos e seguimos tendo contacto. A súa gran ilusión é volver a Pontevedra.

Fai tempo atopei unha foto de Carlos nunha revista, fíxolle moita ilusión :

ARTIGO DE M. JABOIS : Quiroga ensayaba a oscuras. Se recogía en un cuarto a ciegas, levantaba el violín y estudiaba las partituras que tenía grabadas en la cabeza mientras deslizaba el arco interpretándolas. De la ventana abierta de su buhardilla en París brotaba una música ejecutada bellamente, y la gente que pasaba por la calle se paraba absorta, fija en aquel acontecimiento casi endiablado. Era Manolito Quiroga…

Una especie de mirlo

O día 13 de Xaneiro do 2023 fará 17 anos que se inaugurou esta obra escultorica con Quiroga e un grupo de intelectuais galegos do S. XX , está situada na Praza de San José.

Chégame máis información en relación con Pilar Losada Vázquez :

Ao compartir a noticia da relación de Manuel Quiroga Losada coa nosa parroquia, comezaron a enviarme datos que confirman a noticia. Por unha banda coméntanme que Pilar Losada Vázquez tiña parentesco con dous curmáns, de nome Luciano e Conchita Losada e tamén con outra curmá que se chamaba Amalita Lastra Losada, veciños do lugar de Leborei, con as súas casas á beira unha da outra. Tamén nos indican que Conchita Losada foise a vivir a Madrid, ao distrito de Chamberí, na rúa Ríos Rosas, pero xunto co seu irmán Luciano, adoitaban pasar o verán na súa casa de Leborei.


Daquela era unha casa preciosa, cun enorme terreo, todo axardiñado, había palmeiras, un estanque, para os nenos e nenas era unha zona encantadora, (coméntame unha pariente da familia), ademáis Conchita e o seu irmán Luciano adornaban aquel paraxe con utensilios que prácticamente non eran coñecidos naqueles tempos pola xente do lugar, os familiares máis pequenos daquela época que vivían en Leborei, adoitaban pasar moitas horas naquel lugar, chamábanlles a atención aquelas hamacas que colocaban a inicios do verán e que trouxeran ex proceso de Madrid. Outra cousa que máis lle chamaba a atención era a moto que conducía Luciano, era enorme, parecía unha Harley, coméntame a veciña de Leborei e parente directa deles.

Amalita sempre viviu en Leborei, unha muller con semblante serio, pero moi boa persoa, vivía pegada á casa de Conchita (onde hoxe en día vive Manuela), estaba solteira, seguramente os máis maiores recordarédela con aquel ramo enorme de olivo que levaba o día de Ramos á Igrexa, facéndolle competencia a unha veciña que vivía moi preto súa e que tamén adoitaba levar unha enorme rama de olivo, acordádesvos? Jajajaja.

Casa de Amalita.

Os Losada antiguamente eran donos prácticamente de Leborei, era unha extensa zona do lugar, inclusive as súas propiedades chegaron a varios muiños situados no lugar da Balé (comentario de unha pariente de Manuel Quiroga, de nome Milagros Bará), onde seguramente algún destes antepasados fixeron casa neste lugar, sendo así que aínda hoxe en día habitan descendientes daqueles Losada en dito lugar da Balé. Tamén temos a outra veciña que tiña parentesco directo, unha veciña que tiña por nome Elena Losada Ucha, por certo, que tamén foi unha das parteiras que tivo a parroquia, o seu oficio seguramente foi debido a que o seu pai fose médico, un conocidísimo médico daquel entón, a xente maior recórdao encima do seu cabalo visitando as casas dos enfermos.

Temos datos que no S. XIX, unha xente con un apelido moi coñecido na parroquia, Osorio, sitúanse no lugar de Leborei e enlázanse con dous apelidos moi comúns por aquel entón : Os Losada e Os Ucha.
A relación de veciños co apelido Losada atopámola por exemplo no médico Francisco Losada Iglesias (ciruxán no ano 1842), casado con Josefa Capelo González Osorio, tendo oito fillos, teño os nomes de seis deles : Juan, José, Ángel, Jesusa, Pilar e Custodia. Por parte de Francisco Losada dicir que era natural de Allariz (Ourense), o seu pai tamén profesou o oficio de ciruxán. 

Un dos seus fillos, fora farmacéutico, Ángel Losada Capelo casouse con Amalia García, en 1875, tendo catro fillos entre os anos 1875 e 1882.
Outra das fillas, Pilar Losada Capelo, casouse con Placido Aldao Ucha, en 1869, e tiveron 7 fillos entre 1870 e 1883.

Tamén encontrei algun dato sobre outra das fillas, de nome Jesusa Losada Capelo, seica tivo unha filla, de nome Juana García Losada. 

Doutra banda, atopamos que Hermenegilda Losada García cásase en 1872 cun veciño de Carril, de nome José Lastra García, tendo entre 1899 e 1901 varios fillos, entre eles Amalita Lastra Losada.
En 1872, temos a un veciño de Campañó, Juan Losada Leiro que se casa con Rogelia Ucha Losada (parece ser que tiñan lazos familiares), entre 1891 e 1897, chegando a ter catro fillos.

Tambien quero recordar a Edelmira Barreiro Piedras, nai de Obdulia, que viviron no lugar de A Balé.

Obdulia estaba casada con José Losada, o cal era segundo primo de Conchita e Luciano. A nai de Obdulia ,Edelmira, foi durante moitos anos a criada de Conchita, encargábase do servizo da súa casa na época de verán. Unha boa cociñeira, onde daqueles tempos tiña que servir o almorzo, comida, merenda e cea, cousa que non era habitual nas nosas casas. Conchita e Luciano estaban encantados de como cociñaba Edelmira e non só eles, si non que todos os nenos que se achegaban a xogar aos xardíns da casa, estaban desexando que lles puxesen a merenda, aquelas rebanadas de pan con aceite estaban deliciosas !

Na familia de Conchita e Luciano, José Losada (veciño da Balé), era moi querido. Tal era así, que cando chegaban de Madrid, achegábanse a saudalo á súa casa. Coméntame un fillo de José, que recorda a un fillo e unha filla de Conchita, sobre o fillo dime que se chamaba Ángel  e chegou a ser piloto de aviación, chegando a pilotar avións de IBERIA, estando destinado en Zaragoza.Da filla  non recorda o seu nome, pero si acórdase que o seu oficio foi o de azafata de voo.

Tamén me comenta que Conchita, xunto o seu fillo Ángel, tiñan de afillada a unha filla de José, de nome Patricia, era tal o agarimo que lle tiña que cando fixo testamento deixoulle unha leira na Balé, situada á beira do muiño que teñen preto da vivenda de toda a vida.

Conchita sempre que chegaba de Madrid traíalle roupa a Patricia, era tal o agarimo que lle tiña que chegou a dicir ao pai de Patricia que quería levala con ela para Madrid, cousa que José nunca quixo.

Hai un recordo moi especial por parte dun dos netos de Edelmira, Conchita sempre lle ofrecía para comer na súa casa, pero Edelmira rehusaba a invitación, prefería levar a comida para os seus netos, sempre lle contestaba o mesmo : si non che importa levolle a comida para vos meus netiños, daquela era o agasallo que Edelmira facíalle aos seus netos, eran tempos difíciles.

E así, Edelmira gardaba aquela comida nun cestón de mimbre e poñíao na súa cabeza, baixaba por unha estreita congostra en dirección á súa casa, cruzaba unha pontella e despois pasaba polo muiño dos Fariña, uns metros máis costa arriba xa estaba a súa casa.

Seguirei buscando máis raíces que poidan ir aclarando os familiares directos co noso gran violinista Manuel Quiroga Losada.

Máis información que hai relacionada co apelido LOSADA : https://serpenties.blogspot.com/search?q=LOSADA

ARTIGO DE MILAGROS BARÁ :

https://www.diariodepontevedra.es/blog/milagros-bara/el-puente-de-cerponzons/20151028105627345060.html

FACEBOOK : https://www.facebook.com/ManuelQuirogaLosada/

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE MANUEL QUIROGA :

https://es.m.wikipedia.org/wiki/Manuel_Quiroga_Losada

Nota : Fotografías extraídas de Revista Celtiga, Diario de Pontevedra, artículos de Milagros Bará.


FAITE SOCIO/A DA ASC. DE VECIÑOS O CHEDEIRO 

¿PARA QUE SERVE A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS?
Ás veces pregúntannos algúns veciños que para que serve estar na Asociación de Veciños, a nosa resposta, é inmediata, concisa e concreta, ¡para defender os teus intereses! ¡Para reivindicar melloras para a parroquia, para defender os teus dereitos, a túa calidade de vida e a da túa familia! 

Ademáis, que o facemos un grupo de veciñas e veciños concienciados, con inquietudes solidarias, que dedicamos o noso tempo, traballando voluntariamente, con ilusión, esforzo, de xeito altruísta.

Desde a nosa Asociación en estes últimos anos as nosas reivindicacións ampliaron un abanico que abarcou multitude de áreas : Transporte, Medio Ambiente, Sanidade, Seguridade, Patrimonio…Grazas ás nosas achegas e peticións estamos orgullosos das melloras conseguidas, pero queda moito por facer, por iso seguimos día a día realizando a nosa actividade para mellorar e transformar a nosa parroquia.

As reivindicacións e as actividades, contribúen a crear identidade de parroquia, para que os veciños esteamos cada día máis orgullosos de vivir nela, de que os nosos fillos queiran seguir vivindo nun lugar milenario, e de moitas máis cousas que contribúen a unha mellor convivencia, todo isto, sen a Asociación de Veciños, non sería posible, a súa transformación sería  moi diferente, a parroquia sería bastante peor, careceriamos de moitas cousas, sería, sen dúbida, unha parroquia sen historia, sen atractivo, unha máis de tantas.

E isto é grazas a 40 anos de loita, de traballo, de horas e horas de reunións, de peticións, de momentos de alegría e doutros de tristeza por non lograr o que queriamos. 40 anos de Asociación de Veciños , aí é nada.

A Asociación de Veciños, somos moi necesaria e imprescindible para poder transformar a nosa parroquia. Os veciños e a Asociación, temos que ser os verdadeiros actores e protagonistas da mellora de Cerponzóns, os veciños non debemos nin podemos deixar que os poderes públicos, os políticos, sexan os que soamente tomen as decisións. A participación Cidadá é un dereito e unha obrigación, canto maior sexa a participación dos veciños nos asuntos públicos, mellor defenderemos os nosos dereitos e máis avanzaremos en mellorar e transformar a nosa querida parroquia de Cerponzóns.
Pero para iso, necesitamos socios, cantos máis mellor, unha asociación onde haxa unha gran maioría de veciños asociados é un valor incalculable, xuntos somos máis fortes, máis unidos e máis comprometidos.

A participación cidadá de xeito organizado ,é un dereito, e moi necesaria, porque a democracia, é verdadeira cando a exercemos e desde ela controlamos aos poderes públicos que únicamente represéntannos pero nunca nos deben suplantar.

Faite soci@ por sólo 0,04 céntimos ao día.

COMO ASOCIARSE

Chamando ao teléfono da Asociación de Veciños O CHEDEIRO : 628 387 430

  Directiva :

Presidenta : Liliana Casás 

Vicepresidenta : Ángeles Tourón 

Secretario : Juan José Esperon 

Tesorera : Myriam Vieitez

Vocal : Merchy Vieitez

Vocal : José Manuel García 

Vocal : Catalina Romero

Por transferencia ao número de conta bancaria da Asociación.

Contacto : aavv.chedeiro.cerponzons@gmail.com


OFICIOS DOS VECIÑOS (XVIII) CAPADOR

OFICIOS DOS VECIÑOS, CAPADOR
Persoa que por oficio se dedica a capar animais. O capador viña polo camiño tocando o chifre. (RAG).

Hoxe tócanos o oficio de capador ou castrador, que era sumamente imprescindible fai anos nas aldeas.

A gran maioría dos veciños da parroquia de Cerponzóns criaban polo menos un porco na súa casa, era unha das bases donde xiraba durante todo o ano ter comida no salgadoiro, a non dispoñer de frigoríficos. Normalmente dabanlle de comer as lavaduras, algúns tamén aproveitaban e botábaselles no cortello, na maseira landras , mazás, castañas, nabos, verzas, patacas, millo etc. Deste xeito o porco tardaba sobre un ano e medio en engordar, listo para sacrificar.

A maioría da parroquia cando criaban o porco para despois consumir na casa, capaban o porco. Esa costume viña de muitos anos atrás, seica que o capalos, os porcos engordaban máis rápido. Hoxe en día sábese que os porcos sen capar medran e engordan mellor. Tamén o feito de capar os porcos era debido a que a carne sabía mellor, seica aqueles porcos que non eran castrados a súa carne tiña un sabor a mexo é o cheiro desa carne era desagradable.

Esto era debido a que nas partes grasas e nas glándulas salivares os porcos acumulan androsterona, producida nos testiculos. Así muitos dos paisanos preferían engordar unha femia, porque a súa carne sabía mellor…

Meu pai tivo durante muitos anos unha granxa de porcos, él,seguindo a tradición, capaba todolos porquiños machos, sendo eu o seu axudante. Daquela tiña muitos clientes carniceiros, que dispoñían de posto de venta na Praza de Abastos de Pontevedra, cando viñan a mercarlle os porcos, todos eles querían que estivesen capados, si estaban sin capar non os querían.

Os carniceiros sempre lle decían que non querían a carne que supese a “bravío “.

Recordo pasar pola miña casa o capador, eran os anos sesenta e setenta, pasaba en cabalo e levaba un chifre ou asubío, o cal cada certo tempo é donde había casas, comenzaba a chifrar ou asubiar para que a xente supese que xa estaba o capador polo lugar, esto xa se perdeu, agora xa non asubían, nin veñen a cabalo, agora dan aviso co claxon da furgoneta, tanto o butanero como o que ven co pescado, é a veces, cada seis meses ou máis, pasa motorizado un descendente de aqueles paragüeiros tocando o chifre e anunciando que afila coitelos, pero como digo, de vez en cando.

Recordo que a época de castrar era entre os meses de febreiro a xuño como moito, cando o castrador viña polo lugar de Pidre e comezaba o seu aviso co chifre, os veciños da Rons xa o escoitabamos, o seu son indicábanos que era o castrador, tiña un son distinto ao paisano que arranxaba os paraguas, recordo de algún neno que se escondía cando viña o capador, dado que unha das formas que había daquela para asustar os máis pequenos, despois de facer unha trastada, era a de decirlle que cando viñera o capador ían facerlle o mismo que aos porcos…jajaja.

Na parroquia había varios veciños que tiñan habilidade suficiente para capar eles mismos, un de eses veciños era o señor José o da Rons, o muiñeiro, foi o que lle enseñou a meu pai a capar. O señor José tiña as súas tradicións e formas de facer a hora de capar, a máis curiosa era que para desinfectar a ferida que lle facía o porco, lavaba con viño tinto quente, e seica lle resultaba, nunca lle morreu ningún porco que pasou polas súas mans para capar.

Falando con varios veciños e veciñas sobre os seus recordos sobre este oficio, un deles recorda a un veciño da parroquia que facía a función de capador en varias casas, era o señor Lorenzo, O Mandila. Comenta este veciño que sendo pequerrecho na súa casa comprábanse todos os anos dous porquiños, ao cabo duns días chamaban O Mandila para que viñese a capalos.

O señor Lorenzo era un paisano de carácter tranquilo, as cousas facíaas pausadamente, os recordos sobre él son bos, aínda que quen me estivo contando este recordo dicíame que lle daban pena escoitar os gritos dos porquiños cando os capaba. Ségueme comentando que ao finalizar a faena a súa avóa ofrecíalle ao señor Lorenzo unha boa cunca de viño e un pouco de xamón, seguidamente sentábase á beira da palleira e coa súa forma pausada que tiña para todo, comezaba a falar do tema do día mentres comía e bebía sen présa ningunha.

Outro veciño que tamén realizaba este labor era do lugar de Meán, coñecido por todos como O Moreno. Tamén estaban os Cochón de Leborei.

Unha veciña ao preguntarlle polos capadores que viñan doutros lugares,recorda a varios, un deles de apelido Quintela, vivía na Cross. Despois viña un capador que tiña un gran porte, era alto e sempre levaba un chapeu de ala ancha, coñecíano como o Capador de Cuntis. Outro era un irmán de Agustin, o cuñado da Petela, non recorda o seu nome, pero si que sempre chegaba a parroquia en bicicleta.

A maioría dos capadores dispoñían de ferramentas para desarrollar o seu traballo, meu pai non precisaba delas, con unha folla de afeitar, unhas tesoiras, un coitelo e un bote de desinfectante era suficiente, eso sí, sempre co cuidado de que as ferramentas estivesen desinfectadas…

Moito antes de que houbese o spray morado que usaba meu pai, os que se dedicaban a este oficio tiñan as súas preferencias para desinfectar as partes cortadas, así o señor José facíao co viño, outros lles botaban auga con sal e había quen tiña un po branco, que se mercaba nas farmacias.

O paisano que desempeñaba o oficio de capador non era ben visto polos veterinarios, decían que non estaban aptos para levar a cabo esa función, mentras que os capadores comentaban que eran os veterinarios os que non tiñan idea de castrar. Estaban ben vistos polos paisanos, os veciños chamaban sempre os capadores, ata que pouco a pouco os veterinarios foronse facendo con éste traballo.

Hai que recoñocer que as formas en que tiñan de castrar eran un pouco salvaxe…pero para os que facían ese traballo era do máis normal, eu tamén o miraba así, mameino desde que nacín.

Normalmente o capador empregaba unha navalla adecuada para tal menester, xunto coa agulla e máis o fío para coser despois a ferida. Pero había algúns, dependendo a zona, que usaban o sistema do mazo. Segundo Sotelo Blanco, usaban ese sistema poñendo os xenitais do animal encima da temoncela ( pao longo que forma parte do carro) e golpealos cun mazo, desta maneira esmagaba o nervio. Tamén había a maneira de estrangular cos dedos o nervio, logo ataban os xenitais cunha corda para que fosen mirrando.

Cando era a época de capar os porcos que tiñamos na granxa pasabamos varios días capando, podiamos capar uns cincuenta ao día. A min tocábame suxeitar ao porco, tiña que coller coas miñas mans as dúas patas traseiras, mentres que as dianteiras metíaas entre as miñas pernas e cruzábaas. Era un momento onde tiña que usar toda a miña forza para suxeitalo de tal forma que non se movese, mentres o meu pai estaba listo, primeiro botaba alcohol nos xenitais, despois facía o corte e retiraba primeiro un testiculo e despois outro corte e retiraba o segundo testiculo, remataba a faena rociando co spray   especial para desinfectar, aínda parece que estou notando o cheiro que expulsaba ese desinfectante de cor morado. 

Nada máis terminar soltabámolo o porco,  en poucos días xa tiña as feridas cicatrizadas.

Ao ter unha granxa como a nosa, cunha media de 500 porcos todolos dias do ano, a castración tiña outras vantaxes, ao ter os porcos en cuadras onde habían machos e femias, castrandos prevíñase a reprodución non desexada, reducíase a agresividade e consecuentemente as feridas e as condutas de monta.

Daquela non tiñamos libros para estudar éste oficio, aprendin mirando, escoitando as explicacións de meu pai, despois practicando, o principio cos berros do meu pai decindome que así non rapas ! Fai coma che dixen ! 

Hoxe en día xa hai pouca xente que ten porco para criar, e quen ainda o ten, a hora de mercarlo xa lle ven capado, polo tanto xa non teñen que chamar o capador, ainda así, si necesitades unha man que o faga, as mañas non as perdin…

Nota: Fotografías de noticiascyl.

CITAS LITERARIAS (10) VIDA GALLEGA

VIDA GALLEGA : UNHA CRÓNICA ABERTA NA GALICIA DO SÉCULO XX

A aparición en 1909 da revista gráfica VIDA GALLEGA foi todo un acontecemento.

Foi unha revista ilustrada que tivo coma obxetivo principal o de informar a toda Galicia é a comunidade de galegos emigrados por todo o mundo.

O seu fundador foi Jaime Solá Mestre.

En un dos números relacionados co ano 1923 aparece unha páxina sobre a parroquia de Cerponzóns, as imaxes son xa coñocidas por muitos de nos.

Debaixo de cada imaxen hai varios textos, que os escribo seguidamente :

LA FIESTA DE LA ALDEA : EN CERPONZONES.

La cortesía sin límites de Don Manuel Lareo, abad de Cerponzones, nos llevó a la fiesta que el mocerío femenil celebra en la elevada iglesia parroquial. A la vista de ésta hacemos nuestra primera fotografía , donde hay un lindísimo crucero. Y después, aún de mañana, oímos al maestro Ruibal y a sus profesores de la banda popular de Pontevedra :


Las mozas se agrupan en la escalinata de la Iglesia, mientras los mozos hacen rancho aparte. El músico de la caja hace de mozo temporal :


La procesión, alrededor del templo, tiene toda sencillez y el encanto de estas fiestas campesinas :


Por la tarde, antes de marchar, cuando los mozos se están templando todavía cabe el rico néctar de estas vides, podemos ver las primeras danzas de las mozas. Y, en seguida, el Sr. Lareo y sus cultos invitados nos despiden con la misma cortesía que nos condujo a tan simpáticas y bellísimas alturas. Y queda Cerponzones a la espalda, envuelto en las cadencias de la banda de Ruibal :

ANO 1927

3- O MAL DE OLLO NUN NENO.

O MAL DE OLLO

Outras das supersticiones que máis calado tiveron entre as nosas xentes é o Mal de Ollo, coñécese por este nome a todas aquelas enfermidades en que pode afectar a unha persoa ou a un animal.

O Mal de Ollo afecta a calquera idade, tanto aos máis novos, como aos máis vellos e é transmitida por unha persoa que ten un poder na súa mirada.

Xa en tempos moi afastados, os gregos á palabra ” baskaino” relacionábana co significado de fascinar, de enfeitizar coa mirada e os romanos usaban a palabra ” fascinatio”, de fascinación, queda así plasmado que esta enfermidade é moi coñecida desde moi antigo.

Tamén o Mal de Ollo coñécese por “Mal de Envexa”, ” Mala de Ollada”,” Malas Vistas”, Ollada”, “Malos Ollos”….etc.

E de sempre falábase que a persoa que facía o Mal de Ollo era porque tivera un pacto co demo, por iso é polo que as mulleres que transmitían este Mal llas tiñan como bruxas, e aos homes como feiticeiros.

Tamén se dicía que quen tiña a propiedade de transmitir esta enfermidade puidese nacer xa con ela, ou ben o foron adquirindo ao longo da súa vida. Moitas destas persoas que tiñan ese poder sabían del, que podían facer dano coa súa mirada, outras o causaban sen querer, porque descoñecían que tivesen esa propiedade. Pero este poder que tiñan algunhas persoas ía máis aló de transmitilo a un humano, o seu poder podía mesmo facer dano a un obxecto, a un animal, a un árbore etc.

Moitas destas persoas, que sabían da súa mirada daniña, evitaban mirar de fronte , usaban lentes para non causar dano, pola contra, non cabe dúbida que aquelas que querían causalo saían á rúa en busca da persoa á cal quixese maleficiar. Claro que tamén había maneiras de evitar recibir o Mal de Ollo, para iso botábase man de moitos obxectos talismán, por exemplo o levar un allo colgado do pescozo, uns cornos de bacaloura, colgar na casa unha ferradura de cabalo, levar nun peto unha castaña de indias, ou ben medallas, cruces etc.

Aos animais, por exemplo aos porcos cando os levaban á feira para vender, e sabendo que tiñan que pasar por lugares onde habitaban xentes co poder do Mal de Ollo, untaban con allo ao porco para evitar que lle transmitise o mal.

Recordo dun feito ocorrido fai máis de corenta anos, celebrábase un acontecemento na parroquia, unha veciña tiña supostamente un poder coa súa mirada, fora convidada o acto e ao pouco tempo un dos comensais comezou a sangrarlle o nariz, pero unha barbaridade, ela o momento douse de conta, a súa poder era tal que se foi a desculpar ao momento, quería evitalo, pero ás veces éralle imposible, aínda así a moita xente dicíallo e pedíalle desculpas.

Pero se o mal xa estaba botado entón había tamén remedios para curar ese Mal, nese momento una serie tratamentos daban lugar a realizar nos enfermos para tratar de curalos…

Potas, palanganas, auga bendita, cinza, follas de plantas, cruces , medallas, oracións, durante nove días , lavando ao enfermo de pes a cabeza…..en cada lugar, en cada parroquia tiñan o seu remedio para sanar….

O MAL DE OLLO NUN NENO
Non sei cantos de vós creredes nisto que vou contarvos, pero todos sabemos que moita xente que recorre aos sanadores e sanadoras que tivemos o longo do tempo, e aínda hoxe en día quedan, son de todo tipo de clases sociais, xente con formación cultural, de todo tipo de nivel económico, que mentres buscan bos médicos para que os curen, tamén ao mesmo tempo, recorren ás tradicións como terapia alternativa.

Hoxe vou comentarvos o caso dun neno, veciño da parroquia de Cerponzóns, un neno que con poucos anos de idade comezou a ter unha serie de problemas de saúde debido ao Mal de Ollo.

O Mal de Ollo era causado principalmente aos nenos, unha simple mirada era a causante de transmitir o mal, e todo debido á envexa. Sempre que teño falado coas persoas máis maiores do lugar e preguntáballe por este mal, dicíanme que normalmente era transmitido por mulleres, especialmente as vellas, tamén houbo quen me contestou que ese mal transmitíano as mulleres en periodo menstrual.

Aquel neno e tamén a persoa que se atopase débil serían os candidatos a sufrir o dano, tanto corporal como espiritual. Para evitar este mal recomendábase ter algún amuleto que acompañase en todo momento.

ESTE NENO NON ESTÁ BEN…

Ramiro* deixou o lejón na entrada da casa e ao empuxar a porta de madeira que pechaba a única abertura pola que se comunicaba a casa co exterior, veulle á cara o familiar cheiro a fume, esta vez mesturado con aroma a col.

Case toda a planta estaba ocupada por unha inmensa lareira que a modo de altar primitivo albergaba unha fogueira que xamais se apagaba. A fogueira crepitaba e soltaba máis fume que o habitual, pois atopabase húmida, no medio da lareira un inmenso pote de ferro colgado dunha grosa cadea oxidada. Alí cociñábase o sustento diario que consistía en patacas cocidas, ese día con algunha col, e que só variaba durante a matanza do porco ou de algunha galiña vella.

Tres nenos e unha vaca comían en silencio. Dous dos raparigos, situados ao redor da tosca mesa de madeira, producían un ruído discontinuo coas súas culleres rascando os seus respectivos pratos para intentar aproveitar ata a máis insignificante brizna de alimento que devoraban poñendo os cinco sentidos niso, mentras o terceiro estaba como encorvado, casi pegando coa cabeza na mesa.

Ramiro viña acompañado de unha veciña que iba a traballarlle unha leira ao xornal, ésta quedou mirando fixamente para o neno é despois de uns minutos dixolle a Felisa* e a Ramiro : éste neno non che está ben ! Éste neno ten algo metido no corpo ! 

Felisa contestoulle que o neno estaba ben, que estaba seguramente cansado de andar co pai o toxo, pero mira coma ríe, non ves ?

A veciña sabía o que decía, mandou poñer de pé ao neno, e contestoulle a nai :

-Mira, fíxate nel, está totalmente encorvado, a éste neno alguén o mirou mal.

Cando a xornaleira marchou a traballar, quedaron Ramiro e máis Felisa falando do que lle dixera, Ramiro non creía en nada de esas cousas do mal de ollo e demáis trangalladas. Mentras que Felisa tiña dubidas, coñocía ben a xornaleira e sabía do que falaba…

A tardiña Felisa acercouse a leira e volveulle a preguntar :

-Ti estás segura de que o neno está mal ?

+Faime caso, leva o neno canto antes a unha señora que hai en Pontevedra, na Praza da Verdura, ela e mui boa en remedios contra o Mal de Ollo.

Ao chegar á noite, cando estaban ceando, Felisa volveu a comentar o tema do neno a Ramiro, ao terminar de cear díxolle aos fillos que se fosen para cama, que xa era hora de deitarse. Felisa quedouse mirando para o pequeno que supostamente estaba co mal encima, efectivamente, cada vez o neno ía máis encorvado é coas pernas torcidas.  E Felisa comezou a falar :

-Ramiro, e si é verdade que o neno ten o Mal de Ollo, mira que esa muller sabe moito diso, e raro que se equivoque, mira como vai o neno, fixáchesche ? todiño encorvado, é que me dís das perniñas?

Xa che dixen que eu non creo nesas cousas, pero si quedas máis tranquila e si queres levar ao neno, lévao, pero eu non vou.

Pero Felisa estaba enterada de que había máis lugares para curar o Mal de Ollo, pasou toda noite dándolle voltas…

Había quen lle comentou que por Corbillón tiñan un penedo milagreiro, había que dar unhas voltas ó redor del e rezando o credo, outro lugar que lle dixera un pariente era en Luaña, Brión, seica había que dar tres voltas a igrexa implorando o seu patrón, San Xulián. Había quen na misma parroquia tiña un pexegueiro milagreiro, dando tamén unhas voltas seica curaban, outros facíanno ó redor dunha figueira, seica de todas as árbores era a mellor para estas curacións.

Na parroquia de Campañó era mui soada a curación do Mal de Ollo. Felisa xa sabía de algún neno da parroquia que acudiu alí, o Mal de Ollo nos nenos curábase con un rito. (Fai pouco que estiven lendo unha historia donde o rito de Campañó recolleuno de boca de unha veciña de O Freixo o meu mestre D. Alfredo García Alén). Seica unha rapaza virxe tiña que dar voltas ó redor da Capela de Santo Paio, unhas veces soa e outras tiña que ir a dar as voltas ó neno enfermo coa rapaza. 

 Tamén estaba o tanto das nove voltas que había que dar na Capela de San Cibrán de Tomeza, era unha das que máis prestixio tiña para curar os males.

Decidiu ir dónde lle dixo a veciña. A primeira hora da mañá do día seguinte Felisa colleu ao neno e foise andando con el no colo ata Pontevedra, buscando a casa dunha señora que empregaba uns remedios que curaban o mal de ollo. O neno levantouse descomposto e feito unha penuria.

Ao chegar a casa da muller non tararon en que lle abrisen a porta, invitárona a pasar e sentarse nunha pequena sala que había na planta baixa. Pronto avisaronna que subise a xunto a señora, nada máis entrar, a señora quedouse mirando para o pequeno, e logo de observalo detidamente díxolle á nai :

Ten o Mal de Ollo. Terás que levalo a un lugar que che vou a dicir, neste lugar hai unha ponte, debes de dar unhas cantas voltas co neno por baixo de devandita ponte 27 veces, cada nove veces tes que dicir unha oración. Non tardes en facelo.

Na mitoloxía galega podemos observar que o de dar voltas a algunha cousa ten unha querencia popular, mismo na medicina popular galega un dos recursos que máis se usou era a de recurrir o círculo, tamén consta na paixase rural, por exemplo na aldea, que estaba construida por diversos elementos dispostos en círculos ó redor dela, outro exemplo son os castros, que tiñan unha conformación circular na súa maioría.

Nada máis saír de alí dispúxose a facelo, logo de terminar co ritual dirixiuse de novo á súa casa. Ao chegar foi o neno o que abriu a porta, no interior estaba Ramiro esperándoos…ao ver ao neno todo erguido, Ramiro non daba crédito, o neno estaba curado.

*Nota : Os nomes de Ramiro e Felisa non corresponden cos reales.

(Fontes: MUSEO DO POBO GALEGO; Monografías; “La medicina popular en Galicia”, autor; Victor Lis Quiben; Prólogo: Fermín Bouza Brey, Publicación: 1949), Museo de Pontevedra é tamén recollido dos recordos dos veciños.