CONTOS NA LAREIRA (8)

O MAL DE OLLO NUN NENO
Non sei cantos de vós creredes nisto que vou contarvos, pero todos sabemos que moita xente que recorre aos sanadores e sanadoras que tivemos o longo do tempo, e aínda hoxe en día quedan, son de todo tipo de clases sociais, xente con formación cultural, de todo tipo de nivel económico, que mentres buscan bos médicos para que os curen, tamén ao mesmo tempo, recorren ás tradicións como terapia alternativa.

Hoxe vou comentarvos o caso dun neno, veciño da parroquia de Cerponzóns, un neno que con poucos anos de idade comezou a ter unha serie de problemas de saúde debido ao Mal de Ollo.

O Mal de Ollo era causado principalmente aos nenos, unha simple mirada era a causante de transmitir o mal, e todo debido á envexa. Sempre que teño falado coas persoas máis maiores do lugar e preguntáballe por este mal, dicíanme que normalmente era transmitido por mulleres, especialmente as vellas, tamén houbo quen me contestou que ese mal transmitíano as mulleres en periodo menstrual.

Aquel neno e tamén a persoa que se atopase débil serían os candidatos a sufrir o dano, tanto corporal como espiritual. Para evitar este mal recomendábase ter algún amuleto que acompañase en todo momento.

ESTE NENO NON ESTÁ BEN…

Ramiro* deixou o lejón na entrada da casa e ao empuxar a porta de madeira que pechaba a única abertura pola que se comunicaba a casa co exterior, veulle á cara o familiar cheiro a fume, esta vez mesturado con aroma a col.

Case toda a planta estaba ocupada por unha inmensa lareira que a modo de altar primitivo albergaba unha fogueira que xamais se apagaba. A fogueira crepitaba e soltaba máis fume que o habitual, pois atopabase húmida, no medio da lareira un inmenso pote de ferro colgado dunha grosa cadea oxidada. Alí cociñábase o sustento diario que consistía en patacas cocidas, ese día con algunha col, e que só variaba durante a matanza do porco ou de algunha galiña vella.

Tres nenos e unha vaca comían en silencio. Dous dos raparigos, situados ao redor da tosca mesa de madeira, producían un ruído discontinuo coas súas culleres rascando os seus respectivos pratos para intentar aproveitar ata a máis insignificante brizna de alimento que devoraban poñendo os cinco sentidos niso, mentras o terceiro estaba como encorvado, casi pegando coa cabeza na mesa.

Ramiro viña acompañado de unha veciña que iba a traballarlle unha leira ao xornal, ésta quedou mirando fixamente para o neno é despois de uns minutos dixolle a Felisa* e a Ramiro : éste neno non che está ben ! Éste neno ten algo metido no corpo ! 

Felisa contestoulle que o neno estaba ben, que estaba seguramente cansado de andar co pai o toxo, pero mira coma ríe, non ves ?

A veciña sabía o que decía, mandou poñer de pé ao neno, e contestoulle a nai :

-Mira, fíxate nel, está totalmente encorvado, a éste neno alguén o mirou mal.

Cando a xornaleira marchou a traballar, quedaron Ramiro e máis Felisa falando do que lle dixera, Ramiro non creía en nada de esas cousas do mal de ollo e demáis trangalladas. Mentras que Felisa tiña dubidas, coñocía ben a xornaleira e sabía do que falaba…

A tardiña Felisa acercouse a leira e volveulle a preguntar :

-Ti estás segura de que o neno está mal ?

+Faime caso, leva o neno canto antes a unha señora que hai en Pontevedra, na Praza da Verdura, ela e mui boa en remedios contra o Mal de Ollo.

Ao chegar á noite, cando estaban ceando, Felisa volveu a comentar o tema do neno a Ramiro, ao terminar de cear díxolle aos fillos que se fosen para cama, que xa era hora de deitarse. Felisa quedouse mirando para o pequeno que supostamente estaba co mal encima, efectivamente, cada vez o neno ía máis encorvado é coas pernas torcidas.  E Felisa comezou a falar :

-Ramiro, e si é verdade que o neno ten o Mal de Ollo, mira que esa muller sabe moito diso, e raro que se equivoque, mira como vai o neno, fixáchesche ? todiño encorvado, é que me dís das perniñas?

Xa che dixen que eu non creo nesas cousas, pero si quedas máis tranquila e si queres levar ao neno, lévao, pero eu non vou.

Pero Felisa estaba enterada de que había máis lugares para curar o Mal de Ollo, pasou toda noite dándolle voltas…

Había quen lle comentou que por Corbillón tiñan un penedo milagreiro, había que dar unhas voltas ó redor del e rezando o credo, outro lugar que lle dixera un pariente era en Luaña, Brión, seica había que dar tres voltas a igrexa implorando o seu patrón, San Xulián. Había quen na misma parroquia tiña un pexegueiro milagreiro, dando tamén unhas voltas seica curaban, outros facíanno ó redor dunha figueira, seica de todas as árbores era a mellor para estas curacións.

Na parroquia de Campañó era mui soada a curación do Mal de Ollo. Felisa xa sabía de algún neno da parroquia que acudiu alí, o Mal de Ollo nos nenos curábase con un rito. (Fai pouco que estiven lendo unha historia donde o rito de Campañó recolleuno de boca de unha veciña de O Freixo o meu mestre D. Alfredo García Alén). Seica unha rapaza virxe tiña que dar voltas ó redor da Capela de Santo Paio, unhas veces soa e outras tiña que ir a dar as voltas ó neno enfermo coa rapaza. 

 Tamén estaba o tanto das nove voltas que había que dar na Capela de San Cibrán de Tomeza, era unha das que máis prestixio tiña para curar os males.

Decidiu ir dónde lle dixo a veciña. A primeira hora da mañá do día seguinte Felisa colleu ao neno e foise andando con el no colo ata Pontevedra, buscando a casa dunha señora que empregaba uns remedios que curaban o mal de ollo. O neno levantouse descomposto e feito unha penuria.

Ao chegar a casa da muller non tararon en que lle abrisen a porta, invitárona a pasar e sentarse nunha pequena sala que había na planta baixa. Pronto avisaronna que subise a xunto a señora, nada máis entrar, a señora quedouse mirando para o pequeno, e logo de observalo detidamente díxolle á nai :

Ten o Mal de Ollo. Terás que levalo a un lugar que che vou a dicir, neste lugar hai unha ponte, debes de dar unhas cantas voltas co neno por baixo de devandita ponte 27 veces, cada nove veces tes que dicir unha oración. Non tardes en facelo.

Na mitoloxía galega podemos observar que o de dar voltas a algunha cousa ten unha querencia popular, mismo na medicina popular galega un dos recursos que máis se usou era a de recurrir o círculo, tamén consta na paixase rural, por exemplo na aldea, que estaba construida por diversos elementos dispostos en círculos ó redor dela, outro exemplo son os castros, que tiñan unha conformación circular na súa maioría.

Nada máis saír de alí dispúxose a facelo, logo de terminar co ritual dirixiuse de novo á súa casa. Ao chegar foi o neno o que abriu a porta, no interior estaba Ramiro esperándoos…ao ver ao neno todo erguido, Ramiro non daba crédito, o neno estaba curado.

*Nota : Os nomes de Ramiro e Felisa non corresponden cos reales.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s