MANUEL QUIROGA LOSADA, RAÍCES EN CERPONZÓNS.

LA CIUDAD  OLVIDÓ A QUIÉN FUE DUEÑO DEL MUNDO.

A cidade esqueceu a quen foi dono do mundo, así terminaba Manuel Jabois un artigo sobre Manuel Quiroga.Manuel Quiroga Losada (1892-1964) foi un pontevedrés que xunto a Sarasate, foron considerados os máis grandes violinistas da nosa historia.


Nace o 15 de Abril de 1892, na rúa dos Comercios, hoxe en día denominada Manuel Quiroga. Sendo moi neno xa se lle vía o seu virtuosismo, a súa familia pronto o enviou fóra de Pontevedra a estudar, primeiro a Madrid (en 1904 entrou no Real Conservatorio Superior de Música) e con 17 anos ingresou no Conservatorio de París, accedendo a un curso de estudos avanzados, recibindo alí a influencia de grandes violinistas. É en París, onde coñece e trata a outros importantes músicos como Manuel de Falla, Joaquín Turina ou Pablo Casals.

Un dos seus primeiros logros foi cando contaba 19 anos, gaña o primeiro premio do conservatorio, a súa carreira é meteórica, aos 22 anos estaba facendo carreira entre USA e Europa, os seus éxitos cada vez eran máis soados e por onde pasaba era aclamado, en toda a súa carreira como violinista, axudouse de diferentes violins: Amati, Guadagnini, Stradivarius, Guarnerius…

Ano tras ano ía percorrendo infinidade de países, Francia, Cuba, Arxentina, Uruguay, México…


Aos 46 anos, no mellor da súa carreira, cando logo dun concerto en Times Square, de volta ao seu hotel, un camión atropélao e dánalle gravemente o seu brazo dereito, a súa carreira vese truncada para o resto da súa vida, malia os seus innumerables esforzos por intentar recuperarse xa non puido tocar a nivel concertos, tendo que no resto da súa vida dedicarse á composición musical e pintar lenzos. Faleceu o 19 de Abril de 1961, tras moitos sufrimentos, onde o parkinson tamén lle fixo pegada.

A maioría das súas obras consérvanse no Museo de Pontevedra e foron publicadas en edición facsímil no volume VI de Cadernos de Música en Compostela.

No estreo do documental relacionado con Manuel Quiroga, o noso veciño, o compositor e intérprete Enrique Alvite, compúxolle este tema :

https://youtu.be/r5m5ChSbPV8

AS RAÍCES DE MANUEL QUIROGA LOSADA EN CERPONZÓNS.

A raíz de leer un artigo de Milagros Bará, publicado no Diario de Pontevedra (28/10/2015), donde comentaba o seguinte : El apellido Losada tiene raíces en la zona, de hecho mi familia tenía allí molinos que llegué a visitar en compañía de mi abuela Pilar Quiroga Losada, comenzamos a investigar a relación que podía haber co violinista.

HOXE FAI 100 ANOS DO FALECEMENTO DE PILAR LOSADA VÁZQUEZ, VECIÑA DE CERPONZÓNS.

Así que contactamos con Milagros, ela comentounos que Manuel era fillo de José Quiroga Hermida (coñecido comerciante de panos e tecidos) e de Pilar Losada Vázquez (natural de San Vicente de Cerponzones), tiveron cinco fillos : Carlos, que emigrou a Arxentina, foi un prestixioso radiólogo. José, emigrou tamén á Arxentina, converténdose nun gran empresario. Mentras que Emilio, foi arquitecto no Concello de Pontevedra. O máis famoso foi Manuel, o gran violinista e finalmente, a única muller dos cinco fillos, Pilar.

Pilar Losada Vázquez, nai de Manuel Quiroga.
Recordatorio do falecemento de Pilar Losada.

 

Parte da familia Quiroga Losada.
Foto de Zagala, Carlos, José, Manuel é o seu pai, ano 1896.
Pilar Quiroga Losada, a filla.

Vai camiño de cinco anos que fixen amizade con Carlos, sobriño de Manuel Quiroga, hoxe conta con 97 anos e seguimos tendo contacto. A súa gran ilusión é volver a Pontevedra.

Fai tempo atopei unha foto de Carlos nunha revista, fíxolle moita ilusión :

ARTIGO DE M. JABOIS : Quiroga ensayaba a oscuras. Se recogía en un cuarto a ciegas, levantaba el violín y estudiaba las partituras que tenía grabadas en la cabeza mientras deslizaba el arco interpretándolas. De la ventana abierta de su buhardilla en París brotaba una música ejecutada bellamente, y la gente que pasaba por la calle se paraba absorta, fija en aquel acontecimiento casi endiablado. Era Manolito Quiroga…

https://www.jotdown.es/2017/01/una-especie-mirlo/?fbclid=IwAR06gcqUzTU8MKrp7hVZ1yrFozW6UE45svZODDFgQRdy4oEpVdrQr5suO54

O día 13 de Xaneiro fará 15 anos que se inaugurou esta obra escultorica con Quiroga e un grupo de intelectuais galegos do S. XX , está situada na Praza de San José.

Chégame máis información en relación con Pilar Losada Vázquez :

Ao compartir a noticia da relación de Manuel Quiroga Losada coa nosa parroquia, comezaron a enviarme datos que confirman a noticia. Por unha banda coméntanme que Pilar Losada Vázquez tiña parentesco con dous curmáns, de nome Luciano e Conchita Losada e tamén con outra curmá que se chamaba Amalita Lastra Losada, veciños do lugar de Leborei, con as súas casas á beira unha da outra. Tamén nos indican que Conchita Losada foise a vivir a Madrid, ao distrito de Chamberí, na rúa Ríos Rosas, pero xunto co seu irmán Luciano, adoitaban pasar o verán na súa casa de Leborei.


Daquela era unha casa preciosa, cun enorme terreo, todo axardiñado, había palmeiras, un estanque, para os nenos e nenas era unha zona encantadora, (coméntame unha pariente da familia), ademáis Conchita e o seu irmán Luciano adornaban aquel paraxe con utensilios que prácticamente non eran coñecidos naqueles tempos pola xente do lugar, os familiares máis pequenos daquela época que vivían en Leborei, adoitaban pasar moitas horas naquel lugar, chamábanlles a atención aquelas hamacas que colocaban a inicios do verán e que trouxeran ex proceso de Madrid. Outra cousa que máis lle chamaba a atención era a moto que conducía Luciano, era enorme, parecía unha Harley, coméntame a veciña de Leborei e parente directa deles.

Amalita sempre viviu en Leborei, unha muller con semblante serio, pero moi boa persoa, vivía pegada á casa de Conchita (onde hoxe en día vive Manuela), estaba solteira, seguramente os máis maiores recordarédela con aquel ramo enorme de olivo que levaba o día de Ramos á Igrexa, facéndolle competencia a unha veciña que vivía moi preto súa e que tamén adoitaba levar unha enorme rama de olivo, acordádesvos? Jajajaja.

Casa de Amalita.

Os Losada antiguamente eran donos prácticamente de Leborei, era unha extensa zona do lugar, inclusive as súas propiedades chegaron a varios muiños situados no lugar da Balé (comentario de unha pariente de Manuel Quiroga, de nome Milagros Bará), onde seguramente algún destes antepasados fixeron casa neste lugar, sendo así que aínda hoxe en día habitan descendientes daqueles Losada en dito lugar da Balé. Tamén temos a outra veciña que tiña parentesco directo, unha veciña que tiña por nome Elena Losada Ucha, por certo, que tamén foi unha das parteiras que tivo a parroquia, o seu oficio seguramente foi debido a que o seu pai fose médico, un conocidísimo médico daquel entón, a xente maior recórdao encima do seu cabalo visitando as casas dos enfermos.

Temos datos que no S. XIX, unha xente con un apelido moi coñecido na parroquia, Osorio, sitúanse no lugar de Leborei e enlázanse con dous apelidos moi comúns por aquel entón : Os Losada e Os Ucha.
A relación de veciños co apelido Losada atopámola por exemplo no médico Francisco Losada Iglesias (ciruxán no ano 1842), casado con Josefa Capelo González Osorio, tendo oito fillos, teño os nomes de seis deles : Juan, José, Ángel, Jesusa, Pilar e Custodia. Por parte de Francisco Losada dicir que era natural de Allariz (Ourense), o seu pai tamén profesou o oficio de ciruxán. 

Un dos seus fillos, fora farmacéutico, Ángel Losada Capelo casouse con Amalia García, en 1875, tendo catro fillos entre os anos 1875 e 1882.
Outra das fillas, Pilar Losada Capelo, casouse con Placido Aldao Ucha, en 1869, e tiveron 7 fillos entre 1870 e 1883.

Tamén encontrei algun dato sobre outra das fillas, de nome Jesusa Losada Capelo, seica tivo unha filla, de nome Juana García Losada. 

Doutra banda, atopamos que Hermenegilda Losada García cásase en 1872 cun veciño de Carril, de nome José Lastra García, tendo entre 1899 e 1901 varios fillos, entre eles Amalita Lastra Losada.
En 1872, temos a un veciño de Campañó, Juan Losada Leiro que se casa con Rogelia Ucha Losada (parece ser que tiñan lazos familiares), entre 1891 e 1897, chegando a ter catro fillos.

Tambien quero recordar a Edelmira Barreiro Piedras, nai de Obdulia, que viviron no lugar de A Balé.

Obdulia estaba casada con José Losada, o cal era segundo primo de Conchita e Luciano. A nai de Obdulia ,Edelmira, foi durante moitos anos a criada de Conchita, encargábase do servizo da súa casa na época de verán. Unha boa cociñeira, onde daqueles tempos tiña que servir o almorzo, comida, merenda e cea, cousa que non era habitual nas nosas casas. Conchita e Luciano estaban encantados de como cociñaba Edelmira e non só eles, si non que todos os nenos que se achegaban a xogar aos xardíns da casa, estaban desexando que lles puxesen a merenda, aquelas rebanadas de pan con aceite estaban deliciosas !

Na familia de Conchita e Luciano, José Losada (veciño da Balé), era moi querido. Tal era así, que cando chegaban de Madrid, achegábanse a saudalo á súa casa. Coméntame un fillo de José, que recorda a un fillo e unha filla de Conchita, sobre o fillo dime que se chamaba Ángel  e chegou a ser piloto de aviación, chegando a pilotar avións de IBERIA, estando destinado en Zaragoza.Da filla  non recorda o seu nome, pero si acórdase que o seu oficio foi o de azafata de voo.

Tamén me comenta que Conchita, xunto o seu fillo Ángel, tiñan de afillada a unha filla de José, de nome Patricia, era tal o agarimo que lle tiña que cando fixo testamento deixoulle unha leira na Balé, situada á beira do muiño que teñen preto da vivenda de toda a vida.

Conchita sempre que chegaba de Madrid traíalle roupa a Patricia, era tal o agarimo que lle tiña que chegou a dicir ao pai de Patricia que quería levala con ela para Madrid, cousa que José nunca quixo.

Hai un recordo moi especial por parte dun dos netos de Edelmira, Conchita sempre lle ofrecía para comer na súa casa, pero Edelmira rehusaba a invitación, prefería levar a comida para os seus netos, sempre lle contestaba o mesmo : si non che importa levolle a comida para vos meus netiños, daquela era o agasallo que Edelmira facíalle aos seus netos, eran tempos difíciles.

E así, Edelmira gardaba aquela comida nun cestón de mimbre e poñíao na súa cabeza, baixaba por unha estreita congostra en dirección á súa casa, cruzaba unha pontella e despois pasaba polo muiño dos Fariña, uns metros máis costa arriba xa estaba a súa casa.

Seguirei buscando máis raíces que poidan ir aclarando os familiares directos co noso gran violinista Manuel Quiroga Losada.

Máis información que hai relacionada co apelido LOSADA : https://serpenties.blogspot.com/search?q=LOSADA

ARTIGO DE MILAGROS BARÁ :

https://www.diariodepontevedra.es/blog/milagros-bara/el-puente-de-cerponzons/20151028105627345060.html

FACEBOOK : https://www.facebook.com/ManuelQuirogaLosada/

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE MANUEL QUIROGA :

https://es.m.wikipedia.org/wiki/Manuel_Quiroga_Losada

Nota : Fotografías extraídas de Revista Celtiga, Diario de Pontevedra, artículos de Milagros Bará.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s