D. MANUEL MIGUEZ REDONDO, PÁRROCO DE CERPONZÓNS E BERDUCIDO.

Manuel Miguez Redondo, sacerdote
 

De todo o que levo escrito no meu blog, este é o artigo que non me gustaría redactar, debido ao falecemento do noso párroco D.Manuel Miguez Redondo.

Pero a vida é así.

Don Manuel Miguez Redondo naceu en Pontevedra , o 16 de Decembro do ano 1942, pronto cumpriría os 78 anos de idade. Os seus pais chamábanse Manuel e Paz ( máis coñecida por Pacita). Manuel era propietario dun ultramarinos situado moi preto da Praza da Verdura de Pontevedra, e a súa esposa foi mestra. Manuel tivo dous irmáns, Cándido é Pilar(+).

Recollendo datos de un artigo do blog do párroco Don Víctor M. Sánchez Lado desde a parroquia de San Cayetano, situada na Rúa de Otero Pedraio (Archidiócesis de Santiago de Compostela) irei comentando o escrito por Don Víctor, xunto con datos que fun buscando da vida de D. Manuel. O falecemento de D. Manuel prodúcese o 6 de decembro de 2020, día de San Nicolás e moi preto da festividad da Inmaculada. A súa ordenación sacerdotal levouse a cabo na parroquia de Seixo (Marín), era o 4 de Abril do ano 1968, dita ordenación foi a cargo do cardeal Quiroga Palacios, a prensa daquel entón facíase eco da noticia e comentaba que o cardeal Quiroga fora recibido polo pobo de Seixo con moitísimo agarimo e atencións.

O Cardenal Quiroga ordenando sacerdote a D. Manuel
D. Manuel Miguez, 4/4/1968

Se conservan as palabras da homilía que son ben significativas. Estas foron as palabras que se recordan, en una crónica de ese día:

Nos ruega (el sr. Cardenal) que recemos por los presbíteros y por él, que es un sacerdote más. Que pensemos en la dignidad sobrenatural del sacerdocio cristiano. “Es el sacerdote -nos dice- un Ángel de Dios que enseña a los hombres dónde está el camino”. Nos recuerda que el gobierno en la Iglesia no es autoritario, es amistad. ” La voz del sacerdote es la de Cristo, que es quién realiza los sacramentos”. Continúa su Eminencia con frases de cariño para esta Parroquia de Seijo. Dice que les deja un regalo de parte de Dios. Un nuevo sacerdote. Termina felicitándole y dice que lo recibe con los brazos abiertos.

En parte do artigo que se pode ollar no seguinte enlace : https://roquecerponzons.wordpress.com/2020/07/12/ordenacion-sacerdotal-de-d-manuel-miguez-redondo/

Don Manuel respondía en un momento determinado de esta maneira :

Desde hoy, por la gracia de Dios, seré sacerdote para siempre.

-Don Manuel, díganos sus impresiones, cuéntenos todo lo que quiera. No le vamos a interrumpir. Queremos escucharle.

-Quiero resaltar el cariño de la gente de Seijo. Día tras día, a la vuelta del trabajo estuvieron ensayando para la ceremonia. La Parroquia hizo cosa suya mi ordenación. Incluso los no practicantes se sumaron unidos como un solo cuerpo. No sé cómo agradecerlo. Los marineros desconocían el uso del palio, pero todos ellos quisieron ensayar con el “velamen”. A nadie cedieron el honor de llevarlo. Es curioso observar el cariño de esta gente de Seijo. No han querido que nadie pague los gastos de la ordenación. Ellos lo son todo. Tampoco permitieron coros extraños. Cantarán con alegría. Y a fe que lo hacen bien.

A parroquia de Seixo foi o seu primeiro destino, alí tivo ao seu primeiro mestre de pastoral, o párroco D. José Benito Sainz, con él aprendeu a ter contacto cos mariñeiros, con outras comunidades cristiás, non católicas, e a amizade con outros sacerdotes que foi coñecendo.

Igrexa de Seixo.

Logo dun tempo en Seixo, D. Manuel foi a facer estudos a Pamplona, e logo dun tempo lonxe de terras galegas, ao regresar, propóñenlle un novo destino : San Vicente de Cerponzones (1982),  parroquia onde estivo a maior parte da súa vida, xunto á parroquia de San Martín de Berducido, anexa a Cerponzóns.

Igrexa de Cerponzóns
Igrexa de Berducido.
En estás dúas parroquias foi onde desempeñou case toda a súa vida pastoral, a súa conexión cos feligreses de ambas parroquias foi perfecta, chegou e comezou a animar e apoiar distintas iniciativas, a principal foi a festa de Corpus, onde se realizan desde a chegada de D. Manuel, as alfombras de flores monumentales.

D. Manuel Miguez.

Estaba sempre apoiando todo aquilo que tivese un único fin : a unión dos veciños, excursións, obras de teatro, os coros, participaba en todo aquilo que tivese interese xeral, sempre estaba disposto a oír e dar a súa opinión, compartía coas directivas da Comunidade de Montes, das Asociacións de Veciños e Culturais, das Comunidades de Augas, dos equipos de fútbol…

EFEMÉRIDES : O 10 de Abril de 1974, D. Manuel bendíce as instalacións do Club de Mar de Aguete, inaugurándose o 14 de Setembro de 1974

No ano 2018, D. Manuel cumpre 50 anos desde que foi ordenado sacerdote, xunto con él celebraron éste momento os seguintes sacerdotes :

BODAS DE ORO SACERDOTALES (ORDENADOS EN
1968): 

BLANCO GONZÁLEZ, JENARO (Párroco de Sta. María de
Añá y Unidas). 

BOULLÓN GONZÁLEZ, MANUEL (Párroco de Sta. María
de Torás (Laracha) y Unidas). 

CAMPOS SUÁREZ, RAMÓN (Párroco Sta. Cristina de Vea e
Unidas). 

CERDEIRIÑA VÁZQUEZ-ULLOA, VICENTE (Párroco do
Divino Salvador de Poio).

GIGIREY NIETO, MANUEL (Párroco de Sta. María de
Restande y Unidas). 
IGLESIAS COSTAS, JOSÉ (Párroco Emérito Sta. María do
Porto de Marín). 

LÓPEZ LÓPEZ, GONZALO (Profesor de religión jubilado).

MÍGUEZ REDONDO, MANUEL (Párroco de S. Vicenzo de
Cerponzóns). 

PONTE RODRÍGUEZ, DANIEL (Capellán Castrense en la
reserva). 

TEJERINA MARCOS, FELIPE (Vicario Parroquial de la
Divina Pastora de A Coruña) 

VARELA RAMA, LUIS (Párroco Emérito de Santiago de
Mens). 

VÁZQUEZ CABARCOS, JOSE ANTONIO (Administrador
Parroquial de la U. P. de Abegondo; Director del Hogar Sta.
Margarita de A Coruña). 

VÁZQUEZ LANDEIRA, JOSÉ (Párroco de Sta. María de
Pastoriza).

Debido á falta de párrocos os últimos anos D. Manuel tívose que facer cargo de impartir o labor pastoral nas parroquias de Santa María de Xeve e San Martín de Agudelo.

Igrexa de Sta. María de Xeve.
Igrexa de Agudelo.

D. Manuel era moi afeccionado aos libros de historia e ás vidas dos santos, o seu descanso utilizábao para ler e tomar notas, son inmensas as anotacións que ten, libretas con fichas de todo tipo, primeiro escritas manualmente e despois pasadas unha por unha ao ordenador. A súa preocupación e interese por estudar a orixe e infinidade de datos recolleitos sobre as parroquias da diócesis levouno a escribir un libro cunha extensisima documentación. Un exemplo é a historia de Cerponzóns, grazas aos seus estudos logrou atopar un documento onde aparece o nome da parroquia con data de 30 de Marzo do ano 1019, efemeride que dou lugar a celebración do Milenario da Parroquia de Cerponzóns.


Pasou a maior parte da súa vida en Cerponzóns, ata que se xubilou por enfermidade e foi residir na casa Sacerdotal na rúa Valle Inclan 7 , de Santiago. Na Casa Sacerdotal nunca deixaba a Visita ao Señor na capela e concelebraba todos os días cos demais sacerdotes residentes, sempre que puido.

Levaba todos os días o xornal a un sacerdote que tiña pouca movilidade e estaba case sempre na habitación pero que lle gustaba moito lelo. Tamén puxo de moda os paseos polo xardín da casa. El facíao fumando e lendo o xornal ou sentado ao sol. Con tal motivo outros se foron animando a pasear ou rezar o rosario, ao calorciño do sol.

Faleceu no Clínico, habendo recibido as visitas da súa familia e de os sacerdotes amigos e compañeiros. Foi atendido espiritualmente e recibiu a Santa Unción pouco antes de morrer.

Don Víctor M. Sánchez Lado, remata o seu artigo , decindo :

El funeral fue en la iglesia de S.José de Pontevedra que fue presidido por el Sr.Arzobispo, Mons.Julián Barrio y concelebrado por unos 25 sacerdotes. entre ellos el Vicario del Opus Dei en Galicia y el vicario de pastoral de Pontevedra .

En la homilía dijo el Sr Arzobispo que D.Manuel supo intuir a donde iba y que trató de vivir la fidelidad al Señor.

Descanse en paz.



Salida do féretro.

NOTA :

Enlaces relacionados con D. Manuel :

https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/pontevedra/morre-manuel-miguez-redondo-cura-parroco-cerponzons-xeve-verducido/202012071016301116384.html

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/pazos-e-c-a-4489244

https://roquecerponzons.wordpress.com/2017/09/24/historia-de-cerponzons-autor-d-manuel-miguez-redondo/

Fotografías : Wikipedia, D. Víctor M. Sánchez  ,J.J. Esperón.

Un comentario en “D. MANUEL MIGUEZ REDONDO, PÁRROCO DE CERPONZÓNS E BERDUCIDO.

  1. Josefa suarez

    Hablar de Don Manuel para nosotros es algo muy importante a sido a qui en Seiso para nosotros una persona muy especial lo visitábamos en Cerponzones y casi siempre mi marido i yo veníamos con las lágrimas en los ojos lo amábamos mucho

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s