SANTA LUCÍA 

Hoxe e o día de Sta. Lucía, invítovos a coñecer un pouco da súa historia e da relación que ten a miña parroquia de Cerponzóns con a festividade de dita Santa.

Fai uns anos, o noso párroco D. Manuel (Q.E.P.D.) escribia un artigo sobre as imaxes que hai no altar da nosa Igrexa.

Comezaba do seguinte xeito :

ALTARES E IMÁGENES DE LA IGLESIA DE SAN VICENTE

Se trata de exponer brevemente algunos datos históricos- artísticos sobre nuestras imágenes y su significado. De este modo los vecinos podrán conocer mejor lo que pensaban y sentían nuestros antepasados.

EL ALTAR MAYOR.

Estilo neoclásico. Siglo XIX.

Según los datos del archivo este retablo es el tercero de los que conocemos. El primer retablo conocido fue desmontado y cedido a la iglesia de Berducido hacia el año 1700 para hacer en S. Vicente otro de mayor tamaño. Del segundo retablo nada se conserva hoy en día. Seguramente debió deteriorarse por la humedad o las termitas, de tal modo que hace poco más de cien años debieron pensar que era preferible encargar uno nuevo. Este es el retablo actual. Después del Concilio Vaticano II .Se hizo un altar de piedra para decir la misa cara al pueblo. Hace unos cinco años se sustituyó este altar de piedra por otro de madera en el mismo estilo del resto del retablo, procurando que en este conjunto se mantenga la unidad de estilo.

El centro del retablo lo ocupa lógicamente la imagen del patrono, San Vicente. Es una talla de madera maciza del siglo XVIII. El Santo aparece vestido de diácono, con la cruz en una mano y el libro de los Evangelios en la otra, a sus pies figuran un perro con gesto amenazador y un ave de rapiña.
El aspecto del Santo es juvenil y vigoroso. Las dimensiones son 100 por 50.

STA LUCIA


A la izquierda de S. Vicente está la imagen de esta Santa. Es de la misma época y seguramente del mismo autor que la de nuestro patrono. También es de madera maciza. Lleva en una mano la palma del martirio y en la otra un plato con ojos. Esta es la representación tradicional pues a Santa Lucía le encomendamos la protección contra las enfermedades de los ojos.

Este es sin duda el motivo por el que su devoción se ha mantenido on gran fervor hasta nuestro tiempo, dimensiones : 120 por 36

Santa Lucía nació en Siracusa (Sicilia) por la misma época que S. Vicente y fue víctima de la misma persecución, siendo martirizada el 13 de diciembre del año 304. Es patrona de Sicilia y Santa muy generada desde siempre.

En Galicia es raro encontrar una iglesia en la que no haya una imagen de esta Santa.


OS MEUS RECORDOS :

Santa Lucía quizáis sexa a Santa máis querida por todos nós, eu desde pequeno sempre lle tiven muito agarimo, quizáis porque desde ben pequeno tiven problemas nun dos meus ollos e a miña nai sempre lle rogaba a Sta. Lucía que me curase. Sta. Lucía era moi encomiada, non había día en que escoitases a alguén da miña casa ou algunha veciña que viñese ao ultramarinos e que pedía á Santa por alguén.

E é que a quería todo o mundo, un exemplo témolo no señor Albino, os anos que estivo facéndolle a festividad do seu día ! (celebración que se lle fai no mes de Xaneiro na nosa Parroquia). Tamén facer mención os seus compañeiros : Honorio e Maquieira, dous homes que sin a súa  colaboración non se podrían chegar a facer aquelas festazas.

Das tres celebracións (San Antonio, San Vicente e Sta.Lucia) a que máis recaudaba e a que mellores orquestas tiña era Sta. Lucía, esa festividade era a máis comentada cando finalizaban os tres días festivos.

Recordo cando viña Albino á taberna para falar coa miña nai para contratar a cea das orquestas :

Carmen, tes que buscar sitio para darlle para comer a esta xente, hai que tratalos o mellor posible !

Vas ter na túa casa o mellores músicos de Galicia ! E a ver que prezo me vas poñer ! 

A miña nai con toda a súa calma comentáballe a Albino que xa sabía que as veces que tiña dado para cear aos compoñentes das orquestas nunca saían disgustados da Rons. Así que xa vos podedes imaxinar á miña nai preparando o menú, que si uns embutidos de principio, unhas ensaladas, a merluza rebozada, o cordeiro coas patacas…os viños da casa, algo de postre caseiro, os cafés e algunha copa de Ponche Cuesta e coñac Veterano tamén caían…e como tocaban despois!!!

O que menos me gustaba das festas era que cando a miña nai tiña que darlle de cear aos músicos, eu tiña que deixar de bailar coa miña “noiva” e baixar a lume de carozo para a Rons, tíñalle que axudar á miña nai servíndo a cea, despois, cando a primeira orquesta marchaba, había que preparar todo de novo para a segunda, e ao finalizar era cando volvía correndo costa arriba para seguir bailando, ganas non me faltaban !

IMPRESIÓNS DOS VECIÑOS :

Funlle preguntando a algúns veciños por si tiñan algunha anécdota que contarme relacionada co día de Sta. Lucía, co día da festa etc. foronme contando…

Antes comenzo recordando ao señor Albino, a súa longa vida facendolle a festa a Santa:

Ao pouco tempo de estar traballando na fábrica da Cross, Albino comezou a súa afección e devoción por facer as festas da parroquia, sobretodo a do día adicado a Sta. Lucia.

Quizáis lle pasou a Albino que ao regresar do servizo militar designóuselle o organizar as festas, antiguamente as comisións de festas formábana veciños que eran designados polo cura, ou ben lles tocaba aos recentemente casados ou os que volvían da mili como Albino, hoxe en día son veciños os que se ofrecen voluntarios para este traballo.

Fai un tempo, Albino comentoulle a periodista na entrevista que lle fixeron en La Voz de Galicia, as súas andainas o longo de tantos anos:

Resulta que él empezó organizando las celebraciones de Cerponzóns a mediados de los 50. Llevó a su tierra, durante décadas a las mejores formaciones, desde la mítica Poceiro a la Sintonía de Vigo, París de Noia o Manolito el Pescador. Antes de contratarlas, iba a echarles un ojo allí donde tocasen. Y, atención, se plantaba en las verbenas en bicicleta. «Moitos quilómetros fixen», recuerda con sonrisa, dejando atrás el enfado a cuenta de la sordera que tanto le incomoda.

——

Outro veciño coméntame que o día de Sta. Lucía, exactamente o 13 de Decembro do 1990 fora un día muy triste para él e a súa familia, ese día finaba a súa avoa, sigue contándome que fora unha noite mui longa e mui triste, mañán precisamente cumpre 30 anos. Pero non queda ahí a cousa, e que a súa avoa e o seu avó habían casado o día de Sta. Lucía, fai mañán 74 anos.

—–

Unha veciña contéstame que o día de Sta. Lucia era o día que máis lle gustaba.

Recorda que o señor Albino por nada do mundo quería deixar de facerlle a festa a Sta. Lucía, pero ela tamén recordaballe que tamén había que facerlla o Patrón, que S. Vicente non ía ser menos.

—-

Outra veciña coméntame que as festas en por sí son importantes que se fagan, claro que a de Sta. Lucía ten muitos recordos mui bonitos.

E parte de eses recordos que lle quedaron grabados para siempre foi grazas o señor Albino, que festazas facía !

Mira Juan, as festas en honor a Sta. Lucía eran unha maravilla, tamén as de San Vicente e San Antonio, pero o día de Sta. Lucía era unha pasada. Por contarche algo direiche que recordo un ano que foi espectacular, o señor Albino contratou tres orquestas ! Tres orquestas que daquela era de lo mejorcito, as tres para o día de Sta. Lucía !

Ainda recordo cales foron : Orquesta Gran Casino, Orquesta Compostela é Orquesta Novacabana. Para poder traer estas tres orquestas puxeronse a pedir non sólo pola parroquia, foron por tódalas parroquias da contorna, pero ainda máis, chegaron a Cuntis, Moraña…e máis lexos todavía! Honorio chegou a pedir para Sta. Lucía en Vigo !

E que che vou a contar da tirada de fogos ! Miña naiciña ! Aqueles fotos eran do mellorciño ! Muito mellores que os que botaban en Pontevedra…A festa coas tres orquestas celebrouse no adro da Igrexa, daquela ainda non estaba preparado o aparcamento novo.

Foi o no va más, así como cho conto.
HISTORIA DA SANTA :

A finais do século III, no ano 281, vén ao mundo en Siracusa (capital de Sicilia en Italia) unha nena á que bautizan co nome de Lucía e que, desde moi pequena, destaca pola súa fervor e piedade cristiáns.

Os seus pais, Lucio e Eutiquia, pertencían á nobreza de Siracusa. Lucía perde ao seu pai sendo ela aínda unha nena de 5 anos. A súa nai, Eutiquia, educou a Lucía no cristianismo e desde que era unha adolescente, decide consagrar a súa vida a Deus e rexeita a proposición de matrimonio de varios mozos siracusanos.

A súa nai, enferma desde facía varios anos, pediu á súa filla Lucía que a acompañase a visitar o sepulcro de Santa Águeda, en Catania (outra rexión de Italia), para pedirlle a súa curación. Mentres Lucía oraba no sepulcro, aparecéuselle Santa Águeda, rodeada de anxos, e díxolle: Lucía, virxe de Deus, por que me pides o que ti mesma podes facer?. A túa fe alcanzou resposta e a túa nai está curada. Lucía contou á súa nai a visión que había ter e desde entón

Eutiquia non volveu insistir na voda da súa filla. Eutiquia, a petición da súa filla, vende todos os seus bens e repárteos entre os pobres. Isto fai sospeitar que é cristiá; sospeita que logo confirma a denuncia, por despecho, do seu prometido ante Pascasio, gobernador de Diocleciano en Sicilia. Pascasio mandouna chamar e, vendo que ela se negaba a adorar aos Deuses Romanos, ordenou que fose levada a un prostíbulo. Con este propósito puxeron a Lucía nun carro, pero os bois que tiñan que tirar do carro non lograron movelo do sitio. Entón, o Gobernador Pascasio, cheo de odio, manda que queimen viva á moza Lucía, pero as chamas da fogueira non lle fan dano.

Ao ver este tipo de cousas milagrosas que sucedían, moitas persoas convertíanse ao cristianismo e entón, o Gobernador, mandou que lle sacasen os ollos pero ela seguía vendo e ao final ordena ao verdugo que lle cortase a cabeza. O martirio de Lucía produciuse o 13 de decembro do ano 304. Foi enterrada nas catacumbas de Siracusa e desde alí as súas reliquias distribuíronse a distintas igrexas do mundo.

Represéntaselle normalmente cunha espada que lle atravesa o pescozo, unha palma, un libro, unha lámpada de aceite e en ocasións tamén con dous ollos nun prato e, desde tempos inmemoriais, considéraselle patroa dos cegos e avogada dos problemas da vista e tamén dos pobres e dos nenos doentes. Actualmente os seus restos venéranse na súa Igrexa de Venecia á que acoden cada ano miles de peregrinos.

O corpo de Lucía foi depositado nas Catacumbas de Siracusa e desde entón consideróuselle unha Santa Mártir. O seu culto foise estendendo a outros lugares, de América, África, Europa e España.

É a patroa da vista, dos pobres, os cegos, dos nenos doentes e das cidades. É patroa dos campesiños, electricistas, modistas, choferes, fotógrafos, afiadores, cortadores, cristaleiros , xastres, fontaneiros e escritores.


Nota: Información de D. Manuel Miguez, La Gaceta, JJ Esperon.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s