O NOSO MONTE, FONTE DE VIDA.

Con motivo da celebración no día de hoxe do DÍA DO MONTE, quero contribuir con éste artigo con todos vos.
No ano 1992 durante a Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, empézaselle a dar máxima importancia aos montes, había que crear conciencia sobre a importancia dos montes para coas nosas vidas.

Foi no ano 2002 cando a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas declara ese ano como Ano Internacional dos Montes e a cada 11 de Decembro DÍA INTERNACIONAL DOS MONTES a partir do 2003.
No DOG da XUNTA de GALICIA, correspondente o 20 de Maio do 2020, no apartado de Disposicións xerais, no capítulo 1, fala do decreto que ten por obxecto a regulación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de natureza privada xestionados por persoas físicas ou xurídicas de dereito privado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Máis adiante, no artigo 2, define os aproveitamentos forestais que teñen como base territorial o monte.

Aproveitamentos madeireiros e leñosos, donde incluen a biomasa forestal é os que non son madeireiros, coma a cortiza, os pastos, a caza, os froitos, os fungos, as plantas aromáticas e medicinais, os produtos apícolas etc.

Despois sigue éste artigo definindo un por un dos aproveitamentos antes citados.


O MONTE, O SUSTENTO DOS NOSOS

Hoxe quero falar do Monte e da importancia que tivo durante muitos anos como sustento para muitas das nosas xentes, quizáis muita xente nova cando lle falas do monte pensa que está alí para ir a dar unha volta coa bicicleta ou andando un domingo a mañán.

Así que non está mal, que no día de hoxe, poñamos uns cuantos exemplos do aproveitamento que os nosos antepasados utilizaban para a súa subsistencia grazas ao monte :

PIÑAS : Froito das árbores coníferas, formado por unha especie de escamas unidas arredor dun eixe. Feixes e feixes teñen levado as nosas veciñas de Cerponzóns a Vila de Pontevedra, a xente da Vila usabas para acender as cociñas, cos cartos que facían, por exemplo a miña avoa Ramona traía un pouco de peixe para casa. 

TOXO : Arbusto espiñento da familia das leguminosas, de follas alternas cando é novo, que logo son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, do que existen varias especies en Galicia.

Uns cuantos carros de toxo axudei a meu pai a levar para casa, utilizando para facerlle a cama o gando.

 FOLGADAS : Terreo de cultivo que se deixa en descanso durante certo tempo. Cando tiñamos herba verde no verán para o gando.

PEDRA : Materia sólida máis ou menos dura e compacta, que se atopa no interior ou na superficie da codia terrestre. Cantos veciños botaron man das pedras do monte para facer casas, postes para as viñas, hórreos, graneiros etc.

LEÑA : Conxunto de pólas, toros de árbores cortados en rachas ou madeira de calquera clase que se utiliza para facer lume. 

Hoxe en día prácticamente non hai cociñas de ferro, antes estabas casi todolos días escoitando a túa nai : Hai que ir por leña ao monte, había que cociñar e de paso quentarse.

Tamén era das cousas que máis se levaba a Vila, quen recorda aquelas mulleres co feixe de leña andando ata a Praza da Leña de Pontevedra ? Ramona era unha delas.

 MADEIRA : Materia compacta e dura que está debaixo da casca das árbores e doutras plantas. Que decir da materia prima máis importante do noso monte, utilizada para elementos da construción e venta da mesma.

 AUGA : Líquido do que están compostos os mares, lagos e ríos, incoloro en pequenas cantidades, inodoro e insípido.

Minas de auga para regar as veigas, fontes para beber, traídas de auga para as nosas casas, innumerables o uso da auga, sin éste apreciado líquido non estaríamos vivos.

COSCO : Envoltura que recobre o froito dos cereais, os legumes, a liñaza e outros froitos como a castaña, utilizandoa para facer esterco.

LANDRAS : Froito do carballo, da aciñeira e da sobreira, de forma oval, cuberto por unha casca dura e unido á árbore por unha especie de caparucho que o cobre pola parte de atrás. Os mellores porcos eran os que se alimentaban de landras, sin duda algunha.

 CAROCHAS : Vaíña que cobre a espiga do millo. Usadas para acender o lume cando no había piñas, tamén recordo de pequeno que a miña cama tiña o colchón feito de carochas.

CASULOS : Envoltorio ou tea vexetal onde están as sementes de certas plantas, como as fabas, chícharos, millo etc. Utilizados para os braseiros, tamén había quen tiña os colchóns feitos con casulos de millo.

 XESTAS : Arbusto bravo da familia das leguminosas, con moitas pólas delgadas e flexibles, follas pequenas e escasas, e flores amarelas ou brancas, do que existen varias especies. Naqueles terreos sin cultivar íbamos a buscar xestas para facer vasoiras.

CODESOS : Arbusto da familia das papilonáceas, con ramas estriadas, follas trifoliadas, flores amarelas e froito en legume. Tamén era propio para facer vasoiras. 

CARQUEIXAS : Arbusto silvestre da familia das leguminosas, con moitos ramallos, flores amarelas e unha especie de alas que percorren o talo e que forman en cada nó tres pequenos dentes, ao cal se lle atribúen moitas propiedades medicinais. Recordo que ao arder estralaban, utilizabas meu pai para chamuscar o porco.

TROBISCO : Arbusto da familia das timeláceas que pode alcanzar un metro de altura, con follas lanceoladas e velenosas, flores en acio de cor abrancazada e froitos en baga, de cor encarnada, tamén velenosos.

Debía de estar erradicado, o trobisco é un arbusto, que inda hoxe se utiliza como veleno activísimo. As follas machacadas son velenosas para as troitas e peixes. Con este arbusto fixéronse auténticas salvaxadas nos regatos de montaña.

 CARRASQUIÑA : Arbusto da familia das ericáceas, que pode alcanzar un metro de altura, de follas perennes e lanceoladas e flores en acio de cor púrpura, rosácea ou branca, do que existen varias especies. Cando San Xoán, para facer o cacho iba polos carreiros, alí era por donde máis medraban.

Continuará…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s