O BAÚL DOS RECORDOS.

Esta fermosa nena chegou aos nosos lares con catro anos, nesta foto contaba con seis, un dos seus colexios foi o que había preto do paso a nivel do tren, en Alba.

Non tivo unha infancia mui feliz, o colexio foi mui pouco, había que andar cos animáis. Sabedes quen é?

O dia 8 de Xaneiro do 1981 o Diario de Pontevedra publicaba unhas fotos da entrega de premios por parte de CALZADOS FELIPE, premios por mercar na súa tenda, donde entregaban unhas rifas. En total foron catro os premios entregados: dúas bicicletas para un neno e unha señora de Pontevedra, unha lavadora para unha señora de Perdecanai e un televisor en color para o noso añorado veciño de Meán, José Luis García.

O dia 26 ABRIL de 1980, no DIARIO DE PONTEVEDRA, aparecía unha foto relacionada coa ELECCIÓN DE “MISSES” na SALA “BRAIS” de Cerponzones:

PONTEVEDRA. – (D. P.) Ha constituido un éxito el festival recientemente celebrado en la sala “Brais”, de San Vicente de Cerponzones, dentro del certamen de “Miss Galicia”, con la participación de numerosas candidatas de la provincia. Resultó elegida “Miss Primavera Pontevedra”, María Casal Franco, de Marin; “Miss San Vicente”, Isabel Fernández Iglesias; “Miss Portela”, Patricia Losada Barreiro; “Miss Barro”, María del Carmen Villalustre Hermida; “Miss Berducido”, Aurora Lebreiro Pastoriza; “Miss Fotogenia”, María del Carmen Barreiro López; “Miss Elegancia”, María José Eiriz Fragoso, y “Miss Simpatía”, María del Carmen Taboada Vázquez, todas las cuales aparecen en la fotografía. El festival para la elección de “misses” en Puentecaldelas, tendrá lugar el 17 de mayo próximo.

No traballo que estou a realizar actualmente atópome de cando en vez con publicacións onde aparecen veciños nosos, espero que algún día poida compartilas con todos aqueles que teñan interese pola parroquia.

Fai uns días unha veciña pasoume esta foto para compartir con todos vos.

O seu irmán posando con dúas serpes que había encontrado a beira da casa.

Nunca na vida tal cousa vira por Cerponzóns!

Unha nova fotografia que comparto este primeiro de ano.

Esta foto está incluida no libro PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DE CERPONZÓNS.

Pertence ó fondo Natalio Abad, un home precursor do montañismo en Galicia e que se adicaba a realizar saídas e rutas de sendeirisimo e montaña dende os anos 30/40 por toda a provincia, un dos fundadores do club Peña Trevinca e dos Montañeiros Celtas.

No reverso da imaxe, hai unha nota que pon únicamente “Cerponzones”

Fai pouco había preguntado a veciñanza si coñocian ao home de sombreiro e traxe negro, danos pensar que é un veciño da parroquia.

Agradezco que se alguén o recoñoce, poñase en contacto conmigo por privado.

Grazas e feliz ano.

Onte pasaronme unhas fotos, unha delas é esta, ao parecer debeu ser feita na vila, un dos homes é pariente do veciño que me pasou a foto, é os demáis? Recoñocedes á alguien?

1ª Pasarela de Traxes Tradicionais e Concerto Galego (10 XUÑO 2022).

Modelos : Nieves, Clara S., Chicha, Josefa, Carmen S., Maricarmen P., Estrella, Mercedes, Clara F. Liliana e JJ.

Discoteca La Luna.

Fotografía realizada por Rafa Fariña.

Tal día como hoxe (9/6/1982) celebrouse unha asemblea de veciños para tratar a localización do campo de fútbol.

As miñas felicitacións a todos aqueles veciños que desde 40 anos ata a actualidade achegaron o seu gran de area para conseguir o que temos hoxe en día.

Sería unha lista moi longa de nomes de veciños e se cadra esquecíame dalgún.

Felicitacións tamén a todos os que desde fai muitísimos anos atrás foron creando afección ao fútbol no noso querido campo do Chan do Monte.

Coa colaboración da Asociación Cultural e o Cerponzons C.F. 

primer equipo se segunda regional de cerponzons
O aparcadoiro non chegaba para tantos coches

Despois de rematar a tempada o equipo de fútbol , coa colaboracion da Cultural , facian unha xuntanza para convidar a todolos xogadores , directiva e socios.

img_2346Os Maios

img_2299
Enrique Magdalena
img_2333
Saindo da Misa
img_1906
Miguel e a sua familia

Hoxe a foto que comparto realizouse un día coma hoxe, na celebración de Ramos, nela podemos observar a tres mozos da parroquia lucindo os seus enormes ramos que levaron a bendicir.

A moza da foto, si mal non recordo, tivo nove irmáns, pasou a súa mocidade na parroquia e vivía moi preto da Igrexa, supoño que vos será fácil saber quen é.

Sei o triste que é que pregunten polo teu pai e que debas dar respostas que che entristecen. Hoxe celébrase o Día do Pai, un día tan alegre e tan triste á vez.
Moitos de nós non contamos xa coa presenza do noso pai para celebrar o día, así é a vida.
Hoxe comparto unha nova foto, nela o meu pai desde Venezuela escríbelle á miña nai, na parte de atrás da foto, que o mono queríalle quitarlle o reloxo.

A fotografía de hoxe corresponde ao ano 1956, nela obsérvase no medio do monte unha zona rectangular, é o Campo de Fútbol de Chan do Monte.
Falabamos hai pouco uns cantos amigos de cando estabamos xogando ao fútbol e tiñamos que parar o partido si pasaba algún paisano co seu carro de vacas, xa que o camiño pasaba precisamente polo medio, na fotografía vese ben claro a súa traxectoria. Seguro que os máis maiores recordan perfectamente como era.
De cando en vez é bo recordar os traballos que levaron a cabo os nosos antepasados e dalo a coñecer aos nosos fillos e netos.
Os meus respectos a todos aqueles que compartiron as súas mans e a súa suor para o ben común. Que non se nos esqueza !
A imaxe foi realizada polo exército norteamericano.

Catro mulleres, catro veciñas, recoñoces algunha ?

Para o próximo ano 2023 temos que celebrar as festas de otro xeito, espero que así sexa, propoño xuntarnos e falar do tema, ésta foto, mui coñocida por muitos de nos, data do ano 1923, é decir para o ano que ven fai 100 anos, nela aparecen os nosos antepasados, temos que celebrar esta efemérides, ou non ?

Bo día. Para éste ano novo non lle vou pedir nada, pero tampouco quero que me leve ningún veciño mais.

Para rematar e comenzar o ano comparto unha foto que me pasou Sonia, a moza que vive en Valencia.

Unha pista, son veciños e veciñas de Meán, así que poñervos a pensar e a ir dicindo quen son os da foto.

Un saúdo e feliz ano.

Boas tardes, unha nova fotografía, está vez é a de dous irmáns, seguro que moitos de vós sabedes quen son.

Hoxe 20 de novembro celébrase o Día Universal do Neno, un día importante para a infancia por moitas razóns e que trata de forxar un futuro mellor para todos os nenos e nenas do mundo.
Para celebrar o día comparto esta fotografía que nos recorda o día máis importante que naquel momento era para estes nenos e nenas.
A ver si podedes recoñecelos e poñer os seus nomes.

Quén recorda esta boda ? Coñocedes a noiva ? É as outras duas mulleres ?

Onte visualizando as redes encontréi éste texto con unha foto de un veciño de O Bravo, comparto co permiso da autora :

Este es mi padre, Manuel Gómez Solla, que cumpliría 95 años hoy.

Hace exactamente 70 años dejó España huyendo del hambre y la muerte que la dictadura militar de Francisco Franco implantó allí. De niño, recuerdo el sonoro ′′ hijo de puta ′′ que él soltó al escuchar el comunicado de la muerte del Generalísimo, en el Reportero Esso.

Y él, mi padre, trabajador contumaz, guerreó el resto de sus días fuera de su lugar, lejos de su gente, de sus referencias y de sus amores. La guerra, los gobiernos fascistas, el hambre y la miseria sacan a la gente de sus lugares y eso es muy triste.

Hoy, con la comprensión que la madurez me trajo, solo puedo agradecer.

Gracias a mi padre y demás ancestros por haber tejido mi camino. Inmensa gratitud por la inmensidad de tus sueños que, de alguna manera, son hoy mi realidad.

Que la fuerza y la bendición de la generación de ustedes alcancen e inunden mi generación y las siguientes.

Gratitud!

Feliz cumpleaños, papá!

Hoxe a foto que comparto fixose na Fonteiriña, na celebración do Santísimo.

Aproveito a ocasión para adicarlle a señora maxistrada unhas letriñas :

Quince mozas de foliada

bailan ata a madrugada :

a primeira é da Ermida;

a segunda, da Fonteiriña;

a tres, de Pidre;

a cuarta vive en Tilve;

a quinta é de Liborei;

a dos lentes, da Costa;

a sete é do Castrado;

a oito ten casa na Rons;

a nove é do Conchido;

a dez naceu en San Caetano,

a once é do Bravo;

a doce durme en Meán;

a do mandil, anda na Bouza;

a catorce é da Balea;

é a señora do sombreiro

leva anos no Vigario.

Todas din con voz rotunda :

Viva a Galícia profunda.

Día de festa, o autobús da orquesta, a vespa, veciños e veciñas todos ben vestidos para a ocasión.
Pero quen son? Onde se fixo a foto ? En que ano sería ?

De novo teño unha nova fotografía para compartir, veña a darlle a cabeza a ver si sabedes quen son…

Un hórreo, unha vaca, un neno…seguramente ninguén se acordará do nome da vaca, pero e do neno ? Alguén recoñece a este raparigo ?

Hoxe comparto unha foto onde a imaxe que se ve era moi habitual atopala por calquera parte da parroquia, o carro, as vacas e os veciños realizando as súas labores do campo.
Pregunta, quen son estas dúas persoas ?

Recoñezo a Fina, pero quen sabe dicirme quen son os demáis ?


A esta fotografía que aparezo coa miña avóa, téñolle moito agarimo, dado que hoxe celébrase Santa Ramona, compártoa no día da súa onomástica.


Hoxe a foto que comparto é a de Carmen e Juan, son xa máis de 20 anos que me faltan os dous,  parece que foi onte. Hoxe estarán os dous celebrando o seu 69 aniversario de casados, nese pedaciño de ceo que lle correspondeu ter, seguro que están con todos aqueles que estiveron presentes na súa voda e agora tampouco están entre nós. Feliz aniversario mamá, feliz aniversario papá.


Fai uns días estiven con Maruja, grazas á súa colaboración puden facer o relato do seu oficio, mentres falabamos do seu traballo, viamos fotografías que evocan aqueles anos da súa mocidade e das súas vivencias ao longo dos anos.

Aquí podemos ver a unha xoven Maruja a piques de dar unha volta en moto.


Con motivo da celebración do vinte e cinco aniversario da fundación do Cerponzóns C.F. a Asc. de Veciños O Chedeiro quixo homenaxear tamén aos equipos de fútbol da parroquia que ao longo de tantos anos pasaron polo campo de Chan do Monte.

Na nosa homenaxe aos deportistas da parroquia tiñamos que ter en conta todos aqueles veciños que pasaron a súa mocidade defendendo as cores do Cerponzóns, tanto como equipo federado como sen federar, desde aqueles equipos que con toda a ilusión do mundo enfrontábase, por exemplo, aos das parroquias colindantes nos días de festas patronais, sin recursos ningúns, pero con toda a ilusión do mundo.

Aquí queda reflectido, con estás fotografías, o noso recoñecemento a todos aqueles xogadores que levaron con orgullo a paixón é a honra de representarnos durante anos e anos.

Son tantos que non vou nombrar agora aquí, daqueles tempos non se solía facer fotos como agora, así que muitos veciños nunca se fixeron unha foto na súa epoca de xogar ao futbol.


Éste rapas naceu na Rons, durante a miña infancia e parte da xuventude foi o mellor amigo que tiven, despois as nosas vidas tomaron diferentes rumbos, pero a nosa amizade seguirá para sempre. Estou vendo a foto e véñenme os recordos…aqueles anos que andabamos roubando froita, xogando aos vaqueros, subindo a cereixeira, cortándolle a auga do muiño ao señor José, fumando ás agachadas os nosos primeiros pitillos, ir xuntos os domingos ao campo do Chan do Monte, aqueles días de praia no furgón do tío, xuntos tamén para ir ás salas de baile, tantas e tantas cousas que pasamos xuntos… A ver quen o recoñoce.


A fotografía de hoxe móstranos a dous veciños da parroquia, o home que está sentado sobre o cabalo creo que era veciño de Meán, emigrou para Arxentina, o que está de pé era veciño de Pidre e faleceu sendo moi novo fai uns cantos anos, contaba con 51 anos.


Esta fotografía do ano 1997 é de unha veciña que seguro conocedes a maioría, encontreina fai uns anos nun traballo de Tino Martínez, agora vexo que o traballo de Tino encontráse na exposición do Museo das Peregrinacións, que leva por nome Fe.

O museo das Peregrinacións encontráse en Santiago, ten como finalidade realizar  unha retrospectiva donde recolle o traballo do fotógrafo Tino Martínez  entre 1971 e 2016. Centrada na serie de celebracións relixiosas populares de Galicia: as romarías.
Na web do museo comentan a exposición da seguinte maneira :
A cámara do consagrado fotógrafo compostelán, Tino Martínez, capta como poucos aquilo que non se ve nestas festividades populares onde se mestura o relixioso e o profano, a devoción, a festividade e a fe, a principal motivación que funciona como nexo vertebrador desta nova mostra fotográfica do MDPS.  

A romaría son dúas metades dun mesmo corpo que se complementan. Por unha banda, o sagrado, na que as persoas achegan a súa devoción e ofrendas á divindade. Este é o compoñente que máis lle interesa a Tino Martínez e a súa cámara lévao buscando máis de corenta anos no Nazareno (A Pobra do Caramiñal, A Coruña), nos Milagres de Amil (Pontevedra), no Santo Cristo de Xende (A Lama, Pontevedra), na Virxe da Xunqueira (Cee, A Coruña), en Santa Marta de Ribarteme (As Neves, Pontevedra) e no Corpiño (Lalín, Pontevedra). Cada instantánea é unha homenaxe, próxima e dende o respecto, a esas xentes.


Bo día, de novo temos o Petelo nesta foto, pero quen recoñoce as mulleres ? 


 

Boas, unha nova fotografía onde podemos observar que se realizou un día de festa, a señora do fondo que está sentada nos chanzos da igrexa co seu posto de rosquillas, mazás e chucherías déixao ben claro. Quen serán as nenas ? Quen será o señor traxeado que tapa os ollos ao neno ? É o neno ? O que si está claro é que a foto fixéronlla ao Petelo, polo seu xesto parece que estaba bailando…


Naceu con unha malformación nas dúas mans denominada man zamba, o seu destino o nacer foi directamente a Inclusa de Pontevedra, unha veciña da parroquia ao velo así doulle moita pena e levouno con ela. Hoxe recordamos a Antonio, O Manco.


Quen se acorda da señora Casilda, A Juanica ? Ás veces hai que botar a vista atrás e recordar a vida que pasaron moitos dos nosos veciños e veciñas, como o caso da señora Casilda, contar a súa vida levaríanos a valorar de diferente xeito todas as cousas que hoxe en día temos. Quen a coñeceu seguro que me dará a razón.


Hoxe comparto unha foto da miña familia, a miña sobriña María del Mar é meu fillo Marcos co seu bisavó, Jesús O Roque. Ah ! É o jato, que non recordo o seu nome !


Fai uns dias falamos do noso veciño Manuel Castro, o Tamborileiro de Aires d’a Terra, nesta fotografía Manuel acompaña a Xan Tilve (coñocido por Xan de Campañó), corría o año 1900, Festas da Peregrina.


Hoxe fai dezanove anos que faleceu Carmen a da Rons, comparto unha das fotos que máis cariño lle teño, Carmen e os seus fillos, Maricarmen é Juanito.


Hoxe celebramos o Día da Nai.


 

Estes días estou recollendo datos sobre o oficio de zapateiro, un dos veciños que desempeñou este oficio foi Honorio.


 

Esta fotografía está relacionada coa miña familia por parte do meu avó Jesus, aparece miña bisavoa é os seus fillos, ainda tivo un fillo máis, Manuel. A miña bisavoa Carmen Lorenzo Ogando, faleceu cando eu tiña cinco meses.


Eu sólo recoñozo unha veciña: 


Unha nova foto donde un grupo está disfrutando do día, sonvos coñocidos ?


Un día de “Pícnic”


Hoxe quero compartir unha foto con todos vós con motivo do Día do Pai.
O meu pai ao longo da súa vida compartiu comigo moitos consellos e moitos ensinos, un consello que nunca se me esquece é a de dar a PALABRA, para min iso vai a misa.

Feliz día do Pai.

A foto foi realizada en Venezuela.

Hoxe imos con unha de carnavais:


Unha nova fotografía realizada nun día de festa, daquela a mocidade aproveitaba o palco da festa para facerse a foto. Segurísimo que coñecedes a moitos deles.

Fotografía dónde aparece un hórreo, en qué lugar se fixo ? Coñoces a alguén ?


Excursión realizada a…


Outra nova fotografía 


Hoxe é o día mundial da muller, está claro que teño que poñer unha foto onde as mulleres sexan as protagonistas.

Pois aquí está, como sempre poñede nomes si coñecedes a alguén :



Contando co neno que está na fiestra son un total de 28 persoas, a cantas coñecedes ? Veremos quen pon nomes…


Cando se dá a coñecer unha nova fotografía quédome pensando nos anos que fai que se cadra non a viron os protagonistas ou os seus familiares e amigos.

Quizáis para moitos non ten importancia, pero seguramente que para outros será unha ledicia volver a recordar ese momento.


Un grupo de mozos gozando dun vaso de viño, supoño que será nun día de festas do patrón, imos ver quen lle pon os nomes.


Unha nova foto, nela están nove mulleres e cinco homes. Onde se fixeron esta foto ? Sería nun baile, nunha verbena ? Coñecédelos, sabedes os seus nomes ?


De novo comparto outra foto, un chaval vendendo  barquillos, unha mesa con vasos de viño, homes de traxe…será  nunha festa ? A quen recoñocedes ?


Nesta foto un grupo de chavales celebraban algo, que sería ? Quen lle pon nome a este chavales do grupo ?


Unha veciña que lle gustan as fotografías que vou publicando no Baúl dos recordos, acaba de enviarme unha serie de fotos que seguro vos van a encantar, é de agradecer que queira compartir con todos nós os seus recordos, espero que haxa máis veciños e veciñas que queiran compartir as súas.


Comenzamos con unha foto que un grupo de homes fixo nas escaleiras da parte traseira de subida a Igrexa.

Anos sesenta, a señora Rosa, a señorita Carmiña é unha nena con uns nenos. Estarían na escola? Ou celebrando o entroido? Un dos nenos ten unha careta na man…


XA ESTAMOS EN CARNAVAL !!! Os veciños participan no desfile…


Unha nova foto, realizada en Tui o 31 de Agosto de 1962. Unha excursión dos veciños da parroquia, parece ser que o cura era por aquel entón D. Severino.  Recoñecedes a alguén ?


Unha comuñón ! Quen será a nena ? En que ano sería ? Bueno, tendes unha boa pista, D. Manuel debía levar pouco tempo na parroquia…


Está fotografía lévanos á celebración dunha verbena, podemos observar o palco de madeira, pero ademais dáme que é na nosa Parroquia, nela vemos a Antonio e Ángel , pero tamén a un neno que tamén é veciño, recoñecédelo?


Vendo esta fotografía véñenme á memoria moitas cousas…Seguramente é un día de verán, un domingo tal vez, era cando máis nenos é nenas achegábanse cos seus pais ata a taberna, alí comprábanlles uns chuches e xogaban polo aparcadoiro. Mentres tanto, ao fondo, unhas veciñas co seu carro coas súas vacas facendo o seu traballo na leira. Máis ao fondo, a casa de Digna, co seu enorme cereixo, onde naqueles anos pasábame desde as nove da mañá ata as nove da noite sentado nunha das ramas, comendo cereixas.

O coche era propiedade dun señor de Pontevedra, era militar, amigo do noso añorado veciño Joaquín. Os nenos eran…bo iso déixovolo adiviñar a vós, a ver si acertades quen son.

Unha pista, a foto pode ter trinta anos, ou un pouco máis…


Cantos recordos tráeche unha fotografía…

Día de Corpus, recordas este día?


Hoxe toca compartir unha nova fotografía inédita, é o equipo de fútbol que representaba o Cerponzóns C.F. , calculo que debe ser dos anos 64/65. Este equipo está formado por veciños de Cerponzóns e tamén do lugar da Devesa.

Gustaríame a vosa colaboración para saber o ano exacto e sobretodo, a quen coñecedes, eu por exemplo coñezo a tres deles.


De novo unha nova fotografía, polo que se ve, estamos xuntos uns cantos veciños da parroquia, non hai dúbida de que é nunha voda. Eu son o máis novo de todos os que estamos aí, calculo que será sobre os anos 74/75.


Estamos en Festas ! A xuventude no posto de Tiro, mentras Los Satélites están afinando os instrumentos…


Logo de recuperar coa vosa axuda e de recoller unha gran parte dos alcumes dos veciños da parroquia, é necesario seguir intentando recuperar o noso patrimonio en todos aqueles actos e acontecementos celebrados ao longo dos anos.

Un deles é a historia dos festexos, poder recuperar fotografías, anécdotas e todo o que teña relación coas épocas onde, por exemplo, as verbenas eran unha das poucas distraccións que se podían permitir os veciños.

E como non, recoller apuntes daquelas comisións de festas que tanto traballo levaron pedindo porta por porta, aldea por aldea, intentando xuntar con aqueles donativos de dúas pesetas dun, catro doutro…para así poder facer a festa.

Con esta fotografía quero facerlle un recoñocemento a todos os veciños e veciñas que formaron en algún momento unha comisión de festas.


Hoxe compartín convosco un relato dos meus recordos daquelas festas nos anos sesenta, unha pena que non teña ningunha foto daquela época, comparto está outra que tamén xa ten uns anos, é un momento da celebración do Corpus.


Anos setenta do pasado século, na taberna da Rons levaban un tempo parando a tomar uns refrescos un matrimonio portugués cos seus dous fillos. Foron moitos anos de parar na taberna, tantos que de pasar a uns clientes como outros calquera pasaron a ser os nosos amigos, sempre que nos visitaban traían algún detalle para Maricarmen e para min.

Nesta fotografía foi o día que lle trouxeron de agasallo a Maricarmen un mandil de Portugal, eu son o que está sentado nas escaleiras.


De agasallo de Reis chegaronme duas fotos desde Australia, un rapaz da parroquia que traballaba en CLERSA, a ver que o coñoce…


Nesta fotografía non aparece ninguén da parroquia, pero ten un porqué poñela, quen non bailou ao son de OS LIRIOS ?Cantos anos viñeron á nosa parroquia este grupo ? Cando os da comisión de festas non recaudaban moito sempre botaban man destes músicos, contrataban unha boa orquesta e nos descansos eran OS LIRIOS os que reenchíanos aquelas verbenas tan añoradas.


Esta foto supoño que vos traerá aos máis maiores moitos recordos, por un lado porque está un veciño, por outro porque está Finoca…
Hai está Finoca ! quen non coñecía nos anos setenta a Finoca a de Marín! 

Eu aínda teño presente un ano nas festas de Peregrína, nas atraccións daquel ano había un caixón enorme que entrabamos se cadra cincuenta persoas ou máis, comezaba a balancearse dun lado a outro, o asunto era que tiñas que intentar non caerte…e Finoca estaba en fronte nosa, conforme o caixón subía ao lado de Finoca, ela non se suxeitaba…e pasaba o que estades pensando, viña encima nosa jajajaja, xa podedes imaxinar a escena : Finoca esmagábanos a todos e quedabamos debaixo dela jajajaja.


Fai uns días enviáronme unha fotografía que seguro a maioría do grupo ides saber quen é esta familia. Unha familia procedente de Arzúa e que foron durante anos os…


Dúas novas fotos novas, nunha delas podemos ver a D. Demetrio ( avó do Concelleiro Demetrio Gómez) Nesa foto, xunto ao mestre están…


Na outra fotografía, pódense ver ás nenas coa a mestra Doña Alicia, están á beira da casa dos mestres situada onde hoxe é o Centro Social.

Con Doña Alicia están…Imos ver si alguén recoñoce algun neno ou nena. Si non, poñerei algúns próximamente.


As seguintes fotos fixeronse fai 52 anos. No encerado podemos observar nun recuadro o día que era 17 de Decembro 1968. Un grupo de rapazas uniformadas con un mandilón de cor verde, estaban facendo uns centros de Nadal para levar a súas casas, a súa mestra Alicia deixou gratos recordos. A Escola estaba situada en Pidre, frente mismo a Fonte de Pidre.
Entre estás nenas están Divina, Maria Luisa, Otilia de Leborei, Tila, Fina a Churrera, Grina, Milagros, Rosita Outon, Rosita Aboal (o pai traballaba en Crespo), Fina de Prado, Margarita, Rosita,  Fina e Mari Carmen de Albino, Remedios que vivía o carón da casa de Germán, o músico, Mari Carmen e Marilo, Mari Carmen Cochon, Mercedes do Bravo e tamén Elisa, non recordo máis nomes.

Tamén hai no encerado unha frase, que debemos ter en conta todolos días das nosas vidas :

LO QUE NO QUIERAS PARA TI, NO LO QUIERAS PARA OTRO.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s