O TRASLADO DE OURO A MOSCÚ CAPITANEADO POR UN VECIÑO DA PARROQUIA.

O OURO DE MOSCÚ OU OURO DA REPÚBLICA.
Este relato quero centralo na relación que tivo O OURO DE MOSCÚ coa nosa parroquia, exactamente cun veciño do lugar de Leborei.

Son varias as versións que hai en relación ao traslado a Moscú das reservas de ouro que había no Banco de España situado en Madrid. Durante anos, e ainda hoxe en día, cada quen opinou segundo o que mellor lle conviñese, outros opinan segundo os escritos atopados etc. Aínda é hoxe o día que algúns partidos políticos sacan este tema a relucir basándose no que mellor lle favorezca.

Son muitísimos os libros que hai escritos sobre iso, e como dixen antes, cada historiador ou investigador contou a súa versión, por suposto eu teño a miña, pero resérvoma, porque este relato é para dar a coñecer a relación que hai do Ouro de Moscú cun veciño da parroquia. O que si está claro que o sacar estás reservas de España foi debido á guerra, sen dúbida.

Por aquel entón, no mes de setembro de 1936, o ministro de Facenda, Negrin, nun decreto, asinado polo presidente da República comunica que dada…

“La anormalidad que en el país ha producido la sublevación militar aconseja al Gobierno adoptar aquellas medidas precautorias que considere necesarias para mejor salvaguardar las reservas metálicas del Banco de España, base del crédito público. La índole misma de la medida y la razón de su adopción exigen que este acuerdo permanezca reservado. Fundado en tales consideraciones, de acuerdo con el Consejo de Ministros, y a propuesta del de Hacienda, vengo en disponer, con carácter reservado, lo siguiente:

* 1º: Se autoriza al Ministro de Hacienda para que en el momento que lo considere oportuno ordene el transporte, con las mayores garantías, al lugar que estime de más seguridad, de las existencias que en oro, plata y billetes hubiera en aquel momento en el establecimiento central del Banco de España.

* 2º: El Gobierno dará cuenta en su día a las Cortes de este decreto.

Madrid, 13-9-36.

ORLOV EN CARTAGENA

O 19 de Setembro de 1936 chega a MadridAlexander Orlov, xeneral da policia sovietica, o seu traballo consistía entre outras cousas a de realizar temas de espionaxe. Orlov, sería o responsable do traslado do ouro a Moscú, que estaba depositado no Banco de España, situado en Madrid.

Era o 22 de Outubro de 1936 cando Orlov xa estaba en Cartagena, desde alí diríxese, cunha veintena de camións, ao polvorín que ten a Armada española nunha gruta artificial excavada na roca, situada a uns oitos quilómetros do porto. No interior da gruta estaban esperando a Orlov sesenta mariñeiros españois, xunto á estes, miles de caixas de madeira estaban apiladas ás paredes, todas estas caixas contiñan lingotes de ouro,moedas e virutas. Todo este ouro, as reservas que había no Banco de España, había que protexelas dunha posible captura por parte do inimigo, e tomaron a decisión de envialo a Moscú.

Cando as forzas de Franco tiñan prácticamente cercada a cidade de Madrid, é cando se fai inminente o traslado do ouro e da prata das caixas do Banco. Así é como se traslada o ouro para Cartagena, a tarefa que encomendaran a Orlov era bastante ” fácil”, dado que nesa cidade estaban os buques rusos que realizaban descargas de suministros de armamento e equipo.

Con toda a precaución realizouse o traslado, de paso infórmase ao Ministro de Mariña e Aire ( Indalecio Prieto) que necesitan da súa colaboración, dado que se ía a necesitar dos seus barcos de guerra para escoltar o cargamento que levarían catro buques rusos a través do Mediterráneo ata a cidade de Odesa, situada no Mar Negro. As reservas de ouro serían trasladadas entre os catro buques, un total de dez mil caixas.

Durante os tres anos de guerra houbo máis cargamentos que trasladaron reservas do Monte de Piedad e do Fondo de la  Caja General de Reparaciones.

Estes traslados realizáronse en 1937 a través do mercante ANDUTZ MENDI.

En 1938 no vapor LATYMER e tamén, pero non sei o ano exacto, foi a través do barco CAP PINEDE.

Quizáis fóra nalgunha destas embarcacións onde Ángel Lastra Losada estaba desempeñando o labor de Capitán.

Dun xeito ou doutro, Ángel a raíz disto, estaba sinalado polo réxime de Franco e de aí a súa marcha para México.

E é aquí, nos barcos españois que escoltan aos buques rusos, onde aparece a relación do Ouro de Moscú cun veciño de Cerponzóns ou nestes outros traslados menores,  según fontes ben informadas comandou un destes tres barcos anteriormente nomeados, o noso veciño, o capitán Ángel Lastra Losada.

CAPITÁN DA MARIÑA MERCANTE : D. ÁNGEL LASTRA LOSADA.

Este veciño de Leborei era irmán de Amalita Lastra Losada, fai pouco que falei dela e dos seus curmáns, en relación co seu parentesco co violinista Manuel Quiroga Losada.
De momento non sei moito sobre Ángel, espero que coa colaboración dos veciños poida ampliar máis sobre a súa historia.

O que si sei, por medio dunha amizade, é que Ángel estivo exiliado moitos anos en México e terminou vindo para Cerponzóns sen moita saúde, tal que foi moi pouco o tempo da súa estancia na parroquia, faleceu en nada.

ÁNGEL LASTRA LOSADA, REFUXIADO EN MÉXICO, ASÍ PUDO ACONTECER :

A principios de febreiro de 1939, o goberno da República Española preguntaba ao goberno de México si estaría disposto a admitir refuxiados de todo tipo de profesións, o mesmo embaixador respondía: 

O Presidente da República manifestoume o seu mellor desexo para que entren a México a maior cantidade posible de españois de todas profesións. O Ministro de México en París ten amplas facultades para tratar este asunto.

Case medio millón de españois, mulleres, nenos e homes cruzaron a fronteira cara a Francia onde os foron acomodando en refuxios ás mulleres e aos nenos e en campos de concentración, aos homes. 

Eran quilómetros de alambradas para eles e caserons en ruínas e cuadras de animais, para as mulleres e os seus fillos. As condicións eran tales que as autoridades francesas calcularon que dos aproximadamente trescentos mil españois que alí se atopaban, morreron 14,672 nos primeiros seis meses, a maioría de disentería e enfermidades bronquiales. 

En marzo de 1939, México iniciou os trámites para que os refuxiados españois saísen dos campos de concentración e para organizar o seu traslado a México, o máis seguro que un dos que saíron de alí foi o noso veciño Ángel.

NOTA : Fotografía Reg. Murcia Digital.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s