CONTOS NA LAREIRA (9)

O SACRISTÁN CHEO DE SÉ
Sucedeu o 27 de Abríl do 1975

ACONTECEU NA VODA DE JUAN E DE MARITÉ …

Ese día celebrouse unha voda na parroquia, a de Juan e Marité, el veciño da Bouza, ela de San Caetano.

A igrexa estaba ese día chea de invitados á voda, o cura que oficiaba o sacramento do matrimonio era D. Benito, xunto a él o seu sacristán…

O día comezaba ben, no interior da Igrexa estaba o noivo e a madriña, ao pouco tempo facía a entrada a noiva co seu  padriño, os invitados colocados e sentados nos seus bancos, o entrar a noiva puxéronse de pé.
Nada máis estar colocados os noivos e os seus padriños fixo a súa entrada o cura párroco, D. Benito, detrás del o seu inseparable sacristán, Javier.
D. Benito comenzou o sacramento do matrimonio saudando a todos os presentes, indicando que estaban alí para celebrar a unión matrimonial de Juan e Maria Teresa. Seguidamente pasou a dicir a liturxia da palabra, os salmos, as segundas lecturas e os evanxelios. Despois tocoulle aos noivos responder á vez a tres preguntas previas que lles fixo D. Benito antes de darse o si mutuo para unirse en matrimonio.

Tres preguntas que afectaban o máis esencial do matrimonio, si houbese unha resposta negativa o matrimonio non sería válido, quizáis fose o momento de máis nerviosismo que pasaron os noivos. Logo dese momento, D. Benito fixo unha especie de interrogatorio aos noivos acerca da fidelidade, da educación que debían de darlle aos fillos etc.

Seguidamente chegou o Consentimento, a Confirmación do Consentimento, a Bendición e a entrega dos aneis e as arras e rematou con unha oración que daba paso ao momento da a liturxia eucarística, ata aquí todo ben.

D. Benito dou comezo á preparación no altar das ofrendas do pan e do viño.

Todo ía correctamente, dentro do habitual…

Pero cando chegou o momento en que D. Benito foi a beber do cáliz….

Ese domingo, antes da cerimonia, Javier, o sacristán, estaba preparando todo o relacionado coa cerimonia relixiosa, quizáis debido ao traballo de estar tocando as campás ou vaia a saber un o motivo, Javier estaba sediento, pero como ben dicía él : tiña tanta sé, tanta sé…
O certo é que nun deses momentos de tocar as campás e xa cansado de baixar á fonte a beber auga e máis auga, pensou en probar o viño de D. Benito…Sen pensar nas consecuencias, foise cara á sancristía, alí, encima do mostrador, estaba unha botella das de antes, das gaseosas, co típico tapón de ferro. A botella estaba completamente chea, facía como media hora que Javier había ido á casa rectoral a pedirlle a Mª Luisa, a irmá de D. Benito, que lle botase o viño da misa na botella.

A cousa foi que Javier abriu de botella e comezou a beber, a beber, a beber…tanto bebeu que a botella quedou prácticamente baleira !

Hai mecajo na nación ! Que fixen ? E agora como vou facer ? Javier quería que o tragase a terra naquel momento…

Pois algo teño que facer, teño que buscar unha maneira , unha solución, a voda vai comezar dun momento a outro, e D. Benito vai entrar pola porta…Hai Jesusdiormio !

Javier foi correndo ao grifo e encheu a botella de auga, pero ao mirar a cor que tiña pensou que aquilo non tiña a pinta habitual do viño que botaba no cáliz D. Benito, aquilo máis ben era clarete, pensou Javier, aveciñábase unha boa…

Cando chegou o momento de tomar o viño, ao momento de bebelo, D. Benito mirou a Javier e diante de todos os presentes dille en voz alta :

–Javier ! Ti botácheslle auga ao viño ?

–Eu non D. Benito, eu non lle botei nada. Javier todo colorado marchou para a sancristía…

Ao finalizar a voda, disimuladamente Javier saliu de novo da sancristía para que lle desen a propina, despois volveu entrar, alí esperábao D. Benito. Nada máis entrar dirixiuse D. Benito todo serio e díxolle : Javier ! Cando teñas ganas de beber viño, vas a casa e pídeslle a Mª Luisa que che dea viño, pero isto non o volvas facer, iso que bebín non era viño ! Era clarete !

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s