AS SANTAS MISIÓNS

Fai pouco encontrei uns documentos donde aparecía unhas noticias relacionadas coa nosa parroquia, trataba da época das Santas Misións…

MOVIMIENTO CATÓLICO 22/08/1895
PONTEVEDRA.
DENTRO DE BREVES DÍAS VENDRÁN A PONTEVEDRA LOS RR.PP. SANTOS Y CONDE, DE LA COMPAÑÍA DE JESÚS, CON OBJETO DE PREDICAR UNA SANTA MISIÓN EN LA VECINA PARROQUIA DE CERPONZONES.

PUBLICACIÓN DE : EL MOVIMIENTO CATÓLICO.

29 AGOSTO 1895

En la parroquia de Cerponzones ha despertado verdadero entusiasmo la llegada de los RR. PP. Santos y Conde, de la Compañía de Jesús. Son muchísimas las personas que participan de los privilegios de la Santa Misión concurriendo procesionalmente a los sagrados ejercicios. En una hermosa robleda se ha levantado un altar, donde en las primeras horas del día celebraban misa los Padres Misioneros, asistiendo algunos vecinos de Geve, Alba y Berducido.

Seguramente os máis novos preguntáronse algunha vez o significado da cruz que hai no exterior da igrexa (fai no día de hoxe 80 anos que está colocada), situada encima da porta pequena de entrada á nosa igrexa. Tamén os máis maiores recordarán algunha cruz, creo recordar unha de madeira, de cor negra, situada no interior.Estás cruces foron o símbolo dunhas xornadas espirituais que denominaron “Santa Misión “, xornadas que tiveron o seu auxe nos anos posteriores á guerra civil, desaparecendo estas xornadas nos anos sesenta.
Mentres os máis novos sentirán curiosidade por saber como eran aquelas xornadas, os máis maiores seguramente non terán muitos recordos por ser uns raparigos,  estás xornadas estaban impostas cunhas estritas normas debidoa época na que se vivía.

Etimolóxicamente podemos definir ” misión” como a acción de enviar a predicar o evanxelio de Xesús por todo o mundo, pero nesas datas o que máis se buscaba con estas misións era realizar unha conversión emotiva e vibrante dos cristiáns, en especial entre aqueles máis díscolos ou rebeldes…

Segundo estudiosos da materia,os galegos de fai 200 e 300 anos eran máis cristiáns que católicos. Para o vulgo ( parte máis numerosa dos cidadáns), as relacións ilícitas, as blasfemias ou a inasistencia aos actos litúrgicos non eran considerados atentados á moral relixiosa. Os bispos e os párrocos das feligresías esforzábanse en balde por endereitar  as desviacións da fe. Así xorden as Santas Misións para estender e adoutrinar aos creyentes.

Ao espírito altruísta, docente e evanxelizador das primeiras Misións, seguiulle ao remate da guerra civil, unha nova andanada que foron concibidas polo réxime franquista como un medio de atraer ao seo da igrexa á xente afastada da relixión católica.

Si nos interesa o tema e consultamos os libros de historia, resultaranos máis fácil comprender a orixe destas Santas Misións. Xa no século XIII, prodúcense os primeiros intentos evanxelizadores por parte da Igrexa Católica, Apostólica e Romana, da man dos dominicos e franciscanos fundamentalmente que percorren pobos e cidades predicando o evangelio.

Pero coa dictadura de Franco as Misións tiñán unhas maneiras de “atraer” a xente que non era do gusto de todos…

Buscábanse varios obxectivos, pricipalmente instruír ao pobo, para iso servíanse de sermóns,conferencias, estudo do catecismo, tanto para nenos como para adultos (normalmente os adultos se lle impartía polas tardes, despois do traballo). Tamén había outros obxectivos, solucionar problemas entre veciños, atender escolas, potenciar cofradías etc. Con todo esto ó obxectivo final era principalmente un : a confesión xeral.

Logo da guerra civil había que ofrecer algo á xente, o pobo estaba deprimido, había necesidade de transmitir que había que ter fe , para iso era necesario que acudisen ás igrexas, unha necesidade por parte da igrexa é por parte da autoridade civil, que colaboraba en moitas ocasións de malos xeitos, inclusive chegaban a anunciar catástrofes de todo tipo.

O medo estaba asegurado, os bispos anunciaban as xornadas da “Santa Misión” e aproveitaban para anunciar as indulgencias que chegarían a alcanzar si participasen nelas. Non había unha data exacta para a realización das xornadas, cando chegaban á parroquia os misioneros eran recibidos con mostras de alegría e agarimo polos aldeanos.

Había muitísimos actos : o rosario da aurora, o sermón da mañá, cataquesis, confesións, comuñóns…todos estes actos levábanse a cabo, daba igual o tempo que fixese.

As oracións que se utilizaban eran o Padrenuestro, o  Ave María, o Credo é Eu Pecador. Na Santa Misión rezábase pola paz e pedíase a intervención de todos os santos: rezábase á Santísima Virxe, ao Anxo Custodio, ao Patrono do pobo…

Para os misioneiros era de suma importancia que a xente do pobo salvase a súa alma, para iso recorrían a manifestar o perigo de caer no pecado mortal, a chegada do xuízo universal, ao ceo e ao inferno etc. Era un xeito de facer pasar medo á xente, o seu obxectivo era conseguir que a xente do lugar confesásese,arrepentísense e comulgasen, porque si non, terían o inferno, a dor, as chamas…

Para finalizar os misioneiros indicaban a un veciño do pobo que realizase unha cruz, para que quedase constancia do seu paso pola parroquia.

SANTA MISIÓN 4/5/1941

O poder civil foi sumamente importante en levar acabo isto. Como mostra un botón do que se chegou a publicar por algún Gobernador civil da época, celoso gardián da moral :

1. ª Honestidad en los vestidos, sin exagerar los escotes, faldas y mangas.

2. a Suprimido radicalmente el «sin medias». Más vale llevarlas zurcidas que ir sin ellas. Si faltan pesetas, se suprimen bares y cines.

3. a Reducir al mínimo las pinturas en la cara y en los labios y los colores impropios del cabello, pues hay alguna niña que deja su lindo natural para convertirse en u

4. a Suprimidas en las muñeca de  los escaparates las posturas poco honestas de muchas parejas, y, sobre todo, el ir por lugares de poco tránsito y poca luz.

5. a Suprimido el «fumar» entre las mujeres ; es costumbre muy poco femenina. La que desee fumar, coja un fusil, vista un mono y vaya al frente.

6.a Dedicar el máximo de tiempo al trabajo para los heridos y soldados y disminuir los paseos y gastos superfluos.

Eran tempos con regras moi estritas , en especial para as mulleres, esta é outra proba que atopamos en “Reglas principales de la modestia, la honestidad y el recato”.

Estas regras eran en relación coa roupa que se podía ou non usar, fora publicado  en 1941 pola pastoral colectiva realizada por varios bispos :

“1ª Los vestidos no deben ser tan ceñidos que señalen las formas del cuerpo provocativamente.

2a Los vestidos no deben ser tan cortos que no cubran la mayor parte de la tolerable que lleguen sólo a la rodilla no es aceptable y es faltar a la moral.

3a Es contra la modestia el escote, y los hay tan atrevidos que pudieran ser gravemente pecaminosos por la deshonesta intención que revelan o por el escándalo que producen.

4a Es contra la modestia el llevar la manga corta de manera que no cubra el brazo al menos hasta el codo. Muy dignas de alabanza son las que llevan siempre manga larga que rebasa el codo y aún cubre todo el brazo.
5ª Es contra la modestia no llevar medias.

6a Es también contra la modestia el llevar los vestidos transparentes, o con calados, en aquellas partes que deben cubrirse.

7a Aun a las niñas debe llegar la falda hasta las rodillas y las que han cumplido doce años llevar media.

8ª Los niños no deben llevar los muslos desnudos.

9a Al templo se debe ir con mangas largas que cubran brazo y antebrazo, con medias y vestidos que cubran la mayor parte de las piernas, sin escotes ni transparentes, ni calados”.

Como anécdota comentar que a imaxe frailuna dun irmán orondo ten o seu plasmación na realidade da época. Nos escritos referente a Tui coméntase que no ano 1761 os frades que estiveron predicando :  se zamparon 16 pollos, 1 jamón doce, 12 galiñas, 2 carneros, 2,5 arrobas de chocolate, 3 linguas de vaca, dúas carneros, 8 libras de carne, 2 coellos, peixe, 4 bizcochos, pan, froita e viño, todo un festín.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s