REFRANEIRO DE SAN VICENTE

REFRÁN : Frase curta de forma fixa coa que se expresa un pensamento popular baseado na experiencia, polo xeral con rima e de sentido figurado.
Xesús Taboada Cid, dice sobre o refrán : O refrán é, o meu xuízo, a sentencia que dictamina e describe un modo de ser, é dicir, a máis xenuína característica dunha referencia humana. No refrán concéntrase todo o cúmulo de experiencias, no que unha simple frase condensa anos de existencia e sabedoría popular.

1—SAN VICENTE DE CERPONZÓNS, 40 VECIÑOS E 80 LADRÓNS.

2—OS DE SAN VICENTE NON HAI QUÉN LLE POÑA A MAN NA FRENTE.

3—Á NANA, NANITA, DE SAN VICENTE, XA SABERÁS COMO O NENO XA TEN UN DENTE.

4—ONDE VAI A XENTE, VAI VICENTE.

5—ONDE VAS VICENTE ? ONDE VAI A XENTE.

6—O BURRO DE SAN VICENTE LEVA A CARGA E NON A SENTE.

7—FRÍO POR SAN VICENTE E CALOR POR SAN LORENZO, APERTAN MOITO E PASAN PRONTO.

8—PARA SAN VICENTE, XANEIRO PERDE UN DENTE.

9—POR SAN VICENTE, ALZA A MAN DA SEMENTE.

10—POR SAN VICENTE, CASCAÑEAN OS DENTES.

11—POR SAN VICENTE CASTAÑETEAN OS DENTES.

12—POR SAN VICENTE DE XANEIRO A PRIMEIRA FLOR, SE MARCHITA EN FEBREIRO.

13—POR SAN VICENTE, O DÍA E O SOL CRECEN.

14—POR SAN VICENTE O INVERNO PERDE UN CLIENTE.

15—POR SAN VICENTE, O SOL BAÑA O TORRENTE.

16—POR SAN VICENTE, O SOL ENTRA POLAS TORRENTEIRAS.

17—POR SAN VICENTE, XEADA OU CORRENTE.

18—POR SAN VICENTE, HORA CORRENTE.

19—POR SAN VICENTE, ESCURECE ÁS SETE.

20—POR SAN VICENTE, SALTA A AUGA DAS FONTES.

21—POR SAN VICENTE, TODA A AUGA É QUENTE.

22—POR SAN VICENTE, TODA A AUGA É SEMENTE.

23—POR SAN VICENTE, XA O SOL BAÑA OS TORRENTES.

24—SAN LORENZO CALURA, SAN VICENTE FRIURA, UN E OUTRO POUCO DURA.

25—SI CAMIÑARES VICENTE, NON COMAS EN CADA LUGAR NIN BEBAS EN CADA FONTE.

26—SI O DÍA DE SAN VICENTE FAI CLARO, BOA VELLA, ENSANCHA O CARRO.

27—SAN VICENTE CLARO, ENSANCHA O XARRO.

28—SAN VICENTE BARBADO, ROMPE O XELADO OU O PON MÁIS REFINADO.

29—POR SAN VICENTE, O DÍA E O SOL CRECEN.

30—POR SAN VICENTE ESCURECE ÁS SETE.

31—POR SAN VICENTE, PARVO QUEN SEMENTE.

32—POR SAN VICENTE COÑÉCEO A XENTE E POLOS REIS COÑÉCENO OS BOIS.

33—POLOS REIS NÓTANO OS BOIS, POR SAN VICENTE NÓTAO A XENTE, POR SAN BLAS, UNHA HORA MÁIS.

34—POR SAN VICENTE, UNHA HORA PRESENTE.

35—POR SAN VICENTE NON HAI RECUNCHO QUE O SOL NON ENTRE.

36—POLO SAN VICENTE PLANTA OS NABOS DÁ SEMENTE.

37—SI SEMENTAR QUERES, ATA SAN VICENTE NON SUDES A FRENTE.

38—POR SAN VICENTE, UNHA HORA DE CRECIENTE.

39–POLO SAN VICENTE TEN O DÍA UNHA HORA MÁIS, METADE POLA MAÑÁ, METADE POLO SERÁN.

40—SAN VICENTE, DO INVERNO, BOTA UNHA BRASA AOS REGUEIROS.

41—SAN VICENTE PEQUENIÑO É UN SANTO CHIRIFEIRO, QUE NOS DÁ A NOSA FESTA O VINTEDOUS DE XANEIRO.

42—SAN VICENTE CLARO, PAN FARTO.

43—SAN VICENTE OSCURO, PAN NINGUNO.

44—DOS SANTIÑOS DE XANEIRO, SAN ILDEFONSO É O PRIMEIRO; DETENTE, DETENTE QUE PRIMEIRO É SAN VICENTE; DETENTE BRUTO QUE PRIMEIRO É SAN CANUTO; DETENTE VARÓN QUE PRIMEIRO É SAN ANTÓN.

45—POR SAN VICENTE, VAISE A NÉBOA E VÉN O VENTO.

46—POR SAN VICENTE, SACA O FRÍO E TRAE O VENTO.

47—POR SAN VICENTE, O FRÍO CHEGA Aos DENTES.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s