PARROQUIAS CON SAN VICENTE DE PATRÓN.

Levaba tempo que quería saber algo máis referente ao noso Patrón, púxenme a pensar en cantas parroquias habería en Galicia que tivesen a San Vicente/Vicenzo como Patrón. Na crenza relixiosa, un Santo patrón é un santo que ten unha afinidade especial cara a unha comunidade ou a un grupo específico de persoas.

Gustaríame  saber o porqué do motivo se escolleu a San Vicente como Patrón da nosa Parroquia, cal foi o motivo, si foi por haber sucedido algun feito no lugar, tamén si se pensou en outro Santo ou Santa coma Patrón ou Patrona.

 Xosé Manuel González Reboredo, coordinador del Instituto de Estudos das Identidades del Museo do Pobo Galego, dice no seu libro ¨Os Santos titulares de Parroquia en Galiza¨, que boa parte dos santos elixidos foron antes do S. VIII.

O noso Patrón San Vicente é o máis difundido dos mártires hispanos antigos, hai escritos que indican que o inicio do proceso de constitución das parroquias clásicas é o final da Alta Idade Media, máis o investigador Ermelindo Portela considera que no S. XII-XIII é o momento de consumarse en Galiza un poboamento disperso que favorece a consolidación da parroquia rural.

A medida que se iban formando as comunidades cristians,  van escollendo o seu santiño, donde muitos deles siguen sendo os mismos patróns na actualidade, esto foi debido a que en Galiza non tivo lugar o proceso de islamización que hubo en outras partes do Estado.

A miña curiosidade fixo que estivese buscando as parroquias que comparten o mismo Patrón ca nos, e aquí as tedes, para os que teñan tamén interese por saber cantas hai.

PROVINCIA DE LUGO :

1–San Vicente de Lagoa é unha das nove parroquias do concello lugués de Alfoz.

2–San Vicente de Pena é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte.

3–San Vicenzo de Ver é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda, Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. 

4–San Vicente de Argozón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Chantada.

5–San Vicente da Grade é unha parroquia do concello lugués de Chantada na comarca de Chantada.

6–San Vicente da Sariña é unha parroquia do concello de Chantada.

7–San Vicente de Vilamor é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga.

8–San Vicenzo das Negradas é unha parroquia situada ó sur do concello de Guitiriz.

9–San Vicenzo dos Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz.

10–San Vicente de Vilamerelle é unha parroquia do concello de Guntín.

11–San Vicenzo de Rubián de Cima é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria.

12–San Vicente de Carracedo é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria.

13–San Vicente de Toldaos é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria.

14–San Vicente de Trigás é unha parroquia do concello de Mondoñedo na comarca da Mariña Central.

15–San Vicente de Candai é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei.

16–San Vicenzo de Ambreixo é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa.

17–San Vicente de Ulloa é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa.

18–San Vicente de Deade é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos.

19–San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos.

20–San Vicente de Castillón é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos.

21–San Vicente de Paradela é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria.

22–San Vicente de Gondrame é unha parroquia do concello do Páramo.

23–San Vicente da Regueira é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá.

24–San Vicente de Lousada é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares.

25–San Vicente de Vilameá (do latín Villam Medianam, ‘vila situada no medio’) é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental.  

26–San Vicente do Burgo é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. 

27–San Vicente de Coeo é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo

28–San Vicente de Pedreda é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo.

29–San Vicente de Pías é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo.

30–San Vicente de Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. 

31–San Vicente do Veral é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo.

32–San Vicente de Covelas é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.  
33–San Vicenzo de Betote é unha parroquia rural do concello de Sarria.

34–San Vicenzo de Froián é unha parroquia rural do concello de Sarria.

35–San Vicente de Eirexafeita é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos.

36–San Vicente de Pinol é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos.

37–San Vicente de Mourulle é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada.

PROVINCIA DE CORUÑA :

1–San Vicente de Fervenzas é unha parroquia que se localiza no ooeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. 

2–San Vicente de Caamouco, é a parroquia máis oriental do concello coruñés de Ares.

3–San Vicenzo de Burres, é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arzúa na comarca de Arzúa.

4–San Vincenzo da Baña é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na Comarca da Barcala.

5–San Vicente de Moruxo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Bergondo.

6–San Vicenzo de Arceo, é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa.

7–San Vicenzo de Cespón, é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. 

8–San Vicente de Boqueixón, é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago.

9–San Vicente de Regoela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cabanas.

10–San Vicente de Vigo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral.

11–San Vicente de Armea, é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Coirós.

12--San Vicenzo de Cuns, é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. 

13–San Vicenzo de Duio, é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Fisterra. 

14–San Vicente de Vitiriz é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Melide na comarca da Terra de Melide.

15–San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. 

16–San Vicenzo de Aro, é unha parroquia situada ao leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. 

17–San Vicenzo de Carres, é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras.  

18–San Vicenzo do Pino é unha parroquia que se localiza no centro do concello do Pino. 

19–San Vicenzo da Graña, é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños.  

20–San Vicente de Noal é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.  

21–San Vicente de Augasantas, é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar.  

22–San Vicente de Arantón, é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Santa Comba.  

23–San Vicente de Marantes é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. 

24–San Vicenzo de Ribadulla é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Santiso. 

25–San Vicenzo de Bama, é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Touro na comarca de Arzúa. 

26–San Vicenzo de Vilouchada é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Trazo. 

27–San Vicente de Niveiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Val do Dubra.  

28–San Vicente de Rial é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Val do Dubra. 

29–San Vicente de Meirás, antigamente San Vicenzo de Meirás, é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño.  

30–San Vicente de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño na comarca de Ferrol.

31--San Vicenzo de Curtis é unha parroquia que se localiza no nordés do concello de Vilasantar. 

32–San Vicenzo de Vimianzo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. 

PROVINCIA DE OURENSE :

1–San Vicente de Coucieiro é unha parroquia do concello de Baños de Molgas na comarca de Allariz-Maceda.

2–San Vicenzo de Carballeda é unha parroquia que se localiza no oeste do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras na comarca de Valdeorras.

3–San Vicente de Pepín é unha parroquia do concello ourensán de Castrelo do Val na comarca de Verín.

4–San Vicenzo de Paradela é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas.

5–San Vicente de Lobeira é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia.

6–San Vicente dos Abeledos é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas.

7–San Vicenzo de Infesta é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín.

8–San Vicente de Coucieiro é unha parroquia do concello de Paderne de Allariz na comarca de Allariz-Maceda.

9–San Vicente de Graíces é unha parroquia pertencente ao concello da Peroxa.

10–San Vicente do Navallo é unha parroquia do concello ourensán de Riós.  

11–San Vicenzo de Espiño é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga.  

12–San Vicenzo de Fradelo é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana.

13–San Vicenzo de Vilaseco da Serra é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana.

14–San Vicente de Reádegos é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense.

15–San Vicente de Leira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Vilamartín de Valdeorras.

16–San Vicente de Vilar de Cervos é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín.

17–San Vicente da Abeleda é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz-Maceda.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA :

1–San Vicenzo de Oubiña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cambados.

2–San Vicenzo de Berres é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Estrada.

3–San Vicente de Oitavén é unha parroquia que se localiza no concello de Fornelos de Montes.

4–San Vicente de Mañufe é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar.

5–San Vicente do Grove é unha parroquia que se localiza no concello do Grove. 

6–San Vicente de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello de Meis.

7–San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. 

8–San Vicente de Trasmañó é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela.  

9–San Vicente de Rodeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. 

10–San Vicente de Soutelo é unha parroquia que se localiza no concello de Salceda de Caselas. 

11–San Vicente de Barrantes é unha parroquia do concello de Tomiño.

TOTAL : 97

Nota : Espero que non quedase ningunha atrás, éste traballo foi grazas a Wikipedia é o Arzobispado de Santiago.

2 comentarios en “PARROQUIAS CON SAN VICENTE DE PATRÓN.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s