FESTAS DO PATRÓN 2001

FOI APOTEÓSICO !!! 

En moitos anos non se recordaba a tanta xente participando nos actos, quen dicía isto era Rui Fontan, presidente da Comisión de Festas do Patrón do ano 2001.
Cerponzóns recobrara o espírito festivo logo duns anos en que foron bastante floxos no que se refire á celebración de festexos en honra ao santo Patrón. Os compoñentes da Comisión de Festas estaban exultantes, satisfeitos coa colaboración que houbo por parte dos veciños de Cerponzóns ( se recaudaron un total de 1.220.700 pts.) e tamén das xentes das veciñas parroquias de Verducido (recaudado 125.000 pts.), A Devesa (recaudado 40.500 pts.) Sabaris (recaudado 40.900 pts.) Reiriz (recaudado 36.300 pts.) Alba (recaudado 81.000 pts.) e San Amaro (recaudado 24.000 pts), as súas achegas fixeron que se puidesen realizar uns festexos ao grande, xunto a diversos donativos, as rifas e o bar chegouse a un total de 2.038.500 pts. recaudadas.

Hai que dicir que tamén axudou moito as boas temperaturas e principalmente en que non apareceron as choivas, que habitualmente adóitannos acompañar neses días de Xaneiro, foi un dos factores que axudaron a que as festas fosen do “mellorciño” que houbo ese ano en varios quilómetros á redonda. Dicir que para previr instalouse unha gran carpa e así evitar a suspensión das verbenas que se celebraron os tres dias, nos tres dias de festexos estiveron repletos de xente das parroquias antes citadas, ademáis contaron coa presencia tamén de veciños de Xeve, Marcón, Pontevedra…


O venres día 19 a programación festiva comezaba ás 20:00 horas coa misa cantada, coa participación do coro da parroquia e ás 21:30 comezaba a primeira verbena, a actuación foi a cargo do grupo Os Alkar’s e a orquesta Sintonía de Vigo. Neste día houbo lectura do pregón, iba ser a cargo do presidente do Pontevedra C.F., o señor Gerardo Lorenzo, pero unha viaxe a Rusia impediu a súa presencia, no seu lugar estivo o Vicepresidente do club, o señor Evaristo Antelo.

O sábado día 20 abría os festexos un pasacalles a cargo de un grupo de gaitas, máis tarde, ás 13:00 horas a misa en honra a Sta. Lucía, ao finalizar a procesión hubo sesión vermouth co grupo “Distrito 7″ e ás 21:30 de novo unha espectacular verbena, está vez eran ” Noche de Estrellas” e “Israel”.

O último día de festas comezou cos tradicionais pasacalles, ao mediodía era a Banda Municipal de Música de Pontevedra a que protagonizaba un concerto ao cal asistiron multitude de veciños, celebrouse a misa cantada, coa participación do coro parroquial e seguidamente a procesión co percorrido habitual.

A imaxe de San Vicente abría  a comitiva, seguíanlle San Antonio e despois Sta. Lucía. Ao finalizar o percorrido comezou unha longa sesión de bombas de palenque ( gastáronse entre os tres dias 402.000 pts), seguidamente, ao finalizar as bombas, tivo lugar a sesión vermouth, acompañada cunha actuación musical, era o día máis esperado : París de Noya e Panorama ! O non vai máis !


Era medianoite  e a Comisión de Festas celebrou un sorteo dunha viaxe a Cabeza de Manzaneda, para iso realizaron unha venda de rifas, chegando a recaudar un total de 40.000 pts.

Ao finalizar os festexos a satisfacción por todo o realizado era xeneralizada entre os compoñentes da Comisión de Festas, foron días de moito esforzo, percorrendo parroquias, porta por porta, pedindo axudas, organizando as tres xornadas, alugando alumeado, xerador, carpa, ir á imprenta, sacar permisos, contratar orquestas, grupos, gaiteiros, misas, flores, merendas para a banda e gaiteiros, comprar as bebidas para o posto de bar ( chegouse a recaudar 180.100 pts.).
O peor de todo foi o resultado dos tres dias de festexos no apartado económico, tivo un déficit de 75.000 pts., pero no apartado emocional tivo un éxito sen precedentes, a estes veciños quedoulles para sempre gravado este ano 2001.

Tres dias de festas que foron inesquecibles, todo saíu á perfección, a colaboración dos veciños, a climatoloxía, o ambiente festivo durante eses tres dias, as orquestas que interpretaron os temas actuais daqueles momentos : temas de Chenoa (Cuando tu vas), de David Civera ( Que la detengan), de David Bisbal (Buleria) etc.

Este grupo de veciños que formaron a Comisión de Festas eran os que estaban de directivos do Cerponzóns C.F.

Presidente : Rui Fontán

Vicepresidente: Manuel Campos

Secretario : Manuel Castro

Tesorero : Rogelio Casás

Relacións Públicas : José Manuel García 

Vocal : Juan Maquieira

Vocal : Jorge García 
Grazas a todos eles.

Oxalá se poida volver repetir.

NOTA : Fotografías do Diario de Pontevedra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s