ALDABAS, PICAPORTES é CHAMADOIROS

ALDABA…Peza de metal, especialmente de ferro ou de bronce, que se suxeita na parte exterior da porta por unha base articulada e coa que se golpea para chamar. Barra de metal ou travesaño de madeira que serve para asegurar unha porta logo de pechala.

PICAPORTE…Barra móbil que xira arredor dun punto fixo e serve para fechar ou abrir unha porta apertando un resorte. Peza metálica colocada nas portas, coa que se peta (RAG).

CHAMADOR…Peza metálica pendurada na porta, que se bate contra esta para chamar (RAG).

Fai anos nas nosas casas todos tiñamos a nosa aldaba, chamador ou picaporte, hoxe en día prácticamente non quedan moitos na parroquia, co correr dos anos as novas tecnoloxías (timbres, telefonillos, porteiros automáticos…) arrinconaron a estes utensilios que teñen a súa procedencia da época arabe.

O nome de aldaba é a forma castellanizada procedente do árabe antigo. A súa orixe procede da confluencia doutras dúas palabras que unidas significan lagarto. En castelán, con todo, os típicos chamadoiros ou os populares picaportes foron os nomes elixidos para designar a este vetusto utensilio.

Naqueles tempos podías saber si a familia que vivía nunha casa determinada atopábase en boa situación económica con tan só ver a aldaba ou o chamador que tiña na súa porta. Hai quen chegou a telos bañados en ouro, hoxe en día o máis habitual é que os que aínda persisten sexan de ferro ou de chapa envellecida.

Co paso do tempo as nosas casas fóronse restaurando, outras  fixeronse novas e as aldabas fóronse deixando de poñer.

As primeiras aldabas na Idade Media consistían en martilliños suspendidos das follas das portas pola parte exterior. A forma máis típica e máis antiga é a de argolla ou aro, de ferro nas máis antigas, generalmente unida a unha cabeza de bronce. Golpeábase con elas sobre unha cabeza de cravo bastante gorda. Estas aldabas servían ademais como tiradores.

A forma de martillo usouse máis nas casas particulares. Os máis antigos eran sencillísimos e estaban adornados con gravados a buril. Unha tradición que se vai perdendo, de ter un elemento tan útil fai anos vai pasando a ser esquecido hoxe en día. Pero mentras tanto, cando vou dando unha volta polos lugares da parroquia, vou vendo donde ainda queda algún, estés son os que de momento encontréi :


Seguramente escoitastes nalgún momento : fulanito ten boas aldabas…era moi habitual está expresión que se utilizaba para indicar que alguén tiña boas influencias e bos contactos para conseguir favores.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s