OFICIOS DOS VECIÑOS (XXI) LABRADOR/LABRADORA

LABRADOR/LABRADORA : Persoa que se dedica ao cultivo da terra(RAG).

XORNALEIRO/XORNALEIRA : Persoa que traballa a xornal (RAG).
Fai un tempo escoitaba o seguinte : Logo que Deus creou a Adán, colocoulle no Paraíso, para que o cultivase, e guardase : Ut operaretur et custodirect illum. Cultivar a terra foi a primeira ocupación, foi o primeiro oficio do home.

Sen dúbida ningunha, polo oficio de traballar as terras pasaron todos os nosos antepasados da parroquia de Cerponzóns, tanto homes como mulleres.

Cando me puxen a escribir sobre este oficio lin un artigo do P. Sarmiento, dividía ao vecindario en tres clases : a primeira a dos mayorazgos, a segunda a dos labradores ricos; é a terceira a dos labradores pobres.

Distinguía a segunda da terceira en función da añada: é expresión en Galicia dicir dun labrador rico : ainda ten pan vello. Isto é, que os grans da súa colleita alcanzan á colleita nova, ou tamén se usaba estoutra expresión : “ten pan e porco”. Isto é, que ten pan e touciño para comer en todo o ano. Aqueles que non tiñan nin pan nin touciño, soamente para uns poucos meses, eran os labradores pobres.
No Interrogatorio do Marqués de la Ensenada (1753), había dúas anotacións referente aos labregos de Cerponzóns,  unha delas dice así :
Que todos los vecinos de esta feligresía hasta la edad competente con sus hijos mayores de dieciocho años son igualmente labradores de sus haciendas y de otras que cultiven a medias del fruto que producen (que es el único estilo y costumbre) que se usa en la jurisdicción y juzgado de la villa de Pontevedra a excepción de la que estuvieren arrendados en cantidad cierta y estipulada y en caso que se les considere como jornaleros se les podrá hacer la cuenta correspondiente y que los que son puramente jornaleros van distinguidos y separados en cada feligresía donde encontrarán.
No Interrogatorio 92 veciños de Cerponzóns dixeron que o seu oficio era de labrador, 22 deles ademáis habían dito que eran xornaleiros, así aparece especificado no interrogatorio:
LABRADORES JORNALEROS :
Bartholomé Tilve, Pedro Gomez, Pedro Crespo, Domingo Crespo, Benito García, Pedro Perez, Juan Crespo, Domingo Souto, Pedro Menares, Miguel de Castro, Bernardo de Castro, Benito Gomez, Pascual Pidre, Raphael González, Pedro Costal, joseph de Castro, Agustín Menas, Cayetano de Fonte, Domingo Antonio Freire, Nicolás Melón, Diego de Tilve, y Santiago Gonzalez, se les regula el día que trabajan a seco real y medio.

Na outra anotación dicese o seguinte :
Que todos los que ejercen los oficios de canteros, sastres, carpinteros, tejedoras, horneros, toneleros, zapateros, banesteros, o terreros en todas estas siete feligresías de Poyo Grande, Poyo pequeño, Lérez, Campañó, Alba, Cerponzóns, Berducido, y al mismo tiempo son labradores se debe entender que la mitad del año cesan del oficio de labradores y la otra mitad del que cada uno tiene.

Tanto os meus antepasados como os demáis veciños viviron épocas moi duras, anos de fame e de moito traballo.

O traballo que tiñan ocupábaos todo o ano, non tiñan descanso, recordo que os meus antepasados comezaban en xaneiro a sementar allos e a podar as viñas, en febreiro sementaban de novo, algunha col é tamén cebolas, e seguir coa poda, en marzo sementaban cabazas e leitugas, en abril facían enxertos ( o meu avó era o que tiña boa man para iso), sachaban as veigas e comezaban a dar o sulfato, en maio tocaba sementar millo, patacas e á ir a por toxo, en xuño volvían a sulfatar e recoller algunha legume, en xullo seguían atentos aos seus labores, íase de novo a buscar toxo, coidábase moito que as leiras tivesen a súa auga, en agosto cuidaban o millo e controlábanse as uvas das viñas, en setembro comezaban a recoller algún millo, estrumaban as leiras e comezaban a arranxar os bocois e demáis aparellos da bodega, despois a vendimia, en outubro terminábase de recoller o viño, facíase a aguardiente, de novo algunha sementa tiña ocupada á miña avóa, en novembro chegaba a matanza, os días de choiva aproveitábanse para arranxar os apeiros da labranza, en decembro dedicábanse entre outras cousas, a partir leña é sementar de novo algunha cebola antes do menguante de Nadal. A todo isto estaban o coidado dos animais, máis aínda si se tiña unha granxa porcina como a que tivemos durante máis de trinta anos. 

Cada vez que había feira na cidade había que ir sempre, ben para vender algún produto ou ben para mercar. Nin que dicir ten que se ía andando, dado que prácticamente non había medios de transporte, ademáis algúns adoitaban ir co carro e as vacas, cargados a maioría de leña é de toxo…tamén moitas mulleres ían coa carga na súa cabeza, ás veces con leña, outras con galiñas, ou patacas, legumes…Imaxinarvos aqueles anos a estrada que leva a Pontevedra, eran ir atopándoche cos labradores e labradoras veciños de Campañó, de Alba, de Lérez, Verducido…uns con carretas de cebolas é tomates, outros coa leña, uns con ovos…ademáis non faltaba ver subidos nos seus cabalos aos señoritos e aos ricos de cada parroquia, tamén se sumaban os curas, nadie deixaba de ir a feira. Unha estrada daquela que prácticamente era de terra, que neses días era invadida por rebaños, carros rechinando, xente que ía conversando ata chegar á cidade, ao chegar cada un dirixíase ao lugar destinado a cada cousa, as vacas quedaban nun sitio, os porcos eran colocados noutro, as galiñas, ovellas…e despois ao rematar, de novo andando para as súas casas. Antes de marchar íase aos ultramarinos e á praza do peixe a por provisións é si sobraban cartos, algúns picaban e mercaban aqueles elixires que ofrecían os charlatans que che embobaban é chos vendían como o mellor remedio para as dores e enfermidades.

O xornaleiro era aquel labrador que alternaba o traballo das súas terras co traballo de ir a traballar as casas de xente que os contrataban, era un traballo que non sabían o que iban a durar, dependía de varías circunstancias (maiormente que os donos das terras tivesen suficientes cartos). Habitualmente cando alguén contrataba tanto un xornaleiro coma unha xornaleira, era para que fixeran os traballos máis duros, cavar, arrincar esterco, apañar o toxo, botar as patacas…

Fai pouco, falando cun veciño, comentoume o seguinte : a miña avoa ten levado muitos carros de toxo e de leña a vender a praza dá leña de Pontevedra, ía co carro de dúas vacas cargado a lume de biqueira para aproveitar a viaxe, polo que ela me contou, a leña era para as lareiras que habia nas casas máis humildes dá cidade ou tamén para as caldeiras dás casas máis ricas, é segun o cliente era o prezo de venda.

O toxo era para botar nos pozos negros que habia na cidade, xa que naquela epoca non existia a rede de alcantarillado, tamen usabanno para quentar o forno que algunha casa tiña na cidade, ainda que eran poucas as que o tiñan.

Cantas historias poderíannos contar todos estes veciños e veciñas que traballaron de labradores ? E os que andaron ao xornal, cantas anécdotas pasarían polas súas vidas ?

Seguramente terían moitas que contar, quizáis tan sorprendentes como aquela que pasou fai máis de 80 anos con Amalio Touceda Devesa, un labrador veciño de Caldas e que un día estando a cavar nunha leira atopou un tesouro formado por varios quilos de pezas de ouro, aquel día non lle dixo nada a ninguén, pero un día estando na taberna e cunha borracheira encima que se caía, comezou a dicir en voz alta que él na súa casa bebía o viño por unha cunca de ouro…

Tras investigar diversa documentación do 1871/1880 encontrei anotacións donde por diversas circunstancias señalan a labradores da parroquia :

1871…Manuel Pérez Fontenla, Antonio Ruibal Magdalena

1873…José María Pérez Fernández, Josefa Vieitez Barragans ( soltera, emancipada, mayor de 25 años)

1879…Manuel Fontecoba Paz.

1880…José Benito Gomez Solla

1905…Florentina Casás 

Hai veciños que tiveron xornaleiras de outras parroquias, por exemplo da parroquia de Verducido eran Lola, Alejandrina é Lita. Estás mulleres viñan é volvían andando polo monte. También viñan de Carracedo, de Perdecanai chegaban en autobús Celso, María, Agustin é Carmen.

Da parroquia da Devesa ten vido un xornaleiro mui peculiar, de nome Benedicto, era un home que estaba sempre de boas, sonrindo é cantando todo o día.

Remato éste relato recordando a algúns veciños e veciñas que a maioría recordamos traballando ao xornal: A Portaleira, O Peneiras, Rosa, Juan, Manolo, Milucha, Isabel, Pepa é Clara, que recién cumpliu 98 anos nestos días.



Un comentario en “OFICIOS DOS VECIÑOS (XXI) LABRADOR/LABRADORA

  1. Emilia

    Claro que se hablaba mucho del mal de ojo , de hecho si alguien te amenaza con echartelo , te ponías a temblar y vivías angustiado que era precisamente lo que tu enemigo queria. Gracias José por compartir estas historias que forman parte del legado gallego. Un abrazo compañero.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s