CONTOS NA LAREIRA (11) O LIBRO DE QUITAR A MALA OULLADA.

O LIBRO DE QUITAR A MALA OULLADA.De novo achegueime a casa de Elisa dá Regueira, chamei co picaporte o seu portal, desde dentro escoiteina decir quen é ?, coma un bo galego contesteille : son eu ! sentín baixar as escaleiras é abriu o portal, o verme esbozou un sonriso (coñoceume o momento, ainda que tiña a mascarilla posta), moi amablemente invitoume a pasar, subimos as escaleiras de pedra en dirección a cociña é como sempre sentamonos ao redor da lareira, que mellor sitio para escoitar aquelas historias que ten gardadas na súa mente privilexiada.
Comezamos falando do seu pai, Manuel dá Regueira, cóntame Elisa que o seu pai fixera a mili en Melilla e fora ferido nunha man, quedándolle un dedo teso que lle supuxo ao longo da súa vida algún que outro problema á hora de realizar os traballos do campo.

Un día, sendo unha cativa Elisa, baixou con él a cidade, era día de feira do gando, daquela celebrábase na praza de Barcelos, había ido coa intención de mercar unha xovenca pero vendo que non había nada que o convencese marchouse rúa abaixo, dirección ao que hoxe en día coñecemos polo CTGD ou para os máis maiores o Estadio da Xuventude.

Cando levaban percorrido metade da rúa, unha muller achegóuselle, saudáronse coma se xa se coñecesen, e comezoulle falar de cousas que eu non entendía, de súpeto aquela muller, vendo que se achegaban rúa abaixo unha parella da Garda Civil, quitou do bolso un libro e deullo ao meu pai, soamente tivo tempo para dicirlle : guíate por este libro, faime caso, nada máis dicirlle iso botou a andar de contado.

Juan, o libro era de primeira, dicía cousas mui interesantes, eu teño visto as agachadas.

Era un libro que o meu pai tíñao sempre gardado debaixo da súa almofada, non lle dixo nunca a ninguén que tiña un libro que combatía o mal de ollo, o meigallo é todo aquilo que podía curar esas enfermidades que había naqueles tempos, pero que aínda segue habendo hoxe en día Juan, sabes ? hai persoas que de forma voluntaria ou involuntaria pódenche danar, teñen os ollos malos, teñen “mala oullada”, recordo de mulleres que tiñan unha ciencia que non sabes ti ben, eran capaces de lograr que as galiñas deixasen de poñer ovos ou que as vacas deixasen de dar leite, así como cho conto.

O meu pai tiña algo de fama pola aldea, de cando en vez recibía algún veciño que lle pedía que o axudase nalgún mal que tiña e así o facía, dábaselle ben curar o mal do aire.

Recordo que un día veu unha veciña a xunto do meu del, chamou á porta e preguntou por él, meu pai estaba metido en faena afiando un fouciño para ir buscar un pouco de herba, chámeino é achegouse xunto ela, comezaron a falar en voz baixa, eu só cheguei a escoitar que ela lle dicía: Manuel, ando no chocadoiro, estou preñada… e non puiden escoitar máis, seguiron falando un momento e despedíronse cun ata a noite.

Eran as doce da noite cando o meu pai saíu de casa en dirección ao cruceiro, alí estaba a veciña esperándoo, esa noite estiven mui atenta ao que fose facer meu pai, sen que el decatásese, íao a seguir…

Meu pai levaba aquel libro na súa man, ao estar ao pé do cruceiro, mandouna sentar alí e como boamente puido debido ao dedo teso que lle quedou na época do servizo militar, abriu o libro por unha páxina que tiña marcada e comezou a ler :
Oxalá sexa macho, oxalá sexa femia

Oxalá naza con cornos, oxalá naza sen eles

Oxalá grite de noite, oxalá grite de día…
Mira Juan, eu estaba agochada uns metros máis atrás, asustadiña, escoitei iso, do medo que tiña non entendín máis do que dicía por aquela boca o meu pai.

O que si che podo dicir é que a criatura non naceu con cornos, pero gritou noite e día ata que morreu o cabo de uns días.

Desde aquel momento o meu pai non quixo saber máis do libro, colleuno e queimouno, arrancou folla por folla e foinas queimando, non quedou unha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s