CONTOS NA LAREIRA (12) O PIMENTÓN, REMEDIO PARA ANDAR O BOI.

O PIMENTÓN, REMEDIO PARA ANDAR O BOI
Era por San Xoán, época de ir á barbollada, meus padriños habíanme dito si quería ir con eles, eu non tiña outra cousa que facer e díxenlle que si.

Recordó que na casa dos padriños tiñan dúas vacas, unha era enorme de grande, as súas pernas eran altísimas, imaxínache o alta que era a vaca que a miña madriña era máis baixa que a vaca, por certo de nome CHAVALA.

Puxéronlle CHAVALA porque naqueles tempos había o costume de ir a casa do veciño para ver a vaca que comprara, o habitual era que si a vaca era como aquela, de raza loura galega, chamaríanlle Marela é si algún daqueles veciños que foron verlle a vaca o meu padriño se lle ocurría de botarlle o mal de ollo, para que non pasase eso, a solución que había estaba en cambiarlle o nome á vaca, como así o fixeron. Consistía en realizarlle un pequeno ritual na cuadra é bautizala co nome de CHAVALA, con isto a persoa que quixese facer mal non o lograría porque non sabía do novo nome da vaca.

Aquel día que ía ir cos meus padriños á barbollada, ao chegar á súa casa, estaban na eira ademáis dos padriños, os seus fillos, Pepe e Flora, a nora é a sogra de meu padriño.

Eu cada vez que miraba aquela vaca tan grande quedaba impresionada, mira era tan grande como “un día do mes de maio sen pan”, con iso dígoche todo.

Ao entrar pola porta meu padriño estaba precisamente falando da vaca : está vaca si non sae ao boi haberá que chamar ao veterinario para que veña a poñerlle unha inxección, fai tempo que debía saír.

A madriña ao escoitar iso respondeulle que xa estaba de novo con que poñerlle unha inxección : Xa empezas de novo ! Xa empezas de novo ! Deixa en paz a vaca ! Que xa sairá o boi…

Pepe, un dos fillos do padriño sempre andaba dicíndolle á xente calquera argallada, sempre saía coa súa, dicíacho tan serio que che crías todo.

Así que mirando para o seu pai, díxolle todo serio :

Eu escoitei que á vaca de Luís O Pelado, tamén tardaba en saír o boi, pero seica que él non a chegou a levar ao boi, resulta que un primo seu recentemente chegado da Arxentina trouxo unha fórmula nova e económica para que as vacas saísen ao boi, así aforraba o diñeiro que cobraba o veterinario, que non é moco de pavo…

Meu padriño ao escoitar iso contestoulle :

Agora que o dis, fai días vin pasar a Luís coa vaca e seica andaba tamén preocupado polo carallo da vaca que non lle salía o boi, conta, conta, que remedio fixo entón para que saíse ao boi ?

Pois moi fácil meu pai, seica botoulle pimentón picante debaixo do rabo…

Mirei a Lola como comenzaba a rir, mentras eu comenteille un recordo :

Sabes unha cousa Lola, cando eu era un neno houbo varios anos que houbo que ir a levar as vacas a Campañó, recordo de ir co meu pai a casa dun señor que era o que tiña o boi, era o lugar máis próximo que tiñamos para ese menester, teño na mente unha das vacas que tivemos, cando a levabamos sabía onde estaba o boi, ía ela diante nosa e iso que estabamos a uns seis quilómetros distanciados, pero segue contando o do teu padriño, conta Lola.

Pois resulta que o padriño nin curto nin perezoso marchou de xunto nosa, antes de irse preguntoulle ao seu fillo si con ese remedio a vaca saíra ao boi e Pepe todo serio contestoulle : saliu meu pai, si que saliu.

O padriño marchándose do lugar ía dicindo ” pois si que saliu ben barato o invento”…

Desapareceu durante uns minutos, cando veu de volta traía consigo un tubo feito dunha cana, dentro do tubo meteralle pimentón picante…

Dirixiuse á súa filla Flora e ordenoulle que fose con él, a filla ao ver as intencións do pai díxolle que ela non ía.

Eu non vou ! Que lle vai facer a CHAVALA ?

Flora ! vente comigo a xunto a vaca ! Vente alí un momento ! Vente alí !

Pero Flora non quería ir nin a de tres, ao final o meu padriño convenceu a madriña para que fose con él a suxeitarlle o rabo da vaca. Juan, a vaca, como che había dito, era altísima, a madriña tivo que levar unha banqueta para poder suxeitarlle o rabo.

Xa che podes imaxinar a estampa, a madriña encima dunha banqueta, o meu padriño achegándose ás partes da vaca co tubo pegado á súa boca cheo de pimentón, aquelo non tiña boa pinta jajaja, ao estar pegado mesmo á parte da vulva, o padriño con todas as súas forzas colleou aire é comezou a soprar de seguido, para que todo o pimentón que introducira dentro da vulva fixese o efecto previsto o máis rápido posible.

Pero nese momento sucedeu algo que non estaba previsto, a vaca nun segundo soltou tal ventosidad e á vez unha patada que dou coa madriña polos chan é meu padriño coa cara completamente chea de pimentón ! Jajajajaja

A estampa era tal que mexei por min ! Miña madriña tirada no chan dicindo : Ai ! que me matou ! Ai de min ! Acudirme !

Meu padriño andaba por toda a eira como un sonámbulo buscando a pía do auga para lavarse a cara jajajaja, Juan, a vaca fixo ou mesmo ca él, soploulle ben soprado jajajaja, soploulle todo o pimentón na cara jajajaja.

Cando se decatou que aquilo fose un engano do seu fillo por pouco o mata, jajajaja.

3 comentarios en “CONTOS NA LAREIRA (12) O PIMENTÓN, REMEDIO PARA ANDAR O BOI.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s