CONTOS NA LAREIRA (13) AUGA FORTE, SOLUCIÓN PARA CURAR O XIEIRO.

AUGA FORTE, SOLUCIÓN PARA CURAR O XIEIRO
Aunque o conto ten unha parte mui dolorosa, debo recoñecer que ese día foi a vez que máis me rin cando me contaron o feito, ter amizades que che conten estes sucesos non ten prezo, ademáis sendo contado por persoas que o presenciaron, esa tarde que mo contaron acabamos os dous coas bágoas nos ollos de tanto rir, veunos ben, imos o tema…
Ermitas era única filla, unha moza miúda e morena, tiña unha forma de falar que era moi graciosa, mirábate con aqueles grandes ollos negros inquedos que parecían que sempre estaban vixiando, a súa melena tíñaa sempre recolleita nun gran moño que apenas se vía dado que a cabeza a tiña tapada todolos días do ano cunha pañoleta que ataba por diante.

Os seus pais posuían moitos terreos na parroquia, pero económicamente eran unha familia como a maioría, con poucos cartos, andaban bastante escasos para comer e vestir como un quixese naqueles anos, iso que non se aspiraba a moito, que había escaseza de todo.

Pronto se casou Ermitas, levaba un tempo que lle andaba rondando un mozo da familia dos Nejritos e como cousa de encantamento decidiron unirse en matrimonio, quizáis buscando algo mellor do que tiña ata ese momento, pero o seu marido tiña as mesmas carencias que ela, así que ao pouco tempo de casado decidiu abrirse camiño emigrando a Arxentina, mentres que Ermitas quedaría cos seus pais ata que o seu marido fixese algo de cartos e puidese pagarlle o billete de ida.

Foron pasando os días, días que faltaba de todo, tal era a miseria, que a necesidade que tiñan na casa de Ermitas fixo que tomase unha día unha decisión, de ir vender leite á cidade. Na casa tiñan unha vaca, a pobre non daba máis leite que un tazón mediado, por iso que Ermitas tivo a idea de coller un par de calderetas e foi info casa por casa pedíndolle a cada veciño un pouco de leite. Chegou a recoller unha caldereta de 25 litros, que levaba na súa cabeza, e outra de 10 que levaba nunha man, así iba a Vila, cargadiña con aquelas calderetas é andando, por certo, na súa casa nin unha carreta tiñan, sólo dispoñían do lombo para acarretar.

Así que foi día tras día a vender o leite, sacando uns patacos para ir tirando, grazas aos seus veciños.

Un día, cando viña de volta, chegou a casa con moitísimo dor, case non podía andar, só a escoitabas dicir : Ai meu Deus ! Ai meu Deus !

Quen me está contando isto vivía a escasos metros de casa de Ermitas, conforme escoitou polo camiño os queixumes, saíu á porta. Xa non lle deu tempo de preguntarlle nada, Ermitas xa estaba no interior da súa casa.

Pechada na habitación seguía gritando de dor, tal eran os gritos que os seus pais asustáronse tanto que foron chamar á súa porta para que lles abrise e ver que lle pasara.

Ermitas ! Ermitas ! Abre a porta ! Que pasou ?

Ermitas non contestaba, só se lle oía dicir Ai que dor ! Ai que dor ! e seguidamente comezaban a baixar todos os santos, santas é o santísimo tamén non quedaba atrás.

(Juan, a miña irmá máis eu achegámonos á súa casa, a nai de Ermitas díxonos que tratásemos nós de convencela para que abrise a porta, así o fixemos e tras unha pequena conversación convencemos a Ermitas que saíse).

A ver, conta que che pasou para que esteas así desa forma, metendo a de Deus e pedindo axuda…

Ai Jasus que dor ! Mecajonaconaaaaa que dor !

Pero queres dicir que che pasa ? Estás tola ou que ?

Ai que dor ! Ai que dor !

Pero que che pasa ?

Que me vai a pasar ? Que teño ou Xieiro !

-Juan, jajajaja, ti sabes o que é o Xieiro ?

-Non, nin idea, que é ?

Jajajaja, ou Xieiro é que levas días sen lavar as túas partes, jajajaja.

Juan, Ermitas tiña o cú daquel xeito, mira de tanto rascarse tíñao en llagas.

Teño ou Xieiro ! Non ajuanto máis !

Entón a miña irmá díxolle que se acougase, que iso lle estaba ben por non lavarse…daquela non tiña auga corrente na súa casa e claro, deixábase ir, día tras día sin lavarse, xa podes imaxinar…

A cousa foi que miña irmá díxolle que fose á vila e comprase auga oxigenada ó uns polvos de Estarlina.

Ermitas, vaite canto antes, faime caso, mercas iso e o botas nas túas partes, despois pásaslle unha cremiña, xa verás como che baixa o hinchazón e a dor. Anda corre, vai axiña.

Alá foi, como boamente puido Ermitas a buscar o remedio, cando chegou á vila dirixiuse a unha droguería que había daquela na Rúa Real.

Ao entrar dirixiuse a un dos mozos que despachaban e díxolle : Quero un bote de auga ou 100 gramos de polvos de Estarlina, tráeme o que teñas máis a man, pero non tardes.

O mozo debeu ver a cara de apuro de Ermitas que dun chimpo tróuxolle un bote de auga forte…Ermitas pagou e foise.

Ao chegar a casa non esperou nin un segundo, foise para cociña e sacou a saia é os refaixos, abriu de botella e agachándose chimpoulle a auga forte polo cú e outras zonas que ti xa me entendes jajajaja, entendiches Juan ? Foille a auga forte pola paxareta jajajaja.

Mira, os gritos escoitábanse en toda a parroquia, botou ás presas coa botella na man, polo camiño abaixo jajajaja, metendo a de Deus, baixaron todos os santos jajaja, bueno, correr é un dicir, con aquelas pernas escarranchadas, andaba a duras penas jajaja.

Ao pasar pola casa de O Piquiño, viuno debaixo da palleira e dirixíndose a él díxolle : Piquiño, polo que máis queiras, tráeme auga, tráeme auga !

Miña irmá máis eu saímos ao camiño, nisto que a vimos e fomos a xunto dela, miña naiciña querida, Ermitas, Ermitas, que che pasou ? 

Ai ! Ai ! Revento ! Que revento de dor ! Dirixíndose á miña irmá díxolle : Me cajo en todo o que te fixo !

Pero que pasou ? Que fixeches ?

Que ía facer ! O que me dixeches, botarlle auga a paxareta ! Fun a buscar a auga como ti dixéchesme e agora si que non aguanto de dor ! Na miña vida ! Acudirmeeee !

Bo muller, non será para tanto…A miña irmá toda estrañada quedouse mirando para a botella que levaba na man Ermitas, e díxolle :

Déixame a botella, déixame ver…pero si isto é auga forte ! Alma de cántaro ! Que fixeches ? Eu díxenche auga oxixenada ! Oxixenada ! Non auga forte ! A quen se lle ocorre !

Mira, Ermitas quedou xeada.

Anda ! Ven á fonte a pasarlle un auga, estivoche ben ! así aprendes a lavarte todolos días! Ermitas, como pudo veu aos poucos connosco ata a fonte, mentres iamos andando dicía: o que anda a consellos, non anda a diñeiro, na miña vida pasoume tal cousa ! Ai que dor !

Durante tres dias seguidos Ermitas non puido pechar as pernas, andaba aos poucos escarranchada polos camiños, había que verlle como tiña engallada a parrocha é ou cú, jajajajaja.

Como cho conto Juan, así foi como pasou.

-Que foi dela ?

-Ermitas ao cabo dun ano foise para Arxentina, de alí xa non volveu, morreu en Bos Aires fai anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s