OFICIOS DOS VECIÑOS (XXII) ZAPATEIRO

ZAPATEIRO : Persoa que fai, amaña ou vende zapatos (RAG).

Un gran maioría de zapateiros eran artesáns dedicados a fabricación é arranxo do calzado, a maioría traballan sós ou en ocasións tiñan algún aprendiz. Fai anos había dúas castes de zapateiros : os zapateiros de taller é os zapateiros de portal, uns tiñan o taller fixo, con todo o material necesario, outros, os de portal eran semiambulantes, pois adoitaban a colocarse en rúas ou prazas dependendo a ocasión. O zapateiro de taller dispoñia de unha ampla gama de ferramentas, así era que eles facían o traballo todo completo, desde ir a mercar o material axeitado para a elaboración de botas, zapatos, sandalias, botinas…etc.

O zapateiro que era artesán tiña nas súas mans un longo proceso para fabricar o calzado :

Comenzaba por cortar a peza de pel, despois “acertar” a peza, ” aparar” a peza, a ” monta-la sobre a forma…despois tiña que ” emplantillar”, de seguido tocaba recorta-la peza é facerlle un recheo de sola, para seguidamente colocarlle o piso de sola ou de goma. Máis tarde tocalle o cosido do piso do calzado, seguido dos tacóns, rematando o traballo co punteado é sacándolle brillo.

O zapateiro de portal eran aqueles que marchaban polas aldeas é vilas coas ferramentas xustas é necesarias para facer arranxos sinxelos. As ferramentas levannas nun caixón de madeira que dispoñía de unha correa para pasar polo hombreiro, ese mismo caixón sirvelle de mesa de traballo.

Dispoñían de grosa, martelos da sole, escofina, tiraformas, coitelas, chaira, tanaza, troquesa, tesoiras, agulla, roseta, subelas, sacabocados, remachador, estenacillas, compás, bigornia, dedil, manopla, tirapé etc. Hoxe en día os zapateiros adicanse a maioría a arranxos sinxelos, botar tapas e pouco máis, xa que unha gran maioría da xente merca o calzado, usao é xa non leva a poñer tapas ou repáralos, tira con eles é merca outros.

Falei con algúns veciños por este oficio, queriaqu e me contasen, fun anotando os seus recordos :

Unha veciña da parroquia, natural de Sta. María de Xeve, contoume que cando ela tiña quince anos todos os días do ano atravesaba polo monte ata chegar ao lugar da Piolla en Lerez, alí, nun baixo de unha casa estaba o seu pai, Emilio Bea, de profesión zapateiro durante moitos anos, logo de haber traballado nos tranvías de Pontevedra a Marin. Comentábame que para que o seu pai comese quente, xa que non tiña medio de transporte adecuado para ir a casa, ela era a encargada de levarlle a comida, así o fixo día tras día, ano tras ano, ata que casou.

Tamén me contaron que recordan ao zapateiro do empalme de Alba, O Mudo, foron moitos veciños da parroquia os que acudiron durante anos a arranxar o seu calzado a xunto del. Hai tamén veciños que me contan que eran clientes do meu tío Ramiro, zapateiro en Lérez, tiña o seu taller nos baixos do edificio onde está a farmacia, xusto no cruzamento da carretera que vai o monasterio é a nacional a Santiago.

Outra veciña, natural de Tomeza, ten grandes recordos relacionados co seu tío Juan, zapateiro nesa parroquia. O seu tio sempre estaba acompañado daqueles raparigos que non tiñan moita vontade de buscar traballo, non era a primeira vez que algún cliente que se achegaba cos seus zapatos a botar unhas tapas, dicíalle que facía de novo alí, a súa contestación era sempre a mesma : veño ver si hai traballo para o meu irmán.

Fóra do local, sentada nunha pequena banqueta, estaba a nai de Juan, o zapateiro, coñocida por A Cacholeira ( puxéronlle ese alcume porque lle encantaban as centolas), unha señora de avanzada idade, simpática e sempre disposta a preguntar aos máis novos con certa malicia : Mira, mira, rapaz ! Ti xa Jixaches ? Jajaja

A sobriña do zapateiro mentres recordaba estés recordos ríase, eran épocas onde pouco había e pasábalo alí, con eles. Ademáis cando tiña necesidade dunhas sandalias ela mesmo as facía, o calzado naqueles anos escaseaba, moitos mozos e mozas da súa época andaban descalzos, menos mal que ela podía achegarse a xunto o seu tío e deixáballe confeccionarse as súas sandalias, cun anaco de coiro preparaba unhas tiras de pel e recortaba coa axuda dun patrón de cartón a forma do pé.

Tamén houbo outro zapateiro, veciño de Cerponzóns, da familia dos Vieitez, desempeñaba o seu oficio nun baixo da praza da verdura, si mal non recordo o seu nome era Fernando.

Para finalizar quédanme aqueles veciños que desempeñaron o oficio na mesma parroquia, por exemplo Ramón O Crecho, tiña o seu posto no baixo da casa do señor Casimiro O Pesquello, e tamén Canducho, O Lajrimas, que durante un tempo estivo no baixo da casa da Chantona.

Pero sen dúbida o máis recordado na parroquia sexa Honorio Outeda (1932/2000), por unha banda polo seu oficio (desempeñado durante un par de anos no baixo da casa de Milagros A Cecila e despois no seu domicilio), por outra banda Honorio foi un veciño que desenvolveu un gran labor na directiva da Comunidade do Auga e por suposto, polos muitísimos anos que xunto co señor Albino, organizaron as festas patronais, sobretodo as de de Sta. Lucia.

Honorio era natural de Barro, desde moi xoven comezou a aprender o oficio, así que en canto podía defenderse como zapateiro xa buscou donde comenzar, o seu primeiro lugar de traballo foi o baixo dunha casiña situada preto do bar da Rula, no lugar de Mane (Barro). 

Cando se casa, trasládase a vivir a Cerponzóns, alí comeza co seu taller en Pidre, no baixo da casa dos pais de Mila, estivo preto de dous anos alí, aínda hai veciños que o recordan os días de sol na beirarrúa de en fronte ao seu taller de traballo, sentado xunto aos irmáns Ángel e Antonio, mentres charlaban de todo un pouco, Honorio merendaba o seu anaco de touciño con pan.

Aínda que Honorio tiña moita clientela, o diñeiro que facía non era o suficiente para levar unha vida máis ou menos axeitada, así que decide abandonar o seu oficio é irse a traballar a Holanda, alí estivo uns anos, máis tarde atopou un traballo mellor renumerado e trasladouse a Francia, onde pasou tamén uns cantos anos. De volta á súa terra estivo en varias empresas, entre elas Clersa e Reyes  Hnos.

A súa maior afección era o fútbol e o seu equipo preferido o Celta de Vigo, era tal o seu amor polo club que durante moitos anos foi socio e sempre que podía achegábase a Vigo a ver os partidos. 

Ao pouco tempo de xubilarse comezou a sentirse mal, unha cruel enfermidade levouno mui xoven, contaba 68 anos.

2 comentarios en “OFICIOS DOS VECIÑOS (XXII) ZAPATEIRO

  1. Emilia

    Las historias que cuentan nuestros mayores enriquecen nuestra cultura .Y tenemos la suerte de que personas como tú con inquietudes de saber y de recordarnoslo es de agradecer. No pierdas tan noble tarea por el bien de los gallegos. Un abrazo compañero.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s