CANTOS NA LEIRA.

Recolleita de aqueles cantos populares que os nosos antepasados tiñan por costume cantar e recitar mentres realizaban as súas labores, ben nas súas casas, no campo, nos seus traballos, celebrando algunha romería ou as festas patronais etc.

CANCIÓNS POPULARES 

NÚMERO  6 TÍTULO : CAMARIÑAS

Cantan : Veciñas de Pidre é de Meán, cantan no lavadoiro do lugar de Meán, na grabacion do documental Cerponzóns a Mil.

Camariñas camariñas hai que sabelas camareando, Camariñas camariñas hai que sabelas camareando, as veciñas de Meán quedan no río lavando, as veciñas de Meán quedan no pozo lavando…

Esta é a letra :

Ao pasar por Camariñas
 por Camariñas, cantando
 ao pasar por Camariñas
 por Camariñas cantando

As nenas de Camariñas
 quedan no río lavando
, as nenas de Camariñas
 quedan no río lavando

Camariñas, Camariñas
 xa me vas camariñando,
 Camariñas Camariñas
 xa me vas camariñando…

Por unha de Camariñas
 vivo no mundo penando


NÚMERO 5 TÍTULO: EN EL CUARTEL

Canta : Clara Pérez Recarey

Cuartel de instrucción, donde a mí me llevaron y el pelo me cortaron, me dieron mosquetón, allí empezaron mis penas y amarguras, un desconsuelo una desesperacion.

Al cabo de tres meses, un destino me dieron, el maldito arsenal,

donde yo tanto prisqué, madre no llores ni tengas pena,

que no soy el primer hombre, que ha cumplido esta condena,

madre aunque estoy lejos de ti, solo pienso en el momento de hacerte feliz.

NÚMERO 4 TÍTULO: CANTIGUEIRO DO MILLO

Canta : Jesus Recarey Lorenzo (q.e.p.d.)

Era un de tantos días daqueles que tocaba ir ao monte a por toxo, estabamos por Santarandan e o meu avó púxose a cantar…

Este ano hai moito millo, tamén hai moitos carozos.

As rapazas da Rons, arrabean polos mozos. 

NÚMERO 3 TITULO : El Caminito

Recita : Amelia Cancela Cochón (q.e.p.d.)

Amelia cada día que se levantaba o primeiro que facía era persignarse, a vez que o facía en vez de decir a oración : pola señal da Santa Cruz….decía o seguinte :

San Vicente e meu pariente, que me puxo a cruz na frente.

Para que o demo non me tente, nin de noite nin de día 

Nin no fin da miña vida.

NÚMERO 2 TITULO : El Caminito

Recita : Clara Pérez Recarey

SAN CLEMENTE E MEU PARIENTE, QUE ME FIXO A CRUZ NA FRENTE, PARA QUE O DEMO NO ME TENTE NIN DE NOITE NIN DE DÍA, COUSA MALA NON VIRÍA.

Esta é a letra completa :
Yendo por un caminito, me encontré a Jesucristo, Jesucristo era mi padre, San Clemente mi pariente

Quien me puso una cruz en frente, para que el diablo no me tiente ni de noche ni de día

Solo la virgen María sentada en mi cabecera. Para que en sus brazos muera

La cruz de Santo Toribio vaya delante de mi, el señor que murió en ella

Hable y responda por mi. Aplaque los corazones que estén en contra de mi y de mi familia

Quien le da luz a mi casa Jesús. Quien la llena de alegría María. Quien le da fe José

Pues muy claro se ve que siempre habrá contrición, teniendo en mi corazón a Jesús, María y José

NÚMERO 1 TITULO : SAN ANTONIO BENDITO

Canta, recita  : Clara Pérez Recarey

SAN ANTONIO, DAME UN HOME, AUNQUE ME MATE, AUNQUE ME ESFOLE

SAN ANTONIÑO, DAME UN HOMIÑO, AUNQUE O TAMAÑO TEÑA DUN GRAN DE MILLO. 

A letra enteira, autora Rosalía de Castro :

San Antonio bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole.

Meu Santo San Antonio, daime un homiño, anque o tamaño teña dun gran de millo.

Daimo, meu santo, anque os pes teña coxos, mancos os brazos.

Unha muller sin home…¡santo bendito!, é corpiño sin alma, festa sin trigo, pau viradoiro, que onda queira que vaia

troncho que troncho.

Mais, en tendo un homiño, ¡Virxe do Carme!, non hai mundo que chegue para un folgarse.

Que, zambo ou trenco, sempre é bo ter un home para un remedio.

Eu sei dun que cobisa causa miralo, lanzaliño de corpo, roxo e encarnado.

Carniñas de manteiga, e palabras tan doces cal mentireiras.

Por el peno de día, de noite peno, pensando nos seus ollos color de ceo; mais el, xa doito, de amoriños entende,

de casar pouco.

Facé, meu San Antonio, que onda min veña para casar conmigo, nena solteira que levo en dote

unha culler de ferro, catro de boxe, un irmanciño novo que xa ten dentes, unha vaquiña vella

que non dá leite… ¡Ai, meu santiño!: facé que tal suceda cal volo pido.

San antonio bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole, que, zambo ou trenco,

sempre é bo ter un home para un remedio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s