NO DÍA DAS NOSAS LETRAS GALEGAS.

Bos días.Hoxe 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas.

Sabedes cal é o primeiro recordo que me vén á mente cada vez que se celebra éste día? A escola, o instituto, os castigos, as tundas…

Véñenme aqueles días na escola, cando o mestre preguntábache unha cousa e contestáballe en galego, e de seguido corrixíame o idioma a base de recibir dez, vinte ou máis vareazos.

Non era este soamente o único castigo, porque podía darchos na palma da man, pero se o mestre de quenda tiña o día quente obrigabache a xuntar as xemas dos dedos é leña contigo, reglazo ven, reglazo vai. Tamén che poñía de xeonllos contra a parede, suxeitando en cada man uns cuantos libros, ou escribir no encerado ó no caderno 100 veces, á mínima que che escoitaba unha palabra en galego facíache repetir a palabra “ben escrita” ou unha frase imperativa. Por certo eran 100 veces ou máis ? Tamén moitas das veces que recibías o castigo viña acompañado de non ter recreo.

Cando estaba no colexio da aldea as reprimendas eran para todos en xeral, xa que todos eramos criados da mesma maneira, falándonos os nosos pais, avós e veciños en galego. 

Naquel colexio que probei o leite en pó por primeira e última vez, todos os días recibíanse algunhas reprimendas, ás veces simplemente un pequeno aviso, outras o mestre trataba que, de vergoña, tiña un que retractarse e outras eran realmente duras. Era ir camiño da escola temendo ser castigados, e non sempre entendiamos por que o facían, o caso é que sempre tiñan algunha escusa…

Pero si cando estaba no colexio da aldea os castigos repartíanse, cando me fun para a cidade para estudar con once anos, aí cambiou a cousa, a reacción máis desesperada dos profesores, era directamente o castigo físico, era contra os nenos e nenas que viñamos da aldea.

Aquí non había medias tintas, non pasaban nin unha. Aquilo era malos tratos e non hai máis que falar.

E algunhas veces o castigo seguía na casa (o mestre sempre tiña a razón), cando o teu pai ía cada vez que recibía un aviso do titor e castigábache sen ver a tele, nin poder saír a xogar cos meus amigos e de premio ir recoller os restos de póda ou o que naquel momento fose oportuno.

Así foron pasando os anos, con castigos, tanto físicos como psíquicos, dado que moitas veces eran os teus propios compañeiros de clase os que rían dun pola forma que tiña de expresarme, por falar no idioma co cal me criei e mamei.

E os anos foron pasando, e mesmo no traballo non se vía ben o ter conversacións en galego co cliente, mesmo cos que che viñan falándoo.

E os anos véñenseche encima, e aínda hai quen che mira daquela maneira e che etiqueta politicamente a algún determinado partido debido a que falas en galego.

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden.

E con arroubo atenden o noso ronco son,

Mais sóo os iñorantes e féridos e duros,

Imbéciles e escuros non nos entenden, non.
Feliz día das Letras Galegas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s