O CORPUS, HISTORIA.

O CORPUS OU CORPO DE DEUS.

Celébrase 60 días despois do Domingo de Resurrección, día xoves. Desde 1989 a festividade do Corpus Christi trasládase ao domingo seguinte. Aínda que a solemnidade da liturxia sexa en domingo, algunhas localidades celebran a procesión o xoves, polo que este día é declarado festa local polos seus respectivos concellos.
Na nosa parroquia por segundo ano consecutivo a celebración do Corpus vese limitada debido as medidas que esixen as autoridades, un exemplo son a confección das alfombras de Corpus, redúcese considerablemente, esperemos que o próximo ano todo volva á normalidade, en éstes momentos o máis importante é seguir conservando a tradición que compartimos con numerosos lugares de Galicia e do Mundo é ter a esperanza que o próximo ano poidamos volver a normalidade.

UN POUCO DE HISTORIA EN RELACIÓN AO CORPUS

A primeira festa do Corpus Christi ou Corpo de Deus, remóntase a finais do século XIII, na cidade belga de Lieja. En España a primeira cidade en celebralo sería Toledo, seguida de Sevilla e Barcelona, entre os anos 1280/1319.

Co paso dos anos o Corpus convértese no acto relixioso máis importante e cada vez máis cidades comezan a celebralo, en Galicia, o Corpo de Deus (denominación de como se coñecía antiguamente) ten os testemuños máis antigos nas cidades de Orense e Pontevedra, estamos falando dos anos 1437/38.

É no Século XV cando a celebración do Corpus vaise a considerar como Día Santo, as referencias deste día como festivo dinnos que en 1482 celébrano en Ponteareas dese xeito.

Conforme vai tendo máis auxe, vai collendo máis interese, era o ano 1559 cando o arzobispo de Santiago, Gaspar de Zúñiga, recibe unha orde do papa Paulo III, ordénalle a creación de cofradías do Santísimo en todo o arzobispado, a intención era que esas cofradías fosen as encargadas de correr coa organización do Corpus.

Anteriormente xa había cofradías que participaban no Corpus, as procesións do Corpo de Deus convertéronse nas máis concorridas, os gremios desfilaban coas súas danzas. Na nosa parroquia de Cerponzóns temos referencias das cofradías de San Antonio (1632) e a de San Roque (1650), a do Santísimo créase no ano 1688.

Investigando en artigos relacionados coa celebración do Corpus, vemos que partir do Século XVI as festas do Corpus tiñan dúas vertentes, consistían no seguinte :

Por unha banda, pola mañá facíase a misa e de seguido a procesión. Nela figuraban as cofradías, levando as imaxes dos seus santos, cos seus comparsas, figurantes e danzantes; xunto aos xigantós ( en Galicia chamados Cocas, Almazonas ó Pantasmas), ademais cada cofradía levaba o seu gaiteiro.

É de supoñer que en Cerponzóns o único gaiteiro que temos referencia, o fillo de Domingo da Vila, no ano 1752, contratábase para ir ese día coas cofradías en procesión. Tamén as cofradías tiñan por costume ir acompañadas de un tamborileiro, seguramente a fináis do S.XIX é comenzos do XX, o noso veciño Manuel Castro era o que acompañaba a ditas cofradías.

Naqueles tempos xa se tiña por costume botar fiuncho, espadanas, follas e flores polo lugar onde ía pasar a procesión, un costume que se iniciou en Santiago de Compostela no 1596, o Concello dera orde ao Gremio de Pasteleros “enramar muy bien la fuente de la Plaza del Campo”.

Durante os seguintes anos polas rúas onde ía pasar a procesión, comezouse a botar fiuncho, xestas, espanadas, buxos etc. sen ningún tipo de deseño. Nas cidades máis importantes polas tardes facíanse “comedias profanas”, o lugar máis adecuado eran as prazas, nelas había funcións de títeres, corridas de touros e diversos tipos de xogos. Todo isto foi desaparecendo co paso do tempo, entre o S. XVIII e XIX, unha gran maioría comezaba a desprestigiar estás comedias e a nomealas como unhas carnavaladas que non tiñan cabida no Día do Corpus. 

Así foi que a procesión do Corpus viuse reducida ao acto litúrxico, inclusive deixaron de levar ata os santos en procesión, anos despois volveron de novo os santos á procesión xunto aos nenos e nenas de Primeira Comuñón.

Na nosa parroquia os máis maiores temos recordos daqueles anos da celebración do Corpus onde estendíanse o fiuncho e as flores polo antigo percorrido, recordo que formaban cos vexetais un corredor, sen moito deseño, só coa intención de marcar o lugar por onde ía pasar a procesión, ata que coa chegada de D. Manuel, comezou un nova maneira na confección das alfombras, con él deuselle unha maior importancia é a veciñanza colaborou de tal forma que hoxe en día as alfombras florais de Corpus de Cerponzóns son coñocidas por toda Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s