HOMENAXE O TAMBORILEIRO DE AIRES D’A TERRA.

O 30 de Maio do 2021, as 19:30 horas, tivo lugar unha homenaxe en recordo ao Tamborileiro Manuel Castro, veciño que foi da Parroquia de Cerponzóns, membro do grupo Aires d’a Terra (1883/1914).
Consistiu en un Concerto de Música Tradicional a cargo do grupo Os D’algures, unha conferencia a cargo de Juan José Esperon é unha mostra de traxes a cargo do grupo Sete Espadelas.

Comenzou o acto o grupo Os D’algures interpretando a MUIÑEIRA DE POÍO, unha peza coa que o famoso gaiteiro Manuel Villanueva, mestre de Perfecto Feijoo, gañou o concurso de gaitas en Pontevedra no ano 1886.

D. Perfecto Feijoo relataba unha simpática anécdota: Cando sentía que xa comezaba a dominar o instrumento, preguntoulle o seu mestre se o vía capacitado para tocar en público, ao que o bo gaiteiro lle respondeu :

UNS SABEN O QUE TOCAN E OUTROS TOCAN O QUE SABEN.

Escoitamos tamén dúas pezas do repertorio de “Aires d’a Terra”, unha ALBORADA DE PONTEVEDRA é unha FOLIADA das tantas que recolleu D. Perfecto nas romerías é tabernas da bisbarra. Con elas adoitaba o grupo comenzar as súas actuacións.

Para rematar, os D’algures tocaron dúas pezas que non podían faltar nos festexos do Corpus pontevedrés é que adoitaba interpretar outro dos gaiteiros de referencia para Perfecto Feijoo; XAN TILVE, o gaiteiro de Campañó.

Tratouse de unha tonada que acompañaba aos xigantes e o pasacorredoiras co que se retiraban os santos tra-la procesión.

A conferencia relacionada con Manuel Castro, correu a cargo do secretario da Asc de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, J.J. Esperón, donde comentou a creación do grupo Aires d’a Terra, os seus compoñentes, anécdotas etc., falando tamén do motivo polo cual se sabía que Manuel Castro era veciño da parroquia.

Debido a que Castelao formou parte do grupo, entre os anos 1912/13, tivo contacto cos membros de aquel entonces, entre eles Manuel, anos máis tarde no libro Sempre en Galiza, Castelao comenta unha anécdota donde fala de Manuel Castro, o Tamborileiro de Cerponzóns.

Para finalizar o acto unha mostra do vestiario empregado polo grupo de Perfecto Feijoo, Aires D’a Terra , a cargo do grupo Sete Espadelas, un compoñente do grupo explicou todo o relacionado coa vestimenta das mulleres e dos homes que pudo recoller Perfecto Feijoo pola bisbarra de Pontevedra.

O integrante do grupo Sete Espadelas foi expoñendo o traballo que realizou naqueles anos Perfecto Feijoo en busca de como vestía a xente das aldeas, tanto a roupa de diario, a de roupa de ir a misa ou a algún acontecemento é a roupa de gala.

Foi desgranando, coa colaboración das compañeiras e compañeiro de grupo, como estaban confeccionados os traxes, xunto cos adornos.

Confeccionados con hilados de lino e lá, sinalando os nomes correspondentes segundo o tecido en que se realizasen : picote, sanel, nazcote, estopa, lenzo de casa, baeta, estameña… falou dous texidos que chegaron doutros lares e culturas, veludos, merinos, panos de Béjar, sedas etc., tamén comentou os adornos que levan, os panos da cabeza con motivos árabes, as medallas de prata dourada…

Para rematar explicou as partes que conforman o traxe do home, a monteira, a camisa, o chaleco, a chaqueta, as cirolas, a faixa, as polainas…


O lugar onde se celebrou foi nos exteriores do Centro Social, o finalizar o acto, membros da Asc. de Veciños fixeron entrega de varios agasallos os veciños que acudiron o evento, agasallos doados pola Concellería de Promoción Económica que corre a cargo de Yoya Blanco.

O acto contou coa colaboración do Concello é da Deputacion de Pontevedra.

Organizou éste acto a Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s