COSTUMES HERDADOS

As nosas formas de pensar, de sentir, de actuar, as nosas crenzas, a nosa lingua, as comidas etc. son un conxunto de saberes que a través dos anos van pasando dunha xeración a outra, dese xeito imos creando cultura, forma parte da nosa herdanza. Este apartado é unha recopilación de costumes que nos transmitiron os nosos antepasados, cando eramos nenos aprendemos dos adultos é eles dos anciáns. Así herdamos tradicións, costumes é frases que hoxe en día moitas delas seguímolas transmitindo aos nosos fillos e netos.
Grazas á colaboración de varias amizades fun recollendo estes costumes e frases :
1–A frase : Cortando collós apréndese a capar. 2–Meu bisavó, cando foi da guerra marchou pa Cuba, logo de non sei cantos anos volveo e debía ser porque botaba de menos as comidas dalá que o tipo botáballe caramelos a sopa e ó caldo. 3–Eu levo sempre conmigo unha castaña pilonga, coas miñas iniciáis, regalouma o meu marido cando empezamos a salir xuntos, está engarzada nunha cadea de ouro, recordo de levar a castaña no bolso, tamén algunha veciña teñoa visto levar algún allo ou a cabeza de allo enteira. 4–De meu avó quedoume a costume de botarlle a tortilla francesa azucre. 5–Por Nadal na miña casa botaban azucre cando se facía a asa de cántaro, facían o prebe é a allada é azucre padiante. 6–A frase de meu avó : Rapas, non confundas o touciño coa velocidade. 7–Na miña casa había por costume que cando se mataba a galiña ou o galo para facer o cocido, botaballen unha taza de sangue, e o día seguinte, cando estaba callado, botabase a cocer na pota do caldo, cando casou miña nai e miraba eso non deixou que o fixeran máis. 8–Na casa tiñan por costume cando se facía o cocido botarlle a cabeza do galo para comerlle a cresta, pero agora xa non se fai. 9–A frase : Miña avoa tiña a costume de decir : Tende teu 10-A frase : Miña avoa decía: Eu quero traballar e ter. 11-A frase : Os cartos das mulleres valen máis que os dos homes, deciao miña avoa. 12-A frase : O que non ten cabeza escuda sombreiro, sempre a decía meu avó. 13-A frase : Morra marta morra farta, era costume de meu avó. 14-A frase : De ser bien nacido es ser agradecido. 15-A frase : Diola urda i o pote grande ! , decía miña avoa cando algo lle sorprendía. 16-A frase : Dulcísimo sea o chocolate ! decía miña avoa cando algunha cousa lle facía gracia. ( cambiaba “o nome de Xesús” po chocolate pra non pronunciar no nome de Deus en vano. 17-Na miña casa sempre que caía un cacho de pan ao chan, recollese, bicase e despois o comes. 18-Eu cando como un ovo frito bótolle azucre, tamén o bacalao cocido, era costume de meu pai. 19-De miña avoa quedoume a costume de abrir dentro da casa o paraguas para ver si estaba ben ou mal, agora sigo facendo no pasillo do edificio. 20-Tamén teño costume de non entrar na casa co calzado da calle, porque podía traer malas vibracións. 21-Sempre levo conmigo unha castaña pilonga no bolso é unha folla de laurel na carteira, seica e bo para que non perdas os cartos, nin os gastes de mala maneira. 22-Mentras hai patrón non manda mariñeiro, era costume de decir meu pai. 23-Miña avoa sempre lle decía a filla que fora pa casa, para que tivera o plato na mesa. 24-Meu pai antes de salir co carro da casa, sacaba a gorra, levantaba ben hacia arriba e decía: Vai con Dios. 25-Meu pai cando berraba cos fillos, sempre lles decía: Me cajo na mermella que te lambeu. 26-A frase : As cousas hai que evitalas antes de que pasen, despois de que pasen non teñen remedio, decíamo meu pai. 27-Cando miña nai estaba na feira vendendo os pementos e os tomates no mes de febreiro, decíalles as clientas: Xa levan o entierro pago. 28- A costume de miña nai era de levar unha media do dereito e outra do revés. 29-A miña avoa cando intentaban engañala decía: Vaille pegar patadas no cú o tren. 30-A frase : E tí non viras sendo pariente do Cajallé o boi no arado…esto soiao dicir cando alguén intentaba pasarse de mui listo. 31-Eu heredei do meu avó levar sempre no bolso ou no bolsillo unha navalla ou un coiteliño, agora a miña filla máis nova tamén vai con unha navalla suiza que lle comprei no súper, regaleilla cando estivo de cumple, agora colleu a costume que cando visita algún país trae de recordo unha navalla jajajaja. 32-Meu avó foi zapateiro, zapateiro remendón, hoxe en día a min quedoume a costume de remendar a roupa, e non é porque non poida mercarla, tamén de mirar a miña tía avoa que usaba unha bombilla para remendar os calcetins, pois fai pouco merquei un ovo nos chinos para remendar os meus calcetins jajaja. 33-A frase : Trabaja poco y administra mucho. 34-A frase : Fíate de Dios e non corras. 35-Eu gardo as vides coma facía miña avoa, despois usoas para asar as sardiñas. 36-Para desgranar as espigas seguimos utilizando un carozo, como facía miña avoa. 37-A frase : Tarde piaches é non confundas o touciño coa velocidade, jajaja eu sigoas decindo. 38-Eu teño a costume que tiña miña avoa: A flor da ruda ten catro puntas, pero hai algunhas que teñen 5, a de cinco gardase na carteira, para quitar o mal. 39-Boto as legumbres na lua menguante, coma miña avoa me enseñou. 40-Miña avoa, sempre antes de sair da casa ou o pasar diante dun peto ou cruceiro persinabase. 41-Miña avoa tiña unha bolsiña feita de tela na que levaba unha ramiña de ruda, e cambiaba cada 3 ou 4 dias. 42-Meu pai o acabar de comer, beba o que esté bebendo, asi sexa coca cola, auga, cervexa, o que sexa, deixa un pouco no vaso, e deixa tamen un pouco de pan, a sua comida rematou cando molla e come ese anaco de pan no resto da bebida que lle quedou. 43- Na casa meu avó tiña unha costume, cando estaba tomando o caldo botáballe viño tinto. 44-De meus avos teño pouco que decir porque casi no os coñecin. Pero si da miña avoa, pois era unha muller de armas tomar de feito eu creía que as mulleres eran as que mandaban no mundo. Daquela eu tiña sete ou oito anos cando morreu o noso pai quedamos meu irman mais eu dous anos e medio con ela porque miña nai se fora a Montevideo buscando un mellor futuro. Miña avoa atendeunos mui ben durante o tempo que estivemos con ela nunca nos faltou o caldiño, o pan de millo ou os xurelos. Cando nos doian os oídos ela decía : Voiche poñer un pouquiño de aceite morniño para que che pase a dor, oiches, e funcionaba, e tamén cando nos doía a gorxa decíanos : Fregadea co a manta, e tamén funcionaba. Eu utilicéi estas costumes cos meus fillos e netos . 45-Na casa de meus pais en Noiteboa,  poñiase un prato demáis é deixábase a mesa sen recoller para que comesen as ánimas dos ausentes. 46–A min quedoume a costume de un amigo meu, cando me cabreaba, decíame : Non fajas caso…viralle o cú, e mandos foder ! 47–A frase : Fai o que queiras, que xa o fas sempre, decía meu avó, agora digo eu. 48–Meu avó botáballe o caldo unha pinga de viño tinto, decía que era para non roncar despois de morto, jajaja, eu sigo facendo o mismo, pero para enfrialo. 49–A frase : Decía un paxariño tende teu tende teu. Esta frase decíao na casa, debido as dificultades que pasamos en momentos determinados,eu iba a pedir axuda a casa de unha veciña é non nos axudaba. 50–A frase : O que nunca tivo nada e agora ten un porquiños, anda todo día chamando : currichiño, currichiño 51–Na miña casa había a costume de botarlle azucre o bacalao frito. 52–A frase : Tranquila miña filla, que nesta vida non hai pouco que non chegue nin moito que non se acabe. 53–A miña sogra había veciños que le decían que o seu home andaba con outra, ela contestaballe : O que axuda non estorba. 54–Cando facía algunha falcutrada, decíanme: Nunca moito corres cando a casa as de volver. 55–Na miña casa tiñan a costume de botarlle as xoubas cando estaban casi feitas miga de pan con vinagre. 56–A frase : Fala, fala, que eu xa farei o que queira. 57–A frase : A vaca que non come cando os bois, come antes ou despois. 58–Cando estaba fraca, sempre me decían: Eres a vergoña da casa, parece que non comes nin auga con sal. 59–A frase : Rapaz, non cargues tanto, ” Ir y venir, carretar se llama”, decíamo miña avoa. 60–A frase : Hai xente tan probe, que non ten máis que cartos, decíamo miña avoa. 61–A frase : A ricos non debas é a probes non prometas, palabras da miña avoa. 62–A frase : Nunca trates mal a un rapaz, que dos rapaces sean os homes, decíamo miña avoa. 63–Unha costume de meu pai : cómo era diabético cando pedía un café, pedía sacarina, detrás un chupito de licor café…Eu preguntaballe porqué facía eso…Pides o café con sacarina, é despois meteslle o licor café? Él contestabame: Elojoooo…¿É o mismo levar unha patada nos juevos que levar dúas? 64–A frase : Cada can que lamba o seu carallo, escoiteino desde mui pequeno. 65–A Frase : Maloserá, era habitual na miña casa. 66–Escoitaba muitas veces decir : Non escupas o aire…non vaía ser que che caía na cabeza. 67–Meus pais cando comían ovos botaballen azucre, a min nunca me gustou. 68–Cando tronaba era costume de encender unha vela bendita do Xoves Santo. 69–Si unha abella che picaba, na casa sempre había unha moeda de cobre para poñer encima da picadura, así non se inflamaba, ainda teño a moeda pola casa. 70–A frase : Criados dos meus, criados levarme cajar, que os meus non poden andar. Meu pai era o que sempre a decía. 71–A frase : O tempo dixolle o tempo, o tempo que tempo tiña, e dixolle tempo o tempo, que lle hai que dar tempo o tempo, que o tempo sin tempo non viña. 72–A frase : Demo nejro. Era o que sempre lle decía miña nai a miña irmán. 73–A frase : O que garda sempre ten. 74–A frase : Chao, chao, bambiña, que hai jaleo na porteliña.( Nos últimos anos era o que me cantaba miña nai con Alzheimer). 75–A frase : Nunca discutas cun burro sen un pau na man. 76–A frase : Mentras hai lingua hai home. 77–A frase : Inda que a miña se vista de seda, mona se queda. Sempre que nos arreglábamos para sair miña avoa decíanos así. 78–Unha costume que herdei de miña avoa é que durante a mañán, en unha taciña, voume sirviendo café varias veces. 79–A frase : Cando trona, arrímate a miña sogra…Non hai chispa que a parta ! 80–Na miña casa miña avoa usaba unha planta que se chama chantaxe, mui parecida os saramagos, era para usar cando tiña mal a gorxa, é para os gases usaba o fiuncho. 81–A frase : Nunha escaleira, unha muller barrendo pra riba, é un home pra baixo…gana a muller ! 82–Unha costume de miña avoa era que cando tiñas dor de cabeza ou de barriga, dabanos infusión de loureiro é de freixo pra os dores de ril é infección de orina. 83–Recordo que na casa de miña avoa usaba o leite das figueiras para curar as verrugas, tamén usaba outra planta, que encontráse polos muros, creo que se chama cilidionia, o líquido que bota, de cor amarelo, tamén seica era mui bo. 84–Nunha libretiña que tiña miña avoa, tiña anotados muitos remedios, sendo eu un neno tiven unha ferida mui grande nunha perna, collía a libretiña é buscaba o remedio. Daquela curoume facendo unha mezcla con unha clara de ovo é aguardente. 85–Cando meu pai dispoñíase a realizar un viaxe en coche, o primeiro que facía ao entrar nel era persignarse, despois decía : Dios nos vexa. 86–Unha costume que tiña miña avoa, ainda a fago eu hoxe en día, era na época de vran, cando chegaba da finca, collía unha taza, botaba viño tinto é azucre, facía sopas con pan que lle chamaba Sopas de cabalo cansado. 87–Miña sogra ten a costume de cando vai a cortar o pan, primeiro colle é dalle a volta, pono do revés, despois co coitelo faille unha cruz é seguidamente cortao. 88–Cando miña avoa estaba na leira discutindo polos marcos, decía ela : Hai Dios che me vexa, carallo ve cona rosa, jajaja. 89–Meu avó emigrou a Cuba con catorce anos, cando lle facían ou lle decían algo que non lle gustaba, miraba cara o ceu, e decía: Baja Manuel (Dios) y llévatelo con zapatos y todo. 90–A frase : Pal coño de su madre, más vale que me digan mal rayo te parta, que vaya por Dios. (Decíao o meu avó). 91–A frase : Porque un burro de unha patada, non lle vas a cortar a pata. 92–Eu teño unha costume herdada de meu pai, todolos dias tomó un chupito de augardente de herbas ou de licor café. 93–A frase : O tempo dixolle o tempo, o tempo que tempo tiña, e dixolle tempo o tempo, que hai que dar tempo o tempo, que o tempo sin tempo non viña. 94–Eu teño a costume de levar un allo no bolsillo. 95–A frase : Esto es de lo jole, canela en rama. ( Decía miña avoa cando unha cousa estaba rica ou era mui boa). 96–A frase : Non sabe o raposo cantas galiñas dor en fora.( Decíao miña avoa cando lle quedaba algunha porta aberta ou se olvidaba de algo, e non pasaba nada). 97–A frase : Rapas, estuda pa cura, que as ostias douchas eu. (Meu avó decíamo sempre). 98–A frase : Deixa comer é non deixes que facer. ( Escoitado a miña avoa). 99–A frase : O traballo non mata, pero prepara( Decíao miña avoa). 100–A frase : Fun a casa do veciño e avergonzeime, vin a miña é remedeime ( frase da avoa). 101–A frase : Donde se quita é non se pon logo se chega o fondón. ( De miña avoa). 102–Cando era unha nena meu avó dabame a beber unha vez o mes un pouquiño de aguardente, seica era boa para non ter lombrices. 103–A frase : O que muito corre pouco atraca. ( Decíao miña avoa). 104–Cando era pequerrecha é tiña febre na casa poñíanme rodajas de patata na frente, atadas con un paño, cando estaban quentes quitabanas é poñíanme outras. 105–A frase : Ter cuidado rapazas cos mozos, prometer hasta meter, una vez metido, se jodió lo prometido. 106–A frase : O que moito quere, pouco abarca. 107–A frase : Vísteme a modo que teño presa. 108–Meus sogros sempre se persignaban ao pasar por diante do cemiterio, ainda que fosen en coche. 109–A frase : Sempre se acordan de Santa Bárbara cando trona. 110–A frase : Nunca sirvas a quen sirviu (eso decían os maiores cando ían a traballar a casa de un dono que anteriormente fora criado. 111–Recordo que miña nai tiña por costume que cando eu tiña resfriado de nariz, quentaba unto de carneiro, fregábamo no nariz, e facíame unha cruz na frente. Así curaba os resfriados. 112–A frase : O mozo, si é de lei, xa volverá ( decíao miña avoa). 113–A frase : Josefina mi vecina, mujer de mucho aparato, ella come la sardina y la culpa se la echa al gato. (miña avoa). 114–Cando era o mes de maio, época de muito traballo, escoitaba a miña avoa decir : En tempo de guerra, non hai carta a favor. 115–Unha vez miña avoa tiña unha jata, cada vez que a jata estaba en celo, miña avoa botáballe ajuardiente ou vinajre, miña nai decíalle: pero mamá, non ve que botándolle eso picalle máis ? E miña avoa contestaballe : Nadaaaaa, aqui non fode nadie, non fodo eu, non fode a jata ! 116–Unha veciña tiña un dito, cando facía un traballo é era mal pagado decía: Para ser puta e non gañar nada mellor ser muller honrada.
Tamén preguntei os costumes e frases que recordan nosos outros “veciños”, aqueles que están dispersos por todo o mundo, que teñen algo en común connosco, as súas raíces de Cerponzóns. Moitas dos costumes e frases saíron da nosa parroquia e perduran hoxe en día en moitos deles…
1–La frase : No es lo mismo dar no cú, que no cú dar, lo decía mi abuela y mi madre, ahora se la digo a mis alumnos. 2–Meter los trocitos de pan en el tazón de leche, es una costumbre que nos quedó de mi abuela de Cerponzóns, hacer con el pan una especie de pasta dentro del tazón de leche, nos gusta mucho. 3–Mi padre siempre pero siempre, decía a todos que era gallego y segundo español. 4–La frase que muchas veces me decía: Anda despacito por las piedras. 5–La frase : Que haces lambón, cara con trompa. 6–Mi padre siempre tenía la costumbre de ponerle azúcar al tomate. 7–Mi padre tenía por costumbre comer jamón crudo con un jerez. 8–Una costumbre que había desde siempre en mi casa era la de rezar a San Antonio para que ayude encontrar objetos perdidos.  9–La frase : No hay mal que cien años dure.  10–La frase : Cuando Dios cierra una puerta abre un una ventana.  11–Mi abuela siempre llevaba un chusco de pan en el bolsillo de su mandilón.  12–Mi tía en Caracas siempre llevaba castañas pilongas en el bolsillo… 13–Mi padre de pequeño cuando le servían la leche o una bebida, siempre quería que llegara la bebida al borde. Decía que para poco, nada! Y lo empujaba. De mayor siempre se servía la bebida hasta el borde y tenía que agacharse y beber antes de levantar el vaso sino lo tiraba. Mi hermana tiene la misma costumbre, lo sigue haciendo hoy en día. 14–Mi papá tenía la costumbre de llevar un ajo macho en el bolsillo, para protección, para la suerte, o algo así. 15–En mi casa mi abuela colocaba bolsitas dé alcanfor junto con otras hierbas, la colgaba en la camiseta con un alfiler en forma de gancho, así protegía a uno de enfermedades. 16–Un remedio casero era el unto sin sal para el pecho, la cataplasma de ricino también para el pecho y las ventosas para la espalda. 17–Recuerdo que mi papá tenía una herradura sobre la puerta, me parece que era para la buena suerte, tenía que tener siete agujeros. 18–De Galicia nos quedó de costumbre la tortilla de pan, que se hacía con pan remojado con leche y azúcar, se le agregaban huevos y a la sartén. 19–Mi abuelo, que era de Cambados, cocinaba cardos, parece ser en salsa, yo nunca los probe, recuerdo que me lo comentaban mi abuela y mi papá. 20–Una costumbre que nos inculcó mi abuela fueron dos : una era el jueves santo recorrer siete iglesias, caminando en relación con la subida de Jesus al Calvario, el sábado de gloria y lavarse los ojos el sábado de gloria. 21–La frase : Honra y provecho no caben en o peito. 22–La frase : No te hagas el intruido ( algo así a que no techadas el interesante). 23–La frase : Donde va la gente, va Vicente. 24–La frase : Ay o can o can, llevame arcirola donde va landrán.( Nunca pude entender está frase que decía mi padre constantemente, jajaja). 25–Los días de tormenta tenían costumbre de clavar un hacha en un tronco. 26–En época de Semana Santa, no podíamos escuchar música, tampoco se podía escuchar después de asistir a un funeral. 27–La frase : Mi padre cuando encontraba algo solía decir : Al que madruga, Dios lo ayuda y concluía diciendo : más madrugó el que lo perdió. 28–Al llegar el mes de Julio, desde muy pequeña, escuchaba a mi padre cantar el uno de enero, dos de febrero, tres de marzo….San Fermín. 29–Mi madre tenía la costumbre de darme un chusquiño de pan con un plátano en el medio, mis hijos heredaron esa costumbre.         o

2 comentarios en “COSTUMES HERDADOS

  1. Angélica Lucía Otero

    Varias costumbres me resultaron familiares: el aceite para el dolor de oido, la ruda macho en el zapato en vez del bosillo, y el pan en el tazón de leche,Una frase parecida, mi abuela decía” donde manda capitán no manda marinero” También zurcia las medias usando un mate de calabaza en reemplazo de la bombilla Hermosos recuerdos que nos acercan a nuestra galicia

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s