ARTE- YAMAGUCHI KATSUMI

ARTE- YAMAGUCHI KATSUMI
O meu relato de hoxe vai relacionado cunha das miñas amizades do mundo da arte, vai dedicado ao meu amigo YAMA, así lle chamabamos os que fomos compañeiros seus de traballo na empresa de confección denominada PERAL MODA.

Yamaguchi Katsumi, cuxo nome significa “vencedor da beleza dunha montaña“.


Historia :

Yamaguchi chegou á nosa terra fará uns corenta e cinco anos, naceu en Yokojama, no ano 1943, vivindo máis tarde en Kawasaki.

Realiza estudos de economista en Meijigakuin (Tokio), obtendo o título en 1965. 

Yamaguchi formou parte dun grupo de artistas renovadores e de vangarda denominado Anvito Organaizas, creado entre os anos 1959 e 1960.

En 1966 viaxa a Europa para realizar estudos de arte contemporánea e de cultura occidental, entre 1968 e 1975 vive en París e Copenhage. Nestes anos ademáis de pintar, edita un libro de poemas.

Corría o ano 1976 cando YAMA chega a Marin, ese mesmo ano eu comezaba a traballar en Peral, nesa época tiñamos un escaparatista (José Dapena) que levaba uns cantos anos exercendo, pero unha oportunidade de traballo noutra empresa fixo que tivesen que buscar un novo diseñador de escaparates, non recordo como chegou a oídos do xefe que en Marin había un xaponés recentemente chegado á vila mariñeira que podía encaixarlle nas súas necesidades.

Aos poucos días o xefe reúnenos ao finalizar a xornada laboral e comunícanos a chegada inminente do novo escaparatista, a nosa sorpresa foi mayúscula cando nos dixo que o seu nome e procedencia, todos quedamos intrigados polo “fichaxe” e deseosos de que chegase o día da chegada de Yamaguchi…

Chegou o día, e co seu sorriso saudounos ao entrar pola porta, era todo amabilidade, a súa forma de ser transmitía felicidade, sempre disposto a todo o que lle propuxese a dirección, nunca dixo non a nada.

Logo duns anos en Peral foise a traballar de diseñador de mobles a Muebles Juviol, a nosa amizade seguía, mantiñamos un contacto a través da súa nova empresa, cada certo tempo visitabamos Juviol e foi YAMA o que nos deseñou o salón do piso e a habitación dos fillos.

YAMA mentres traballaba de diseñador de mobles e de decoración de interiores, non deixaba de pintar e expoñer, a súa experiencia ao longo dos anos fixo que abrise a súa propia empresa de decoración na rúa denominada ata hai pouco Fernández Ladreda, hoxe María Vitoria Moreno.

O artista ANTÓN SOBRAL define a YAMA como un artista cunha identidade mixta, que sumou dúas culturas en si, a oriental e a occidental, nas súas obras reflíctense as cores intensas e vivos, cores de que lle viñan da súa admiración polo arco iris sendo YAMA un neno.


Sala Vating Gallery de Copenhage, Galería 500 de Nova York, Bienal Internacional de Arte de Pontevedra, Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela…son innumerables os lugares donde as mostras de Yamaguchi foron e siguen sendo admiradas.

Un comentario en “ARTE- YAMAGUCHI KATSUMI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s