OS RIOS DA PARROQUIA.

Son tres os ríos que bañan coas súas augas a parroquia de Cerponzóns: Río Rons, Río Gándara e Río Costa. O Furtivismo, a contaminación, o pouco caudal, os depredadores…con este panorama atopámosnos actualmente, si non se toman medidas, en pouco tempo os nosos ríos mórrense.
RIO RONS
Coñocido tamén en documentos antigos coma ARROIO ARROUS ou CAEIRO, dependendo o lugar por donde pasa. Cando se xunta co Rio Gándara da paso a coñocerse coma RIO ALBA. Tamén nos archivos antigos aparece coma Rio Elba, Rio Vean ou Rio de las Cabras, dependendo o lugar de paso.

HISTORIA:

O principal río que pasa pola nosa parroquia é o denominado Río Rons, a súa formación sitúase na parroquia de Moraña, no Monte Acibal, onde forma o embalse da cidade de Pontevedra, coñecido como Pontillón de Castro, a súa lonxitude é de uns 6 km. Tamén no embalse desemboca o Rego das Cortes ( que nace no lugar de Bordel/Verducido). Desemboca o Rons no Río Lérez, na zona denominada As Correntes, lugar onde se xuntan as correntes do Río Lérez e o Río Rons coas augas da Ría de Pontevedra.

O seu percorrido  pasa polas parroquias de Verducido, Cerponzóns, Campañó e Alba, desembocando na parte norte da cidade de Pontevedra, onde está situada a Xunqueira de Alba.

No lugar de San Caetano xuntase co Río Gándara, unidos éstos no arrabal da Moureira co Río Lérez, dan orixen a Ria de Pontevedra.

É cruzado polas estradas PO-224 e a N-550. Conta ao longo do seu curso con numerosos restos de muiños.

NOVAS RELACIONADAS CO RIO RONS :

Uns palistas encontran un tiburón no Río Rons : https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/hallan-tiburon-rio-rons/201912141004421065070.html

Con motivo da Senda de San Caetano, realizan unha limpeza no Río Rons : https://www.farodevigo.es/pontevedra/2020/10/01/arranca-limpieza-rio-rons-14773228.html

A Asc. de Veciños O Chedeiro fixo a petición a Augas de Galicia : https://pontevedraviva.com/xeral/51175/contorna-ponte-malvar-imaxe-tres-dias-traballos-limpeza/?lang=es

A Asc. de Veciños O Chedeiro denuncia o escaso caudal do Rio Rons : https://www.farodevigo.es/pontevedra/2018/01/24/vecinos-cerponzons-advierten-escaso-caudal-16103256.html

O 8 de DECEMBRO 2018 falamos das nutrias no Rons :
Hai unhas nutrias polo Río Rons que o está deixando sen troitas !!!

Desde fai un tempo a Asociación de Veciños O Chedeiro dispón dun colaborador que nos vai informando do que acontece polos ríos da parroquia.

Hai unhas nutrias polo Rons que está deixandonos sen troitas, díxonos fai unhas horas.

O seu coñecemento dos ríos é amplo, son moitos os anos que ten como pescador, coñece todo os seus percorridos, desde o inicio ata o final, coñece cada recuncho de cada un deles.

As nutrias non só están acabando coas troitas, senón con calquera outra especie que estean por estes ríos, sempre buscan as especies máis sabrosas, coméntanos o noso colaborador, porque algún outro peixe de pouco valor nutritivo nin o toca, están localizadas entre dous puntos, abundan desde a Ponte das Correntes e chegan ata a Ponte Malvar, de aí non pasan.

Normalmente adoitan aparecer á noitiña, sábese que cazan ou ben pola mañá ben cedo e tamén á tarde, pero estas que hai polo Rons son máis ben nocturnas.

Pero ás veces descobren que teñen máis facilidade de atopar comida durante o día que á noite e poden variar o seu horario, vanse adaptando o medio.

Non só son as nutrias, aínda que son as que maior dano están causando, senón que tamén algunha garza anda as troitas, están localizadas nas inmediacions da Ponte por onde pasa o tren, preto de San Caetano.

Pero tamén algún personaxe, porque non se lle pode chamar pescador, dedícase a pescar calquera troita, sen importarlle o tamaño que teña, este tipo de irresponsables que habitan nos nosos ríos xunto coas nutrias en pouco tempo do Rio Rons van a facer un río sin vida.
RÍO GÁNDARA
O segundo río en importancia que pasa pola parroquia. A formación do río comeza na unión do Rego Pozo Negro (nace no lugar de A Ermida/Cerponzóns) e dous máis, o Rego de Caste é o Rego dás Cachadas (que nacen no Concello de Barro), máis adiante únese ao Río Gándara o Rego do Castrado (do lugar do mesmo nome), e desde o lugar de Moldes (Campañó) as augas do Rego do Bispo xúntanse con Gándara para atoparse un pouco máis adiante co Río Rons no lugar de San Caetano, as súas augas recollen tamén o Río de Cons (procedente tamén do lugar de Moldes), para que finalmente únase tamén o Río Costa ( que nace no lugar do mesmo nome, na parroquia de Cerponzóns).
RÍO COSTA
O Río Costa é o mais curto é o de menos caudal dos tres, nace no lugar denominado A Costa (Cerponzóns), o seu percorrido discorre por esta parroquia é a de Alba, onde desemboca no Río Gándara.
O peixe máis común que se atopa nestes ríos é a troita, fai anos era ríos onde se daban moito as anguías, hoxe en día prácticamente desaparecidas. A finalización dos tres ríos que pasan pola nosa parroquia remata no Parque Natural dá Xunqueira de Alba, un espazo que abarca 67 hectáreas, sendo o principal humedal do municipio. A súa importancia fixo que se declarase no ano 2012 Espazo Natural de Interese Local de Galicia (ENIL). Neste espazo chegáronse a catalogar máis de 160 especies vegetales diferentes, 130 de aves, 14 de libélulas, 40 de bolboretas, 10 especies de anfibios e 13 especies de mamíferos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s