VARREDOR : Persoa que ten por oficio varrer as rúas. (RAG).
Aínda que en documentación antiga aparece que a mediados do século XV xa algunhas cidades dispoñían de ordenanzas municipais, por poñer un exemplo, prohibían pasar cos porcos polas rúas, non é ata o século XVIII onde comezan a esixirse aos veciños que tivesen a súa dianteira de casa, xunto aos seus costados, limpos. Seguro que moitos recordades ver nalgunha pelicula aquelas escenas onde á voz de “auga vai” os veciños baleiraban as bacinillas que utilizaban durante a noite é onde ouriñas e excrementos saían despedidos de tal forma que a maioría das veces ían parar encima dalgún transeúnte. Calquera rúa de Pontevedra en pleno século XIX, estaba chea de desperdicios de todo tipo, as augas fecales, o lixo, a suciedad era tal que comezaron as autoridades a ter que tomar unha serie de medidas que puidesen erradicar os efectos nocivos que tiñan sobre a saúde da veciñanza. É así, a finais do S. XIX, comezos do XX foi progresando notablemente a hixiene urbana en xeral.
OS VARREDORES DE CERPONZÓNS
Os principais utensilios que usaba o varredor habitualmente era un carro, un recolledor, unha vasoira grande é unha pala, con estas catro cousas xa era dabondo, aínda que co paso dos anos foron aparecendo novos métodos de recollida do lixo cunha maquinaria apropiada para poder realizar o traballo máis cómodo e á vez máis eficiente.
Recordo que sendo un neno os varredores da miña parroquia facían nas súas casas un instrumento formado por un pau que levaba nun extremo un pequeno feixe de ramas, casi sempre eran xestas, que despois empregaban precisamente para varrer, a maioria coñocemos éste instrumento por vasoira, por certo, un dos meus veciños utilizaba dita vasoira de unha forma mui “orixinal “…
Un día vinno en plena faena, exactamente na Praza de Méndez Nuñez, precisamente onde eu cursaba estudos na Academia Helenes, tamén coñocida por Buela, baixaramos de clase, era o momento do recreo, de súpeto véxoo situado en fronte á entrada do outro colexio que estaba tamén situado en devandita praza, a Academia Cervantes, alí estaba, vasoira en man, coa súa gorra, a súa chaqueta e pantalón de pana, concentrado na súa dura tarefa, metido entre os coches que ocupaban daquela toda esa praza da zona monumental, eran principios dos anos setenta. O home era moi particular na súa forma de varrer, eu xa escoitara algo de boca dalgún veciño que paraba na taberna dos meus pais, pois resulta que xuntaba todo o lixo que ía recollendo da praza e íaa amontoando, cando tiña todo nun montón, no canto de recoller todo para o carro, dáballe uns vasoirazos en dirección aos baixos do coche que estivese máis preto, e alí quedaba todo, nos baixos do coche. Tamén era moi habitual velo colgar a súa vasoira de xestas para ir tomar un refrixerio, ou dous, ou tres…polos bares da contorna, sabía controlar o tempo que tardaría en ter limpa a súa zona, ademáis non tiña que desprazarse a ningún lado a depositar o que había recollido…
Unha vez preguntaronlle à este veciño a que se dedicaba, cal era actualmente o seu traballo, contestou de este xeito : Son Técnico en mantemento sanitario de camiños públicos: é dicir, barrendeiro.
Ata o ano 1975 os varredores eran empregados fixos do concello, a partir dese ano concedeuse a limpeza e recolleita de lixo a unha empresa privada, creo recordar que se chamaba Selberg, moitos daqueles homes contratados polo Concello pasaron a ser empregados da mesma. Desde o momento en que se privatiza o servizo, o sistema de recolleita dá un xiro de 180 grados, por unha banda os traballadores, ante un traballo duro, de gran esforzo físico, traballando día e noite á intemperie, comezan a pedir melloras de todo tipo, tanto económicas como de maquinaria etc. Una das folgas máis recordadas foi a que houbo no ano 1983, aínda que non foi a máis grave, realizouse a finais de novembro ata principios de decembro, as bolsas amontoadas e esparcidas polas rúas e prazas ofrecían un aspecto lamentable, o cheiro era nauseabundo, ademáis naquel ano aínda non estaba xeneralizado a implantación de contenedores, foron máis de dez días que Pontevedra estivo sen prácticamente recolleita ningunha. Co paso os anos o servizo foi mellorando en todos os aspectos, tanto en melloras laborais como en maquinaria. Por poñer un exemplo, si nos anos oitenta un camión dedicado á recolleita do lixo necesitaba nalgúns dos casos ata catro operarios, hoxe en día hai camións que con só o condutor xa realiza a mesma función, ademáis a incorporación de máquinas rodillo, aspiradoras, baldeadoras etc. fixo que a limpeza e recolleita fose máis eficiente e máis rápida, aínda que hoxe en día bótase en falta máis maquinaria é máis empregados que cubran o servizo por toda a cidade é barrios.
O RAPADIÑO
Na nosa parroquia de Cerponzóns tivemos uns anos, demasiados, un lugar onde se depositaron 400000 toneladas de resíduos sólidos urbanos, todo o lixo de Pontevedra e doutros dous concellos, o lugar onde estaba situado coñécese como O Rapadiño, rematouse de selar no ano 2005. Un lugar onde chegou o momento que era prácticamente imposible depositar máis lixo, os camións enterrábanse de tal xeito que non podían circular por él, as ratas contábalas por milleiros e as gaivotas coas súas cagadas camuflaban a maquinaria, ademáis cada dúas por tres había incendios.
ANÉCDOTAS
Son infinitas as anécdotas que podían contar os varredores, nos contenedores atopas de todo, quédome coa de veces que se atoparon dentro dos contenedores a xente durmindo a melopea, outros que se colleron un bo peido ou aquel que se había pimplado uns cantos cubatas para celebrar a vitoria do seu equipo…e menos mal, que daquela o camión levaba operarios, que hoxe en día xa non fai falta un home para levantar a tapa…é todo automático.
RECORDOS
Gardo un grato recordo do señor Joaquín O da Bouza, un dos primeiros veciños que desempeñaron o oficio de varredor. Éste foi o nomeamento do señor Joaquín como Peón de Servicio de Limpeza Pública, firmado por Filgueira Valverde, alcalde de Pontevedra.
O AGUINALDO DE NADAL
Había un costume a nivel nacional, nunha gran maioría de oficios pedían un aguinaldo ao chegar o Nadal, durante moitos anos había esa costume, pero a partir de 1970 vai desaparecendo, debido a que eran tantas peticións que as xentes que vivían en edificios chegaron a colocar na entrada do edificio uns carteis indicando que non se aceptaban felicitacións.
Sirva de exemplo esta coplilla da Coleccion Casal, que utilizaban os varredores de Pontevedra, data do ano 1906
VECIÑOS DE CERPONZÓNS CO OFICIO DE VARREDOR
Joaquín O da Bouza, Pepe O Peneiras, José O Patiolas, Manuel O Roque, Joaquin O Petelo, Canducho O Santos, O Carqueixo, Luciano O Perrechico, Evaristo O Carrapuzo, José, Jesús é Carlos.
Nestes últimos tempos éste oficio, moitas veces denostado, volveuse máis importante que nunca, con este relato quero darlles as grazas por todo o realizado durante a pandemia.
CHOLITO DE MORAÑA QUIXO CASAR CA FILLA DO TABERNEIRO DA RONS.
Este relato ocorreu a finais dos anos sesenta, a Taberna da Rons era un lugar onde a primeira hora da mañá paraban muitos obreiros, algúns deles veciños da vila de Moraña, tomarse o seu café de pota con pingas ou a copa de aguardente branca ou de herbas era do máis habitual naqueles tempos, xunto tamén a combinación coñecida como sol e sombra. Eu tiña relación con todos esos homes, a primeira hora da mañán xa estaba tamén na taberna axudando a miña nai é tomaba a miña taza de caldo con eles, cando comecei a estudar en Pontevedra baixaba de cando en vez con algún deles, unhas veces montaba nun Seat 127 como noutras nun camión Barreiros ou nun Seiscentos, a veces nunha moto Bultaco…
Había un señor de Moraña que o coñeciamos por O CANCELEIRO, un home de negocios que ademais de ter unha taberna, andaba coa súa muller ao “estraperlo”, é dicir á venda de todo tipo de cousas relacionadas coa alimentación e a bebida, fariña, viño, aceite etc., meus pais eran clientes seus e comprábanlles algún artigo que ás veces era difícil de conseguir, a amizade que chegaron a ter foi tal que en varias ocasións fomos convidados a súa casa, recordo que una delas foi un día que se celebraba a Festa da Mocidade e a 1ª Festa do Carneiro o Espeto, precisamente era o ano 1969.
Era moi habitual que cando O CANCELEIRO saía de Moraña, un veciño del, CHOLITO, acompañábao, gustáballe coñecer lugares, tomaba nota de todo e de paso buscaba noiva…
Onde chaman Paraños, lugar da parroquia de San Martiño de Gargantáns, preto da lglesia románica máis antiga do municipio de Moraña (data do ano 1175), a poucos metros dun castro romano é a uns minutos do único menhir coñecido en Galicia vivía CHOLITO, unha tarxeta de presentación que moi poucos de nós temos. E aínda por riba, coa protección de San Martiño e Sta. Apolonia…
UN POUCO DE HISTORIA.
Manuel Gándara Abelleira (CHOLITO) nace uns anos antes do inicio da guerra, no ano 1933, cuarto fillo dunha familia humilde da parroquia de San Martiño de Gargantáns, concretamente do lugar de Paraños. Unha veciña do lugar envioume unha documentación relacionada con CHOLITO :
A CASA MATRIZ É IMPORTANTE E POTENTE, ESTRUCTURA DE PEDRA DO PAIS, CON PATÍN NA FACHADA E MOITAS FINCAS EN PROPIEDADE, DE FEITO FORA VIVENDA DE CURAS EN TEMPOS PASADOS E HERDADA MÁIS TARDE POLA FAMILIA DA NAI DE MANUEL.
A casa de CHOLITO.
FILLO DE ANDRÉS GÁNDARA, NATURAL E VECIÑO DE BEMIL E DE MARÍA ABELLEIRA, MULLER TÍMIDA E DE POUCAS FALAS, O PAI EN CAMBIO HOME DE FORTE CARÁCTER , XENIO E MAL TALANTE.
CONFORMAN A FAMILIA O MATRIMONIO E 4 FILLOS, DOUS HOMES E DÚAS MULLERES. O MAIOR CHAMÁBASE CONSTANTE, DESPOIS VIRÍA ABADINA, A TERCEIRA ESPERANZA NACIDA NO 1928 E POR ÚLTIMO MANUEL QUE NESTE CASO É O NOSO PROTAGONISTA. PASARON OS ANOS E A VIDA OCUPOUSE DO DESTINO DOS GÁNDARA, O PATRÓN DA CASA ENFERMOU GRAVEMENTE E REMATOU POR QUEDAR SIN UNHA PERNA. PARALELAMENTE ADÍCASE A BEBER SIN MODERACIÓN CO CUAL EMPEORA A SITUACIÓN FAMILIAR.
OS FILLOS MOZOS E CON MOITA FALTA DE RECURSOS OPTAN POR BUSCARSE A VIDA E SOBREVIVIR COMO PODEN, CONSTANTE MARCHA PARA BILBAO A TRABALLAR E ESQUÉCESE DE VOLTAR A MORAÑA, NIN ANTES NIN DESPOIS, NUNCA VOLTARÍA. AS DÚAS IRMÁS EMPEZAN TRABALLANDO POLA ZONA EN CASAS, PERO REMATAN POR EMIGRAR A MONTEVIDEO EN BUSCA DE TRABALLO E MELLORES OPORTUNIDADES.
ABADINA CASA CUN GALEGO, CONCRETAMENTE DE BAIONA E DE CANDO EN VEZ VOLTARÁ A MORAÑA, MENTRES MANUEL SERÁ O ÚNICO QUE QUEDE NA VIVENDA COS PAIS. A NAI FALLECE CEDO E SERÁN OS DOUS HOMES DA CASA QUEN SE OCUPEN DO FOGAR.
CHOLITO DÁ REGUEIRA.
En honor a unha vella canción da época, a CHOLITO bautízano os veciños co alcume de Cholito dá Regueira, grazas a un veciño, o señor Álvarez, CHOLITO polas noites foi aprendendo a ler e a escribir o imprescindible para defenderse pola vida.
CHOLITO era moi peculiar, cunha personalidade propia, a súa afección era namorarse de todas as mulleres, fosen altas ou baixas, louras ou morenas, iso si, tiñan que ser guapas, as viaxes que realizaba con O CANCELEIRO abríalle un gran abanico de posibilidades de coñecer a moitas mulleres, un exemplo é o caso da filla do taberneiro do lugar da Rons (miña irmán), parroquia de Cerponzóns, unha rapariga que daquela contaba con quince anos, mentras que CHOLITO rondaba xa os trinta e cinco.
PREPARANDO A VISITA DE CHOLITO A TABERNA DÁ RONS.
Un día na taberna os homes comezan a comentar a última gesta que fixera CHOLITO, falaban dunha festa celebrada o día anterior nunha parroquia próxima á súa, CHOLITO con só escoitar os foguetes xa se poñía as súas galas para ir todo aposto, tiña unha americana que os días sinalados cubríaa con todo tipo de “xoias”, chapas, pins, medallas…sempre aparecía nas festas con algunha medalla máis que a anterior vez, os seus veciños non sabían como as conseguía…
Os homes, mentras tomaban a súa copa, comentaban como CHOLITO subira ao palco dos músicos e púxose a cantar as cancións que máis lle gustaban a él interpretar, as rancheras, aínda que se lle daba calquer estilo, houbo unha época que a canción que máis popularizou CHOLITO foi : Chica en combinación.
Pero non só cantaba, en calquera lugar que alguén lle apostaba que comía ou bebía moito máis que él, CHOLITO facíalle frente, era capaz de comer ou beber ata límites insospeitados, si tiña que rebentar…rebentaba, pero a él non lle gañaba ninguén.
Na taberna todos coincidían en que era moi aforrador, e que non era fácil enganalo é ollo con que se lle enganase, pobre daqueles que quixesen enganalo habendo cartos por medio…
Os paisanos, entre grolo é grolo, comezaron a comentar que había que dicirlle O CANCELEIRO que trouxese a CHOLITO á taberna, que seguro se ía a namorar de Maricarmen…un dos veciños de CHOLITO, entre risas, pregúntalle á filla do taberneiro :
-É ti que dis Maricarmen ? Queres coñecelo ?
-Por min non hai inconveniente, que veña ! (Maricarmen sabía levar a broma e non se amilanou coa proposición).
A VISITA DE CHOLITO.
O CANCELEIRO estaba xa decatado da proposición e falou con CHOLITO, comentoulle que nunha taberna que había moi preto de Pontevedra había unha moza, que era morena, moi guapa, cos pais tiñan muitas propiedades… que un día que quixese levábao para que a coñecese.
CHOLITO non quixo esperar máis, contestoulle que canto antes mellor, que xa estaban tardando…así que ao día seguinte estaban subidos ao Citroen dous cabalos que tiña daquela O CANCELEIRO e alá foron camiño da Taberna da Rons…
A entrada na taberna foi espectacular, recórdoo coma se fose hoxe, eu había chegado do colexio, estaba sentado nunha mesa da taberna facendo os deberes, bueno máis ben estaba ollando na television os Chiripitiflauticos, de repente entrou coma si fora unha estrela de cine…CHOLITO puxera todas as súas medallas, chapas e pins naquela americana que tiña para momentos especiáis, parecía un principe…bo, quédome curto, parecía máis ben un daqueles militares que salían nas noticias da primeira cadea da televisión, deses que saen co traxe de gala todo cuberto de estrelas, cruces, medallas e outras herbas que o campo non produce.
Saludounos a todos, pero os seus ollos andaban a buscar a rapariga que lle había comentado o seu veciño, mirouna na barra sirvindo un viño, achegouse a ela é o primeiro que fixo ao ver a Maricarmen foi dicirlle uns cantos piropos da súa colleita, expresións moi habituais nel cando se atopaba cunha moza que lle gustaba :
Acercóuse a Maricarmen é dixolle: MI CORAZÓN PALPITA COMO UNA PATATA FRITA !
Seguidamente lanzoulle outro “verso” : A TU MADRE LA MONTO EN UNA TARTANA, A TU PADRE EN UN COCHE Y A TI EN LA CAMA !…
Logo de piropear a Maricarmen, CHOLITO, situouse no medio e medio da taberna e comezou a imitar a Cantinflas, era o seu patrón a seguir, a súa imitación era perfecta, sempre que podía miraba as súas películas, tambén calcaba os xestos de Cantinflas que moita xente chamáballe CHOLITO, ALÍAS CANTINFLAS, él estaba cheo de orgullo que o coñocesen por ese alcume.
É entre as imitacións de Cantinflas é os corridos mexicanos a noite foi pasando, os paisanos ríndose das saídas de CHOLITO…o meu pai invitándoo a que viñese para a Rons, pero en broma claro, pero o que nunca Juan esperaba era que CHOLITO fose a tomar en serio a súa invitación…
CHOLITO VEN A VIVIR A RONS.
O caso foi que CHOLITO quedou prendado de Maricarmen, é aos poucos días presentouse de novo na taberna, esta vez non viña nun dous cabalos, viña nun, chegou montado no seu cabalo coa idea de quedarse a vivir na Rons desde ese mesmo instante !
Chimpalle unha jaseosa! Exclamou miña nai ao escoitar as intencións do CHOLITO.
O meu pai seguiulle a corrente, deulle acubillo nun alpendre que tiñamos á beira da taberna e por suposto ao cabalo tamén lle buscou sitio, despois de acomodarse foi a cear, unha boa taza de caldo cuberta de pan. Meu pai tranquilizaba a miña nai : tranquila Carmen, éste non ajuanta nin dous días na Rons…xa verás.
Ao seguinte día xa se foron os dous a unha cachada que temos no lugar coñecido como As Salgueiras, había que traer toxo para as cuadras dos animais. Nunha destas, cando CHOLITO estaba encima do carro colocando o toxo, meu pai dixolle :
CHOLITO, todo o que ves que che alcanza a vista e muito máis, é da miña propiedade.
CHOLITO alucinaba, sempre que iban a algún sitio é despois a volta, de camiño a casa, Juan íalle sinalando “as súas propiedades”…que si outra toxeira en Santarandán, que si un muiño do Caeiro, os castaños do cura tamén eran de Juan, as viñas tamén, as fincas de millo, as de patacas…
Cando polas mañás paraban na taberna os da Empresa Garrido, CHOLITO íalles comentando o afortunado que era, que tiña unha moza mui fermosa, que era riquísima, con leiras, montes, carballos, piñeiros, eucaliptales, taberna…non lle faltaba de nada, tiña de todo !
Outro día viñan co carro do lugar coñocido como Parrei, coma sempre CHOLITO todo atento escoitando ao meu pai, os seus ollos e a súa boca non podían ir máis abertos. Meu pai cada vez esaxeraba máis, camiño ou congostra por onde pasaban ata chegar a casa íalle indicando máis propiedades…só lle quedou por dicir que o Río Rons tamén era da súa propiedade.
-Quen case coa miña filla ten que ser un home traballador, que traballe de sol a sol, que dobre o lombo, que estea disposto a levar adiante unha familia e que non se doblegue ante ninguén, ía dicindo o meu pai en voz alta para que CHOLITO fose tomando nota.
-Señor Juan ! Ese home tenno diante ! Exclamaba todo cheo CHOLITO.
CHOLITO non facía máis que chegar á taberna e poñíase a tomar nota de todo, si o meu pai era un esaxerado, CHOLITO non lle quedaba atrás, ata ía anotando a cantidade de hoces, aixadas, lejóns, martelos, o carro de unha vaca, outro de dúas, doce bocois, unha lajareta…él anotaba todo o que tiña Juan da Rons no alboio.
CHOLITO estaba encantado, traballaba de sol a sol, ía á leña, á herba, ao toxo, a buscar millo…era un máis na familia.
CHOLITO era un traballador nato, todo hai que dicilo. Durante o tempo que estivo na casa dos meus pais non dixo non a nada, traballo que había que facer, traballo que CHOLITO estaba disposto a realizar. Si nalgún momento miraba que Maricarmen ía coa carretilla a por algo, inmediatamente dicíalle que iso non tiña que facelo ela, que mentres estivese él, ela non tiña que coller ningún peso.
Mentres meu pai se entendía con CHOLITO, miña nai ía levando daquel xeito a estancia de CHOLITO na Rons, non era nada partidaria de telo alí, estaba vendo que se estaba crendo todo aquilo que lle ía dicindo meu pai. A miña irmá outro tanto do mesmo, é a miña avóa Ramona, que a pobre estaba sempre às suas cousas, prendendo lume á cociña de leña coas piñas e carozos, escoitena decir que non entendía que carallo facía na súa casa aquel imitador de Cantinflas que andaba roldando á súa neta, que non era home para ela.
Maricarmen sentía que CHOLITO ía en serio, ela tan nova, con quince anos, non sabía como desprenderse del, así que lle dixo á súa nai que a ver como ían facer para que se fose para Moraña, que xa iban quince dias conCHOLITOna Rons ! É a CHOLITO o corazón seguíalle palpitando coma unha patata frita…
-Tranquila filla, dixolle nosa nai, eso vai ser cousa de teu pai, él foi quen o acolleu, agora que se busque a vida para decirlle que ten que marchar, que ti non queres casar. Miña nai chamou por Juan e puxolle as pilas.
O pai de Maricarmen tivo que inxeniála para que CHOLITO fósese para a súa casa, o seguinte día tivo a oportunidade de cabrearse con él por unha cousa que fixera mal, Juan era un home que tiña moito xenio, pero ese día acrecentouno aínda todavía máis, CHOLITO ao velo fora de sí asustouse todo, pensou que había toleado, cando chegou a Rons recolleu as súas cousas, montou no seu cabalo e marchou a lume de carozo, eso sí, marchou decindo unha serie de improperios contra meu pai que mellor non nomealos agora de novo. Así foi coma se truncaron as esperanzas de CHOLITO, é tamén dos veciños del, que non serían convidados a boda coma lle prometera CHOLITO.
Por certo, Maricarmen coméntame fai uns días que O CANCELEIRO non tiña fillos e quería adóptala , tíñalle moito agarimo. Tamén recorda que CHOLITO tiña dúas veciñas, que seica eran irmás, de oficio peluqueras, facían nel uns peiteados “espectaculares”.
Eu tamén recordo que había tes canteiros de Moraña, que traballaban na de Morís, (Joaquín, Albino e Teofilo) éstes comían na taberna, nas súas charlas había veces que falaban de Genoveva, que sempre se chivaba ao señor do moito ou pouco que traballaban é como non ía ser doutro xeito, tamén das anécdotas de CHOLITO.
Remato o relato cos recordos que me pasou unha veciña de CHOLITO :
DE MOZO TIÑA CABALO E DESPRAZÁBASE NEL PARA IR OS SITIOS, NON DUBIDABA EN IR AS FEIRAS, MERCADOS OU IR Á CAPITAL (PONTEVEDRA.)
INICIALMENTE TIVO REBAÑOS DE OUVELLAS PERO HABITUALMENTE GAÑÁBASE O SUSTENTO “O XORNAL” A VECES TAN SÓ POLA COMIDA. CORTABA O TOXO, FENDÍA LEÑA OU TODO AQUELO QUE LLE ENCARGARAS, ESO SÍ NON LLE FACÍA ASCOS A UN BO CALDO.
NA PLENITUDE DA VIDA A XENTE DO VECINDARIO ARRANXOULLE UNHA PAGA COA XUNTA DE GALICIA E CHOLITO EMPEZOU A COBRAR UNHA PEQUENA PENSIÓN. COS PRIMEIROS CARTOS MERCOU UNHAS VACAS E ADICOUSE A VENDER O LEITE, CO QUE ÍA XUNTANDO ARRANXOU A CASA, BOTOU TELLADO, ARRANXOU A PRANTA BAIXA, E FIXO MELLORAS NA VIVENDA.
AQUÍ TODO O MUNDO O COÑECÍA E NINGUÉN ESCATIMABA EN DARLLE UN PRATO DE COMIDA E NAS FESTAS DO LUGAR ERA UN MÁIS NA MESA.
SIN DÚBIDA ERA UNHA PERSONAXE PECULIAR, MOI CHARLATÁN E DESCONFIADO QUE NON O TIVO FÁCIL SOBRE TODO SENDO COMO ERA NAQUELES TEMPOS, PERO AÍNDA ASÍ DEFENDEUSE SÓ.
REMATOU OS SEUS DÍAS NO ASILO DE CALDAS DE REIS E FALLECEU O 13 DE NOVEMBRO DO ANO 2016 CANDO CONTABA 83 ANOS.
ACTUALMENTE QUEDAN SOBRIÑOS VIVOS DE MANUEL.
Cholito no lugar de Paraños, na parroquia morañesa de San Martiño de Gargantáns, celebrando as festas en honor de Santa Apolonia.
RECORDOS DA XENTE QUE COÑECEU A CHOLITO :
1–Nas festas de San Lorenzo sempre viña Cholito de Paraños cun sombreiro mexicano, con chaveiros pendurados da ala, dicindo que buscaba moza, pero sin moita esperanza porque a él todas lle decían que no.
2–Cantaba rancheras a cambio de viño.
3–Era o último domingo de agosto, celebrábase na parroquia de Bemil (Caldas de Reis) unha das romarías máis populares daquel lugar en honor a San Xusto.
CHOLITO non podía faltar á verbena, chegaba o campo da festa todo feito un pincel, coa súa americana chea de chapas é lazos de cores, e como sempre a súa ilusión era subir ao palco a cantar, pero os músicos das orquestas xa estaban de volta, xa coñecían a CHOLITO dabondo, atopábano por todolos sitios e non o deixaban subir a cantar, pero ese día, eran xa as tres da mañá, xa estaban a piques de rematar de tocar é a xente xa se había ido toda prácticamente, só quedaba a mocidade que quería seguir de troula…
Todos comezaron a gritar que querían escoitar a CHOLITO cantar, que querían que subira ao palco…
Uns cantos mozos achegáronse aos da comisión de festas, e pedíronlles que falasen coa orquesta para que deixasen subir a CHOLITO, xa que a festa xa estaba rematada é quedaban eles nada máis.
Así foi e CHOLITO puido subir ao palco, cando estaba subindo, comezaron todos a pedirlle a CHOLITO que cantase a súa canción favorita por aquel entón : corda con corda…
CHOLITO todo cheo de razón comezou a cantar, acompañado da orquesta :
CHOLITO disfrutaba o máximo, mentres a mocidade tiña división de opinións, mentres algúns se rían a escachar, outros lle lanzaban de todo o que atopaban a man, máis dun foi a unha leira próxima a por tomates, que chegaron a impactar en todo o rostro do pobre CHOLITO.
A él daballe igual, estaba disfrutando a base de ben encima daquel palco.
4–Corría o ano 1975, CHOLITO por aquel entón traballaba na casa dunha rica familia de feirantes, veciños da parroquia de Rebón, eran coñecidos co alcume de OS REVOLTEIROS.
Ás veces, cando chegaban das feiras, paraban a comer na parroquia de Amil, nunha taberna que había en fronte ao campo de fútbol, alí aparecía CHOLITO e claro, terminaba cantando e animando a xornada.
Un día chegou a oídos dunha das irmás dos REVOLTEIROS, que a xente andaba murmurando e dicíndolle a CHOLITO que como traballaba para eles sen que estivese asegurado, que un día podia pasarlle algo e non tería paga ningunha.
Ela estaba toda preocupada e andaba sempre vixiando a CHOLITO para que non lle fose a pasar nada.
Un día, sendo noite pechada, CHOLITO íase para a súa casa, daquela o camiño por onde tiña que pasar non estaba como hoxe en día, estaba sen asfaltar e non había luz pública ningunha, María pensou en CHOLITO, e saíu disparada da súa casa, pensando en que si lle ocorría algo a xente comezaría a falar mal, así que comezou a chamalo e a dicirlle en voz alta :
CHOLITO, CHOLITO, non vaias caer ! Óesme ? Non vaias caer, vaite con coidado ! Escóitasme ?
Corría o ano 1998 cando no Boletín de Información Xeral denominado A Voz do Rons, entrevistaron a Clara Fontán Tilve (30/01/1936)
Cando lle fixeron a entrevista Clara contaba con 62 anos, comentaba a veciña que lle facía a entrevista que Clara coa súa edade ainda tiña folgos de rapaza nova, pois eu manteño que agora con 85 anos as costas sigue sendo a misma rapaza nova ca aquel entonces.
A entrevista foi mui curiosa, dando a coñocer unha serie de anécdotas que lle pasaron a Clara nos seus tempos de xuventude, algunhas delas contoumas a min o día que fun xunto dela, como se pode ir vendo…
Comentaba que fora aos bailes da Cañota é do Chosco en Lérez, tamén de cando foi o cine por primeira vez, seica fora con unha amiga é resulta que non coñocían muito a cidade de Pontevedra, enton guiáronse polos cables do trole para poder chegar, así que botaron a andar polo traxecto donde iban os cables, ata que chegou o momento que xa non había cables, nese momento preguntaronlle a unha muller que pasaba polo lugar como se chamaba o sitio donde estaban, a muller respondeulle que Marin…polo que tiveron que dar volta dirección a Pontevedra, co retraso que tiveron perderon a primeira sesión é tiveron que agardar pola segunda, cando entraron no Teatro Malvar, Clara estivo toda a sesión sentada co asiento doblado cara arriba, comentaballe Clara que fora debido a ignorancia.
Recordándolle esta anécdota, contoume outra, outra vez fora con dúas amigas ao Teatro Principal, para poder ir, para poder ver a película que naqueles días estaba do trinque, Clara había collido cartos do peto que tiña a súa tía Josefina, sen que ela se decatase sacou unhas cantas moedas coa axuda dun alambre… Sacáronse tres entradas para “tres caballeras”, así foi como pediu unha das amigas a taquillera. —Oiches Juan, as miñas amigas nunca na súa vida asistiran a unha sesión de cine, acomodámonos na parte central do teatro, elas estaban asombradas daquel lugar, daquela pantalla enorme ! Non vexas ti o nerviosas que se puxeron cando de repente apagaron as luces, eu tranquiliceinas, de súpeto comeza a película, comézase a ver unha enorme máquina de tren, daquelas de antes, sabes Juan, das que botaban moito fume, pois resulta que tal como se vía parecía que viña na nosa dirección, con aquel ruido é o fume, mira, si ves às duas levantarse e comezar a fuxir en dirección á porta de entrada jajajaja, unha delas levou por diante ao acomodador do cine que estaba na entrada, o señor comezou a dicir : pero que lle pasa a esta muller ! Parece unha cabra montesina !
Jajajaja, Clara e máis eu non paramos de rir, de repente xa se acordaba de outra que había dito na Voz do Rons fai anos…
Recordaba outra anécdota de cando unha veciña iba a dar a luz, viñeron xunto dela para que axudará, cando mirou que xa salía a criatura, escapouse e foi a chamar por outras veciñas.
Clara tamén lle dixo a entrevistadora que tivera muitos pretendientes pero seguía solteira porque como decía ela : “non nacín para estar casada “.
Cando lle fixeron a entrevista, Clara era unha asidua a Sala de Fiestas La Luna, gustaballe o ambiente que tiña, co seu espíritu xoven non se perdía ningún sábado nin domingo.
O día que a Asociacion de Veciños organizou unha andaina pola parroquia con motivo de ir recollendo as herbas de San Xoán, tivemos a compañía de Clara, que veu acompañada das súas sobriñas. Nun momento que estivemos falando díxenlle que quería un día estar con ela para conversar, a súa contestación foi : ven cando queiras.
VOU VISITAR A CLARA, NO LUGAR DE A COSTA.
Un día de mañanciña, achegueime a casa de Clara, tiven que esperar un pouco, dado que ainda estaba na cama, díxenlle que quería quedar con ela para conversar un pouco, contestoume que ese día non podía ser porque a viñan recoller para ir ao cemiterio, dado que agora xa lle custa un pouco andar, así que quedamos para outro momento. Así foi, ao cabo duns días xa estaba eu de novo na súa casa, invitoume pasar para o seu salón, moi amablemente convidoume a un viño e a unha tapa de xamón, eu dixenlle que non tiña porque traerme nada, pero ela insistiu. Comentamos un par de cousas da vida mesma e pronto comezamos a falar da historia da súa familia… Clara comezou a falar dos seus avós, os que viviron no lugar de O Bravo, chamábanse Francisca e José, tiveron cinco fillas, que por desgraza quedaron mui xovenciñas soas, sin nai nin pai. A súa avoa morreu moi nova, contaba 37 anos, polo que me conta Clara seguramente foi debido a gripe española (1913). A raíz da morte da súa avoa, o seu avó colleu medo de tanta responsabilidade, encontrouse desesperado, é decidiu marchar, emigrou para América é nunca máis se soubo del. A irmá da súa avoa foi a quedou a cargo das nenas, a maior das cativas non pasaba dos doce anos, vivían nunha pequena casa constituída por dous cuartos, unha cociña e un cortello onde durmía unha cabra, comezaba unha vida moi dura para todas elas, e pronto tiveron que comezar a servir en casas para poder levarse algo a boca, nenas de oito e nove anos traballando no campo como calquera maior…nenas enlutadas de arriba abaixo, esparcidas polo monte, coas cabras é ouvellas, acarretando toxo, leña, piñas…moñadillas coma pitos.
Así foi pasando un tempo, un día un veciño da parroquia, que había emigrado á Arxentina, cando veu de volta acompañado da súa muller para quedarse definitivamente na parroquia, vendo a situación en que quedaron as criaturas e como non habían tido fillos decidiu levarse para súa casa a dúas delas, a nai de Clara de nome Dolores e a súa irmá Isolina, eran moi pequenas, a unha delas levouna para a súa casa da man e á outra no colo. Este veciño era coñecido por Joaquin Ventura, un home de carácter e decidido a ser un dos terratenientes do lugar, Joaquín estando na Arxentina, conforme foi facendo “plata” foi comprando propiedades (cachiños), así que ao chegar de regreso a súa terra mercou dous bois e tres vacas, os aparellos de labranza é un fermoso cabalo branco, Ventura montado naquel cabalo daba moito respeto, andaba cabalgando dun lado para outro, controlando as súas leiras e as súas cachadas, as súas propiedades chegaban ata a parroquia de Verducido. O señor Ventura demostraba o seu carácter en calquera momento, ata os días de festa obrigaba ás súas dúas “fillas” a traballar no campo ou ir a por toxo. Foron anos de moito sacrificio para as dúas nenas, na casa de Ventura recollían moito viño, millo, centeno, patacas…elas eran a man de obra. A herdanza de Ventura era moi grande, ao falecer deixouna repartida entre varias parentes de Clara, tanto as do Bravo como as da Costa.
Dolores Tilve, a nai de Clara, casouse con Benjamin Fontan, tiveron seis fillos (Joaquín, falecido aos tres anos, Lola, Joaquín, Jaime, Clara e Pascual. A desgraza tamén sacudiu moi cedo na casa de Clara, o seu pai falece contando 42 anos e a súa nai morre tamén moi nova, unha neumonía levouna por diante, o doutor Barbolla non puido facer nada por ela, só fixo poñerlle unha inyección e ao momento falecer, tiña naquel momento 44 anos. Tamén Ventura falece aos catro meses de falecer o pai de Clara, tiña 73 anos. Quedáronse sen pais contando idades de oito, nove, doce anos…quedaron soliños, non tiñan a ninguén que os coidase, nin avós nin pais, ao final foron coidadas por unhas tías, quedaron os cinco irmáns, as cousas da vida, tal como lle pasou a nai de Clara, o mesmo pasoulle a ela é aos seus irmáns. Clara garda especial agarimo por unha das súas tías, Josefina, neste momento que a recorda as bágoas de Clara derrámanse pola súa cara, canto a quería e séguea querendo ! Os recordos amontóanse e Clara comeza a contarme que na casa tiñan un enorme forno, nel chegaron a cociñarse nove pans, eran tan grande que para quentalo usábase un carro de leña, que custaba atopala polo monte por certo. Recorda Clara que unha vez tiveron que reforzar o chan de madeira do hórreo, dado que unha vez uns veciños que vivían preto da súa casa entráronlle de noite e leváronlle todo o que tiñan alí, valéronse dunha cepa enorme que tiñan diante de casa (unha cepa que daba ela soa un bocoi de viño) subíronse por ela e entraron rompendo a madeira que facía de chan do hórreo, depois do roubo tiveron que facer dous pisos de madeira para evitar de novo que lle roubasen, por certo, no día do roubo estaban recién feitas aquelas enormes bolas de pan que fixera a nai de Clara o día anterior. Cos anos os irmáns de Clara fóronse buscando a vida, algún emigrando, pedindo prestados os cartos para poder embarcar, outro marchou sin decir adiós, desaparecendo por completo da sua vida, sen chegar a saber nada del ata moitos anos despois.
CLARA, A SÚA VIDA.
Clara só foi á escola tres meses, moi pronto comezou a traballar ao xornal, sabía ben o ofício, desde ben pequena, co paso dos anos ela miraba que o traballar no campo era mui esclavo, decidiu probar outro ofício, así que foise para unha casa de comidas que estaba situada na parroquia de Alba, estivo de cociñeira en Casa Prado, bueno non só de cociñeira, porque cuidaba da filla dos xefes, facía a limpeza da casa, traballaba no campo…gañaba ao mes 1500 pts., de aí foise para a cidade, Casa Digna ofreceulle 4500 pts, polas mesmas horas de traballo, cando se decatou Agustin de que Clara íase púxose todo furioso, Clara foi moi “clara” jajaja, díxolle que si él lle ofrecía a mesma cantidade quedábase, non foi así. Máis tarde, por mediación dunha coñecida, comezou a traballar nunha empresa de limpeza, a oferta era moi boa e non o dubidou, durante máis de trinta anos Clara estivo realizando a tarefa de limpiadora no edificio de Telefónica, situada na rúa de Xeneral Gutiérrez Mellado, a súa vida laboral acabou aí. Clara traballaba e gozaba dos seus días libres, atrás quedaban aqueles días de xornaleira é despois de cociñeira, onde non tiña descanso, traballaba de luns a luns, de sol a sol. Excursións, praia e baile, esas eran as súas afeccións. Ela sempre foi moi bailarina, nunca quixo ter noivo, o seu era bailar con todos os chavales, pero sen ter que ser parella de ninguén, algún, por celos, quixo chegar a pegarlle por vela bailar con outros. Durante eses anos estivo a vivir con ela a súa tía Juana, a que había emigrado muitísimos anos antes para Arxentina, unha señora encantadora que se compenetraban a mar de ben. Tamén estivo un tempo na súa casa o irmán Joaquín, logo dunha chea de anos sen saber del puideron volverse a ver é compartir casa un tempo. Garda tamén con agarimo as visitas da sua irmán Lola, emigrada a Brasil, que estivo un par de veráns é as últimas navidades, antes do covid. Coa xubilación é a compañía do seu inseparable irmán Jaime, Clara segue traballando as súas leiras e como non, gozando das viaxes, da praia é de ir bailar.
Clara contoume moitas cousas da historia da súa familia que eu non sabía, de todo o que me contou emocionoume cando falou do seu irmán Jaime, unha perda irreparable para ela, custoulle moito asumilo, referíndose a él díxome que sempre se levaron ben, que nunca tiveron enfado ningún é hoxe en día nota muitisimo a súa falta. Desde moi nova Clara foi vendo como moitos dos seus seres queridos foron morrendo, uns a unha idade moi temprana é foino soportando como puido, pero a falta do seu irmán Jaime aínda é hoxe o día que ao falar del se entristece e rompe a chorar.
Intento darlle ánimos é cambio de conversación, preguntolle por os álbuns de fotos, de seguido trae varios é poñemos a velos é a comentar cada unha das fotos que ten e que garda con muito cariño.
Eu tamén lle enseño algunha das que teño no meu móvil e tamén algún vídeo do meu fillo Adrián bailando, o velo bailar, Clara dime :
—Juan, estou triste, levo tempo sen poder ir bailar, están todas as salas pechadas é La Luna xa non volve abrir máis… —Tranquila Clara, en breve van abrir é a sala de festas La Luna tamén, asegúrocho. —Estás seguro ? De verdade ? Que alegría me dás !!!
Volveréi por xunto Clara, ainda quedaron cousas das que falar e viño que tomar…
COSME DE MÉDICIS PASOU POR CERPONZÓNS. O matrimonio formado por Vittoria della Rovere e Ferdinando II, foi unha rica e poderosa familia italiana, o seu fillo Cosme entre o 25 de Setembro de 1668 e 19 de marzo de 1669, realizou unha viaxe por España e Portugal, naqueles momentos facíao como o herdeiro do Gran Ducado de Toscana.
Aínda que desde moi novo, Cosme foi unha persoa solitaria, na súa viaxe acompañárono o principio un total de 27 membros, aumentando ata 39.
No seu séquito había médicos, sacerdote, mordomo, secretarios, cortesáns…
Cosme foi inculcado pola súa nai baixo unha educación relixiosa, foi de tal xeito que desenvolveu un carácter completamente beato, chegando a pasar a maioría das horas do día á oración e a peregrinar.
A finalidade da viaxe por España e Portugal era a de visitar a tumba do Apóstolo Santiago, acompáñalle un séquito de persoas, entre eles o seu amigo e compañeiro da infancia o marqués Corsini, persoa culta e Conselleiro de Estado. Así mesmo Giovan Battista Gornia, autor dun diario da viaxe e médico do Principe, Magalotti, cronista da viaxe é o pintor de acuarelas e debuxos que plasmou a viaxe (o fotógrafo oficial) Pier María Baldi, os seus debuxos realizados polas principais cidades por onde pasaron consérvanse na Biblioteca Medicea Laurenziana, en Florença.
Unha carroza e varios cabalos foi o medio de transporte que utilizou, para iso tiña na comitiva axudas de cámara, lacayos, cocheros, caballerizos, mozos de cuadra etc.
Adoitaba parar a descansar e pernoctar nas propiedades eclesiásticas, os monxes e o clero dábanlles froitos dos seus hortos, a cambio o príncipe compensábaos con donativos.
Os escribientes do príncipe Cosme fan mención especial en todos os seus escritos á comida española, destacando os ricos carneiros de Toledo, os xamóns dun lugar de Andalucía (Rute), pero levando os mellores eloxios a comida galega. Falaban que o río Miño era dunha gran abundancia en peixe, o salmón, o sáibao ( moi parecido ao salmón, pero máis pequeno), na desembocadura do río os rodaballos eran enormes, os lenguados moito máis sabrosos que os de Portugal, as ostras etc. e por suposto, de beber destacaban o viño branco co seu sabor exquisito.
Unha das comidas que máis resaltaron foi a que o bispo de Tui ofreceulles, foi a base de confituras e peixe, foi tal a cantidade que quedaron abraíados.
Un dos seus escribientes, Filippo Corsini, que ía na comitiva do duque Cosme de Medicis en peregrinación a Santiago en 1669, tomaba nota de todo, tanto das comidas, como as paisaxes, os lugares…escribe referente á construción das casas, o seguinte : constrúense as casas de Galicia, baixas e construídas con tan grandes pedras que cunhas poucas se podería edificar unha muralla.
Á súa chegada a Pontevedra, o pintor Pier María Baldi, realiza o correspondente debuxo da cidade, en pouco tempo plasma o seguinte :
Atopei nun libro de efemérides que recolleu Modesto Rodríguez Figueiredo, un recordatorio relacionado co paso de Cosme de Médecis por Pontevedra, segundo él a acuarela que realiza Pier María Baldi é o máis antigo testemuño gráfico do conxunto urbano da cidade.
O debuxo é un aguatinta en sepia tomado desde casa situada á esquerda do antigo camiño vello a Santiago, o que hoxe se coñece polo “da Santiña“, alén do río.
A panorámica abarca desde o Castro Mourente aos Montes da Caeira.
Mentres, Corsini describe Pontevedra rodeada dunha gran muralla, conta naquel momento con 500 casas, e fala dos seus habitantes como máis cultos que os do resto de Galicia.
O séquito do príncipe segue o seu peregrinaxe, camiño de Santiago, antes pasan por varias parroquias, entre elas Cerponzóns, a súa próxima parada sería Caldas de Reis.