COSME DE MÉDECIS PASOU POR CERPONZÓNS.

COSME DE MÉDICIS PASOU POR CERPONZÓNS.
O matrimonio formado por Vittoria della Rovere e Ferdinando II, foi unha rica e poderosa familia italiana, o seu fillo Cosme entre o 25 de Setembro de 1668 e 19 de marzo de 1669, realizou unha viaxe por España e Portugal, naqueles momentos facíao como o herdeiro do Gran Ducado de Toscana.

Aínda que desde moi novo, Cosme foi unha persoa solitaria, na súa viaxe acompañárono o principio un total de 27 membros, aumentando ata 39.

No seu séquito había médicos, sacerdote, mordomo, secretarios, cortesáns…

Cosme foi inculcado pola súa nai baixo unha educación relixiosa, foi de tal xeito que desenvolveu un carácter completamente beato, chegando a pasar a maioría das horas do día á oración e a peregrinar.

A finalidade da viaxe por España e Portugal era a de visitar a tumba do Apóstolo Santiago, acompáñalle un séquito de persoas, entre eles o seu amigo e compañeiro da infancia o marqués Corsini, persoa culta e Conselleiro de Estado. Así mesmo Giovan Battista Gornia, autor dun diario da viaxe e médico do Principe, Magalotti, cronista da viaxe é o pintor de acuarelas e debuxos que plasmou a viaxe (o fotógrafo oficial) Pier María Baldi, os seus debuxos realizados polas principais cidades por onde pasaron consérvanse na Biblioteca Medicea Laurenziana, en Florença.

Unha carroza e varios cabalos foi o medio de transporte que utilizou, para iso tiña na comitiva axudas de cámara, lacayos, cocheros, caballerizos, mozos de cuadra etc.

Adoitaba parar a descansar e pernoctar nas propiedades eclesiásticas, os monxes e o clero dábanlles froitos dos seus hortos, a cambio o príncipe compensábaos con donativos.

Os escribientes do príncipe Cosme fan mención especial en todos os seus escritos á comida española, destacando os ricos carneiros de Toledo, os xamóns dun lugar de Andalucía (Rute), pero levando os mellores eloxios a comida galega.
Falaban que o río Miño era dunha gran abundancia en peixe, o salmón, o sáibao ( moi parecido ao salmón, pero máis pequeno), na desembocadura do río os rodaballos eran enormes, os lenguados moito máis sabrosos que os de Portugal, as ostras etc. e por suposto, de beber destacaban o viño branco co seu sabor exquisito.

Unha das comidas que máis resaltaron foi a que o bispo de Tui ofreceulles, foi a base de confituras e peixe, foi tal a cantidade que quedaron abraíados.

Un dos seus escribientes, Filippo Corsini, que ía na comitiva do duque Cosme de Medicis en peregrinación a Santiago en 1669, tomaba nota de todo, tanto das comidas, como as paisaxes, os lugares…escribe referente á construción das casas, o seguinte : constrúense as casas de Galicia, baixas e construídas con tan grandes pedras que cunhas poucas se podería edificar unha muralla.

Á súa chegada a Pontevedra, o pintor Pier María Baldi, realiza o correspondente debuxo da cidade, en pouco tempo plasma o seguinte :

Atopei nun libro de efemérides que recolleu Modesto Rodríguez Figueiredo, un recordatorio relacionado co paso de Cosme de Médecis por Pontevedra, segundo él a acuarela que realiza Pier María Baldi é o máis antigo testemuño gráfico do conxunto urbano da cidade.

O debuxo é un aguatinta en sepia tomado desde casa situada á esquerda do antigo camiño vello a Santiago, o que hoxe se coñece polo “da Santiña“, alén do río.

A panorámica abarca desde o Castro Mourente aos Montes da Caeira

Mentres, Corsini describe Pontevedra rodeada dunha gran muralla, conta naquel momento con 500 casas, e fala dos seus habitantes como máis cultos que os do resto de Galicia.

O séquito do príncipe segue o seu peregrinaxe, camiño de Santiago, antes pasan por varias parroquias, entre elas Cerponzóns, a súa próxima parada sería Caldas de Reis.

Un comentario en “COSME DE MÉDECIS PASOU POR CERPONZÓNS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s