CONVERSAS CON CLARA FONTÁN TILVE

CONVERSAS CON CLARA

Corría o ano 1998 cando no Boletín de Información Xeral denominado A Voz do Rons, entrevistaron a Clara Fontán Tilve (30/01/1936)

Cando lle fixeron a entrevista Clara contaba con 62 anos, comentaba a veciña que lle facía a entrevista que Clara coa súa edade ainda tiña folgos de rapaza nova, pois eu manteño que agora con 85 anos as costas sigue sendo a misma rapaza nova ca aquel entonces.

A entrevista foi mui curiosa, dando a coñocer unha serie de anécdotas que lle pasaron a Clara nos seus tempos de xuventude, algunhas delas contoumas a min o día que fun xunto dela, como se pode ir vendo…

Comentaba que fora aos bailes da Cañota é do Chosco en Lérez, tamén de cando foi o cine por primeira vez, seica fora con unha amiga é resulta que non coñocían muito a cidade de Pontevedra, enton guiáronse polos cables do trole para poder chegar, así que botaron a andar polo traxecto donde iban os cables, ata que chegou o momento que xa non había cables, nese momento preguntaronlle a unha muller que pasaba polo lugar como se chamaba o sitio donde estaban, a muller respondeulle que Marin…polo que tiveron que dar volta dirección a Pontevedra, co retraso que tiveron perderon a primeira sesión é tiveron que agardar pola segunda, cando entraron no Teatro Malvar, Clara estivo toda a sesión sentada co asiento doblado cara arriba, comentaballe Clara que fora debido a ignorancia.

Recordándolle esta anécdota, contoume outra, outra vez fora con dúas amigas ao Teatro Principal, para poder ir, para poder ver a película que naqueles días estaba do trinque, Clara había collido cartos do peto que tiña a súa tía Josefina, sen que ela se decatase sacou unhas cantas moedas coa axuda dun alambre…
Sacáronse tres entradas para “tres caballeras”, así foi como pediu unha das amigas a taquillera.
—Oiches Juan, as miñas amigas nunca na súa vida asistiran a unha sesión de cine, acomodámonos na parte central do teatro, elas estaban asombradas daquel lugar, daquela pantalla enorme ! Non vexas ti o nerviosas que se puxeron cando de repente apagaron as luces, eu tranquiliceinas, de súpeto comeza a película, comézase a ver unha enorme máquina de tren, daquelas de antes, sabes Juan, das que botaban moito fume, pois resulta que tal como se vía parecía que viña na nosa dirección, con aquel ruido é o fume, mira, si ves às duas levantarse e comezar a fuxir en dirección á porta de entrada jajajaja, unha delas levou por diante ao acomodador do cine que estaba na entrada, o señor comezou a dicir : pero que lle pasa a esta muller ! Parece unha cabra montesina !

Jajajaja, Clara e máis eu non paramos de rir, de repente xa se acordaba de outra que había dito na Voz do Rons fai anos…

Recordaba outra anécdota de cando unha veciña iba a dar a luz, viñeron xunto dela para que axudará, cando mirou que xa salía a criatura, escapouse e foi a chamar por outras veciñas.

Clara tamén lle dixo a entrevistadora que tivera muitos pretendientes pero seguía solteira porque como decía ela : “non nacín para estar casada “.

Cando lle fixeron a entrevista, Clara era unha asidua a Sala de Fiestas La Luna, gustaballe o ambiente que tiña, co seu espíritu xoven non se perdía ningún sábado nin domingo.

O día que a Asociacion de Veciños organizou unha andaina pola parroquia con motivo de ir recollendo as herbas de San Xoán, tivemos a compañía de Clara, que veu acompañada das súas sobriñas.
Nun momento que estivemos falando díxenlle que quería un día estar con ela para conversar, a súa contestación foi : ven cando queiras.

VOU VISITAR A CLARA, NO LUGAR DE A COSTA.

Un día de mañanciña, achegueime a casa de Clara, tiven que esperar un pouco, dado que ainda estaba na cama, díxenlle que quería quedar con ela para conversar un pouco, contestoume que ese día non podía ser porque a viñan recoller para ir ao cemiterio, dado que agora xa lle custa un pouco andar, así que quedamos para outro momento.
Así foi, ao cabo duns días xa estaba eu de novo na súa casa, invitoume pasar para o seu salón, moi amablemente convidoume a un viño e a unha tapa de xamón, eu dixenlle que non tiña porque traerme nada, pero ela insistiu.
Comentamos un par de cousas da vida mesma e pronto comezamos a falar da historia da súa familia…
Clara comezou a falar dos seus avós, os que viviron no lugar de O Bravo, chamábanse Francisca e José, tiveron cinco fillas, que por desgraza quedaron mui xovenciñas soas, sin nai nin pai. A súa avoa morreu moi nova, contaba 37 anos, polo que me conta Clara seguramente foi debido a gripe española (1913). A raíz da morte da súa avoa, o seu avó colleu medo de tanta responsabilidade, encontrouse desesperado, é decidiu marchar, emigrou para América é nunca máis se soubo del.
A irmá da súa avoa foi a quedou a cargo das nenas, a maior das cativas non pasaba dos doce anos, vivían nunha pequena casa constituída por dous cuartos, unha cociña e un cortello onde durmía unha cabra, comezaba unha vida moi dura para todas elas, e pronto tiveron que comezar a servir en casas para poder levarse algo a boca, nenas de oito e nove anos traballando no campo como calquera maior…nenas enlutadas de arriba abaixo, esparcidas polo monte, coas cabras é ouvellas, acarretando toxo, leña, piñas…moñadillas coma pitos.

Así foi pasando un tempo, un día un veciño da parroquia, que había emigrado á Arxentina, cando veu de volta acompañado da súa muller para quedarse definitivamente na parroquia, vendo a situación en que quedaron as criaturas e como non habían tido fillos decidiu levarse para súa casa a dúas delas, a nai de Clara de nome Dolores e a súa irmá Isolina, eran moi pequenas, a unha delas levouna para a súa casa da man e á outra no colo.
Este veciño era coñecido por Joaquin Ventura, un home de carácter e decidido a ser un dos terratenientes do lugar, Joaquín estando na Arxentina, conforme foi facendo “plata” foi comprando propiedades (cachiños), así que ao chegar de regreso a súa terra mercou dous bois e tres vacas, os aparellos de labranza é un fermoso cabalo branco, Ventura montado naquel cabalo daba moito respeto, andaba cabalgando dun lado para outro, controlando as súas leiras e as súas cachadas, as súas propiedades chegaban ata a parroquia de Verducido.
O señor Ventura demostraba o seu carácter en calquera momento, ata os días de festa obrigaba ás súas dúas “fillas” a traballar no campo ou ir a por toxo. Foron anos de moito sacrificio para as dúas nenas, na casa de Ventura recollían moito viño, millo, centeno, patacas…elas eran a man de obra.
A herdanza de Ventura era moi grande, ao falecer deixouna repartida entre varias parentes de Clara, tanto as do Bravo como as da Costa.

Dolores Tilve, a nai de Clara, casouse con Benjamin Fontan, tiveron seis fillos (Joaquín, falecido aos tres anos, Lola, Joaquín, Jaime, Clara e Pascual.
A desgraza tamén sacudiu moi cedo na casa de Clara, o seu pai falece contando 42 anos e a súa nai morre tamén moi nova, unha neumonía levouna por diante, o doutor Barbolla non puido facer nada por ela, só fixo poñerlle unha inyección e ao momento falecer, tiña naquel momento 44 anos. Tamén Ventura falece aos catro meses de falecer o pai de Clara, tiña 73 anos.
Quedáronse sen pais contando idades de oito, nove, doce anos…quedaron soliños, non tiñan a ninguén que os coidase, nin avós nin pais, ao final foron coidadas por unhas tías, quedaron os cinco irmáns, as cousas da vida, tal como lle pasou a nai de Clara, o mesmo pasoulle a ela é aos seus irmáns. Clara garda especial agarimo por unha das súas tías, Josefina, neste momento que a recorda as bágoas de Clara derrámanse pola súa cara, canto a quería e séguea querendo !
Os recordos amontóanse e Clara comeza a contarme que na casa tiñan un enorme forno, nel chegaron a cociñarse nove pans, eran tan grande que para quentalo usábase un carro de leña, que custaba atopala polo monte por certo.
Recorda Clara que unha vez tiveron que reforzar o chan de madeira do hórreo, dado que unha vez uns veciños que vivían preto da súa casa entráronlle de noite e leváronlle todo o que tiñan alí, valéronse dunha cepa enorme que tiñan diante de casa (unha cepa que daba ela soa un bocoi de viño) subíronse por ela e entraron rompendo a madeira que facía de chan do hórreo, depois do roubo tiveron que facer dous pisos de madeira para evitar de novo que lle roubasen, por certo, no día do roubo estaban recién feitas aquelas enormes bolas de pan que fixera a nai de Clara o día anterior.
Cos anos os irmáns de Clara fóronse buscando a vida, algún emigrando, pedindo prestados os cartos para poder embarcar, outro marchou sin decir adiós, desaparecendo por completo da sua vida, sen chegar a saber nada del ata moitos anos despois.

CLARA, A SÚA VIDA.

Clara só foi á escola tres meses, moi pronto comezou a traballar ao xornal, sabía ben o ofício, desde ben pequena, co paso dos anos ela miraba que o traballar no campo era mui esclavo, decidiu probar outro ofício, así que foise para unha casa de comidas que estaba situada na parroquia de Alba, estivo de cociñeira en Casa Prado, bueno non só de cociñeira, porque cuidaba da filla dos xefes, facía a limpeza da casa, traballaba no campo…gañaba ao mes 1500 pts., de aí foise para a cidade, Casa Digna ofreceulle 4500 pts, polas mesmas horas de traballo, cando se decatou Agustin de que Clara íase púxose todo furioso, Clara foi moi “clara” jajaja, díxolle que si él lle ofrecía a mesma cantidade quedábase, non foi así.
Máis tarde, por mediación dunha coñecida, comezou a traballar nunha empresa de limpeza, a oferta era moi boa e non o dubidou, durante máis de trinta anos Clara estivo realizando a tarefa de limpiadora no edificio de Telefónica, situada na rúa de Xeneral Gutiérrez Mellado, a súa vida laboral acabou aí.
Clara traballaba e gozaba dos seus días libres, atrás quedaban aqueles días de xornaleira é despois de cociñeira, onde non tiña descanso, traballaba de luns a luns, de sol a sol.
Excursións, praia e baile, esas eran as súas afeccións. Ela sempre foi moi bailarina, nunca quixo ter noivo, o seu era bailar con todos os chavales, pero sen ter que ser parella de ninguén, algún, por celos, quixo chegar a pegarlle por vela bailar con outros.
Durante eses anos estivo a vivir con ela a súa tía Juana, a que había emigrado muitísimos anos antes para Arxentina, unha señora encantadora que se compenetraban a mar de ben. Tamén estivo un tempo na súa casa o irmán Joaquín, logo dunha chea de anos sen saber del puideron volverse a ver é compartir casa un tempo. Garda tamén con agarimo as visitas da sua irmán Lola, emigrada a Brasil, que estivo un par de veráns é as últimas navidades, antes do covid.
Coa xubilación é a compañía do seu inseparable irmán Jaime, Clara segue traballando as súas leiras e como non, gozando das viaxes, da praia é de ir bailar.

Clara contoume moitas cousas da historia da súa familia que eu non sabía, de todo o que me contou emocionoume cando falou do seu irmán Jaime, unha perda irreparable para ela, custoulle moito asumilo, referíndose a él díxome que sempre se levaron ben, que nunca tiveron enfado ningún é hoxe en día nota muitisimo a súa falta.
Desde moi nova Clara foi vendo como moitos dos seus seres queridos foron morrendo, uns a unha idade moi temprana é foino soportando como puido, pero a falta do seu irmán Jaime aínda é hoxe o día que ao falar del se entristece e rompe a chorar.

Intento darlle ánimos é cambio de conversación, preguntolle por os álbuns de fotos, de seguido trae varios é poñemos a velos é a comentar cada unha das fotos que ten e que garda con muito cariño.

Eu tamén lle enseño algunha das que teño no meu móvil e tamén algún vídeo do meu fillo Adrián bailando, o velo bailar, Clara dime :

—Juan, estou triste, levo tempo sen poder ir bailar, están todas as salas pechadas é La Luna xa non volve abrir máis…
—Tranquila Clara, en breve van abrir é a sala de festas La Luna tamén, asegúrocho.
—Estás seguro ? De verdade ? Que alegría me dás !!!

Volveréi por xunto Clara, ainda quedaron cousas das que falar e viño que tomar…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s