OFICIOS DOS VECIÑOS (XXVI) VARREDOR

VARREDOR : Persoa que ten por oficio varrer as rúas. (RAG).

Aínda que en documentación antiga aparece que a mediados do século XV xa algunhas cidades dispoñían de ordenanzas municipais, por poñer un exemplo, prohibían pasar cos porcos polas rúas, non é ata o século XVIII onde comezan a esixirse aos veciños que tivesen a súa dianteira de casa, xunto aos seus costados, limpos.
Seguro que moitos recordades ver nalgunha pelicula aquelas escenas onde á voz de “auga vai” os veciños baleiraban as bacinillas que utilizaban durante a noite é onde ouriñas e excrementos saían despedidos de tal forma que a maioría das veces ían parar encima dalgún transeúnte.
Calquera rúa de Pontevedra en pleno século XIX, estaba chea de desperdicios de todo tipo, as augas fecales, o lixo, a suciedad era tal que comezaron as autoridades a ter que tomar unha serie de medidas que puidesen erradicar os efectos nocivos que tiñan sobre a saúde da veciñanza.
É así, a finais do S. XIX, comezos do XX foi progresando notablemente a hixiene urbana en xeral.

OS VARREDORES DE CERPONZÓNS

Os principais utensilios que usaba o varredor habitualmente era un carro, un recolledor, unha vasoira grande é unha pala, con estas catro cousas xa era dabondo, aínda que co paso dos anos foron aparecendo novos métodos de recollida do lixo cunha maquinaria apropiada para poder realizar o traballo máis cómodo e á vez máis eficiente.

Recordo que sendo un neno os varredores da miña parroquia facían nas súas casas un instrumento formado por un pau que levaba nun extremo un pequeno feixe de ramas, casi sempre eran xestas, que despois empregaban precisamente para varrer, a maioria coñocemos éste instrumento por vasoira, por certo, un dos meus veciños utilizaba dita vasoira de unha forma mui “orixinal “…

Un día vinno en plena faena, exactamente na Praza de Méndez Nuñez, precisamente onde eu cursaba estudos na Academia Helenes, tamén coñocida por Buela, baixaramos de clase, era o momento do recreo, de súpeto véxoo situado en fronte á entrada do outro colexio que estaba tamén situado en devandita praza, a Academia Cervantes, alí estaba, vasoira en man, coa súa gorra, a súa chaqueta e pantalón de pana, concentrado na súa dura tarefa, metido entre os coches que ocupaban daquela toda esa praza da zona monumental, eran principios dos anos setenta.
O home era moi particular na súa forma de varrer, eu xa escoitara algo de boca dalgún veciño que paraba na taberna dos meus pais, pois resulta que xuntaba todo o lixo que ía recollendo da praza e íaa amontoando, cando tiña todo nun montón, no canto de recoller todo para o carro, dáballe uns vasoirazos en dirección aos baixos do coche que estivese máis preto, e alí quedaba todo, nos baixos do coche.
Tamén era moi habitual velo colgar a súa vasoira de xestas para ir tomar un refrixerio, ou dous, ou tres…polos bares da contorna, sabía controlar o tempo que tardaría en ter limpa a súa zona, ademáis non tiña que desprazarse a ningún lado a depositar o que había recollido…

Unha vez preguntaronlle à este veciño a que se dedicaba, cal era actualmente o seu traballo, contestou de este xeito : Son Técnico en mantemento sanitario de camiños públicos: é dicir, barrendeiro.

Ata o ano 1975 os varredores eran empregados fixos do concello, a partir dese ano concedeuse a limpeza e recolleita de lixo a unha empresa privada, creo recordar que se chamaba Selberg, moitos daqueles homes contratados polo Concello pasaron a ser empregados da mesma.
Desde o momento en que se privatiza o servizo, o sistema de recolleita dá un xiro de 180 grados, por unha banda os traballadores, ante un traballo duro, de gran esforzo físico, traballando día e noite á intemperie, comezan a pedir melloras de todo tipo, tanto económicas como de maquinaria etc. Una das folgas máis recordadas foi a que houbo no ano 1983, aínda que non foi a máis grave, realizouse a finais de novembro ata principios de decembro, as bolsas amontoadas e esparcidas polas rúas e prazas ofrecían un aspecto lamentable, o cheiro era nauseabundo, ademáis naquel ano aínda non estaba xeneralizado a implantación de contenedores, foron máis de dez días que Pontevedra estivo sen prácticamente recolleita ningunha. Co paso os anos o servizo foi mellorando en todos os aspectos, tanto en melloras laborais como en maquinaria. Por poñer un exemplo, si nos anos oitenta un camión dedicado á recolleita do lixo necesitaba nalgúns dos casos ata catro operarios, hoxe en día hai camións que con só o condutor xa realiza a mesma función, ademáis a incorporación de máquinas rodillo, aspiradoras, baldeadoras etc. fixo que a limpeza e recolleita fose máis eficiente e máis rápida, aínda que hoxe en día bótase en falta máis maquinaria é máis empregados que cubran o servizo por toda a cidade é barrios.

O RAPADIÑO


Na nosa parroquia de Cerponzóns tivemos uns anos, demasiados, un lugar onde se depositaron 400000 toneladas de resíduos sólidos urbanos, todo o lixo de Pontevedra e doutros dous concellos, o lugar onde estaba situado coñécese como O Rapadiño, rematouse de selar no ano 2005.
Un lugar onde chegou o momento que era prácticamente imposible depositar máis lixo, os camións enterrábanse de tal xeito que non podían circular por él, as ratas contábalas por milleiros e as gaivotas coas súas cagadas camuflaban a maquinaria, ademáis cada dúas por tres había incendios.

ANÉCDOTAS

Son infinitas as anécdotas que podían contar os varredores, nos contenedores atopas de todo, quédome coa de veces que se atoparon dentro dos contenedores a xente durmindo a melopea, outros que se colleron un bo peido ou aquel que se había pimplado uns cantos cubatas para celebrar a vitoria do seu equipo…e menos mal, que daquela o camión levaba operarios, que hoxe en día xa non fai falta un home para levantar a tapa…é todo automático.

RECORDOS

Gardo un grato recordo do señor Joaquín O da Bouza, un dos primeiros veciños que desempeñaron o oficio de varredor.
Éste foi o nomeamento do señor Joaquín como Peón de Servicio de Limpeza Pública, firmado por Filgueira Valverde, alcalde de Pontevedra.

O AGUINALDO DE NADAL

Había un costume a nivel nacional, nunha gran maioría de oficios pedían un aguinaldo ao chegar o Nadal, durante moitos anos había esa costume, pero a partir de 1970 vai desaparecendo, debido a que eran tantas peticións que as xentes que vivían en edificios chegaron a colocar na entrada do edificio uns carteis indicando que non se aceptaban felicitacións.

Sirva de exemplo esta coplilla da Coleccion Casal, que utilizaban os varredores de Pontevedra, data do ano 1906

VECIÑOS DE CERPONZÓNS CO OFICIO DE VARREDOR

Joaquín O da Bouza, Pepe O Peneiras, José O Patiolas, Manuel O Roque, Joaquin O Petelo, Canducho O Santos, O Carqueixo, Luciano O Perrechico, Evaristo O Carrapuzo, José, Jesús é Carlos.

Nestes últimos tempos éste oficio, moitas veces denostado, volveuse máis importante que nunca, con este relato quero darlles as grazas por todo o realizado durante a pandemia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s