O ENGANIDO

ENGANIDO
O enganido ou enginido, é unha enfermidade infantil, equiparable ao raquitismo.
Maniféstase por unha falta de vitamina D, producindo deformacións e alteracións no esqueleto.
Nas crenzas populares hai quen achacaba esta enfermidade ao Mal do Aire.

Os labregos, decía V. Lis, chaman Mal de Aire a unha serie de doenzas que cren debidas ao aire que emana de certos animais, de certas persoas e dos mortos. Os enfermos, case sempre nenos, mostran diversos sintomas, entre os que destacan o raquitismo e inapetencia.

Para estar seguros de que o neno padece o mal, ten que ser a curandeira quen lle faga unha proba, si dá positivo enton é cando se somete a un rituai de purificación.

O NENO ENGANIDO

Sentados en duas banquetas, das que utilizaban no alboio para preparar as canas e os bimbios, contábame Teresa que ás veces á súa nai e á súa tía escoitábaas pronunciar a palabra Enganido, habitualmente usábana cando miraban a unha persoa que comezaba a toser e a toser e non daba parado, pero case sempre se utilizou máis nos nenos pequenos.
Sempre que un neno estaba débil , sen ganas de comer ou ben que se atraganta cos seus mocos producindo como unhas bronquitis espástica, dicíase que o neno estaba Enganido, pero tamén había quen lle botaba a culpa de estar así debido a coller o aire dunha gata que recentemente parira, ou dalgún bicho, tamén puidese ser debido a que o neno sentásese nunha cadeira que estaba quente onde estivese sentada unha mala persoa, é decir, un mal cristián.
Fai moitos anos era moi habitual levar aos nenos que se atopaban con estes síntomas a casa dunha veciña ou veciño que tivese “poderes” para curalos. E si non lograban sanalo acudían a outras parroquias onde escoitaron que había persoas que se dedicaban ás sanacións do Enganido, cada parroquia tiña algunha persoa que facía curacións, a unhas dabaselle ben sanar o Mal do Aire, a outras o Mal de Ollo…a xente cando se xuntaba a falar das súas cousas no adro, ou ben nas prazas dos lugares, tamén nas feiras ou cando tiñan convidados o dia da festa do patrón, comentaban os sucedidos relacionados coa curación que tivera algún pariente ou coñocido.
Así foi como unha vez acudiron uns veciños, que habían escoitado na feira de Mosteiro decir a un paisano do bo que era un curandeiro que había na parroquia de Santa María de Bemil, no Concello de Caldas de Reis.

A igrexa de Bemil é da misma época ca da nosa parroquia de Cerponzóns, do S. XII, forma un conxunto arquitectónico asociado co cemiterio, un cruceiro, unha carballeira é a uns 50 metros ao oeste dá Igrexa, está a casa reitoral, protexida como patrimonio cultural, foi construída no último terzo do século XX reutilizando parte dá construción orixinal do XVIII.
Esta parroquia ten unha história moi curiosa, nela está enterrado Pablo Giménez Rosillo, “ o faraón ou o rei dos xitanos galegos”, tiña moi boa relación co párroco D. Guillermo Magán Ferro e cando sintiu que ía a morrer, decidiu enterrarse en devandita parroquia, corría o ano 1949.

Os xitanos tiñan épocas que se xuntaban na carballeira, contan que chegaron unha vez a estar reunidos máis de mil, viñeran de toda Galicia.
Os xitanos que habitaban a carballeira durante todo o ano, servíanse dunha mina de auga que está situada a uns poucos metros da “Carballeira dos Xitanos”, así se coñoce o lugar desde que eles quedáronse alí a vivir.

E nesa mina de auga ocorreron casos de sanación con nenos doentes, sanacións que se realizaban de noite, en segredo, sen que ninguén se decatase.

A FONTE DO ENGANIDO DE BEMIL.

Este neno cada vez está peor, non lle serviu de nada o que lle fixo a sanadora, faláronme na feira do Mosteiro que en Bemil hai unha persoa que trata o Enganido, será mellor levalo canto antes, alí, preto da igrexa hai unha mina de auga que seica é milagreira.
Ao día seguinte, antes de saír o sol, dirixíronse en busca da persoa que ía tratar ao seu pequeno, a tardiña, ao chegar xunto él comentáronlle o que lle sucedía ao seu fillo, o curandeiro contestoulles que tiñan que esperar á noite para acudir co neno a fonte, mentres tanto podían descansar na súa casa da viaxe.
Mentras tanto non chegaba a hora, indicoulles como habían de facer, tiñan que realizar todo o que él lles fose dicindo. Así que ao chegar a noite, en silencio, colleron ao neno e fóronse dirección á fonte. Ao chegar o lugar, coñocido por Outeiro, o primeiro que sentiron foi moito frío, non dixeron nada respecto diso, estaban avisados de que non podían falar durante o tempo que levase a sanación.
O primeiro que fixo o curandeiro foi sacarlle a roupa do corpo ao neno, despois achegouno a pía e bañouno, mentras decía unhas oracións, o neniño tremia coma unha vara verde, seguidamente cubrírono cun trapo, xa que a roupa que traía posta o neno quedaría estendida polas silvas que había no lugar, era a costume.
Despois fóronse camiño da igrexa, alí esperábaos o sacristán, que estaba avisado anteriormente para tal menester.
Ao chegar á súa altura, procedeu a abrir a porta da igrexa, entraron, persignaronse e dirixíronse á sancristía, todo isto sen que se decatase o cura.
Na sancristía abriron un caixón onde gardaba a roupa o cura, nel meteron ao neno, para cubrilo coa devandita roupa é de novo volvía o curandeiro coas oracións, a sanación estaba chegando ao seu fin.
Logo de abandonar a sancristía agardaron no adro, esperaron a que o sacristán pechase a porta da igrexa, deronlle unha propina é cada un marchou as súas casas.
Ninguén se tiña que decatar do sucedido nesa noite e si alguén se decataba non o comentaba, ninguén quería falar daquilo que sucedía na FONTE DO ENGANIDO.
Unha soa noite era necesaria para realizar a cura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s