O MARCO DE PERRE

LUNS 11 de OUTUBRO do 2021

INAUGURACIÓN DO MARCO DE PERRE

Para a inauguración contamos coa presenza da concejala Yoya Blanco e Marcos Rey (Psoe), Pilar Comesaña (Bng) e Martín Martínez (PP).
Pola Asc. de Veciños estiveron presentes Liliana Casás, Merchy Cochón e Juan Jose Esperón.
Pola Asc. Cultural Chan do Monte estivo María Nieves Filgueira.

Desde a directiva da asociación damos as grazas as veciñas e veciños que nos acompañaron neste día.

SOBRE OS LUGARES HABITADOS DA PARROQUIA

Corría o ano 1997 cando o cura da parroquia D. Manuel Miguez, q.e.p.d., comezaba a publicar na Voz do Rons a historia da parroquia de Cerponzóns.

Unha gran labor de investigación a que fixo durante anos e que nos quedou de herdanza, o mellor que puido habernos deixado.

Nun dos capítulos que foi publicando comentaba dos nomes dos lugares da parroquia, moitos deles prácticamente desaparecidos da nosa contorna.

Decía D. Manuel :

No pasado os Libros Parroquiales afacían nomear máis nomes que na actualidade . Hoxe téndese a englobar os pequenos lugares baixo denominacions máis amplas.

É posible que co tempo moitos destes nomes esquézanse e desaparezan da memoria do pobo . Pódese facer o experimento seguinte : que os lectores traten de recordar cantos destes nomes coñecen e a súa situación actual . Debo advertir que aínda que algúns destes lugares están hoxe despoblados, todos menciónanse nos Libros Parroquiales como habitados.

OS ESQUECIDOS :

A CACHADA VELLA—A CAÑOTA—A CHAN DO MONTE—A CRUCIÑA DE PONTE BEÁN—A PONTE BEÁN—A PONTE POMAR—BIGAIXO—CACHADIÑA—CAMPO—CASA NOVA DE LIBOREI—CASÁS DE MEÁN—CASTELO DE CERPONZÓNS—CERNADELO—IGREXA—LAXE DE BASCUAS—LIVIÁNS—MENDO—MOGOS—MOUCHOS DE MEÁN—O CIMBELO—O TARAL—PORRELO—POZO DE MEÁN—RÍO DA BARCA— SANTARANDÁN— SOUTELO DE MEÁN— SOUTELO DO BRAVO—

OS QUE SE USAN ACTUALMENTE :

O CASTRADO…LIBOREI…SAN CAETANO…BALEA…A FONTEIRIÑA…PIDRE…O VIGARIO…O BRAVO…A COSTA…MEÁN…A BOUZA…TILVE…A RONS…A ERMIDA…O CUNCHIDO…

Son en total 42.

ANOS DONDE SE COMENZA A POÑER NOME OS LUGARES

TILVE…1657—POZO DE MEÁN…1666—A ERMIDA…1670

LIBOREI…1682-—IGREXA…1711—O VIGARIO…1713

PIDRE…1713—A BOUZA…1714—PONTE BEÁN…1714

O BRAVO…1715—O TARAL…1715—MOGOS…1716

O CUNCHIDO…1717—BALEA…1719—A RONS…1719

CRUCIÑA DE PONTE BEÁN…1720—MOUCHOS DE MEÁN…1720

FONTEIRIÑA DE PIDRE…1722—CACHADIÑA…1723—

SOUTELO DO BRAVO…1726—SOUTELO DE MEÁN…1726—

CASTELO DE CERPONZÓNS…1728—A COSTA…1732—

O CASTRADO…1738—O CIMBELO…1742—PORRELO…1744—

MENDO…1744—CERNADELO…1749—SAN CAETANO…1764—

PONTE DE PUMAR (TILVE)…1769—CHAN DO MONTE…1774—

MEÁN…1783—CAMPO…1797—CASA NOVA DE LIBOREI…1820—

A CACHADA VELLA…1841—RÍO DA BARCA…1862—

LUGARES SIN DATAR O ANO…CASÁS DE MEÁN—A CAÑOTA

EN OUTROS DOCUMENTOS ( ANOS DE 1600 APX.)  ENCONTRAMOS MÁIS DENOMINACIONS DE LUGARES :

*LAXE DE BASCUAS…Encontrado en documentos que están no Pazo de Rubians : Foro ortogado por Alvaro Súarez Sarmiento a favor de Gonzalo Barreiro, do lugar de Laxe, na aldea de Bascuas.

*BIGAIXO…referencia no Museo de Pontevedra : Unidade Documental simple 104/25

PROTEXER A MEMORIA DOS LUGARES HABITADOS DA PARROQUIA

Co paso do tempo unha gran maioría dos nomes de lugares da Parroquia de Cerponzóns englobaronse en denominacións máis amplas, debido a iso moitos dos nomes dos lugares vanse esquecendo e co paso dos anos pérdense por sempre da memoria do pobo.

Desde a Asc. de Veciños O Chedeiro temos a intención é a obrigación de que o noso Patrimonio Cultural debemos defendelo e gardalo como un tesouro, en moitas ocasións témolo ao alcance da man é a súa existencia a descoñecemos totalmente.

A nosa iniciativa pola defensa do Patrimonio Cultural da Parroquia de Cerponzóns comezou fai uns anos, podemos destacar a instalación dos cruceiros de Mogos é da Chanciña, a creación da Biblioteca, a realización do Documental Cerponzóns a mil, a edición do libro sobre a historia da parroquia Cerponzóns, mil anos de historia, máis de vinte conferencias impartidas antes é durante a celebración do milenio da parroquia, a creación do Himno do Cerponzóns C.F., a colocación de unha replica do Miliario de Magencio, colaboración coa Asociación de Campaneiros de Albaida, a colocación de un Fito informativo ao carón do Miliario, a recollida dos Alcumes da Parroquia, unha homenaxe a Señorita Carmiña, tamén a homenaxe ao Tamborileiro Manuel Castro, a colaboración coa Concellería de Turismo no libro Pontevedra no corazón, a participación no proxecto de Pontevedra Capital Gastro “Avoa Fest”, tamén noutro relacionado co Camiño Portugués, denominado O Camiño Contado…), é seguimos…

Estamos seguros que para protexer un Patrimonio é necesario primeiro de nada coñecelo, así foi como coa gran aportación que nos deixou D. Manuel é tras varios anos de investigación, atopamos os datos que estabamos buscando, agora é o momento de dar a coñecer unha nova parte da nosa historia, para que dunha vez por todas non caia progresivamente no esquecemento, como moitos outros valores patrimoniales que foron desaparecendo.

Na nosa parroquia milenaria temos tanto patrimonio histórico, arqueolóxico, cultural, arquitectónico…que moitas veces as administracións non poden facerse cargo da súa recuperación por falta de recursos ou de interese.

Pero esta vez tivemos a colaboración da Concellería de Promoción Económica e Turismo, da man da Concellala Yoya Blanco, grazas ao seu interés pola nosa proposta, para que os nosos topónimos non caian no esquecemento e poidan recuperarse para que formen parte do noso Patrimonio Cultural.

Un apaixonante proxecto, que comenzou fai dous anos da man do canteiro Manuel Collazo Torres.

Queremos tamén dar as grazas ao Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra, pola colaboración que tivemos na recuperación exacta dos antigos nomes dos lugares da parroquia.

A Asociación decidiu nomear ésta obra escultórica coma o MARCO DE PERRE.

Día da inauguración… 11 de Outubro 2021

Hora…………………………18:00

Lugar………………… …….Aparcamento da Igrexa de Cerponzóns.

Nota : Según a RAG :

FITO ou MARCO : Pedra cravada no chan para sinalar os lindes dun terreo, ou á beira dunha estrada para indicar lugares e distancias.

Os fitos dunha propiedade.

Momento ou feito de importancia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s