IN MEMORIAM, CONSTANTINO FERNÁNDEZ

Hoxe despedimos ao noso querido veciño, o señor Tino Fernández.

Cando ocorre un falecemento dun veciño prácticamente ao momento todos estamos decatados do sucedido, por unha banda os sinais milenarias da nosa campá, polo outro os avances da tecnoloxía, neste caso o grupo de wasap.

Formamos na nosa parroquia unha gran familia, por suposto que con algunha que outra desavenencia, pero cando chega este momento todos sentimos tristeza e quedamos apenados pola morte de un veciño. O señor Tino era unha boa persoa, un cabaleiro.

Un cabaleiro que tanto polo seu aspecto coma pola forma de comportarse destacou ser posuidor dun código de conduta amable, xentil e respetuoso con todo o mundo.

Esta mañá falando no adro con algún veciño todos me comentaban o mesmo do señor Tino.

Era un bo home, unha magnífica persoa.

Sabes Juan ? Sempre que había un defunto víalo a él no enterro, daba igual quen fose, ata o máis pobre da parroquia, para él todos merecían os mismos respetos.

Outro veciño decíame: téñolle moito que agradecer ao señor Tino, que boa persoa que era, recordo que sendo eu un rapaz él xa era un importante empresario, cando me vía ir andando para a cidade, paraba o seu Simca 1000 e levábame para dónde eu lle dixera, era un home dado, non se daba máis que ninguén. Así podía estar falando do señor Tino si chego a preguntarlle a todos os veciños e veciñas que hoxe estaban dándolle a despedida.

Aínda que é un momento duro, de tristeza ao ter que despedirse del, teño por seguro que o señor Tino non nos deixa, non nos abandona.

Non o veremos físicamente, recordo velo moitas veces pola rúa Benito Corbal, sempre ben vestido, nunca se desprendía da súa gravata, nin as noites en que viña á taberna da Rons a xogar ás cartas cos seus amigos.

Últimamente o vía mais na súa casa de Pidre, cando eu iba camiño da Rons, dando o seu paseo por diante da casa, agora estará na sua outra casa, a de todos nos, xunto cos nosos seres queridos, establecendo unha conexión entre os que estamos vivos e os mortos.

Nós fóra, vivindo a vida, traballando, gozando, compartindo, eles dentro, repousando por todos os seus anos de traballos, de formar unha familia, de compartir momentos de felicidade, tamén de tristeza cando tiveron que despedirse dos seus.

Formamos parroquia, tanto no pasado como no presente e no futuro, chega un día que os nosos seres queridos desaparecen da nosa vista e de todos os demais, pero non, non nos deixan. Eles seguirán aí, entre os seus, preto do que sempre quixeron, dos seus familiares e veciños, das suas veigas, das súas fontes e ríos, das xuntanzas, das festas…seguirán aí, á beira nosa, nas nosas celebracións futuras, nas nosas discusións, nas alegrias e nas penas.

Como ben di o meu querido amigo, o profesor B. Aparicio :

As reunións e xuntanzas, as festas, os enredos lúdicos e amorosos, acontecen moi preto do lugar no que descansan os defuntos, nun desexo intencionado de que a lestes lles cheguen os ecos dás actividades dos vivos. A morte non é unha barreira infranqueable. A relación entre vivos e defuntos transcéndea, porque ambos están sumidos nun tempo que non se acaba, na eternidade. Neste verde recanto nunca se morre de todo”.

O señor Tino Fernández seguirá estando connosco, porque todos están connosco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s