IN MEMORIAM, FRANCISCO GARCÍA BLANCO

Tristemente fóisenos outro veciño, Francisco García, mais coñocido por Paco O Calderillas, un veciño que durante anos foi parte activa na vida comunitaria da parroquia, un home que desde sempre estivo arrimando o lombo en todo aquelo que podía, e de resaltar o seu paso pola comunidade de montes, na comunidade de augas de Tilve, Liborei e A Bouza é tamén na primeira directiva da asociación de veciños O Chedeiro.

Tanto na parroquia, como na cidade, tiven muitas ocasións para falar con Paco. Sempre que mantiñamos unha conversación estaba relacionada con algunha actividade da parroquia, explicábame, aconsellábame, dábame o seu punto de vista…

En canto comecei na directiva da asociación de veciños dediqueime varios domingos pola mañá a falar con uns cuantos veciños que formaron en certo momento parte da directiva, Paco foi dos primeiros que falei con él, necesitaba saber as súas experiencias é o seu paso pola asociación de veciños O Chedeiro, pero xa de muito antes tivemos conversas do mais interesantes, tanto na taberna da Rons, como tomando un viño na taberna do Nenas, cando me vía adoitaba chamarme Juanciño.

Recordo un día en Pontevedra cando falamos de un tema de muito interés que estaba sucedendo naquel instante en Cerponzóns, cada un tiñamos o noso punto de vista, foi un debate longo, o final chegamos a misma conclusión, tiñamos razón os dous. Por certo dixenlle que lle iba a facer unha foto, sentouse no banco que hai enfrente donde estaba a Drogueria Esteban e retrateino, ese foi o último día que falamos en Pontevedra, despois xa foi na do Nenas cando tivemos a sorte de vernos ali.

A última vez que vin a Paco foi o Día do noso Patrón, a Asociación de Veciños O Chedeiro acordará visitar co grupo de gaitas ese día as casas onde había veciños que por problemas de saúde non podían participar da festividade como seguramente eles quererían, foi emocionante ver a alegría que levou Paco ao ter en fronte súa aos gaiteiros tocando para él, para a súa dona e demáis familia presente.

Paco estaba encantado, cheo de ledicia, chamou polo seu xenro, o noso compañeiro de directiva Jose Manuel García Barral e díxolle que nos puxese un viño, foi o xeito de demostrar o seu agradecemento cara a nós. Barral truxo a xarra e serviunos unhas tazas de viño tinto e brindamos, brindamos por volver a vernos e poder de novo para o próximo ano brindar para estar de novo con él, pero desgraciadamente non vai poder ser.

Pero Paco, como Tino fai uns días, aínda que nos deixaron físicamente, non se van do todo, non, eles siguen connosco, forman parte da nosa historia e estarán sempre presentes nas nosas memorias.

Paco foi un home de parroquia, comentábame hoxe un veciño, un home deses que pertencen ao grupo de veciños que se implican en todo aquilo que sexa para o ben común, son ese tipo de homes que aínda que pasen os anos sempre estarán presentes nos recordos e nas anécdotas que ao longo do tempo foron sucedendo por onde Paco pasou.

Como decía o outro día: Eles seguirán aí, entre os seus, preto do que sempre quixeron, dos seus familiares e veciños, das suas veigas, das súas fontes e ríos, das xuntanzas, das festas…seguirán aí, á beira nosa, nas nosas celebracións futuras, nas nosas discusións, nas alegrias e nas penas.

Remato cunha frase que dixo o cura no funeral : Morremos para vivir.

D.E.P.

2 comentarios en “IN MEMORIAM, FRANCISCO GARCÍA BLANCO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s