CONTOS NA LAREIRA (16) A FILLA DA XORNALEIRA TOLEOU.

Juan, teño unha historia que che vai gustar ! Esta historia ten a súa miga, conta o sucedido a unha moza, veciña do lugar de Casaldarado, pero tal como cho conto, así foi.


Son as cinco da tarde e achégome á parroquia, quedamos de vernos na casa matriz, cando nos atopamos decidimos ir cara ao galpón, sentámosnos no mesmo lugar que lle contou o seu avó esta historia que tiña gardada e que agora quere compartir con todos nós.


ANO DE 1920
Os pais do meu avó tiñan de man unha xornaleira que levaba moitos anos traballándolle as terras, esta señora era natural do Castelo, despois foi vivir para o lugar de Casaldarado, chamábase Regina.
Regina era unha muller moi traballadora, unha muller loitadora, que ía traballar alá onde a chamasen, tiña que sacar a súa casa adiante, ademais tiña unha filla.
Unha filla que co paso dos anos foi axudando á súa nai en todos aqueles labores nos que podía, ía con ela a todos os lados. Un día estaban en Cerponzóns, mui cedo viñeran de novo a traballar a casa dos meus bisavós, era sobre as tres da tarde cando volvían a casa para comer, terminaran nunha leira que tiñamos no lugar de Santarandán, cando estaban pasando por unha encrucillada de camiños algo lle pasou á filla da xornaleira, xa estaban chegando a casa, o meu avó dicíame que el escoitara de lonxe uns gritos, pero non lle fixo moito caso, seguiu retirando o abono da cuadra das vacas que levarían á tarde para a leira onde estaba precisamente a xornaleira traballando.
Mentres tanto, polo camiño, a filla estaba fóra de si, desde o lugar onde comezou a comportarse dunha forma estraña ata a casa dos meus bisavós, a moza estaba fóra de si, comezando cada vez mais a ser agresiva con todos os que se cruzaba polo camiño, ata chegando a lanzarlle pedras, mesmo a nai tiña que ir con moitísimo ollo porque ainda así chegou a recibir algunha pedrada.
Ao chegar á nosa casa os gritos eran algo fóra do normal, a miña bisavoa saíu pola fiestra a preguntar que pasara, non recibía contestación, a Regina non lle daba explicacións ao sucedido, por moito que ela preguntoulle á xornaleira só recibía como resposta isto : Toleou señora ! Toleou ! Miña filla toleou !
Ao cabo dun tempo, entre as dúas puideron acougar á moza, déronlle a beber unha infusión, levárona á cama e comezaron a rezar, as súas convulsions eran aínda considerables, pero aos poucos foi quedándose durmida ou sin sentido, vai ti a saber.
Esa noite quedáronse na casa, tratando de que a moza non tivese que saír e que puidese recibir algún “aire” ou un “mal de ollo” que a volvese a poñer fóra de si outra vez. Ao día seguinte parecía que estaba máis tranquila, así que volveron de novo á leira, pero de novo comezou a tolear, ademais por cada encrucillada por onde pasaban máis tola volvíase.
Isto que che estou contando sucedeu no ano 1920, o meu avó tiña a mesma idade que a pobre rapaza, quedoulle moi gravado este suceso, nunca vira unha moza así, endemoniada. Recordo que a nai, a señora Regina morreu cando naceu o meu sobriño e a súa filla non fai moito que faleceu.
Na casa comezaron a falar do que pasaba cuns veciños, que si a moza parecía que tiña o demo dentro de si, que si tiña síntomas de histerismo, que si se queixaba de fortes dores de cabeza…
Tendes que levala a un Pastequeiro, levala a uns dos Bruxos de Tomeza.
Quen dicía iso era un veciño que escoitara unha vez no galpón da súa casa, estando en época de facer a aguardiente, como o contaba unha veciña que tiña quenda de potada ese día, aqueles síntomas os había tido unha parienta que vivía en Campañó.
Os síntomas da moza daba a entender de que alguén lle botara o Mal de Bruxería, viña sendo o Mal de Ollo, pois para que che boten ese mal sempre é a través dunha segunda persoa, este caso tratábase, como veremos máis adiante, de que alguén lle causou unha enfermidade producida por algún alimento que lle deron e que estaba embruxado.


HAI QUE IR A SAN CIBRÁN.
Para sanarte deste mal, a xente acudía principalmente a dous lugares, un era Santa Comba e o outro San Cibrán, cos anos houbo máis lugares e máis pastequeiros que tamén curaban, pero os primeiros foron estes dous.
En Tomeza había daquela dous pastequeiros, un era coñecido polo alcume de O Manso, o outro era O Macolos.
Seguramente a familia da moza levouna ao Manso de Tomeza, un home que levaba moitos anos no mundo da práctica do Pasteco ( do latín Pax tecum, que significa a paz sexa contigo). Segundo quen o coñecían estaba borracho seguido, parece ser que para executar os seus exorcismos o viño tiña un papel importante, cobraba boas cantidades de diñeiro e tiña fama de duro e violento.
O traballo realizábao no atrio da capela de San Cibrán, dado que non lle deixaban a chave para facelo dentro.
O seu exorcismo consistía en poñer ao enfermo de xeonllos e colgáballe unha estola ao pescozo, xunto cunha cruz de Caravaca, na súa man tiña outra cruz idéntica que usaba para facerlle cruces na cabeza, pronunciaba ao mesmo tempo o seguinte:
Abernuncio us “Pasteco” con espírito tuas e de laboratorios sabates cues justo Nazareno, Hijo de la Virgen María, quita ou teu pauto do corpo da hechiceria.
Estás palabras repetíaas nove veces.
Ao terminar as oracións era habitual, con calquera dos pastequeiros, beber viño e comer, comían todos os presentes menos a enferma.
O Manso collía un anaco de pan e mollábao en viño, seguidamente facíalle tres cruces na fronte á enferma, dicindo :
Con este pan, con este vino, corto la plaga de muerto y la plaga de vivo, repetiendo por tres veces o mesmo, despois tiraba ao chan a sopa de pan.
O outro pastequeiro, O Macolos de Tomeza, era outro que tal bailaba, un tipo de gran estatura, pero curto dea entendederas. Todo o que sabía era de habelo copiado do Manso, así que prácticamente repetía o mesmo á hora de exercer o exorcismo, pero este variaba en algo, logo de terminar as mesmas palabras que dicía o Manso, o único que se lle entendía era a palabra Abernuncio ao principio e ao final, o demais que dicía non se entendía nada, sempre que falaba facíao con palabras entrecortadas, difíciles de entender.
Ao terminar de dicir Abernuncio, daba tres voltas coa enferma ao redor da capela e como non, o seguinte que facían era merendar, cando remataban sempre comentaba que el non cobraba nada, pero ollo ! Coidado do que non lle dese unha boa propina, porque se exaltaba de tal forma que daba medo.
O caso foi que a enferma, fose o Manso, fose o Macolos, parece ser que curou.

A moza, axudada dos seus parentes dispuxéronse a ir para a súa casa, alá foron monte abaixo, precisamente polo camiño que todos algunha vez fixemos para ir e volver de San Cibrán. Pero resulta que a medio camiño a moza comezou a convulsionar, comezou a ter uns movementos incontrolados, tanto nas pernas como nos brazos, daba a sensación de ter medo, de súpeto parecía que perdía o coñecemento, ata que comezou a vomitar ! Comenzou a botar por aquela boca un líquido de cor verdoso, en gran cantidade e ao final, xunto co líquido un manoxo de plumas.


O mal saíra do seu interior.
Desde aquela acudiu sempre a San Cibrán.

NOTA : Relato realizado coa aportación de un veciño e do recollido no libro La Medicina Popular en Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s