OS SÍMBOLOS DOS PANTEONS DA PARROQUIA.

Si damos unha volta polo noso cemiterio podemos observar que algúns dos panteons teñen diversos símbolos na parte alta dos panteóns.
Seguramente moitos de nós non nos paramos a pensar o porqué nun panteón colocáronlle un estilo de cruz, a outros anxos, santos noutros etc.

A morte para a relixión cristiá significa o fin e principio, falecemento e vida, esperanza, mellor vida…é por iso que sempre están presentes as flores, adornarmos os nosos panteons con flores de diferentes variedades e de diferentes significados. Recordades os cipreses que había á entrada do cemiterio ? O seu nome, ciprés ( cupressus sempervirens- sempre verde,vivo).
O ciprés é o símbolo máis significativo nos cemiterios católicos, debido a súa lonxevidade e perennidade, cun tronco e follaxe alto, ascendente cara ao ceo : nexo de unión entre o ceo e a terra : afunde as súas raíces verticais na terra e elévase cara ao ceo.
Intentarei explicar ao meu xeito o significado dos símbolos que nos encontramos ao entrar no cemiterio…


CRUCES : É o máis universal de todos os símbolos e que se asocia directamente coa relixión cristiá. Nos nosos cemiterios a cruz que mais atopamos é a latina, cun só travesaño, pero temos alguns estilos mais, encontramos os seguintes :

CRUZ LATINA :dous brazos perpendiculares, dos cales o transversal é máis curto que o longitudinal.

CRUZ GREGA : formada por catro brazos de igual tamaño que se cruzan en ángulo recto.

CRUZ CELTA : A cruz celta está conformada por unha cruz convencional cristiá e un círculo rodeando o seu intercesión, esta data desde os tempos do cristianismo en Irlanda.

CRUZ DA VITORIA : é unha xoia do prerrománico asturiano, convertida en símbolo do Principado de Asturias.

ANXOS : representan aos mensaxeiros entre Deus e o home. Os anxos son os intermediarios entre a terra e o ceo: protectores do soño eterno, implorantes, acompañantes cara ao ceo. Seres alados, pois as ás significan espiritualidade. Do mesmo xeito que na terra os reis rodéanse dunha corte, os anxos son a corte do reino celestial. Máis, tamén son os mensaxeiros do Xuízo Final, anunciado a golpe de trompetas.

CAVEIRA E OSOS : simboliza a fugacidad da vida terrenal e critica a vanidad humana; así mesmo, fálanos da igualdade de todos ante a morte. A caveira con ás ou con ósos simboliza a alma que abandonou o corpo e diríxese cara á outra vida. É, en suma, o triunfo da morte e que tamén enlaza co concepto de Memento mori.

COROA : simboliza a vitoria sobre a morte e tamén o recordo permanente. Ligada á cruz, é símbolo de autoridade. A típica coroa de flores coa que se rende homenaxe e recordo aos defuntos, e adorna, esculpida, multitude de lápidas. Pero ben pode vir explicado polo círculo, a eternidade. Símbolo, tamén, do tempo: movemento sen principio nin fin, sucesión continua de instantes: recordo permanente. Cristo é o alfa e o omega: principio e fin de todas as cousas. O círculo, figura xeométrica perfecta, sen principio nin fin. Unidade con Cristo tanto na vida como logo da morte. Máis a coroa tamén é o nexo entre a realidade humana e o máis aló: o ser coroado relaciónase coa orde superior como premio, pois é un símbolo de carácter sagrado, vindo da orixe divina do poder.

OS LAURELES : simbolizan a gloria.

AS CRUCES DO NOSO CEMITERIO…Sen dúbida a cruz, espida ou con sudario, é o símbolo por antonomasia do cemiterio. A súa orixe é anterior ao cristianismo, pero claro é que cobra total relevancia na relixión a raíz da crucifixión de Cristo: glorificación do alma, perdón dos pecados, a salvación a través do símbolo do Redentor. A cruz é a intersección entre o horizontal e o vertical, o que a converte nun símbolo totalizador. A súa presenza está en todas as culturas, máis no cristianismo cobra a forza da unión do ceo e a terra, a reconciliación do Creador coa súa creación: o centro do mundo.

SIMBOLOXÍA CELTA. Tamén temos representación de símbolos basados nos celtas, algunha cruz e varios círculos, que o canteiro de turno doulle a súa forma.
A maioría dos pobos celtas mantiveron un contacto estreito co imperio romano. Isto fixo que moitos deles acabasen abandonando o seu orixen e convertésense ao cristianismo.

Tamén temos en moitos panteóns simboloxía relacionada con Cristo, a Virxe, as Santas e Santos…seguramente o dono do panteón mandou colocar por devoción.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s