CONTOS NA LAREIRA (17) UNHA ALMA EN PENA


Canto se bota de menos aos avós ! Cantas historias leváronse con eles !
Uns días atrás chamoume por teléfono un veciño, lera un dos meus relatos relacionados co Mal de Ollo.

-Juan, eu teño algo que contarche, é un feito que me contou directamente a miña avoa e non houbo intermediarios que puidesen tergiversar o acontecido, contoumo sendo eu un neno, quero que o saibas ti e todos os que seguen os teus relatos.

Quedamos de vernos na biblioteca, así que vímonos ali, sentámonos e JM comezou a recordar…

Os meus avós tiveron ao longo de moitos anos xente da parroquia que lle traballaban as leiras, coidábanlles os animais etc. unha vez, sería a finais dos anos sesenta, unha criada que tiñan naquela época levaba un tempo en que polas noites recibía a “visita” da súa nai, falecida uns anos antes.
Durante unhas cantas noites víñalle sucedendo o mesmo, era chegar a hora de deitarse e ao pouco tempo de quedar durmida sentía algo na habitación, cos ollos pechados pero xa esperta, notaba que non estaba soa naquela habitación.
Unha imaxe dunha muller albiscábase aos pés da súa cama, era a da súa nai, falecida uns anos antes.
Algunha vez a criada escoitara de boca de varios veciños que aquelas almas do purgatorio que estaban pasándoo mal viñan visitar aos seus familiares, ás veces en forma humana, outras en forma de abella ou de bolboreta, facíano para pedir que rezasen por ela.
Véndose nesa situación a criada non sabía que facer, non o quería comentar con ninguén por aquilo do que dirían. Decidiu poñer unha ofrenda no cruceiro que hai situado preto da Ponte Malvar, daquela aínda tiña o peto de ánimas. Ao deixar a ofrenda quedábase alí, a pé do cruceiro e rezáballe, o mesmo facía ao meterse na cama, pero ao pouco tempo de quedarse durmida de novo aparecíaselle a súa nai.
Ata puxo na habitación unha espiga “especial” que tiña colgada nunha esquina da lareira, si, unha espiga que tiña pegada a ela vários fillos, alguén as recorda ? Usábanse de amuleto sanador, hoxe en día prácticamente xa non se atopan ningunha cando é a época da súa recolección.
Cando era día de misa, acudía a acender unha vela, trataba por todos os medios buscar unha solución para que aquela alma en pena descansase en paz é ela tamén.
Pero nada diso fixo o efecto desexado, todos os días pola mañá e á tardiña ía ata o cruceiro, rezaba as súas oracións, na súa casa tamén, pero a súa nai seguía aparecéndolle, ela estaba abatida, non durmía, tantas noites así comezaron a facerlle efecto, non aguantaba máis.
A avóa de JM comezou a darse de conta que algo lle sucedía a aquela moza, vía que cada vez estaba máis delgada e ademáis moi nerviosa.
-Que che sucede, véxoche dun tempo para acó que non comes e que estás nerviosa, cóntame que che pasa.
– Nada señora, nada, non me pasa nada, cousas miñas, sen importancia.
– Non che creo, levo días observando que no canto de entrar na túa casa diríxesche ao cruceiro da Rons e hai quen me dixo que che viu tamén rezando no mesmo lugar de mañá, moi cedo.
– Señora, non lle quero mentir, é verdade que vou ao cruceiro, pero son cousas miñas , xa me pasarán.

A avóa de JM deixou de preguntarlle, non quixo insistir, nin meterse máis a fondo do tema, deixou que pasasen os días a ver que sucedía.
Logo de pasar uns días, a señora notaba que a criada seguía igual ou peor, só lle dixo que contase con ela para calquera cousa que necesitase, cando ela quixese, pasaron uns días e a criada xa non podía máis :
– Hai señora, teño que dicirllo, non aguanto máis, vaime a dar algo si non llo conto.
– A ver filliña, cóntame que che pasa, algo bo non é, véxoche que cada día vas a menos, conta.
– Señora, dáme vergoña, e se cadra se vai rir de min e non me vai creer.
– Anda, senta, conta que che pasa.
– Pois, resulta que cando me meto na cama ao pouco tempo de quedarme durmida comezo a notar que hai algo na habitación, que non estou sola, e cando abro os ollos vexo aos pés da cama á miña nai, si señora, vexo á miña nai.
– Ai ! meu Deus ! Que me contas ! Encomiado sexa ou señor ! Pero ti sabes o que dis ?
– Si señora, non lle estou mentindo, por iso vou ao cruceiro e rezo, pola mañá e pola tarde, acendo duas velas na igrexa, teño unha espiga con fillos na habilitación…pero nada, nin descansa a súa alma, nin descanso eu, xa non sei que facer.
– Mira, tranquilízate, esta noite vou durmir contigo, imos durmir xuntas, a ver que sucede, quero ver que o que dís e verdade.
– De verdade señora ? Vai facer iso por min? Grazas señora, grazas, non sei como pagarlle, eu non vivo en min.
Chegou a noite e fóronse andando a casa da criada, por certo, aínda é hoxe o día que ainda quedan algúns restos daquela casa en pé. Foi chegar e meterse na cama, xa que xa viñan ceadas, así que encomendándose aos santos que tiñan máis devoción fóronse quedando durmidas esperando a aparición…
Pero non, pasaron as horas e non houbo nada de nada, durmiron toda a noite, e ao día seguinte igual que o día anterior…
– Hai señora, non me vai a crer, xúrolle que cando durmo soa aparécelleme a miña naiciña.
– Mira, estateme tranquila, que che creo, esta noite vas durmir de novo ti soa, si che aparece a túa nai de novo, entón recoméndoche que vaias xunto ao cura e pídaslle unhas misas pola súa alma que debe estar sufrindo no purgatório, faime caso.
Esa mesma noite a criada volveu ter a imaxe da súa nai aos seus pés, sentía que algo lle pedía e decidiu facerlle caso á súa señora, á mañá seguinte foi a visitar ao cura, encargoulle unhas misas.
A raíz de acabar as misas encargadas, aquela alma en pena deixou de molestala, nunca máis volveu visitala.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s