O CALLEIRO, OU COMO LEVANTAR O ESTÓMAGO.

Fai un feixe de anos que acudín a unha “levantadora” de estómagos.
Tal como volo conto, sempre fun algo delicado do estómago, isto vén de herdanza recibida por parte do meu pai, dita herdanza certo tamén é que xa lla pasei aos meus fillos.
O caso foi que ao pouco tempo de casarme coñecín unha señora que tiña relación directa de parentesco coa familia da miña dona e dedicábase a levantar estómagos.
O meu novo estado de casado, vivindo na casa dos meus sogros, era excelente, prácticamente non realizaba aqueles esforzos físicos aos que estaba habituado facer na Rons, nas labores do campo é na granxa de porcos que tiñamos de fai anos, no meu traballo tampouco tiña que facer demasiados e os únicos esforzos fora do habitual era cando ía xogar a fútbol sala, aí si que había que esforzarse un pouco, o meu posto era de porteiro.
Comecei ao cabo dun ano de casado a ter problemas estomacais, trastornos dixestivos que me producían dor de cabeza, pesadez, dixestións difíciles de facer, cansazo…tomaballe infusións, poñíame faixa, non había nada que me acougase, decidín ir ao médico e seguín as súas instrucións, pero os días pasaban e non vía melloría, o que notaba era que cada vez tiña máis mal humor.
Unha noite a miña sogra vendo que levaba uns días que me ía para cama sen cear nada, comezou a comentarlle á miña dona que porque non falabamos coa señora aquela que se dedicaba a levantar o estómago.
Jose non va querer ir, él no cree en esas cosas.

-Tu coméntaselo, total por probar no le va hacer ningún mal, anda díselo, que no sé qué me da verlo así, yo conozco gente que tenía los mismos síntomas y fueron a ella, y les solucionó el problema.
Bueno, se lo diré.
Mary convenceume, non lle custou moito, eu estaba farto daquelas molestias, e por probar…que non fora.
Chamouna por teléfono e comentoulle o que me pasaba, ela alén do teléfono contestoulle que xa lle parecía a ela de que a última vez que nos viu doulle a impresión de que eu non estaba nada ben :
Jose ten o estómago caído, ten o Calleiro*.

( A medicina ten outra denominación: Ptosis do estómago).

*O Calleiro, de callos, nome vulgar co que se coñecía ao estómago entre os nosos antepasados, relacionábase coa caída do estómago, moita xente acudía ás levantadoras para someterse ás prácticas de estas mulleres que levantaban e levaban ao seu sitio as visceras abdominais, as cales estaban desprazadas do sitio que Deus sinaloulles.
Dependendo da parroquia, os procedementos que se utilizaban variaban, nun principio a palpación, para ver si as vísceras estaban no sitio debido, facíase en todos os lados, pero despois cada unha tiña para facer os seus remedios os seus líquidos, substancias, obxectos é ensalmos varios.
Voume a centrar no que me fixeron a min, o cal estaba baseado en como o facían no barrio da Moureira, recollido no libro La Medicina Popular en Galícia.
A levantadora á que fomos vivía preto do barrio da Moureira, ela xa herdara da súa nai e da súa avóa o tratamento que recibín eu aqueles días.


SOMÉTOME AO TRATAMENTO

O primeiro día que fomos xunto a ela falounos do que me estaba pasando, díxonos como o solucionaba e os días que tiñamos que ir.
Así que me puxen nas súas mans, durante tres días tiven que ter sobre o ventre “ o radallo” (sebo) dun carneiro. Devandito radallo fora mollado nunha infusión de manzanilla feita en leite. Cando fun a que mo quitase, logo de tres días con el encima, comezoume a embadurnar cunha mestura de aceite, ruda, artemisa e romeu, estendíao en forma de masaxe, comezando nos lados e cara ao centro.
Mentres estaba dándome o masaxe, ía recitando un ensalmo, que case non escoitaba, pero púideno conseguir grazas ao libro que fago anteriormente referencia, dicía así :
Home bravo, muller mansa, manta de fento, manta mollada, levántame o Calleiro como Deus manda. Un Padre Nuestro é un Ave María, por intersección dá Virxen María.
Isto facíao sendo noite, durante nove noites seguidas estiven indo, logo de realizarme o masaxe para ir levándome o Calleiro ao sitio, despois de dicir o ensalmo deixábame todo aquel rustrido e pasábame uns trapos todo ao redor, tiña que moverme o menos posible, nin andar a subir costas e se fose posible tampouco subir as escaleiras e si non había máis remedio tiña que subilas moi amodo.
Foron uns días nos que tiña que procurar non moverme moito, nin na cama…aínda así a mañá seguinte o romeu, a ruda e demais especies estaban unha gran maioría esparcidas pola cama.
E bueno, fun mellorando, a verdade é que si, non sei si foi debido a este tratamento, pero do que estou seguro é que mal non me fixo ningún.

2 comentarios en “O CALLEIRO, OU COMO LEVANTAR O ESTÓMAGO.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s