CONTOS NA LAREIRA (18) OS BOIS NON ANDAN

O meu avó tiña unha toxeira a pouca distancia do Muiño da Veija, un pouco mais adiante do Muiño do Caeiro. Un día contoume un feito que quería compartir contigo Juan.

-Son todo oídos, conta.

A min gustábame estar co meu avó, pois sempre me contaba algún feito, algunha lenda ou suceso que me ía a sorprender. Unha tarde, estando el debullando o millo debaixo do hórreo, estábamos de paso vendo para as vacas que estaban en fronte nosa, aínda non as metéramos na cuadra. De súpeto o meu avó mirou para min e díxome :

Rapas, conteiche algunha vez un suceso que nos ocorreu cos bois preto do Muiño da Veija ?

– Non avó, non me contaches, que pasou ?

Sendo eu un neno, acompañaba ao meu pai e ao meu avó a buscar toxo co carro, cando chegamos á altura da Rons cruzámonos cunha muller, saudámola, falamos un intre nada mais e un pouco máis adiante, queres ver que os bois paráronse, non había maneira de seguir, ás suas patas parecían estacas.

(Naquel tempo na nosa casa tiñamos bois, algunha vaca tamén, pero traballábase máis cos bois, meu avó seguiu falando…)

– A cousa foi que os bois non había forma de que andasen, nin para adiante nin para atrás, meu pai e meu avó andaban turrando con eles, déronlle uns vareazos, ata baixaron todos os santos pero non había xeito chico, non se movían. Ata que apareceu por alí unha muller e véndoos que estaban a turrar cos bois, achegouse a nós e mirando para meu avó, díxolle :

– Bos días, seica os bois non se moven, parece que non teñen muitas ganas de traballar ?, mirade unha cousa, vós ao vir da vosa casa, chegastes a cruzar con fulanita ?

Pois si, si que cruzamos con fulanita e estivemos falando con ela.

– Pois enton os bois non se moven porque teñen o Mal de Ollo, esa muller eche o Demo !

O meu avó contábame a historia coma se estivese vivíndoa nese momento, daquela tería doce anos, seguiu contándome :

Entón a señora achegándose a min, colleume a boina, que por certo era a primeira que tiña na miña vida. Cando ma quitou, preguntoume si a boina estaba bendecida, contesteille que si, que había estreado polo Patrón.

Seguidamente pasoulla pola cabeza os animáis, por diante, por detrás, por abaixo, resumindo, pasoulla por todo o corpo aos bois, mentres facía iso ía dicindo un ensalmo :

Jesús, José e María, pon a túa man que eu despois poñerei a miña.

Dous fixéronche o mal e tres hancho de quitar, que son as tres acodes

da Santísima Trinidad: Pai, Fillo e Espírito Santo.

Si antes houbese nado Cristo, este mal non o vimos;

que morra o mal e viva Cristo, que así o manda o noso Señor Jesucristo.

Ao pouco tempo os bois comezaron a andar de novo e puidemos ir a polo toxo.

Cando ían de volta a casa, meu pai e meu avó só falaban do sucedido, daquela muller xa tiñan escoitado facía un tempo que seica lle botara o Mal de Ollo a unha veciña, esa xente que teñen esas propiedades, tanto o fan cos seus semellantes que cos animais, pero eles naquel momento non se habían decatado, ao chegar a casa o primeiro que fixeron foi poñer unhas ramas de loureiro bendecido nas cuadras.

Este suceso sucedeu no ano 1916.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s