11- O MAL DE OLLO NUNHA CRIAUTURA.

Roque, boas tardes, cando podemos vernos ? Quería comentarche un suceso…
Quedei coa miña veciña dúas horas antes de que tivésemos a obra teatral Lavandeiras no Centro Social, díxenlle que a esa hora ninguén nos ía a molestar e xa de paso quedaba para ver a obra, que seguro lle ía a gustar.
Chegou o domingo e ás cinco en punto estabamos na biblioteca, sentámonos e deixeina falar…
-Juan, tes tantos relatos que quero comentarche un que me pasou a min, é algo que non me gusta comentar con ninguén, excepto cos máis achegados, pero quero dicircho a ti coa condición de que non salga o meu nome.

Podes estar tranquila, non te preocupes, o teu nome no sabrá nadie.
-Un día, fai xa máis de corenta anos, un tío meu veu a casa dos meus pais, viña a buscar abono para levar ao invernadoiro que montara uns días antes, co tío acompañábano varias persoas, entre elas unha señora que días despois me decatei que polo lugar onde vivía tiña a fama de botarlle o mal de ollo á xente. Cando estabamos cargando o abono achegouse meu irmán co meu fillo, él era quen o coidaba cando non tiña colexio. O caso foi que a señora de marras comezou a mirar para o neno e a dicir que guapo que era, o crecido que estaba, que ben mantido víaselle…queres ver que esa noite o neno non parou de chorar, pero que choros ! Non había nada que o consolase, enton veume un presentemento…
-A este neno miraronno mal, botáronlle o mal de ollo !
-Hai que rapaz mais bonito, que precioso está ! Que mantido o tes ! Estas frases víñanme á memoria, comencéi a cavilar, tivo que ser ela, a muller que viñera co meu tio, seguro que foi, ou quizáis tamén pudera ser que a veciña que tiñamos preto de casa (que ti xa coñeces), deu a casualidade que esa mesma mañá, cando estabamos vendimiando viu ao neno que o tiñamos connosco metido nunha cesta de mimbre e púxose falar pero sen quitarlle ollo de encima ao meu pequeno, mentras o neno non paraba de xogar e rir, inocente de todo.
Á mañá seguinte comenteillo á miña avoa :

– Hai avoa, está noite non durmimos ninguén, o seu bisneto non parou de chorar, non sabemos que ten pero algo lle sucedeu, segue chorando e retorcéndose, xa non sé que facerlle, pensei en todo.
O neno onde estivo onte ? Estivo nalgún sitio ? A onde fostes ?
– Non fomos a ningún lado, pola mañá vendimiando, na viña da casa e pola tarde veu o tío a levar abono.
Que raro, e co teu tío, acompañouno alguén ? Houbo xente de fóra na túa casa ?
– Si, co tío veu unha señora, veciña del, que lle axuda no invernadoiro que acaba de montar, pola mañá pasou a señora esa que vive soa na casa pegada á estrada.
Hai Jesús ! Ao teu fillo botáronlle o mal de ollo ! Tráeme á noitiña o neno !
– Vale, vale.
Conforme lle levei o neno, o primeiro que fixo a miña avóa foi quitarlle a gorra da cabeza a meu pai, necesitaba unha peza que “fose a misa”. A miña avóa usou a gorra porque sabía que ou seu xenro había ido a misa con ela, mirouno recoller un pouco de auga bendita na súa man para bendicila ben bendicida.
Nisto, miña avoa colleu ao neno, apoiouno ao longo do seu brazo esquerdo e comezou a pasarlle a gorra por detrás, seguidamente doulle a volta e pasou a gorra polo peito, despois pola cabeza e así foi facéndoo por todo o seu corpo, ao mesmo tempo que ía pasándolle a gorra dicía un ensalmo, recordo un pouco :
Por aquí pasou Cristo para que este mal sexa visto, morra ese mal e viva o noso señor Jesucristo, e seguidamente desde o patín da casa cuspía pa fora.
Para que fixeran efecto as oracións tiña que dicilas tres veces, seis ou nove veces, así durante varios días, grazas á miña avóa o neno foise poñendo mellor.
Que Dios téñaa na gloria á miña avoa querida.

Días despois de haberme contado éste relato a nosa veciña comencéi a investigar un pouco para saber algo mais do ensalmo, encontrando ao cabo de un tempo dous mui usados en cousas parecidas

O ensalmo completo que decía a señora podían ser un de estos dous :

Por aquí pasóu Cristo antes de que este mal fose visto, morra este mal e viva Cristo.

Dios que te dóu é te crióu que che quite este mal que che dóu.

Se cho dóu pola mañán que cho quite San Juan, se cho dóu o medio día que cho quite a Virgen María, se cho deron a noite que cho quite Nuestro Señor co seu divino rostro.

Por la gracia de Dios e a Virgen María, un Padre Nuestro é un Ave María.

~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

Jesús, José y María, pon tu mano que yo después pondré la mía.

Dos te han hecho el mal y tres te lo han de quitar, que son las tres personas

de la Santísima Trinidad: Padre, Hijo y Espíritu Santo.

Si antes hubiera nacido Cristo, este mal no lo hubiéramos visto;

que muera el mal y viva Cristo, que así lo manda nuestro Señor Jesucristo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s