CONTOS NA LAREIRA (19) O MOUCHO, ANUNCIADOR DA MORTE.

Miña tía sendo mui xoven estaba a servir na do Parranda, este home levaba tempo encamado, a cousa foi que ela viña da fonte e de repente mira o señor ali fora da casa, arrimado a parede co legón o lombo.

Ao chegar a casa dixo: Hai Dios mío, non sabedes o que acabo de ver, acabo de ver o señor Francisco, estaba no camiño co legón o lombo.

—Pero ti que dices muller ! Ben sabes que leva tempo encamado ! Anda, anda, pasa a cear.

— Oiches Juan, o outro día o señor Francisco morreu.

Son avisos da morte, vouche decir máis, eu nunca vin nada despois do que me había pasado co señor Francisco, pero ollo ! Mal asunto si escoito o moucho !

Minto ! recordo unha vez que viña do baile do Chosco, tiña eu dezasete anos, abrin o portal do corral, o abrir o portal saliume un canciño branco correndo a base de ben, levei un susto de medo ! o outro día hubo morto na parroquia.

Pero cuidadito co moucho ! Ese si que da difuntos de verdade, mira unha vez iba eu a unha casa de Pidre, íbamos varias mulleres xuntas e detrás nosa comenzou a berrar o moucho, queres ver que ao outro dia morreu Manolito ?

Eu teñolle muito medo, muito respeto, cando comenza a berrar parece que te quere comer, recordo que hubo un ano que morreron muitos veciños de Meán, en cuestión de poucos meses, pois cando salíamos a pasear pola parroquia, ahí estaba o carallo do moucho berrando…queres ver que o outro día había difunto !

Recordos, cantos recordos ! Agora recordo outro !
Camiño da igrexa, era xa noite pechada, unha noite brava, daqueles invernos de entón, iba eu andando por aqueles camiños de carro, que aínda que levase unha os zocos, enlameime ata as bragas, así como cho conto Juan.
Por cada casa que pasabas escoitabas as tellas fendendose, os cans oubeando, todo ás escuras, daquela o único que tiñamos para andar polos camiños era un candil, que daba a luz que daba…
Apurando o paso o máis que podía, empapada todiña ía dicíndome porque tiña que ir a esas horas por aqueles camiños ? Iba a ser hoxe !
Detrás miña quedaba o monte Curuto, mentras me aló o lexos escoitaba as ramas dos piñeiros como se movían, daban a sensación que se queixaban, de súpeto, alí estaba, encima do penedo, o moucho ! non me quitaba ollo de encima, eu co candil dirixido a el dicíalle en voz alta :
Non che teño medo moucho, moucho non che teño medo !

O moucho e criminal, criminal, estaba berrando diante miña, ata pensei que estaba anunciando a miña morte, mecajonacona que o pariu !

Escoitar ese inquietante son que produce de noite, que se asemella a unha respiración entrecortada, dá a sensación de que hai unha pantasma o teu carón…

A veciña non vai mal encamiñada, xa o decía o señor Cunqueiro, cando falaba deles :

Os mouchos, tradicionalmente “paxaros da morte”, anunciadoras dela e do fantasmagórico, tanto pola súa presencia como polo seu “canto”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s