INVENTARIO DOS CAMIÑOS DÁ PARROQUIA…
Na nosa parroquia temos varios tipos de camiños e estradas, fai moitos anos, na época que os romanos pasaron pola nosa terra construíndo a vía romana XIX, ésta planificouse directamente desde Roma, era de suma importancia estratéxicamente, a súa pavimentación e o seu mantemento eran mantidas polo Estado, coa colaboración dos propietarios dos terreos que atravesaban.
Para a xestión deste tipo de calzada había un funcionario do Estado que era o encargado da execución da obra, ademáis de ter a responsabilidade da conservación e reparación.
A súa experiencia era primordial, deseñaba a vía atendendo a un aspecto vital : a pendente lonxitudinal, tiña primeramente en conta que os vehículos que ían desprazarse por ela eran de tracción animal, unha excesiva pendente sería desastrosa para o correcto desprazamento das cargas, así que sempre tiña en conta respectar que as pendentes non fosen máis do 8% , en casos puntuais non había máis remedio que superar esa máxima, pero procurábase que fosen tramos curtos, sempre se trataba onde se podía a realización de desmontes do terreo para rebaixar pendentes.
A súa técnica de construción consistía primeiro en determinar o trazado da ruta, encargábanse diso os mensores romanos, o que hoxe en día coñecemos como topógrafos, logo de tomar as medicións pertinentes, sinalaban a ruta por medio dos fitos (milenarios), de seguido comezábase a construción preparando o trazado tallando as árbores que podían entorpecer o camiño.
Na nosa parroquia temos moitos camiños realizados exclusivamente polos veciños e outros coa axuda das autoridades.
Cada un deles tiñan un motivo de porqué realizalo, para comunicarse entre as aldeas, para ir ao monte, á cidade ou a outras parroquias etc.
Non estaría mal señalizar pola parroquia os antigos camiños da parroquia, indicando a utilidade que tiñan.

Os camiños facíanse seguindo a configuración do terreo, debido a elo a poboación e as vías de comunicación establecéronse principalmente sobre dous eixes : Sur-Norte, case paralelos.
Decidin facer un inventario dos camiños, de momento teño recollido os seguintes camiños, busquéi os máis antigos dos que encontréi referencias :
1.- CAMIÑO DA VÍA ROMANA :
Iba seguindo a vella vía romana que bordeaba o lado Oeste da parroquia por Pidre , S. Caetano , Liborei e Castrado , para seguir cara á Portela.
2.- CAMIÑO VELLO DE PONTEVEDRA :
Que iba desde A Ermida, pasando por Tilve e a Bouza , cruzaba Meán e O Bravo para bifurcarse logo cara a Castelo e Casaldorado.
3.-UN CAMIÑO REAL :
Que comenzaba en Ponte Beán ata a feligresía de San Mamede de Silva da Portela ( sesenta ferrados).
4.-CAMIÑO…
Que iba desde a Igrexa de Cerponzóns ata a Igrexa de Peñaflor, feligresía de Sta. María de Perdecanai (cincuenta é catro ferrados).
5.-CAMIÑO…
Que iba desde a Igrexa de Cerponzóns ata a feligresía de S. Martín de Berducido (sesenta é catro ferrados).
6.- CAMIÑO FRANCÉS
Que iba por Ponte Beán, Liborei…
7.- UN CAMIÑO REAL
Que iba desde a Fonte de Meán ata o Salgueiral.
8.- CAMIÑO DOS ARRIEIROS
Pasaba por Cerponzóns ata Moraña.
9.- CAMIÑO DA FEIRA
Coñocido tamén por pasar polo Campo dos Bois.
10.- O CAMIÑO REAL
Forma parte do que se coñocía como Camiño Real Transversal de Santiago a Pontevedra, donde o tramo desde Ponte Valga a Pontevedra foi construído por mediación do Arzobispo Malvar, realizándose entre os anos 1776/1804.
Éste camiño é o que coñocemos agora pola carretera N 550, pasando desde A Ermida ata Pidre.
NOTA : Agradecería axuda para correxir, aportar e completar éste traballo, para incluir tanto os mais antigos coma os actúais.

11- CAMIÑO…
Camiño desde A Ermida ata o lugar de O Gabián ( Verducido)