14- AS CAMPÁS TOCARON A MORTO.

– Juan, tes un momento ? Quería contarche unha cousa…

– Bo día, comenza cando queiras, tomo nota.

Pois mira, voiche contar algo para os teus relatos, resulta que miña avoa nacera en Alba, na casa dos seus pais había daquela unha taberna donde como tí ben sabes sucedían todolos días cousas.

Cando eu tiña sobre dez anos, de cando en vez ela iba contándome cousas da súa vida que lle pasaron na taberna, relatos como éste que vouche contar, que o viviu ela en primeira persoa…

Ela comenzou a contarme ese día que meu bisavó morrera no ano 37, decía miña avoa que a pena mais grande que levaba o seu pai para o outro mundo foi que iba a morrer sin saber quen ganaría a contenda.

(O comentarme esto da guerra, recordo fai un tempo de un historiador que me contou o seguinte : na estrada nacional 550 foi tamén un lugar por onde se chegaron a realizar moitos casos de paseos, un dos lugares próximos á nosa parroquia onde hai recolleitos datos é a parroquia de Alba, exactamente por onde estaba o cruce hacia San Caetano que había fai anos fronte ao Restaurante Corinto).

Sigo co relato…

De todas as fillas, miña avoa era a maior de todas, ela era a que atendía a taberna. Había un veciño, si mal non recordo era veciño do Bravo, que se chamaba Luis O da Longa, daquela estaba solteiro e solía ir a taberna de Alba a tomar uns viños. Daquela época miña avoa era unha rapaza que había cumplido os dezaoito anos é a Luis seica lle gustaba, estaba sempre metendose con ela, así todolos días… Pero de repente Luis deixou de ir pola taberna, miña avoa comenzou a botar en falta a Luis, os días pasaban e non se sabía nada do Luis O da Longa.

Un día preguntoulle a un veciño por el, si sabía algo de Luis, pois levaba bastante tempo que non paraba a tomar a chiquita. O paisano, xunto con outros dous mais que estaban alí comentaronlle que Luis estaba enfermo, que xa levaba uns días mal e que a cousa pintaba mal.

Quedou a cousa así, pero un dia miña avoa estaba lavando a roupa no rego que pasaba mui preto da taberna, aproveitaba si non había xente para lavar e secar a roupa, colocaba entre as ramas dos aveneiros que había naquel lugar.

De repente, estando colgando as sábanas mirou a Luis, o velo preguntoulle :

-Boas tardes Luís , que tal te encontras ? Xa estás ben ?

-Luis contestoulle : Si, xa estou ben, precisamente veño a despedirme de ti porque vou a facer un viaxe longo.

Miña avoa, toda sorprendida, preguntoulle : É logo ? A donde vas ?

A resposta que tivo a miña avoa foi escoitar de repente as campás tocar, Luis xa no estaba, xa había desaparecido da súa vista, as campás estaban a tocar a morto, intres despois enterouse que había falecido Luis O da Longa.

Esto contoumo miña avoa, sendo eu un rapaz, tal como cho conto Juan.

OFICIOS DOS VECIÑOS (XXIX) FRESADOR

FRESADOR : Persoa que se encarga de manexar unha fresa.(RAG)

FRESA : Ferramenta de aceiro constituída por unha serie de coitelas dispostas en forma de cono ou de cilindro, que serve para puír, furar ou para facer máis grosos os furados dunha peza de metal ou de madeira. (RAG)

Un oficio non moi estendido na miña parroquia de Cerponzóns é o de Fresador, oficio donde son necesarios unha serie de estudos teóricos, cousa que como noutros oficios non se necesitaban seguramente tantos estudos dou lugar a qué solo coñozca, que eu sepa, un veciño que decidiu ser fresador.

No lugar de Pidre vive Constante, un veciño que desde os dezaseis anos traballou ata a súa xubilación como fresador.

Nacido en Lérez fai uns cantos anos, veu vivir a Cerponzóns cando contraeu matrimonio con Viruca.

Quixen saber da súa vida profesional e quedei con él fai uns días.

Constante comezou a contarme a súa infancia transcurrida na parroquia de Lérez, sorprendeume cando me dixo que tendo doce anos o seu catequista daquela (coñocido por Chicho O Carrapicho) levouno a traballar de aprendiz a unha tenda que había na rúa Cesar Boente, coñecida como Tejidos Carrasco, Chicho levaba alí uns anos de encargado, pero logo de tres meses de aprendizaxe, a Constante non lle convencía e preferiu seguir estudando e foise para a Escola de Maestría, o que me sorprendeu deste recordo foi que Chicho foi anos máis tarde o meu xefe de toda a vida.

Cando Constante cumpriu os dezaseis anos comezou a traballar en Talleres Pazó (2/07/1956), daquela era o máis importante taller de motores de barcos que había en Pontevedra. O seu traballo de fresador consistía en facer todo tipo de piñons e estriados con destino á construción de maquinaria industrial.

Alí estivo ata os vinte e tres anos en que tivo que acudir a filas, ao volver da mili volveu a Pazó, chegando a ser Xefe de Rectificados, pouco máis tarde foise para Tafisa e uns anos despois incorporouse a Celulosas, estando na fábrica ata a súa xubilación.

Constante, na sección de fresa, cando traballaba en Celulosas.
Constante, na sección de fresa, cando traballaba en Celulosas.

Durante moitos anos Constante tiña unha media de traballo ao día de once horas, incluídos sábados e domingos, tiveron que pasar moitos anos para que puidese ter vacacións, era tal a súa importancia en calquera das empresas por onde pasou que tiña que estar sempre dispoñible.

Recorda Constante que sí había unha avería grave chegou a ter que estar máis de vinte e catro horas seguidas ao pé do canón, ata levábanlle o almorzo, a comida e cea ao posto de traballo.

Outras veces tenlle pasado de recibir a chamada que o avisaba de que tiña que acudir urxentemente para solucionar un problema, a calquera hora, en calquera momento, podía ser ás tres da mañá como cando estaba xa disposto coa seu Seat Seiscentos repleto de cachivaches para ir á praia coa familia e tiña que deixalos na casa para irse inmediatamente a fábrica, Constante era o único que desempeñaba esa función na fábrica, tiña que estar en garda permanente, co paso dos anos a empresa comezou a contratar empresas auxiliares, isto fixo que o noso veciño fósese atopando máis liberado e así puido comezar a ter os seus días libres e as súas merecidas vacacións.

Constante estivo sempre moi ben recoñecido polos seus superiores, a súa profesionalidade non tiña discusión, coñecía á perfección todolos factores que interviñan no sistema mecanizado, sabía as características e a disposición das máquinas o dedillo, estaba ao día no uso de refrixerantes, nas novas pezas e en todos aqueles requisitos de tolerancias na fabricación e no acabado de todas aquelas pezas que pasaban polas súas mans.

Constante foi un dos mellores fresadores que houbo en toda Galícia, así o xustifica o Campionato Galego de Fresa que conseguiu cando estaba traballando en Pazó, chegou tamén a participar no Campionato de España, quedando en terceira posición, un gran resultado tendo en conta que os dous primeiros clasificados, que usaban ferramentas do mellorciño, saíron das universidades laborais de Gijón e Salamanca, mentres que as ferramentas de Constante eran feitas na casa.

Con todo o traballo que tiña e que prácticamente non lle deixaba horas de descanso, Constante sempre sacou tempo para colaborar en temas relacionados coa parroquia de Cerponzóns, durante anos estivo como directivo na Comunidade de Montes, sempre aportando o seu gran, sempre facendo cousas en beneficio da parroquia, aínda é hoxe o día que participa activamente nas reunións, nas actividades ou en calquera evento que se fai ao longo do ano, sempre podemos contar con él.

Nota : Foto da portada de José María Rey Goris.

13- COMO ME QUITARON AS ESPULLAS (VERRUGAS)

As espullas, tamén coñecidas por verrugas, varrugas ou vurrugas, son vultos moi pequenos e benignos que se forman na pel.

Antigamente había quen dicía que as espullas saíanche por estar contando estrelas e que si por encima sinalabas co dedo unha parte do corpo nacíache nese lugar…

Estreliña alí- verruguiña aquí, salía unha verruga na parte que se marcaba, quizais fose verdade, pero eu que as tiven en mans e cóbados non lembro estar a ver as estrelas e sinalando ningunha parte do corpo….

As referencias que atopei, onde aparecen varias parroquias onde se curaban as espullas, son unhas cuantas. En moitas delas tiñan varias cousas en común, por exemplo, o lugar onde se procedía á curación tiña que ser unha casa con dúas portas, unha de entrada e outra de saída, tamén a cantidade de veces que había que repetir a curación, os ensalmos que se dicían cando estabas facendo a curación eran mui parecidos entre sí…

Nun dos lugares, Forcarei, utilizábase o líquido leitoso dos figos (algo moi parecido foi o que utilizaron con un veciño de Cerponzóns). Noutros utilizaban o sal, ou a baba dunha babosa (que tiña que ser branca e estar viva) e a outros, en cambio, desapareceronlle usando o aceite de San Benito, precisamente foi no meu caso, eu estaba cheíño de espullas nas mans e nos cóbados, miña avóa levoume un día a Lérez, só foi pasarme o aceite por cada unha das espullas que tiña e nuns días estaba completamente libre delas.

Pero ao noso veciño elimináronllas de outra maneira, así que cando mo comentou quedamos de vernos, tomar un viño e falar do seu milagre…

-Juan, para quitar as espullas que tiña eu de pequeno fixeronme un remedio por parte de un amigo de meu pai que traballaba con él, senta que cho vou contar, seguro que non escoitache na tua vida, senta Juan, toma un viño.

-Bueno, sentaréi, pero xa sabes que non o fago polo viño, si nón porque estou canso de andar a sachar no Cañoto…

-A cousa foi así :

Chegou un día a miña casa un amigo do meu pai, habíalle dito que eu estaba repleto de espullas, resulta que éste amigo tiña fama de facer sanacións e conforme supo o qué me pasaba decidiu vir pola nosa casa.

Chegou e nada mais entrar pola porta, mirou pa min e dixome que viña a quitarme as espullas, achegouse a min e o primeiro que fixo foi contarme cantas verrugas tiña, si mal non recordo eran 27.

Despois deso, pediu unha pataca e un paño de cor branco, primeiro colleu a pataca e cortouna en 27 cachos, despois de tela toda cortada foi collendo cada cacho e foi pasando por encima das espullas, levoulle muito tempo, a vez que iba pasando a pataca polas espullas iba decindo unhas palabras, non recordo o que decía exactamente, pero era coma unha oración. Ao se carón tiña o pano branco, en ese pano iba depositando os cachos das patacas que me fora pasando unha por unha polas espullas. Ao rematar colleu o pano e fixo catro nudos, un nudo en cada esquina do pano, despois xuntou o pano polo medio e fixolle uns nudos relacionados co número de espullas que eu tiña, non eran 27 nudos, debía de ser un número que fixera de unha determinada división, eu era mui pequeno e non me quedou grabado todo o que me fixo.

Para rematar mandou gardar o pano nun caixon, en un lugar que estivera a escuras e decíame que a medida que iba sacando as patacas do pano, as espullas iban desaparecendo, efectivamente así foi, desapareceronme. Na miña casa flipamos todos, ainda é hoxe o día que cando vexo a éste home recordolle o das espullas, fai desto casi 40 anos.

As palabras que decía era algo parecidas à estas:

VERRUGAS TRAIGO, VERRUGAS VENDO,

AQUÍ AS DEIXO E VÓUME CORRENDO.

O MEU RECORDO : A MIN LEVARONME A SAN BENITO :

Foi polo ano 1967 cando a miña avoa Ramona lévoume con ela a San Benito , eu estaba repleto de verrugas nas miñas mans e cóbados e ela díxome que me ía a levar a San Benito de Lerez para que me curase .
Así foi , ese día fomos andando ata a parada do trolebús en Alba , non sen antes saudar ás súas irmás que vivían en Pidre e comentarlle o que me pasaba nas mans e nos cóbados, foi un momento porque quería estar á primeira hora para escoitar unha das primeiras misas do día .
Decidiu que era mellor pararnos na Ferreira , desde alí achegámonos andando ata o santuario de San Benito, o meu primeiro recordo que me ven a memória é o de ver a moitísima xente subindo os 44 escalons cos seus 4 descansos de xeonllos, é ao chegar o adro ollar a xente dar voltas ao redor do santuario, é seguían de xeonllos… tamén era frecuente ofrecer figuras de cera nas que se representan as partes do corpo que tiveses enfermas, e cuxa curación buscabas por intercesión de San Benito , cousa que a miña avoa fixo nun momento de entrar na igrexa. Escoitamos a misa e lévoume a pasar por baixo do altar do Santo e despois pásoume polas mans e os cóbados o aceite , aos poucos días estaba sen unha verruga, nunca máis me apareceron ! Recordo tamén que miña avoa colleu un pano, que un pouco antes había pasado polo santo e púxose a fregar con el as partes do meu corpo ás que se desexaba aplicar a virtude sanadora que pasou dalgún modo da imaxe ao pano. Ao saír compramos as rosquillas e fómonos de novo para a parada do trole que había na Ferreira e que nos levaba de novo ata Alba , desde alí fomos falando do que pasou ese día no santuario e a miña avoa contábame os recordos que de moza ela tiña de ir todos os anos á misa e de poñer unha vela ao santo.

Como noutras enfermidades que vou comentando, son moitas as formas en que se podían curar as Espullas , había quen usaba un cordel que ataba ao redor da Espulla, isto fai que acelere a súa desaparición, hai que me comentou que o mellor era atar unha serda do rabo dunha vaca arredor da verruga e agardar a que seque, tamén había que para curarse ía a casa dun veciño que tivese dúas portas, unha de entrada e outra de saída, o enfermo levaba unha man chea de sal, entraba pola porta e tiraba o sal ao lume da lareira, mentres ao mesmo tempo dicía: Verrugas traio, Verrugas vendo aquí as deixo e vóume correndo. Saía correndo pola outra porta e ao pouco tempo as Espullas ían caindo. Tamén suliñar que estas palabras que dicía o enfermo tiña que repetilas nove veces seguidas e ademais sen respirar, é dicir, facías a inspiración e recitabas as palabras, e despois de terminar volvías respirar, así nove veces. Outra das prácticas que había era a de ver a dous homes montados nun cabalo, e ao pasar por diante dun dicíase: Aí van dous dacabalo dunas miñas verruguiñas salten non cu dun”. Para que fose efectiva esta curación non se debía acordar antes cos homes que montasen no cabalo. Tamén se cría que para curar as espullas era moi efectivo unha Babosa. Collíase unha e matábase, despois deixábase secar encima de onde tivésemos as espullas e despois de realizar esta operación o paciente tiña que evitar pasar durante un ano polo lugar onde collera a Babosa, se non cumpría isto as espullas reproducíanse de novo, pero en maior cantidade e sen posibilidade de curar. Hai quen coas Babosas realizaba a curación doutra maneira, primeiramente era buscar unha Babosa viva e de cor branca (non podía ser negra), despois crávase nun pau e espichase no chan, recóllese a súa baba e se unta polos sitios onde teñamos as Espullas, despois é esperar a que se seque a Babosa e ao mesmo tempo as Espullas iranse caendo…. Na nosa Parroquia vas falando cos veciños e son muitos os que din que se eles curaronse con auga de unha fonte, outros con leite de figos verdes……Outro remedio era coller unha moeda de cobre e metela nun tarro con aceite e despois aplicaba coa moeda este aceite sobre a espulla………Pódese fregar a verruga co zume da planta chamada ceridonia (ceruda, herba das andoriñas) durante dúas ou tres semanas ata que seque…… Pero se un quere curarse, eu dígolles a todos que como San Benitiño ningún, pero o de Lérez ! Aínda así hai quen solicita o favor a tres dos santos máis venerados na nosa Galicia, San Benito de Lores, San Benito de Lérez e San Benito de Cambados. Eu era moi pequeno e tiña espullas nas mans e cóbados, un día de San Benito de Lérez a miña avoa colleume da man e levoume andando ata San Benitiño, levaba consigo unha botella de aceite e media ducia de ovos para darlle o San Benitiño ( seica había que levar un ovo por cada espulla que tivese) pa min que eu tiña máis de vinte, pero bueno, tampouco íamos a quedar sin ovos na casa, pensaría miña avóa, escoitamos a misa, despóis pasamos tres veces por debaixo do Santo, nunha botella de gaseosa Feijoo, das que tiñan cierre a presión, colleu o aceite bendecido, máis tarde xa na casa pasáronme o aceite polas espullas e o día seguinte non quedaba unha…. A miña avóa respectaba todos os costumes, como a maioría dos devotos, o pasar por baixo do altar do Santo, ofrecer unha figura de cera que representaba a parte do corpo que tiña enferma, tamén pasar o pano pola imaxe do Santo e despois me frotaba por onde tiña as espullas….. Que eu recorde era a primeira vez que fun a San Benito, cando cheguei quedeime asombrado, ver aquelas persoas subir 44 peldaños e 4 descansos de xeonllos, agora é raro ver esa devoción….pero é que naqueles anos eran muitísima a xente que se ofrecía a ir de xeonllos. Agora xa outros medios para eliminar as espullas, os tempos cambian, esperemos que non se perdan as tradicions…

Fontes : MUSEO DO POBO GALEGO; Monografías; “A medicina popular en Galicia”, autor; V. Lis Quiben, é tamén de publicacions de Jorge Romani e Xosé

17- O BELÉN, MANIFESTACIÓN REPRESENTATIVA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL.

Enhoraboa aos belenistas de Cerponzóns !

Que mellor agasallo de Reis que esta noticia !

Quero felicitar a todos aqueles veciños é veciñas, nenos e nenas, que participaron a través dos anos e aos actuais que fixeron o Belén da parroquia, como tamén aos nosos veciños Biri Biri e Maite, que seguen coa tradición belenista desde as súas parroquias actuais, Salcedo e Moraña.

A Dirección Xeral de Belas Artes, dependente do Ministerio de Cultura, iniciou os trámites para declarar o belenismo como manifestación representativa do patrimonio cultural inmaterial, segundo publica o Boletín Oficial do Estado.

A acción de montar o Belén é unha tradición de religiosidade popular que tivo a súa orixe na Europa Medieval e que consiste en construír unha escenografía formada por escenario e figuras sistematizables que se arman ou montan cíclicamente coincidindo coa época de Nadal e que evoca, directa ou indirectamente, pasaxes relacionados co nacemento de Jesús.

BELÉN REALIZADO POLOS BELENISTAS DE CERPONZÓNS, ANO 2021

RECOLLEMOS DO BOE O SEGUINTE :

El interés en declarar el Belenismo como Manifestación Representativa del Patrimonio Cultural Inmaterial viene justificado por su fuerte carga identitaria, al estar interiorizada en los individuos y en los grupos humanos, remitiendo a la biografía individual y colectiva. Es un patrimonio vivo y dinámico, experimentado y rememorado en tiempo presente, y preservado tradicionalmente por las comunidades que lo han transmitido a lo largo del tiempo y lo han ido recreando de forma intergeneracional.

Dentro de los valores culturales que aporta el Belenismo cabe destacar el de compartir una identidad colectiva presente en todas las regiones españolas, su contribución a la transmisión de conocimiento de la cultura popular mostrando oficios tradicionales y modos de vida a veces ya desaparecidos, la preservación de oficios artesanales especializados y su dimensión económica y productiva, la riqueza de sus bienes muebles asociados, la transmisión y recreación a través de su práctica de conocimientos, habilidades y destrezas, su estrecha relación con la tradición oral, narrativa y musical, la importancia del asociacionismo en torno a esta manifestación y su proyección internacional.

Por tanto, considerando la trascendencia del Belenismo en España y teniendo en cuenta además que la consideración en conjunto de esta manifestación requiere para su específica comprensión una consideración unitaria, más allá de la propia que pueda recibir en una o varias Comunidades Autónomas, habiendo informado al Consejo de Patrimonio Histórico Español y atendiendo al informe de la Universidad de Navarra, y la Universidad de Murcia, la Dirección General de Bellas Artes, resuelve:

Primero.

Iniciar el expediente para la declaración como Manifestación Representativa del Patrimonio Cultural Inmaterial del Belenismo, por concurrir en la misma las circunstancias previstas en las letras a), b) y c) del artículo 12.1 de la Ley 10/2015, de 26 de mayo, para la Salvaguardia del Patrimonio Cultural Inmaterial.

Mais información: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-254