15- CORTÁRONME AS LOMBRIGAS/ LOMBRICES

ASCARIS LUMBRICOIDES : Verme da clase dos nematodos, parasito do intestino humano e dalgúns animais. (RAG)

Coñocidas tamén como Bichas, Bichiñas, Cocas, Lombrigas, Lumbrices, Lumbrigas ou denominándoas coma Lumbrigueiro.

As lombrices do intestino humano parécense moito ás lombrices de terra, o seu cor é branco ou rosado, co corpo afiado polos dous extremos, de forma redonda e as súas medidas son desde poucos milímetros chegando a ser de un metro de lonxitude. Atópanse no noso organismo no intestino delgado, producindo, entre outros transtornos, cólicos e diarreas.

As máis habituais son as coñecidas como oxiuros, afectando xeneralmente aos nenos e nenas, as femias saen do intestino pola noite a depositar os seus ovos ao redor do ano, causando ese picor tan molesto.

A día de hoxe para eliminar as lombrices realízase co uso de medicamentos, pero antigamente había outras maneiras de curar, durante moitos anos foron pasando de xeración en xeración, así que de novo coa axuda dos veciños fun recollendo os seus recordos…

Os procedementos habituáis para curarse das lombrices consistía en “cortar”, “bendecir”, “coutarlas”, “desconxurar”, facendo cruces, recitando ensalmos, rezando oracións ou ben administrando diferentes substancias.

OS VECIÑOS RECORDANDO COMO ELIMINABAN AS LOMBRICES :

Veciña nº 1- Facíanche comer allo crudo, seica as espantaban.

Veciña nº 2- Na miña casa facían unha infusión de ruda ou de menta, aggg.

Veciño nº 3- A defunta da miña avóa cortaba as lombrices, acudían a nosa casa moita xente, tanto de Cerponzóns, como doutros lugares. Era eu moi pequeno, pero recórdoo coma se fose hoxe. Para eliminar as lombrices usaba unto, si, cortaba as lombrices con unto, pasáballo pola barriga á xente. Fíxoo toda a súa vida, imaxínache, eu inclusive levei á miña filla a que a curase a súa bisavoa, a miña filla era pequena, agora ten trinta e oito anos. Viñan xente de Poio, Verducido, Xeve, Lérez…

Veciña nº 4- Meu pai dabanos unha copiña de aguardente.

Veciña nº 5- Cando eu era pequena miña nai traía da botica un xarabe.

Veciña nº 6- Bos días Juan . Feliz ano. Eu recordo que miña avoa cortaba as lombrices cun coitelo e unhas follas de menta. Poñia as follas de menta no ombligo do rapaz , e co coitelo en forma de cruz ia restando as lombrices, comezaba este neno ten 20 lombrices,de 20 quedan 19 ,de 19 quedan 18…así ata 3 lombrices que quedan pa comer pan e sal e todo o que Deus dea.

Veciña nº 7- Yo lo que recuerdo que decía mi abuela para las lombrices era tomar infusión de ruda y también ajo crudo, lo tomaba como una pastilla.

Veciña nº 8- Hola Juan mi abuela tenía muchos nietos y en aquella época había muchas lombrices y recuerdo que le preguntaban como tenían que hacer. Ella cogía miga de pan y la deshacía muy bien, después picaba ajo y lo ponía a hervir con agua, seguidamente hacía unas papas y selo daba, era mano de santo. Es lo que recuerdo, ah ! también ponía ruda debajo de la almoada.

Veciña nº 9- Corría o ano 1968, eu levaba uns días que non soportaba aquel dor, non me esquecerei xamais, só tiven aquel ano lombrices, nos sucesivos anos sempre me foron dando unhas culleradas dun xarope para que non me volvesen. Aínda que só tiven unha lombriz, a miña facía por moitas, xa que no canto de lombriz parecía unha culebra. Pero o gracioso foi que cando a expulsei, foi unha data que nunca se me esquecerá para toda a vida. Estaba cos meus avós, vendo o festival de Eurovisión, de súpeto tiven a imperiosa necesidade de facer de ventre, os meus avós decidiron traerme unha bacenilla, porque non querían perderse o festival, naquel preciso momento ía cantar Massiel o La, la, la…así que mentres Massiel cantaba, a miña lombriz/culebra ía saíndo ao ritmo do La, la, la…jajaja.

A ditosa lombriz xa debía estar farta de estar dentro de min e ao escoitar a Massiel decidiu saír jajaja. Como dixen antes, unha vez ao ano dábanme nunha culler un xarope para purgarme por se tiña lombrices, pero nunca máis volvín ter, creo que tampouco volvemos gañar Eurovisión jajaja. Se tal, a ver se este ano teño de novo lombrices e gañan as Tanxugueiras o festival, jajaja.

10- En relación ás lombrices, teño unha pequena historia que contarche Juan. É algo que conto moi a miúdo, porque expresa a sabedoría dos avós. Cando os meus sobriños eran pequenos, fai disto vinte e nove anos, eu daquela estaba estudando enfermería e os meus sobriños comezaron a ter unha tos seca, recurrente, non paraban de toser. A miña avóa, a nai do meu pai, ao escoitalos toser daquela forma dixo : an de ter lombrigas, an de ter lombrigas, ela decía lombrigas, non lombrices. Eu, toda chulita, medio enfermeira xa, contesteille: pero que terá que ver as lombrices coa tos ? Avóa, as lombrices están no intestino e a tos procede do pulmón ou da gorxa. A miña avóa, insistía, estes nenos dígoche eu que teñen lombrices. Bo, a cousa foi pasando, leváronos ao médico e ao cabo duns días os meus sobriños xa estaban ben. Pero aí non quedou a cousa, ese mesmo ano eu tiven clases de pediatría e cando chegou o momento de estudar as lombrices, o profesor explicounos que as larvas pasaban a través do sangue aos pulmóns, lugar onde crecían e máis tarde dirixíanse ao tracto dixestivo, era cando producían a tos, sobretodo pola noite. Ao escoitar as explicacións do profesor, veume á mente o que dixera a miña avóa e comenteino en clase, rímonos moito. O noso profesor, que era moi majo, díxonos que tiñamos que facerlle caso aos maíores, aos nosos avós. Ao chegar a casa volvino a comentar e mirando para a miña avóa díxenlle que tiña razón co tema da tos e as lombrices. A miña avóa volvíame a dicirme o mesmo que a anterior vez, díxome que ela non sabía o motivo, non sabía o porqué, que iso xa viña dos seus avós, pero era escoitar esa tos e saber que tiñan lombrigas. En definitiva, con esta anécdota quería dicirche que os nosos avós se cadra non tiñan moito coñecemento do porqué, pero o que si tiñan era unha grande sabedoría. Aos avós hai que facerlle caso.

11- O que podo aportar con relación as lombrigas é como todo nen@ tivenas e recordo o noxo que me deu ver centos de lombrigas sair dun corpo tan pequeno. O remedio foi un xarabe durante uns días e libre deses bechos tan desagradables.

EU…. Pola miña banda direivos que tamén me “cortaron” as lombrigas.

Un día estaba tan mal que a miña avóa Ramona foi a Pidre en busca da miña tía Sabina, comentoullo o qué me pasaba e achegouse a nosa casa. Para levar a cabo a curación a tía Sabina necesitou de unhas tesoiras, un pouco de unto, ruda, auga e un cacharro. O primeiro que fixo foi meter no cacharro o unto e a ruda, despois puxo a quentar, esperando un tempo a que estivese a auga morniña. Seguidamente botoume no ombligo a mestura, e coas tesoiras comezou a realizar cruces encima do meu ombligo. Ademais, á vez que facía as cruces, a miña tía dicía un ensalmo que ía descontando as lombrigas, comenzaba mais ou menos así :

Este neniño ten nove lombrigas , das nove quítalle unha, é quedan oito ; das oito quítalle unha, é quedan sete; das sete quítalle unha, é quedan seis; das seis quítalle unha, é quedan cinco; das cinco, quítalle unha, é quedan catro; das catro quítalle unha, é quedan tres pa comer pan e sal e todo o que Deus dea.