24- O SOLDADIÑO FUXIDO

Fai pouco estiven de novo facendo unha visita a unha veciña da parroquia, chamei ao portalón da súa casa axudado do chamadoiro, por certo dos poucos que quedan na parroquia.

Ao momento escoitei que desde o interior da súa casa alzaba a voz preguntando quen era, eu respondinlle que era Juan o dá Rons, repetíndolle dúas veces máis o meu nome debido a que non entendía o que lle dicía.

Esperei un momento, o que lle levou baixar as escaleiras e achegarse ao portal, ao verme sorriu e díxome que pasase, respondinlle que non facía falta, que alí fóra podiamos falar dun tema que me comentou uns meses atrás.

– Xa non sei o que era Juan, comenteiche tantas cousas que agora non caio.

– Non te preocupes, eu recórdocho.

Ao comentarlle o que era, inmediatamente veulle á memoria aquel recordo que hoxe quero compartir con todos vós, así foi como mo contou :

O SOLDADIÑO FUXIDO.

O que che vou a contar sucedeu fai moitos anos Juan, eu era moi pequena, non recordaría todo o que che vou a contar si non fose porque os maiores íano comentando ano tras ano naquelas reunións que tiñamos aí abaixo, onde está o cruceiro.

Resulta que estaban uns cantos veciños reunidos ao redor do cruceiro, como de costume facíase logo de terminar as cousas do campo, xunto a eles estabamos varios nenos e nenas, nós ao noso, xogando co que tivésemos a man e os maiores falando das súas cousas.

Recordo que eu fun quen deu o aviso aos demais, estaba sentada coa vista ao camiño que leva ao lugar da Costa, era moi pequena Juan, pero recórdoo coma se estivese véndoo agora mesmo.

Vin vir camiño abaixo un soldadiño Juan, todo desnudiño, mentres nós estabamos alí sentadas, todos tranquilos, cos velliños.

Ao chegar á nosa altura o primeiro que dixo foi pedirnos un cacho de pan, a súa cara dicíao todo, debía de levar días sen botar nada á boca, pobriño que pena nos deu a todos.

Un veciño, non recordo agora quen foi, preguntoulle que facía por alí, que de onde era e como andaba así espido.

O soldadiño contestoulle que levaba días escapado dos gardas, que estaban buscándoo e que viña escapado desde Ourense.

Nai De Deus ! Desde Ourense ! Exclamou o señor…hai Juan, agora non recordo o seu nome, que rabia.

O que si recordo é que o meteron na casa da Sra. Dolores, só foi metelo na casa e comezamos a escoitar o trote duns cabalos polo mesmo camiño que chegou o soldadiño, viñan en busca del.

Un dos gardas preguntou, sen baixarse do cabalo, si viramos a un home pasar por alí, Jesús ! Que respeto metía aquel home encima do cabalo, eu estaba toda asustada !

Varios maiores respondéronlle ao mismo tempo que por alí non viron pasar a ninguén, que lles pareceu ver pasar a alguén moito máis abaixo, desde unha leira na que estiveran traballando pola tarde, pero que por alí non pasara ninguén que non fose do lugar, contestaron os gardas que si alguen de nos miraba a un home que non fora do lugar que deran parte, de seguido marcharon camiño abaixo buscando polo pobre soldadiño.

Este suceso ocorreu xa pasada a guerra, pero aínda seguían perseguindo a algúns homes, eu era moi pequena Juan, pero hai cousas que nunca se esquecen, logo de marchar os gardas formos a xunto o soldadiño, deronlle de comer e algunha roupa, bo, por chamarlle roupa, porque lle deron uns pantalóns feitos cunha tea de saco é de comer un pouco de pan e unha taciña de viño, era o que había Juan. Gustaríame saber que sería dese pobre home, sabe Deus que foi da súa vida…

3 comentarios en “24- O SOLDADIÑO FUXIDO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s