30- CURAR ORZUELOS, BELIDAS…

Preguntaba fai uns días os veciños e veciñas da parroquia si recordaban como se curaban antes as enfermedades dos ollos.

ORZUELO/TIRIZÓ : Gran ou furuncho que sae na beira das pálpebras (RAG). Dependendo do lugar conocen esta enfermedade polos nomes de Arsón, Chorisol, Orzón, Tiricó, Tirizó, Tirizoilo, Tirizón, Torizó, Toromelo…

BELIDA : Mancha abrancazada na córnea. SINÓNIMO albuxe

CATARATAS: Falta de transparencia do cristalino que pode impedir total ou parcialmente a visión. SINÓNIMOS belida, calixe (RAG).

ARGUEIRO : Partícula pequena, particularmente a que entra nos ollos ou cae nun líquido. SINÓNIMOS aruxo, lixo (RAG).

Seguramente case todos tivemos o longo da nosa vida unha infección nas glándulas sebáceas da pálpebra, coñocidos como Orzuelos (Tirizós), antigamente esta enfermidade se trataba en moitos lugares con ensalmos e utilizando o lume, para iso servíanse de carozos, leña, pallas, cartons…realizando con eles pequenas torres, casiñas, hórreos ou canastros.

No libro de Jesús Rodríguez López, Supersticiones de Galícia, dice : Que para curar esta enfermedad, ponen sobre una poca de ceniza tres pajas derechas y juntas, cuidando que una de ellas tenga un nudo. Les ponen fuego y mientras arden repiten tres veces sin tomar más que un solo aliento : Quéimate Tirizó, con tres pallas e un nó.

O Tirizó non debemos confundir coa Tirisa, coñecida así en Mourente a enfermidade daqueles que tiñan os ollos amarelos, noutros lugares denominada Ictericia. Para tratar esta enfermidade había varios procedementos, un dos máis curiosos era o de ter que ir ouriñar sobre un cardo.

Ao preguntarlle aos meus veciños e veciñas si recordaban algún remedio que facían na súa casa relacionada cos ollos, contestáronme o seguinte :

1-Eu recordo que cando tiña algún dor nos ollos, miña nai usaba unha infusión de manzanilla e poñía nun vaso que había xa especialmente diseñado para poñer no ollo.

2- Para los orzuelos frotar con ajo. Para las legañas ojos llorosos lavar con manzanilla; también con hierba luisa . Mí suegra contaba que coger agua de las siete fuentes de las Ermitas hacía la Lama es buena para ojos, oídos y garganta.

3- Lavalos con manzanilla.

4- Os orzuelos curanbanse con un allo pelado, frotándose varias veces.

5- Lembro que para os orzuelos, frotabao con allo. Era bo remedio, pero picaba…Tamén na casa prendían unha vela a Sta. Lucia, ou se lle ofrecía unha misa, dependendo do mal que houbera.

6- A mi cuando tenía los ojos cargados me los lavaban con manzanilla y cuando tenía orzuelos una moneda de cobre y ajo.

7- Recuerdo que cuando teníamos orzuelos mi abuela tenía unos salmos, también recuerdo que se sentaba en mi cama, cuando era noche, y se ponía a decir unas palabras que ya no recuerdo hoy en día. Lo que sí recuerdo era que al decir esas palabras bostezaba muchísimo, también nos la decía cuando teníamos algún “Mal de Aire”. Esto que me hacía mi abuela ya venía de mi bisabuela.

8- Ir lavalos as sete fontes da virxen das ermitas unha das fontes era e segue sendo tan milagreira que cura cualquer doenza dos ollos.

E como non, o rozar un anel de ouro sobre o orzuelo, que logicamente salia por mirarlle a barriga e os ollos dunha muller preñada.

Ah! Se o do anel non funcionaba tocaballe o turno o allo frotado, que non gustaba nadiña algo sempre rozaba o ollo e en vez de curar poñíase mais rubio de tanto frotar por culpa do allo..

Así que cando decían os vellos, fulaniña esta preñada, nin mirar pa ela, e canto mais decian mais se miraba.

9-Recordo utilizar a infusión da manzanilla para tratar a conxutivite, é o mesmo con auga de pétalos de rosa.

10- Hola Juan, no recuerdo tener nada en la vista, recuerdo que mi abuela Agustina me decía, no mires una mujer preñada o te saldrá un orzuelo, jajaja.

11- Os orzuelos curanse con un dente de allo, miña avoa sempre o decía.

12- As infusións de manzanilla, son as que lembro.

13- Eu non recordo que tivera mal os ollos, pero recordo de que facían unhas bendicións coas mans e collían un pataco de cobre para poñerlle encima do arzuelo.

A miña nora poñianlle manteiga de porco cando tiñan un arzuelo, cando avanzaba muito o avó quitaba a boina da cabeza e pasaballa desde a cabeza aos pés e dos pés a cabeza, así durante un tempo de arriba pa baixo e dabaixo parriba, seica así durante sete veces.

14- Hola, para los orzuelos tengo usado oro y ajo. También tengo lavado los ojos con manzanilla.

15- Mi abuela cuando tenía algo en los ojos le echaba manzanilla. Mi marido me comenta que para los orzuelos frotaban con ajo y que es radical.

Para los uñeros usaba unto de cerdo, esto lo que tengo hecho yo también con mi hija cuando era muy bebé, de aquella tenía uñeros y era fantástico !

16- Hola Juan, mira, muito non che podo contar, recordo que a min decíanme que che salían os orzuelos si che miraba unha embarazada jajaja. Bueno, era un dito.

O único era que cando estabas con algún dolor nos ollos, o que che facían eran lavalos con manzanilla.

17- A verdade é que neste tema non teño ningunha experiencia. O único é que cando tiñas moitas legañas ( seguramente unha conxutivitis) lavábanche os ollos con manzanilla.

18- Recordo que cando me salía un orzuelo miña avoa frotabamo con allo.

NOTA : Un ensalmo que se utilizaba en muitos lugares, seguramente tamén na parroquia :

Orzón, orzón

picarón

vaite daquí

en tres anos e un día

non volvas a mín.

REFERENTE AS BELIDAS, ÉSTE RELATO SUCEDEUME A MIN :

A miña irmá contoume que eu tiven Belidas, contaba eu con dous anos, cóntovos como foi :

As Belidas son unha enfermidade producida por irritacións do sangue, dependendo o lugar coñéceselle como : Abelidas, Abenidas, Belaiñas, Belida, Belillas, Bilidas…

Resulta que un día os meus pais déronse conta de que eu tiña unha mancha nun ollo, parecida á da miña tía Engracia, e decidiron avisar a unha veciña, a señora Peregrina A Labaradas, dado que ela curaba as Belidas, quedando de achegarse á taberna durante nove días seguidos e pola mañá cedo.

O seu tratamento consistíu durante os nove días en facer o mesmo todos eses días da seguinte maneira :

Chegaba á taberna, iba para cociña e sentábase, na mesa colocaba unha cunca que contiña auga e quizáis uns brotes de zarza ( utilizados en moitos lugares), colocaba nove grans de trigo ( tiñan que ser de trigo, outros non servían).

Despois procedía a coller un gran co dedo índice e pulgar, mollábao e seguidamente facía o sinal da cruz sobre o ollo doente, despois outro gran e así sucesivamente.

Mentres facía iso tamén recitaba un ensalmo :

Santa Lucía tres hijos tenía, una bordaba, otra cosía y otra curaba las belidas a quién las tenía.

Así foi como me curou.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s