27- DUAS CENCERRADAS MAIS.

RECORDANDO DÚAS CENCERRADAS MAIS.

A nosa veciña seguía respondéndome ás miñas preguntas, cada vez que lle preguntaba por algo botaba a rir, volvinlle a preguntar e de novo comezou a rirse, pregunteille si recordaba algunha cencerrada que se fixera por onde ela vive.

-Juan, jajaja, pero que cousas me preguntas, jajaja.

Eu respondíalle que eran cousas da vida, de seguro que ela as viviu e que tería algo que contarme.

-Jajaja, verdade que si, tes razón, recordo que sendo eu mui pequena, que lla fixeron a señora Herminia A RATA.

Un día estaban uns cuantos veciños facendolle unha boa, estaban polo camiño jajaja, de repente saliu ao balado da casa a señora Herminia, levaba na man unha bacenilla chea de merda e de mexo, oiches, sin mais botoulla por riba deles, jajaja, escaparon todos a fume de carozo jajaja, pero a noite seguinte volveron de novo jajaja.

Outra cencerrada mui soada foi unha que lle fixeron a unha muller que vivía en Pidre, coñocida polo alcume de A COULA, non recordo ben si era ela a viúva ou era o home o que casaba en segundas núpcias.

Durante muitos días foron un montón de veciños a facerlle a cencerrada, xuntaronse de muitos lugares da parroquia, entre una cuantos habían feito un ataúde e levábano polo camiño á casa da COULA, todos tocando campás, lejóns, tarteiras vellas, tapas de tarteiras…levaban de todo tipo de chilindradas que puidesen facer barullo.

Por aqueles camiños de entón estaba todo ás escuras, prácticamente non había unha luz pública, non se vía nada, ían tocando e cantándolle cancións compostas precisamente para a parella de “noivos”, de súpeto unha desas noites, apareceu en escena unha parella da Garda Civil ! Un dos veciños que ía máis adiantado, controlando que non houbese mouros na costa, escoitou un ruído que lle era coñecido, era o que facían unhas anillas que levaban colocadas nas botas os gardas civís, agora non sei si aínda as levan, pero naqueles anos si as levaban.

Conforme escoitou o son das anillas, virouse sobre si mesmo e botou ás presas en busca dos que viñan co ataúde :

– Que vén a Garda Civil ! Que vén a Garda Civil ! Fuxir! Correr !

Tiraron co ataúde a unha leira, á beira mesmo da estrada e cada un escapou por onde puido jajaja.

Entre os que estaban facendo a cencerrada estaba un irmán meu, contoume que , xunto a un veciño do Vigario, chamado Laureano, escondéronse debaixo dunha silveira, preto da casa donde vive Digna a de Alvite.

Alí estiveron un tempo, agachados, acolloados polo que lle podía pasar, non sabían que facer !

Laureano, que vai ser de nós si atópanos a Garda Civil ?

Laureano, estounos escoitando, deben estar polo patio da CARREXAS ! agora veñen a por nós ! Que imos facer ?

– Cala ! Conforme escoitemos o ruído das botas que se afastan de nós botamos ás presas por estas leiras.

Así foi, en canto puideron comezaron ás presas campo a través, un pouco máis adiante meu irmán colleu dirección á nosa casa e Laureano foi a fume de carozo para o Vigario.

Pero non creas que collesen medo, non, ao outro día xa volveron todos de novo, a cencerrada había que seguir facéndolla durante días.
E así foi.

NOTA :

Convén saber a que nos referimos cando falamos de Cencerrada :

Ruído desagradable que se fai con cencerros , cornos e outras cousas para burlarse dos viud@s as primeiras noites das súas vodas .

Cencerrada segundo estudos realizados vén lembrándose xa desde o século XVIII , e aparece ligada ao matrimonio .

Podíase realizar unha cencerrada a aqueles noivos que celebran a súa voda e non convidan os seus familiares , amigos e veciños a unha comida festiva , co seu baile , facendo festa , é dicir se non facían partícipes aos seus achegados á súa voda , estes montábanlle unha Cencerrada.

Pero quizáis a que máis lembramos nós é aquelas cencerradas que se lle realizaban aos viud@s que casaban de novo , antes considerábanse ” ilegais ” e a cencerrada convertíase nunha ridiculizacion agresiva contra esa unión que transgredía algunha norma que daquela non estaba ben vista.

Resultaba aínda máis susceptible cando a cencerrada producíase cando os noivos había unha diferenza de idade considerable, especialmente si o noivo era un rico viúvo entrado en anos que se unía cunha muller xoven.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s